tochomail
ola xente. Hoxe téndesme por aquí para falarvos dun servizo moi útil que moitos clientes nosos xa están aproveitando pero que outros descoñecen por completo: o tochomail.
o tochomail, como o seu nome indica é un servizo que permite enviar a través do voso correo electrónico documentos adxuntos moi tochos, supertochos. Tanto, que ata poden chegar a pesar 1 xiga. Vamos, moitísimo máis que o que ofrece calquera servizo de correo. Porque de seguro que máis dunha vez probáchedes a adxuntar un documento que pesaba máis de 5 megas nunha conta normal, e vos “petaba”.
e como o facedes? Pois simplemente usando calquera das contas de correo que vos damos ao serdes clientes de R. Lembrade que o tochomail só o podedes usar a través do webmail de R e dunha conta de coreo que xa teñades creada. Se non tendes unha, podedes creala na web de clientes. Unha vez dentro, accede á sección de internet e alí a “máis info”. Escolle o nome que queiras e asóciao aos dominios que temos (galicia.com, mundo-r.com, esteson.eu, estason.eu, profesionais.eu, etc.). Ademais, tes ata cinco contas de correo de 1 xiga de capacidade para que almacenes o que queiras e non teñas que eliminar nada.
unha vez que teñades a conta, se entrades en webmail.mundo-r.com co voso usuario e contrasinal, xa veredes unha lapela na parte de arriba que pon “tochomail”.

a partir de aí, creo que xa todo é bastante intuitivo. Escolledes o documento que queredes enviar, esperades a que o servizo o suba (o tempo dependerá da conexión que teñades contratada e do peso do arquivo), poñedes un destinatario, un asunto e xa tendes enviado o voso tochomail.
o sistema ten outra vantaxe, xa que non tes que quedar mirando coma un pasmón a ver como carga ata o 100% a barra de estado. Que non queres estar esperando a que remate se subir o arquivo porque estás a mirar o Real Madrid-Barça, pois non hai problema, porque podes clicar en pulsa para "enviar a mensaxe automaticamente tras rematar a subida do arquivo" e o correo envíase só cando remata. Moderno, moderno ;)
unha vez que o remitas, ao destinatario chegaralle un correo coa túa mensaxe e unha ligazón na que pode descargar o que lle enviaches. Vamos, que con este sistema nin “peta” o correo nin se colapsa. Simplemente se recibe unha ligazón que, ao pinchala, permite recibir un arquivo pesado que se atopa nos nosos servidores. Aínda que só teñas libre na túa conta 1 mega de espazo e che remitan un arquivo de 600 megas, non pasa nada, porque xa digo que o correo do destinatario non se satura. Vamos, que se hai que despreocupar do tamaño do buzón do destinatario porque o arquivo ou arquivos que se remitan van chegar sen problema ningún. Garantizado!
con isto non tes excusa para que os teus amigos vexan o vídeo das túas vacacións en Despeñaperros, que poidas enviar o vídeo da primeira comuñón do túa sobriña á túa familia de Bos Aires ou que che manden as 256 fotos que se fixeron na festa da aldea.
por se tes algunha dúbida sobre como funciona, na nosa web de vídeos, podes atopar un vídeo titorial moi sinxelo no que che explicamos paso a paso como se usa e como podes enviar o tochomail.
e lembra que ademais das contas de correo e do tochomail, en R vos ofrecemos toda unha serie de servizos relacionados coa web, como é o caso do blog e do álbum de fotos, un espazo web persoal, un servizo de ftp e tamén a posibilidade de contratar un dominio e de asocialo ao teu weblog ou espazo web.
andarei por aquí para o que precisedes ;)
un saúdo

Me parece bien, incluso ya la use una vez. Pero hay un pequeño fallo: Que con las velocidades de subida que ofreceis,100, 150, 300, 600 y 1M, amén de otras fuera del alcance del bolsillo de la mayoría, no estaría de más que aumentasen las velocidades de subida, para que la cosa quedase mejor y estuviesen en concordancia con el fichero de 1Gb.
Elemental, querido Watson.
Un saludo.
enviado por Indiana o 30 abril 2009 ás 04:35 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/tochomail #
A verdade é que eu o uso habitualmente é moi práctico!
enviado por iago o 30 abril 2009 ás 05:54 PM CEST
Sitio web:: http://www.iagovarela.eu #
Hola Indiana.
Sí, la verdad es que sabemos que con algunas opciones de internet si el archivo es muy pesado puede tardar bastante en cargar. Por eso hemos puesto la opción de enviar automáticamente al subirse el fichero, para que no tengáis que estar esperando a ver cuánto tarda.
Un saludo
enviado por quecheparece o 30 abril 2009 ás 06:25 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
que non vos pase coma min que me sube os arquivos a 5kb e cando chamo para preguntar como pode ser iso dinme que cando emprega o servicio moita xente vai lento (sic)
enviado por Nemigo o 03 maio 2009 ás 01:27 PM CEST #
É un bo servizo, pero agora mesmo as conexións de R son moi asimétricas, e non permiten aproveitar ben o Tochomail.
A ver cando recuperamos polo menos o 10% do ancho de baixada (moito bombo se deu cando se fixo e pouco durou).
A opción de subida automática ó rematar está ben, pero só funciona con un máximo de 5 arquivos simultáneamente e non arregla o problema de ter colapsada a conexión por falta de ancho de subida.
Hai que aumentar as velocidades de subida e non seguir coa escalada absurda das de descarga.
Aproveitando, paréceme moi ben a idea de emitir TDT no estandar -T polo cable (polo momento é o máis difundido en equipos).
enviado por Xis o 05 maio 2009 ás 10:30 AM CEST #
**Bos días falando un pouco de internet, dende que me instalaron o wifi de R de 1 porto, teño certos problemas co meu pc de sobremesa, SO vista, (si xa sei que e pésimo pero viña preinstalado e non sei onde metin o cd do xp).
Pois o tema e que estou onectada e de pronto... ploff saltame na area de notificación conexion limitada. Supoño que sera que non teño algo configurado a tarxeta de rede funciona perfectamente e xa mirei todo sabes algo disto??
enviado por Rachel o 06 maio 2009 ás 09:03 AM CEST #
Ola Rachel.
Pois si que ten pinta de que algo non anda ben. Case mellor chama ao 1446 e que dende aí che pasen co noso servizo técnico, que de seguro que che saben dicir onde pode estar o problema.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 06 maio 2009 ás 11:14 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
creo que me vou repetir, pero facendo contas, co meu combo 3, tardaría 3,88 horas en subir 1GB.
Non serve de nada 1GB de mail se xa para subir os 20MB de máximo de gmail tardas 5 minutos.
Todas estas contas sen considerar que si estás por wifi pode haber un microcorte e terás que empezar de novo e que a conexión rinda ó 100% todo o rato, se consideramos o 80% que garantiza R, súbennos moito máis as cifras.
Por favor, creo que non o podo decir máis claro: Máis velocidade de subida por favor!
enviado por Uno o 11 xuño 2009 ás 09:40 PM CEST #
buff...estoy subiendo un video de 129 megas y ya lleva media hora subiendo y lo q le queda. Me da pereza el tochomail
enviado por aurora o 06 setembro 2009 ás 11:55 AM CEST #
Aurora, para eso precisamente tenemos la opción de que al finalizar la subida del archivo se mande automáticamente el correo.
Así no tienes que estar pendiente de si tarda mucho o poco en subir. Somos conscientes que muchas veces estamos con otras aplicaciones abiertas, navegando,... Por eso se puso esa opción, para que no tengas que estar pendiente. Dejas el equipo encendido y, en cuanto finalice, ya se manda solo el tochomail.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 06 setembro 2009 ás 05:09 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
ya, pero normalmente no sólo subimos un archivo por lo que si que tenemos que estar pendientes.
enviado por aurora o 07 setembro 2009 ás 07:53 AM CEST #