logo

tenda R en Santiago de Compostela

venres 19 xuño 2009 | Sen comentarios

Se hai un mes vos contaba que abriamos unha tenda R en Pontevedra, pois hoxe cóntovos que inauguramos outra nova en Santiago de Compostela.

Ampliamos deste xeito os lugares onde vos podemos atender, nos que vos podemos dar información, xestionar consultas ou abrir reclamacións. Como xa vos contei noutra ocasión, arestora dispoñemos de máis de 70 distribuidoresespallados por toda Galicia, e contamos con espazos e tendas coa nosa imaxe. E agora temos outra máis :D

Total, que queremos estar cada vez un pouco máis preto de vós (non sexa que pensedes que só vos atendemos polo teléfono polo feos que somos). Como no caso das anteriores tendas, esta tamén intentamos que estivese o máis céntrica posible. Témola situada na rúa República do Salvador, nº3, a tiro de pedra da praza de Galicia e da praza Roxa. Estivemos buscando un sitio no Obradoiro, pero a verdade é que entre a Catedral, o Concello, o Hostal dos Reis Católicos e a Reitoría xa non nos deixaron un oco para poñer a tenda, jeje

Cólgovos hoxe tamén unha fotiños, pero xa vedes que seguimos na liña estética das anteriores. Ademais, nos 63 metros cadrados cos que conta a tenda, seguimos tenda un espazo destinado a móbil R, outro para a televisión dixital multicanle e outro para internet.


Todo o que queira está convidado a pasarse. Ademais, arrecende todo a noviño que dá gusto porque se abriu precisamente hoxe, 19 de xuño. Así que podedes ir estrear o Mac, navegar un pouco by-the-face ou ver a tele comendo un xelado ;)

Un saudiño.






Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado