logo

vén probar os 100 megas en Lugo

luns 02 febreiro 2009 | 14 Comentarios

como non é o mesmo escoitar que ver, ou que che expliquen algo a facelo ti mesmo, convidámosvos a vir probar os 100 megas en Lugo.

se alguén se anima, mañá andaremos pola cidade das Murallas porque temos unhas presentacións sobre o tema, así que aproveitando, estades convidados. O dito, será o martes 3 de febreiro, de 13.00 a 14.00 horas no local 'Puro Teatro', que está no número 2 da rúa Castelao. Sabemos que é unha hora rara e igual un martes tampouco é o mellor día, pero como é o día no que estamos alí, pareceunos que podería ser interesante que no caso de que alguén teña dispoñibilidade se achegue. Vamos, que foi algo que se nos ocorreu sobre a marcha pensando sobre todo nos que entrades neste blog e nos axudades a mellorar coas vosas opinións e críticas.

será algo informal e poderedes probar o servizo dos 100 megas, experimentar como vai a navegación, canto se tarda nos envío de arquivos e comprobar a visualización de vídeos HD nunha pantalla de 40 polgadas... Ademais, tamén poderedes preguntarnos calquera dúbida que teñades e achegarnos as vosas ideas en persoa.

non lle imos vender nada a ninguén, palabra; simplemente queremos estar un pouco máis preto de vós e darvos a oportunidade de que vexades o que facemos e saber as vosas impresións. Ademais, se hai sorte e se pasa alguén (se ides dúas persoas xa me contentaría), igual (non confirmo nada) ata vos preparamos uns pinchiños (así de seguro que vos animades).

iso si, como vos convidamos a través deste blog, pedímosvos que nos confirmedes a asistencia a través dun correo electrónico. Escribídeme por favor a quecheparece@gmail.com indicándome o voso nome e xa o deixo anotado para saber que vos ides pasar.

un saúdo e espero que vos acheguedes (así tamén podemos valorar a posibilidade de facer isto noutros lugares).




Comentarios

Ides pasar por outras cidades? Espero que o horario sexa máis amplo ;-)

enviado por makeijan o 02 febreiro 2009 ás 10:41 AM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #

Ola makeijan.

O certo é que este convite foi un tanto improvisado aproveitando que tiñamos que facer xa unhas presentacións en Lugo. Pareceunos moi boa idea contar con vós, cos usuarios do blog, por se vos podíades pasar.

O tema tamén é valorar o interese que pode suscitar un presentación destas características e despois ver de facelo noutro lugar e con algo máis de tempo, que xa sabemos que non é nin o mellor día nin a mellor hora :D

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 02 febreiro 2009 ás 10:58 AM CET
Sitio web:: http://htpp://www.quecheparece.com #

como podo saber si se vai extender a fibra optica hasta a miña casa e cando?
Grazas e un saúdo

enviado por quinso o 02 febreiro 2009 ás 02:29 PM CET #

Ola quinso.

Antes de nada comentarche que por regra xeral non adoito aprobar comentarios que se saen do tema do post, pero tendo en conta que é unha cuestión importante, neste caso fago unha excepción.

Se vives nunha localidade que xa ten rede de R, entrando na nosa web e poñendo no buscador "cobertura" ou "dispoñibilidade" xa tes unha ligazón na que conseguir a información:
http://buscador.mundo-r.com/buscador/PreSearch.do?id=4&q=cobertura

De todos os xeitos, moitas veces pode haber rede na túa rúa pero non estar activada, ben porque hai algún permiso pendente ou por outra cuestión. Aí o mellor sempre vai ser chamar ao teléfono gratuíto de información de R o 1445.

Que vives nunha localidade sen rede, pois xa sabes que en R imos estendendo a nosa infraestrutura por toda Galicia.
Se me queres preguntar por outra zona en concreto ou por unha rúa e averiguo algo, por aquí andamos, aínda que xa che digo que en previsión para este ano non temos ningunha outra localidade.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 02 febreiro 2009 ás 04:20 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Saúdos.

Se fora de Lugo iría encantado pero quédame un pouco lonxe. Así que aproveito para reiterar a miña interese pola idea de poder elixir a cantidade de megas de subida e baixada: conexión á carta.

Unha aperta.

enviado por Luis o 02 febreiro 2009 ás 07:49 PM CET #

A min paréceme unah boa iniciativa. Persoalmente non podo asistir debido a ese horario un tanto extraño, pero a verdade é que se agradece.

Saúdos

enviado por David o 03 febreiro 2009 ás 08:59 AM CET
Sitio web:: http://www.emetreinta.es #

Quen me dera poder probalos. Podiades vir por Ferrol

enviado por Martin o 08 febreiro 2009 ás 03:03 PM CET
Sitio web:: http://estudiantemaligno.blogspot.com/ #

Yo sigo diciendo que queremos una conexión barata. No es de recibo lo que cobráis por el combo 1 + 1mb. Yo NO PUEDO pagar eso. Si quiero cambiarme de operador tengo que pagar 100 y pico € por que solo hay cableado de R. Cosa que tampoco puedo pagar. Hace tiempo me dí de baja, y aún sigo esperando a que se dignen a poner el combo 1 + 1mb a un precio viable para alguien con limitados recursos económicos. De momento me apaño con la conexión diaria de Simyo, pero una conexión móvil no es ni mucho menos de la calidad de una fija. Si necesito hacer algo tengo que irme con el portátil a casa de un amigo que tiene el famoso jazztel de los 20 megas, que ni va a 20 megas ni ná, pero bueno, sus 15 de bajada y 800 de subida los tiene, y así ando. La coña es que lo necesito para trabajar. Así andamos.

enviado por Yago o 11 febreiro 2009 ás 03:05 PM CET
Sitio web:: http://blackportal.wordpress.com #

Yo sigo esperando (sentado por supuesto xDDD) a que os replanteeis los productos de 100 y 30 megas. Para mí son productos que están fuera de precio y de características, sobre todo el upstream. Aunque veo algo de luz al final de túnel, parece que un ISP ha movido ficha y ofrece la posibilidad, sin aumento de precio, de mejorar el upstream hasta los 2,5 megas, en sus conexiones de 20 megas, o el downstream hasta los 24 megas. http://www.adslzone.net/article2683-los-20-megas-de-jazztel-tienen-desde-hoy-25-megas-de-subida.html Deseo que en R reflexioneis sobre los productos que estáis lanzando y nos ofrezcais algo más competitivo, en precios y características. En el momento que podamos activar esta opción con Jazztel vuestra conexion de 30/1 se quedará totalmente fuera de mercado en precio y características. La 100/3 sigo sin tan siquiera contemplarla por su elevado precio. Si lanzais una conexion 30/3, o parecida, por unos 50-55 euros al mes tenéis un cliente más asegurado y creo que muchísimos más. Saludos

enviado por Xan o 11 febreiro 2009 ás 05:11 PM CET #

si, desde luego que con la morterada que hay que pagar por los 100/3 "cambiache o conto" y con los 30/1 "seguimos co mesmo conto"

enviado por Hector o 12 febreiro 2009 ás 11:51 AM CET #

Xan, gracias por la información y por el enlace. Tomamos buena nota.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 12 febreiro 2009 ás 04:08 PM CET
Sitio web:: http://www.queccheparece.com #

lein o comentario que lle fas a quinso.
por favor!!! R para celanova xaaaa
fainos falta. parece que estamos incomunicados do mundo....
gracias

enviado por Cani o 15 febreiro 2009 ás 01:23 AM CET
Sitio web:: http://canifc@hotmail.com #

Saúdos.

Unha vez máis: velocidade á carta.

E mentras a tecnoloxía non o permita: conexión 30/3 por 60/70 euros.

enviado por Luis o 26 febreiro 2009 ás 07:10 PM CET #

Como é que despois de chufarse tanto por ter incluído en todos os produtos de internet unha subida que acadaba alomenos o 10% da baixada, cos novos cambios decidistes recuar e volver a taxas ridículas do 5%?
Imos cara atrás.
Eu prefería 2/200 que 3/150 (ó mesmo precio, claro).
Non noto apenas melloría de 6/600 a 12/600 e si notaría bastante a 12/1.

enviado por Xis o 05 marzo 2009 ás 10:53 AM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado