Tenda R en Lugo
Ola. Hoxe queríamos anunciarvos que abrimos unha nova tenda, desta vez en Lugo, que xa lle tocaba.
A apertura ao público foi hoxe, 4 de febreiro, así que debe arrecender a novo e a plástico que dá gusto. Se precisades calquera cousa, tédela na rúa da Raíña, nº 18. E lembrade que tamén temos un bo feixe de distribuidores por toda Galicia.
Déixovos aquí fotos da nova tenda. Un saúdo.






Penso que hai unha errata.
Rúa da Raíña número 18, non Daviña.
Non?
Saúdos
enviado por Twiky o 04 febreiro 2010 ás 07:47 PM CET
Sitio web:: http://www.emetreinta.es #
Twiky, graciñas mil por avisar. Tes toda a razón, rúa da Raíña :D
Vese que non vou moito por Lugo. Teño familia en Guitiriz, así que me quedo antes no camiño.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 04 febreiro 2010 ás 07:52 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
La de Villagarcía está en Rey Daviña y a de Lugo es Raíña. Quizás de ahí venga la confusión. :-D
enviado por Luis o 05 febreiro 2010 ás 04:55 PM CET #
Hay una nueva tienda R en Vigo, la tercera ya, en la calle Travesía de Vigo. Ala, lo digo yo antes que tú, chincha rabiña. xD (La vi ayer; pero esa no entré a estrenarla que ya estrene la de al lado de mi casa y no quería abusar)
PD: Se me repiten lo captchas.
enviado por CartDestr o 11 febreiro 2010 ás 06:57 PM CET #
No carrefour da travesía hai un posto de R no medio da entrada, por se tamén o queres usar :P
enviado por fervigo o 11 febreiro 2010 ás 08:01 PM CET #
:D
Realmente hai stands en centros comerciais, espazos R, tendas R e distribuidores. Hai de todo.
A tenda da Travesía de Vigo inaugurouse en decembro e non é propiamente de R, senón dun distribuidor, aínda que é certo que basicamente a imaxe é a mesma.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 febreiro 2010 ás 08:09 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Imaxinei que sería vosa por que a diferencia de outra (como Dixital) o único nombre visible da tenda é "R", o deseño da tenda e idéntico ás outras tendas R, ata a roupa dos empregados é a mesma... A única diferencia e que o equipo non era un Mac, se non un "emachines" destes que teñen a CPU na propia pantalla.
Saúdos.
enviado por CartDestr o 13 febreiro 2010 ás 05:31 PM CET #
Gustoume esta tenda, a ver se un día me paso aunque solo sexa para ver as cousas que tedes.
enviado por ROSENDO o 18 marzo 2010 ás 05:56 PM CET
Sitio web:: http://movilinvasion.blogspot.com/ #