logo

tendas R

xoves 05 marzo 2009 | 5 Comentarios

ola xente. Aquí estamos outra vez, e nesta ocasión para falarvos de diferentes tendas que estamos inaugurando coa imaxe de R.

como sabedes o que queremos é facilitar ao máximo a relación que temos con vós, sexades ou non clientes. A nosa web é un elemento de información para ver os nosos produtos e tamén para contratalos. Tamén temos os nosos teléfonos gratuítos (1449 para clientes e 1445 para os que non o son). Doutra banda, dispoñemos de comerciais que visitan e informan aos consumidores de telecomunicacións da nosa oferta.

pero bueno, ás veces un tamén precisa “fedellar” no produto, tocar os móbiles, sentarse fronte a alguén con calma e que lle expliquen as cousas. E por iso temos máis de 50 distribuidores en toda Galicia que son xente que pensamos sabe facer moi ben o seu traballo (como tanta outra xente coa que traballamos aquí). Non pensamos que os de R poidamos reinventar a roda constantemente, así que confiamos nos profesionais. Na nosa páxina web podedes descubrir cal é o distribuidor que está máis preto de vós. Algúns deles mesmo ofrecen servizo de postvenda: recollida de equipos, tramitación de reclamacións, xestións...

o caso é que moita xente nos preguntaba cal era o motivo de que non tivesemos tendas propias de R. A razón primeira xa a comento pouco máis arriba, que non sempre o que fai un ten por que ser o mellor (o que sabe, sabe). Pero tamén é verdade que temos que tratar de contentar á maior cantidade de persoas que sexamos capaces, así que estamos a probar como algo que nos pedístedes (e case nos esixístides en ocasións) tendas made in R. Así que nos lanzamos de cabeza ao río e xa vos podo dicir que temos varias tendas R do trinque, en concreto unha en Ourense, outra en Vigo e outra máis na Coruña.



pero a cousa non queda aí, senón que tamén quixemos potenciar a nosa imaxe nos distribuidores aos que tanto debemos. Total, que estamos a montar o que por aquí denominamos “espazos R” e “zonas R” nos nosos distribuidores. Para que o entendades, nos espazos R teredes, ao igual que nas tendas, a posibilidade de probar, de tocar dun xeito persoal e intransferible a nosa televisión dixital, a conexión á internet e tamén os móbiles R.



as zonas R son algo máis humildes, pero non por iso menos importantes. Poida que teñan pinta de ser armarios, pero non, xa que esconden moito do que é R, vamos, que teñen o noso toque de orixinalidade e sinxeleza. E despois de soltarvos esta frase que sempre queda ben (e serve para ir enchendo), cóntovos que neles tendes a posibilidade de ver os nosos móbiles, que é sobre todo o que máis vos gusta ver de preto.



o caso é que estades convidados a pasarvos tanto polas tendas R como polas do resto de distribuidores. E o que sería bárbaro, é que nos axudásedes con ideas de que tipo de contidos ou cousas pensades que deberamos meter nestas tendas R para facelas atractivas e que vos resulten útiles.

déixovos tamén aquí unhas fotos para ver que vos parecen, aínda que tendes máis en Flickr.

aburiño!




Comentarios

¿Esas fotos de qué tenda son?

enviado por Vermu o 05 marzo 2009 ás 05:15 PM CET
Sitio web:: http://foraxido.blogspot.com #

Ola Vermu.

A primeira é dunha tenda R (Centro Comercial Dolce Vita na Coruña), a segunda é dun espazo R dentro do noso distribuidor Camosa (na Coruña), e a última pertence a BTS (tamén na Coruña).

En Flicrk (http://flickr.com/photos/quecheparece) tamén temos subidas fotos das tendas de Ourense e de Vigo.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 05 marzo 2009 ás 05:31 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pues bienvenida sea la idea. Pienso que el contacto personal es mucho más efectivo, en general para todo, que el telefónico, completamente impersonal y muchas veces tedioso.

enviado por Indiana o 05 marzo 2009 ás 06:17 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com/ #

Un comentario, últimamente el desco se me está actualizando un mínimo de 5-6 veces al día ¿estáis preparando algún servicio nuevo o qué puede pasar?

enviado por Rarok o 15 marzo 2009 ás 03:13 PM CET #

Buenos días Rarok.

Como es un comentario que no tiene nada que ver con el post, por si alguien tiene el mismo problema que tú, lo que respondido aquí:

http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/como_ves_a_nova_epg#comment36

Un saludo

enviado por quecheparece o 16 marzo 2009 ás 09:31 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado