logo

Tenda outlet de móbiles na nosa web

venres 19 febreiro 2010 | 8 Comentarios

Ola. Hoxe queriamos falarvos dun novo espazo na nosa web e que lles pode interesar sobre todo aos que aínda non teñen un móbilR ou precisan dun a prezo libre: lanzamos un espazo outlet de xeito exclusivo na nosa web.

Si, é certo, non somos moi orixinais con iso do nome. Pero como se entende o concepto, pois tampouco quixemos darlle máis voltas ao tema :D. E aínda que é algo que está asociado sobre todo á roupa ou a mobles, pois serve para calquera cousa. O caso é que se trata de produtos ou mercadorías máis baratas e de tempadas anteriores. No móbil pasa outro tanto do mesmo, con modelos que aparecen cada vez máis rápido para substituír a outros.

O caso é que temos algúns terminais que xa estiveron no noso catálogo hai pouco e que temos en ‘stock’. E como non son moitos e non pertencen á tempada de “primavera-verán 2010” ;), pois ofrecémosvolos máis baratos e con algún “extra” ou detalliño. Por exemplo, o nokia 2600 classic vén cunha chave USB de 4GB de regalo. E os nokia 7210 supernova azul (coma o que teño eu) e rosa, veñen cunha tarxeta microSD de 2GB incorporada.

En canto a terminais moi rebaixados de gama media ou alta hai que destacar o sony ericsson s500i, que ten un desconto de ata 89€ e tamén un dos móbiles que máis furor causou no seu momento, o n95 de 8GB, con mapas GPS e wifi, cun aforro de ata 199€.

Como os clientes de móbilR poden renovar o seu terminal a través do programa de puntos, pensamos que esta tenda outlet tería máis sentido para os clientes novos e que quixesen algo máis barato ou ben para aqueles que buscan un terminal libre. É dicir, este tenda non vale para renovar os móbiles entre os que xa son clientes, está pensada para os novos clientes. Ou para certos casos, como se vos queredes cambiar á tarifa mini e buscades un móbil libre.

Un saúdo.




Comentarios

En agosto, cando o Nokia E65 comezou a desaparecer; valía libre 200 euros nas tendas de Nokia ou similiares. (O sei por que foi en Agosto cando por motivos da vida o meu Nokia E65 foise o carallo e o seguro de fogar o tasou en 200 euros, e comprobeino daquela e efectivamente atopábase fácil a ese precio), de modo que é caro o precio que tedes.

Non me parece ben que os clientes non poidan coller móbiles do oulet mediante puntos; xa que os novos clientes lles permitides ter os móbiles do oulet máis baratos se contratan unha permanencia de 18 meses e certas tarifas; coido que os xa clientes deberíades darlles como mínimo os mesmos prezos; e tiña pensado que ista era unha das vosas filosofías; darlle os clientes de móbil de sempre como mínimo as mínimas condicións que aos novos.

enviado por CartDestr o 19 febreiro 2010 ás 02:19 PM CET #

Estades de coña cos prezos???
Por exemplo o n95 libre se pode encontrar facil sobre os 300 euros, e vos tendens un precio de 449euros ...
E para rematar a cousa non deixas usar os pontos os xa clientes, pa mexar e non votar gota ..

enviado por eu o 20 febreiro 2010 ás 06:03 PM CET #

CartDestr, eu, o de que estes móbiles os poñamos para novos clientes é porque pensamos que serían máis interesantes para clientes que buscasen terminais libres ou máis baratos. Trátase de terminais descatalogados en canto que os clientes de móbilR teñen acceso a bastantes terminais do noso catálogo, varios deles a 0€.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 22 febreiro 2010 ás 09:53 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Aproveitando o asunto: tedes pensado facer algo coa morea de móbiles que quedan por aí inutilizados co da renovación de termináis por puntos?
Non sería bon incentivar dalgún xeito a recollida dos móbiles usados para poder reciclalos (ou reutilizalos, que seguro que moitos funcionan perfectamente).
Isto xa parece o das bolsas de plástico pero a escala moito máis contaminante.
Falo de solucións permanentes, non de campañas publicitarias pseudoecolóxicas.

enviado por Xis o 22 febreiro 2010 ás 12:29 PM CET #

Xis, o da ecoloxía é como todo, queren facer responsábel último ao cidadán e se cadra ás empresas (na parte que NON lles toca), cando a responsabilidade debería estar noutros lados. Pero sí, penso que para R sería unha boa idea axudar a recoller os móbiles por exemplo dando puntos aos clientes que os deixen nos distribuidores autorizados ou algo así, supoño que sería cousa de falalo coa administración se é que se pode falar con esa xentiña xD

Aproveito para pedir fora de sitio que os puntos se podan trocar tamén por fixos. Non necesariamente sen fios, os de toda a vida.

enviado por ubunteiro o 22 febreiro 2010 ás 03:39 PM CET #

Así como en algunos aspectos, como internet o atención al cliente, hay que quitarse el sombrero con R; también hay que reconocer que en otros aspectos andáis un poco flojillos, siendo la peor parte la de Mobil R y los terminales que ofertáis.
Un claro ejemplo de ello es lo que dice "eu" , que además es totalmente cierto (se puede comprobar fácilmente en una simple búsqueda en google): muchos de esos terminales con outlet, descuentos y demás parafernalia los podíamos encontrar hace meses (outlet si) a un precio más reducido del que estáis ofertando ahora (pero de descuento nada xD) .
Sin embargo, la idea central de mi comentario la expondré en los siguientes renglones: me refiero a la oferta de terminales que tenéis, ya sea outlet, no-outlet, para clientes, nuevas altas, con puntos o sin puntos, etc...
1) La oferta de telefónos móviles que ofrecéis es pobre. Muy pobre y reducida, basándose prácticamente todo en Nokias y poco más. Aunque argumentéis que es el mayor fabricante de móviles del mundo, no se puede negar que el cliente puede tener otros gustos diferentes de Nokia.
2) La pobre oferta de terminales móviles es cara…muy cara. Expongo mi ejemplo personal, en el cual teniendo todo de R, internet, televisión, Combo R, pagando 170€ al mes y con tres líneas en mobil R, teniendo a su vez más de 3000 puntos, que como sabréis, equivalen a 3000 € de consumo (casi ná), con el “plan renovar mobil R” me cobran 104,11 € + 3012 puntos por un terminal medianamente decente. Eso multiplicado por tres, más la ausencia del descuento al haber gastado los 3000 puntos en uno de estos tres móviles, me saldría la cuenta a unos 300-400€: una pasta gansa. Teniendo en cuenta que además tenéis unas tarifas bastante caras, y un compromiso de permanencia de 18 meses, aquí lanzo yo mi pregunta misteriosa: ¿Por qué ofrecéis tarifas caras y compromisos de permanencia si la subvención del terminal es raquítica, o nula?
3) Y ya para concluir: responder a lo de arriba con que “R ofrece terminales a 0€” no es un argumento válido, ya que se trata de móviles totalmente básicos, que tienen todo lo básico como es llamar, mandar sms; y a lo sumo reproducirá mp3 y una cámara raquítica
De momento ya he tenido que portar una de mis líneas, cuyo móvil tenía una zona de píxeles negros en la pantalla, a las teclas se les estaban borrando, la batería ya casi no duraba nada y la tapa se le caía sola. Espero que tengáis en cuenta mi sugerencia y que tratéis de subsanar este problema lo más breve posible, ya que de no ser así otros clientes que terminen la permanencia harán lo mismo que yo.
Un saludo y muchas gracias!

enviado por Isaac1991 o 23 febreiro 2010 ás 01:48 AM CET #

http://www.zonzoo.es/

enviado por makeijan@gmail.com o 09 marzo 2010 ás 11:52 PM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #

Para a recollida de móbiles vellos podes probar servizos coma zonzoo
http://www.zonzoo.es/

enviado por makeijan@gmail.com o 09 marzo 2010 ás 11:53 PM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado