Xira de concertos R na rúa
Ola a todos. Como estamos a venres, hoxe toca facer un post deses pensando na fin de semana. O caso é que en R imos organizar unha serie de concertos na rúa que terán lugar en durante os próximos meses nalgunhas localidades nas que damos servizo. Por certo, que en Verín xa terá lugar este domingo o primeiro, así que avisados quedades.
Continuamos así coa iniciativa que puxemos en marcha o ano pasado e que tanto gustou. A idea tamén é a mesma que daquela: colaborar coa plataforma cultural Xpressionk para dar a coñecer a grupos locais galegos, non profesionalizados, empregando a vía pública como escaparate e buscando a máxima cercanía entre los músicos e o público.
Nesta ocasión realizanse un total de 14 concertos nos que actuarán o músico Álvaro Muras (Funk Jazz), Qando Vand (Funk Rock) e O Gruve (Funk Bossa). As datas e os lugares son os seguintes:
Verín:
- 23 de maio: Álvaro Muras na praza de García Barbón ás 20.00 horas
- 30 de maio: Qando Vand na praza de García Barbón ás 20.00 horas
- 6 de xuño: Álvaro Muras na praza da Igrexa ás 21.00 horas
- 12 de xuño: O Gruve na praza da Igrexa ás 21.00 horas
- 20 de xuño: Aacute;lvaro Muras na praza Farola ás 20.00 horas
- 27 de xuño: O Gruve na praza Farola ás 12.30 horas
- 4 de xullo: Álvaro Muras na praza da Mariña ás 20.00 horas
- 11 de xullo: Qando Vand na praza da Mariña ás 20.00 horas
- 8 de agosto: Álvaro Muras na praza Rapadoira ás 20.00 horas
- 22 de agosto: Qando Vand na praza Rapadoira ás 20.00 horas
- agosto: está pendente de confirmar a data e o lugar
- outubro: será na 2ª quincena do mes, aínda que está pendente de confirmarse a data e o lugar
Pois o dito, que son concertos de balde e na rúa, para calquera que queira desfrutar da música, sexa ou non cliente de R, así que só queda agardar a que faga bo tempo

Un saúdo.

Ola.
E cando lle vai tocar a O Barco?? Resulta que abrides unha nova tenda, a apertura ao público debeu ser ala por marzo, (desas minimalistas, onde voan os márraos, con pingüíns etc..) e nada… ningunha mención en “quecheparece”… ágora segunda quenda de concertos, e nada… Teremos que agardar ano e medio máis co resto de Galiza coma co cambio de velocidades... ¡¡O Barco tamén existe!!
Un saúdo.
enviado por 10.0.137.41 o 21 maio 2010 ás 12:16 PM CEST #
Se non comentamos nada da tenda no Barco é porque non é unha tenda directamente nosa, senón dun distribuidor, pero en apariencia igual.
E non podemos facer concertos en todos os sitios. Como que temos 74 concellos nos que damos servizo, así que quedan moitos sen actuación.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 21 maio 2010 ás 12:36 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
En Lugo non vai haber nada?
enviado por ROSENDO o 24 maio 2010 ás 07:52 AM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.es/ #
Ola Rosendo.
Esta é a lista de localidades onde se van celebrar os concertos. Se hai algunha novidade manterévosvos informados.
Un saúdo
enviado por quecheparece o 24 maio 2010 ás 10:08 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Vale que tedes que repartir pero... facer concertos na rúa e non facer un en A Rúa?? :P
Bicos!
enviado por rueiro o 28 maio 2010 ás 04:18 PM CEST #