Tenda itinerante R en Sarria
Ola a todos. Hoxe queriamos comentar que a nosa tenda itinerante R anda pola localidade lucense de Sarria.
Así que se vivides alí ou sodes de preto, estades convidados a pasarvos, fedellar nos equipos que temos alí instalados e preguntar calquera dúbida que poidades ter con respecto aos nosos servizos.
Andaremos por Sarria ata o 15 de xullo, na praza da Vila. A tenda estará aberta de luns a venres, de 10.00 a 13.30 horas. Ademais, os venres pola tarde abriremos tamén de 16.30 a 20.00 horas.
Deixámosvos unhas fotos:
Un saúdo.

A verdade é que é curriña a tenda...
Máis eu estou aquí para falar do meu libro... xD
Non sei onde facer esta pregunta, así que fagocha a ti queche: Onde podo reportar que o webmail de R estáse a trabucar ó indicar que un email é [antispam R - spam]? Porque eu rexistreime ó boletin de ofertas da fnac voluntariamente e agora calificadelo de SPAM, cando é unha empresa seria e que aporta unha forma de dar de baixa as notificacións (cando vos mesmos non dábades esta opción nesta páxina ate hai ben pouquiño).
Isto a verdade é que me trastorna bastante, porque teño o cliente correo configurado para eliminar directamente as mensaxes que R marca como SPAM (e reviso as que marca como POSIBLE SPAM). Dinme de conta disto revisando o correo a través do webmail.
Que se pode facer con isto?
enviado por Gonzalo o 15 xuño 2010 ás 02:34 PM CEST #
Gonzalo, entendo, polo que dis, que desmarcas eses correos como SPAM e volven aparecer como SPAM, non?
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 xuño 2010 ás 04:33 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Gonzalo, poderías enviarme ao meu correo, quecheparece@mundo-r.net, o email que recibiches ou, cando menos, o remitente?
É para ver se podemos facer unha especie de lista branca para que non volva pasar.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 xuño 2010 ás 05:04 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Si no tienes ningún inconveniente, "queche", me gustaría darle un consejo a Gonzalo y por extensión a cualquiera que tenga este problema.
Gonzalo, si el correo lo consultas a través de un gestor, outlook, thunderbird..., lo mejor es que en las opciones de mensaxería marques la opción de no hacer nada con correo spam o posible spam, más que nada porque los filtros antispam, entre uno de los métodos que utilizan para filtrar y detectar spam, se basan en direcciones y dominios que generan muchos envíos de correo en muy corto espacio de tiempo, véanse listas de distribución, información comercial... por lo que aunque el envío sea legítimo, muchas veces los correos van a ser catalogados como spam, ya que no hay forma de saber si el envío ha sido solicitado por el destinatario o no, por lo que la regla "dice" que probablemente se trate de envío masivo de publicidad.
Como en mesaxería, tú directamente no tienes la opción de crear reglas ni listas blancas, el problema que tienes hoy con Fnac, te puede pasar con cualquier otro servicio de avisos y puedes perder algún correo, y es un poco latoso tener que llamar cada vez que mensaxería te filtre un correo de este tipo, y es probable que en alguna ocasión no puedan darte una solución sin comprometer al resto de usuarios creando una regla que permita la recepción de esos correos. Lo mejor es que si usas un gestor, marques la opción de no hacer nada en mensaxería y crees lista blanca o indiques que es un correo válido para que lo recibas sin problema directamente en el cliente de correo que utilices, o bien puedes usar alguna aplicación que filtra los correos y que son muy configurables, y permiten basar el filtrado en múltiples parámetros. Por ponerte un ejemplo, tienes el spamhilator, muy sencillo de usar y gestionar y es muy efectivo, pero hay infinidad de programitas de este estilo.
Un saludo.
enviado por Bas o 15 xuño 2010 ás 10:17 PM CEST #
@queche: tes unha mensaxe nova. Non sei se é posible marcar unha mensaxe como que non é SPAM no WEBMAIL de R, se mo dis o miro. Pero polo teu segundo comentario, supoño que non hai opción se non existe unha listaxe branca.
@Bas: gracias por interesarte, máis os tiros ian máis por onde respondeu queche. Eu xa teño configurado o xestor para redirixir os marcados por R coma SPAM e POSIBLE SPAM, pero segue a haber tres inconvenientes:
1- Os correos desexados seguerán chegando como SPAM, facendo que perda tempo en revisar o SPAM para ver se hay cousas interesantes.
2- Vexo que na nova versión da mensaxería os correos marcados como SPAM non se baixan ó PC, polo que teño que abrir o Webmail para revisalos. Isto non pasaba no "antigo" servizo de mensaxería, disto acabome de decatar agora mesmo, así que non sei se hai modo de cambiar esta opción.
3- Para que sirve un detector de SPAM que non podo configurar cunha lista branca? Para facer perder o tempo.
Repito que o problema non está no meu lector de correo, senón na forma de tratar o SPAM por parte de R.
enviado por Gonzalo o 17 xuño 2010 ás 10:26 PM CEST
Sitio web:: http://es.beruby.com/promocode/un7jqG #
@Bas: Ahh, e por certo, non é verdade que "es probable que en alguna ocasión no puedan darte una solución sin comprometer al resto de usuarios creando una regla que permita la recepción de esos correos", porque mesmamente hotmail permite crear listaxes brancas para os correos que califica de SPAM. Se as reglas so se me aplican a min, sí que hay xeito.
É moi sinxelo facer isto, simplemente ten que dar a opción de que os correos con remiente que estea na tua lista de contactos non se califiquen nunca de SPAM, problema resolto.
O problema de todo isto é que eu non solicitei en ningún momento o filtro antispam, e non hai forma de desactivalo nin configuralo. Ate o de agora funcionábame moi ben, pero na nova versión da mensaxería isto trocou (non estou certo de que fose xusto a raiz da nova versión, pero máis ou menos cadra, e visto o visto cos problemas que deu...)
enviado por Gonzalo o 17 xuño 2010 ás 10:34 PM CEST
Sitio web:: http://es.beruby.com/promocode/un7jqG #
Gonzalo, precisamente o que estouche a dicir e que no webmail, marques a opción de que R non marque nada como spam, tes a opción de elixilo de esta maneira, así recibirás no teu xestor o correo sen ningunha marca e será éste o que decida se e spam ou non.
E claro, dende webmail non podes crear ti a regra nen lista blanca, non existe isa opción para o usuario, de ahí que che comentase a outra opción, e o meu comentario de que nanlgún momento, ainda que solicites que un correo non o marque R como spam, poida ser que non podan facelo porque compremetería o resto dos usuarios.
A opción pasaría coma é lóxico, que se poidera configurar isto directamente polo usuario dende a propia conta, pero de momento, isto non é así
enviado por Bas o 18 xuño 2010 ás 07:18 PM CEST #
@Bas: Ahh, graciñas! ^^
A verdade e como nunca entro no webmail, así que non sabía desa opción de que non faga nada có SPAM.
Agora sí, configuro eu o meu cliente e esquézome do antispam R.
enviado por Gonzalo o 21 xuño 2010 ás 01:33 PM CEST #
E a nova tenda de R no C.C. Espacio Coruña é vosa tamén?
enviado por Anxo o 21 xuño 2010 ás 06:45 PM CEST
Sitio web:: http://latri.ca/anxo_gz #
Anxo, si, abrímola hai uns días. Agora xa temos dúas tendas R na Coruña :D
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 21 xuño 2010 ás 06:56 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Xa que falamos de Sarria como vai o tema de ver a TVG de Lugo e non a TVG de Ourense pola vosa rede.
enviado por arcade o 21 xuño 2010 ás 07:03 PM CEST #
Arcade, segue igual ca sempre, sen novidades.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 21 xuño 2010 ás 07:08 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pero realmente tedes intención por cambialo ou é algo que non ten solcuión?
enviado por arcade o 22 xuño 2010 ás 12:51 AM CEST #
arcade, polo que me explicaron iso fácil solución non ten, así que vexo complicado que cambie a cousa.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 22 xuño 2010 ás 09:12 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Nada é imposible !!! O caso é ter interese.
enviado por arcade o 22 xuño 2010 ás 06:03 PM CEST #
Quecheparece para cuando el HD , para cuando hablareis de nuevas modalidades de velocidades a internet como 50/5 ..Telefonica a lanzado esta nueva modalidad a 50 euros con television en HD y llamadas ( y te recuerdo que ellos si son Pura fibra )
El pasado año me pase unas 300 veces por este blog tuyo y daba gusto .Este año lo unico productivo segun mi opinion _( subjetiva totalmente ) es que ya no hablais de novedades simplemente porque no las teneis
Faltan novedades en R y seguis cobrando igual .Tu eres el portavoz y deberias hablar de nuestras inquietudes .
Esta es mi pregunta .Vais a seguis aumentando los precios como ya habeis hecho o vais a mejorar el servicio a internet y añadir el HD que segun usted tendria que venir en unos pocos meses
enviado por Alvaro Romero o 26 xuño 2010 ás 10:48 PM CEST #
As tendas son moi fermosas de deseño... O outro día na de Lugo capital, falando un bo cacho cunha dependenta, ocorreume que pasaba totalmente de falarme en galego e por outra banda, a aplicación informática para prestarme un móbil (por avaría do meu) non estaba en liña.
O que dixen, moita estética rebuscada e pouca operatividade e respecto. A identidade galega de R convértese en morralla na práctica.
enviado por ramón o 04 xullo 2010 ás 05:47 PM CEST #