logo

sobre os 100 megas e o upstream

martes 29 xullo 2008 | 37 Comentarios

Ola de novo a todos e desculpade pola tardanza á hora de respostarvos. Como nos fixéchedes bastantes preguntas sobre os 100 megas e outras relacionadas coa subida das conexións, desta vez aproveitamos para facer un novo post.

Para todos aqueles que nos preguntedes sobre as velocidades de subida (como luis ou xabier), temos que comentarvos que realmente isto de subir as velocidades non é que sexa algo tan sinxelo como darlle a un botón e dicir, ala, máis conexión para todo o mundo. O proceso de aumento de velocidades é bastante laborioso e require de 8 a 12 meses de traballo. E se é complicado subir a velocidade da descarga, moito máis difícil é subir a velocidade de baixada. Por que? Pois porque os fabricantes de quipamento de rede, aínda que sexa recente coma a nosa, deseñaron equipos coa configuración típica dunha rede do ano 2002 ou 2003, é dicir, redes onde o que primaba era a descarga no sntido rede a usuario, vamos, o internet de ata fai ben pouco.

Os calendarios de deseño de equipos de tranmisión dos gandes fabricantes duran varios anos, e de aí que ata que veñan equipos realmente simétricos que saquen todo o partido á rede de fibra de R, teremos que compoñernolas co que estea á venda no mercado. A lástima é que sobre de todo en Europa, as liñas de traballo dos fabricantes estiveron moi centradas no ADSL que de feito a palabra ADSL xa o indica, Asymmetric Digital Subscriber Line. O cable de R é moito menos "asimétrico" (nós non baseamos a nosa rede no ADSL porque nos pareceu unha solución boa para tirar proveito de redes de pares de cobre existentes pero non a solución óptima para o futuro, que é o presente xa hoxe), porque tanto a fibra como o coaxial teñen moitísima máis capacidade de base para "repartir" entre subida e baixada. Non obstante, si que tamén temos no deseño orixinal da nosa rede unha asimetría para o mercado residencial, onde os usuarios baixaban máis cousas das que as subían. Aínda que somos novos nisto, as redes foron deseñadas no ano 2000 que é cando comezamos a tender a nova rede de fibra.

Como vos comento, os equipamentos de rede son asimétricos, porque os protocolos de rede e os estándares nos que se basean son asimétricos. E todo isto é asimétrico porque cando os grupos internacionais de estandarización se reúnen para definilos acordan esta asimetría como punto de partida. Esta asimetría é algo que os (grandes, seniors) enxeñeiros de telecomunicacións teñen metido no adn, e que está comezando a cambiar, pero moi lentamente, porque hai moita inercia detrás, e moito investimento acumulado en redes asimétricas. Esta asimetría vale para todos os sistemas, e está mesmo nos estándares da futura fibra óptica ata o hogar, onde hai aínda dobre velocidade de baixada que de suba.

Pero como vemos, o conto, ou as necesidades dos usarios, cambiaron bastante nos últimos 4 anos e hoxe necesítase máis velocidade de subida. Así que tendes, obviamente, toda a razón do mundo, polo que podemos e debemos mellorar isto en canto poidamos. Prometido. Home, tamén é certo que estamos a ofrecer en varios produtos as mellores velocidades de upstream do mercado (para 6 megas, temos unha subida de 600 kbps, o dobre do que ofrecen moitos outros operadores dos que non vos teño que dicir o nome). Pero aínda é pouco, está claro. Estamos traballando arreo en redeseñar a rede, aínda que é complicado, porque hai que tocar moitas cousas: tocar o cableado onde se dá servizo ao cliente, modificar as redes troncais, aumentar a capacidade das cabeceiras e tamén a conexión á rede global internet. É todo unha cadea. Veremos os froitos pronto (espero).

Doutra banda, Sonia Bouza e Jaco pregúntannos por datas e por prezos sobre os 100 megas. A nosa intención é ter xa activos servizos en 100 megas antes de que acabe este mesmo ano. As probas van ben e, cruzando os dedos, parece que non hai atrancos á vista. Sendo sinceros (ese é o lema deste blog), cremos que si que podemos facelo alomenos nunha serie de áreas da nosa rede, porque a implantación coma sempre é área a área. Só hai que cambiar os cablemódems daqueles usuarios que queiran contratar este servizo . En canto a prezos, aínda non os temos establecidos. Por certo, que eu tampouco me crería todo o que ven nos informes da UE, ou de España. Por esa mesma regra de tres, lendo ese tipo de informes, en toda Galicia seguimos no terceiro mundo nisto do acceso a internet, e podemos asegurar que non é certo e mesmo doe escoitalo. É como dicir (que o din dende lonxe) que os que vivimos en Galicia non usamos internet. Nas principais agrupacións de poboación galegas hay tanta apetenza polo uso das novas tecnoloxías coma en Madrid ou en Barcelona. A penetración do acceso de alta velocidade é mesmo superior a outras rexións españolas teoricamente "máis avenzadas". Cos datos na man. E co dos prezos, sucede algo semellante. Hai que analizar a calidade do servizo real e ver canto se paga nos países da UE por mega "de verdade". Entón poderemos comparar axeitadamente.

Enlazando xa con isto, aproveito para contestarlle a jose, que nos fai unha comparativa con Ya.com. Así que procedo a aclarar algúns puntos:

en R: a opción 3 megas pasa a 6 megas ao final de ano (e non me fagades falar máis, que o aumento de velocidades o estou a reservar para outro post) e a contas de correo suben a 1 xiga este verán. De todas as formas, R é o acceso a internet mellor valorado en 4 estudos independentes durante o 2007. Ademais de termos rede propia de fibra óptica, o teléfono está telealimentado independentemente da conexión a internet.

en Ya.com: atópaste co segundo operador con máis reclamacións por 10.000 clientes internet detrás de Jazztel (ver en www.usuariosteleco.es do Ministerio), co call center máis lento en contestar (pódese comprobar na mesma web). E todo a través dun servizo ofrecido nunha rede alugada a Telefónica, en ULL telefonía ip, con peor calidade e se se vai a luz quedas sen teléfono.

As prestacións, de verdade, non son as mesmas. A lástima é que o único xeito de comprobalo é sufríndoo. Nós tratamos de poñer prezos xustos e axeitados ao que realmente custan as cousas para poder ter un servizo de calidade e a longo prazo. 

Queremos seguir investindo cartos en mellorar as redes e ampliar a súa cobertura a todos os lugares que poidamos, e dende logo os que traballamos en R queremos facer as cousas ben para que poidades sentirvos orgullosos de ter un operador decente aquí en Galicia. Non estamos aquí para exprimir a xente e para dar un pelotazo. Senón xa houbéramos desaparecido como tantos outros. Non sei, e coma cando tes unha tenda no barrio e no último que pensas é en dar gato por lebre o teu cliente que, aínda por riba, é o teu veciño ou familiar e teslle que mirar aos ollos cada vez que baixas á rúa. Iso fano os que pensan en clave financeira dende Londres ou París...



Comentarios

No meu caso Jazztel aínda que ofrece 20/1 só me chegan os 6/1 por cuestións de distancia á central pero... se o ADSL é tan deficitario en termos de subida como se come que poda dar incluso máis subida e cunha estabilidade maior que os estándares HFC da rede de R?
Está claro que a subida non prima nos intereses das compañías pero un mínimo dun mega a día de hoxe parece incluso escaso xa que tendemos a una sociedade da información na que somos xeradores e consumidores ao mesmo tempo.

Espero que tomedes nota dese aspecto para deseñar esa futura rede de altas prestacións.

Xa tedes fibra ata os tellados dos edificios. Agora queda sacarlle todo o partido posible. Eu abogaría por ofrecer pra o futuro conexións con estes parámetros pra os vindeiros anos e darlle máis flexibilidade aos paquetes:

Opcións de internet:
6/1---> 30€
12/2--> 40€
24/4--> 55€

Opcións de teléfono con tarifa plana de voz:
10€

Opción televisión máis canles especiais:
15€

Móbil:
Internet móbil 200 megas a velocidade hsdpa: 10€ despois cae a velocidade a 128/64
Internet móbil 1G: 20€ idem
Internet móbil ilimitado en HSDPA: 60€

Cadaquén escollería as súas opcións á súaa medida configurando o paquete que máis lle interese.

Chegado o momento que saíra Telefonica co FTTH poderíase meter algo por riba estilo 50/10 desprazando o escalafón de prezos e eliminando a opción 6/1.

Con isto acadaríades un monopolio en Galiza case total xa que teríades todas as frontes cubertas a medida do usuario.

Cóntallo aos xefes a ver que din ;)

enviado por Xabier o 29 xullo 2008 ás 03:15 PM CEST #

que gustiño dá ter tanta información e directamente do laboratorio de R. Graciñas e a seguir adiante.

enviado por ivan44 o 29 xullo 2008 ás 09:01 PM CEST #

Estás falando de aumentar a velocidades dos distintos combos, pero eu creo que antes de facelo, R deberíase de preocupar de solucionar os problemas de navegación que teñen algúns usuarios(coma min), causados polos traballos que se están a facer nos nodos para preparar as duplicacións, xa que ao desviar o trafico da súa rede polo outro lado do anillo bidireccional o que está facendo R é saturar o sinal dos demais usuarios. Por outro lado, comentaches a velocidades que quedarán os que teñen 3 megas, eu teño 9Mb/900 kb de conexión, cal será a miña nova velocidade? A min non me importa pagar por algo, pero interésame que cando me faga falta podelo usar. Un saúdo

enviado por Fran o 30 xullo 2008 ás 09:01 AM CEST #

Saúdos.

Persoalmente síntome un pouco decepcionado polas respostas. Son moi vagas e sinceramente non me resolveron as miñas dúbidas.

Tratarei de ser máis concreto na pregunta para intentar obter unha resposta máis concreta:

¿Que velocidade de subida terán os 100 MBs?

E a mesma pregunta para os 30 e os 60 MBs.

Graciñas.

enviado por Luis o 01 agosto 2008 ás 01:32 PM CEST #

Pois se non contestou é porque ese tipo de decisións no as fan os técnicos, se non os de departamento de márketing máis o telecos :P

enviado por Gonzalo o 05 agosto 2008 ás 02:25 PM CEST #

Ola de novo,

dende logo a ninguén lle amarga un doce. Aínda que a algún de nos as velocidades de baixada xa nos cheguen de abondo, realmente o problema da velocidade é de subida, pois é moi baixa; penso que é demasiado "asimétrica".

enviado por jomer o 05 agosto 2008 ás 06:35 PM CEST #

Volvo a escribir o comentario, xa que non obtiven resposta, nen sequera o correo de aceptación do comentario. A miña consulta é sobre comentario que facedes do aumento do tamaño dos buzons de correo. Dicides que pasan dos 100Mb a 1Gb.
Fixen a consulta das contas dende a Xestión de contas de correo, e me atopo que agora teño 6 contas máis disponibles. teño 4 activadas, deberíame quedar 1 na máis, en teoría. A cous é que, seguen a ser de 100Mb, entendo que aún non produciuse ó aumento, pero a miña consulta é:
O aumento a 1Gb de capacidade é no cómputo total dos buzons (10x100Mb=1Gb)o cada un dos buzóns van a ser de 1Gb? Xa sei que a pregunta parece un pouco parva, pero extráñame ter esas contas adicionais, non vaia ser que fixeran o aumento equivocádamente :-p

enviado por Bas o 09 agosto 2008 ás 09:26 AM CEST #

Ola, eu o que consideraría interesante é crear un Combo cunha televisión con canles á túa medida. É dicir, que cada canle tivera un prezo específico e ti poideses elexir que canles queres ver: quero este, este, este non que é moi caro, este e este (por exemplo ata chegar a un mínimo) e ese custo de canles + teléfono + internet é o que custaría o Combo á Carta. Porque a ver, o Combo R con 100 canles está ben, pero 80 € paréceme excesivo tendo en conta que desas 100 canles haberá 20 ou 30 que NUNCA vou ver porque non me interesan. E gastarme case un 10% da nómina en iso paréceme excesivo. Pero se tivera a posibilidade de escoller só as canles que me interesan e rexeitar as demais para axustar un poco máis o prezo sería fantástico. Aí deixo a idea, seguro que nesta era dixital, se pode facer. Un saúdo. Un do Combo 3.

enviado por Vermu o 10 agosto 2008 ás 09:04 PM CEST #

Gústame a idea de vermu, a min por exemplo, só me interesan as canles de animación, que son 3 contadas (Cartoon Network, Jetix e Buzz) e ter que contratar o ComboR e a opción extra para velos paréceme esaxerado.
Saúdos

enviado por franR o 11 agosto 2008 ás 10:40 PM CEST #

Ola Bas.

Acabo de falar coa persoa responsable deste tema e dime que ampliación será de tal forma que cada conta terá unha capacidade de 1GB. É dicir, que as 10 contas sumarían un total de 10 GB.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 14 agosto 2008 ás 11:14 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Escribiré en castellano, si no os importa, por que me he criado fuera de Galicia, y no me desenvuelvo en gallego.

Veréis. Yo ahora no tengo conexión. Escribo desde casa de un amigo. ¿Por qué? Pues por que no me la puedo permitir. ¡Hay proveedores muy baratos! diréis. Sí, los hay, pero en mi edificio, si quieres contratar algo diferente a R te cobran sobre 100? por que aquí todo el cableado es de R.

Así que si quiero internet sin arruinarme, tengo que contratar R, y la verdad, de barato no tiene nada. Resulta que si quiero 1mb (que no necesito más, la verdad) tengo que sumárselo al combo 1.

Vamos a ver, yo lo que quiero es sólo internet. No quiero ni línea de teléfono ni televisión ni gaitas. ¿Por qué tengo que contratar el resto? Hay muchos proveedores que ofrecen naked ADSL (que bueno, siendo honestos no compensan por que te lo cobran igual que ADSL+Llamadas, o casi).

Vamos a hacer unos cálculos (ignorando las cuotas de instalación):

Opción 1mb: 13,92? con iva

Combo1: 27,84? con iva

Combo1 + 1mb: 41,76? !

Y no, yo eso no me lo puedo permitir, y menos por 1mb! y con 100k de subida!! (yo casi no descargo contenidos, más bien soy creador de contenidos).

Lo creáis o no, hay mucha gente en mi situación.

Y bueno, ahora os veo hablando de los 100mb, una iniciativa loable (aunque no sois los primeros, que en Asturias ya andaban fedellando con 100mb desde hace algún tiempo).

Así que si ponéis 100mb, espero que dejéis alguna conexión tipo 1mb/500k o 2mb/1mb baratita, y que bajéis el precio del combo 1 por dios, que no se pueden cobrar casi 30? por prácticamente nada.

Y por favor, si me respondéis, no me tratéis como un ignorante. No tengo un duro, pero sé de lo que hablo, lo digo por que la gente tiene a hacer paralelismos muy rápido.


Una lanza a favor de R: yo sí tuve R hace un tiempo, 2mb. ¿Qué es lo que me gusta de R? Pues que cumple bastante bien con la velocidad que promete, pero bueno, tampoco os echéis muchas flores que sabéis que tenéis menos dificultades que otros ISP para cumplir.

enviado por iago o 26 agosto 2008 ás 01:44 PM CEST
Sitio web:: http://www.blancoynegro.uni.cc #

A min o que me interesa é ter unha conexión decente, e a día de hoxe non a teño. R como todas as empresas fala moito, pero os de sempre quedamos (de novo) a velas vir. E iso que non vivo no cu do mundo precisamente...

enviado por José M. Santos Picallo o 26 agosto 2008 ás 09:08 PM CEST
Sitio web:: http://picallo.info #

A verdade é que está ben saber que está previsto unha ampliación das conexión individuais de cara a finais de ano. Eu pola miña parte estou moi contento con R, é certo que é caro e que o de que todo vaia por combos é moitas veces un problema, pero tamén é certo que sexa porque desta tiven sorte ou porque de verdade é así, dende que teño R no teño problemas nin con caídas da conexión durante días nin con velocidades do 10% do contratado. A verdade é que tal e como está a cousa creo que agora o único que podería pedir é unha conexión cunha subida de 10mbps para poder ter un pequeno servidor na casa cun par de páxinas web. Por outra banda gustaríame saber cal é a posición de R fronte a adoptación do IPv6, algo que me interesa especialmente para deixar de depender de routers e de andar sempre cos temas dos portos cada vez que se quere empregar un xogo online ou facer unha videoconferencia.

enviado por Paulo o 26 agosto 2008 ás 11:49 PM CEST #

Eu confórmome cun servizo estable, porque levo uns días cunhas desconexións aleatorias de varias horas.

enviado por franR o 27 agosto 2008 ás 09:38 AM CEST #

Só sei que a fibra óptica por deseño é simétrica. E tamén sei que calquera rede doméstica traballa a 1gbit/sg con cable de cobre, e xa van camiñando cara aos 10gbit/sg.
Quen quere ver a televisión?
Por favor, meteramos cable FTP e non a porquería de coaxial, e nada de hub que van en contra de privacidade switch's.
Chorrada, cando dei o curso de fibra óptica na facultade (na época dos dinosaurios) os 100mbit/sg en fibra xa eran unha reliquia.
...

enviado por jaja o 29 agosto 2008 ás 12:10 AM CEST #

Sí, pero siempre es lo mismo. R siempre va a trenecito de los demás. Si puede cobrar mucho por conexiones asimétricas aún usando cable ¿por qué no lo va a hacer? ¿lo hacen los demás no?... Así funciona la cosa... desgraciadamente, y claro, nos venden como bobos que es el precio justo, bla bla bla bla. Yo creo que la cantinela se la cuentan a los propios empleados y seguro que se la creen y todo. No sé que margen de beneficio tendrán, pero seguro que pequeño no es. Yo ya aprendí la lección.

enviado por iago o 01 setembro 2008 ás 09:16 AM CEST
Sitio web:: http://www.blancoynegro.uni.cc #

Ola de novo a todos.

Con respecto ao que nos pregunta Paulo, o principal atractivo do IPV6 é que o número de direccións é moi superior ao do IPV4, que comezan a escasear.

Cal é a posición de R? Pois o certo é que estamos a ver que na actualidade a implantación de IPV6 a nivel mundial é ínfima e practicamente a nivel de probas ou en redes académicas, e non está claro cando se depregarán de forma masiva e mesmos hai quen dubida de se chegarán a facelo algún día. Por iso, a curto prazo, non está previsto implantar IPV6.

Un saúdo

enviado por quecheparece o 03 setembro 2008 ás 09:13 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

É a miña primeira vez por aquí, e estou gratamente sorprendido por ver esta canle de comunicación cos usuarios.

O certo é que vin as novas ofertas de ONO con 50/3MB e 100/5MB e quería atopar información sobre que argallaba R.

Espero que ó adopta-lo DOCSIS 3.0 vós tamén, do mesmo xeito, poñades unhas velocidades mínimas como Ono. 5 MB de subida tendo 100 de baixada é algo ridículo poderíase dicir... pero a verdade é que estaría moi contento de aumentar meus 600K dunha vez.

Creo que seguirei visitando o blog porque me parece moi útil. Agardo novas sobre a mellora das conexións (e da guía de TV e todo o demais).

enviado por Gonzalo o 03 setembro 2008 ás 02:19 PM CEST #

Ola.

Nun dos comentarios, jaja sinala que os 100 megas son unha reliquia. A verdade é que nós xa ofreciamos en xuño do 2005 conexións de 1 Giga a organismos coma o Cixtec. É dicir, hai tres anos que ofreciamos 1.024 megas a determinados clientes. De todos os xeitos, veredes que no mercado residencial estas velocidades non son habituais e en Galicia imos ser os primeiros en ofrecelas.

Como saberedes, hai diversas teconoloxías de redes de acceso de datos que utilizamos os operadores para dar servizos a un gran número de clientes residenciais e que o seu custe permita que se vos traslade unha oferta boa e de calidade aos clientes. Agora mesmo as máis difundidas son o adsl e o cable (docsis), e están emerxendo as denominadas xPON (redes ópticas pasivas), todas elas asimétricas.

É certo que hai otras tecnoloxías simétricas, pero o seu custe actual fainas só adecuadas para usos empresariais, como o caso do Ethernet ata o cliente final que é o que nos comenta jaja. Isto R xa o está ofrecendo para o entorno empresarial, temos estes servizos que chamamos xEthernet, e nuns meses teremos tamén unha rede MetroEthernet para ofrecer servizos VPNs nivel 2 Ethernet aos clientes empresariais que nolo demanden. Como comprenderedes, non son servizos habituais. Requiren dunhas instalacións e duns equipos específicos, empréganse para xestionar un gran volume de datos e o seu custo é bastante máis alto que calquera outro tipo de conexións.

Un saúdo.

Postdata: fanme dúas aclaracións para jaja dende o departamento de Rede. Cando dende outras empresas como a do antigo Monopolio din que van 50 megas por fogar, tes que comezar a repartir esa cifra. Porque dos 50 megas, 30 destínanse a internet, outra parte, arredor de 14, van para televisión e despois teñen algún máis de reserva e un par deles para telefonía. Agora mesmo, se botas contas en cada casa dun cliente de R entran 100 canles de televisión dixital (430 megas), 50 canles de televisión analóxica (400 megas) e o servizo de internet, que en canto ofrezamos o docsis 3.0 serían 50 megas máis. Creo que se sumas verás a diferenza. Ademais, tes que ter en conta que a fibra óptica, ademais de dar servizo á túa vivenda, tamén o fai coas que están ao teu lado. E claro, ten moitísima máis capacidade que o par de cobre, onde vai parar, pero tampouco ten os poderes de Superman, Songoku e Spiderman xuntos e soporta de súpeto 100.000 megas.

Agora, se che interesa que che montemos unha rede Gigabit Ethernet no teu domicilio, podes chamarnos ao 1449 ;)

enviado por quecheparece o 04 setembro 2008 ás 11:08 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Eu a nivel particular non necesito unha conexión de 100mg nin tampouco pretendo pagar unha cantidade fóra das miñas limitacións por ter unha alta gran velocidade.
O que me gustaría saber é se teñen pensado duplicar, triplicar,... as velocidades que R ofrece na actualidade; 9Mg/900kb; 6Mg/600kb; 3Mg/300kb, 1mg/100kb, a curto prazo.
- ¿En que datas serían as supostas amplicacións de velocidade?
- Se duplican a velocidade, ¿vanse incrementar as cantidades tanto de subida como de baixa ao mesmo tempo?
- ¿Canto custará os 100mg?
- ¿Teñen pensado baixar algunha vez os prezos dos seus servizos? Tendo en conta que xa somos 222.222 clientes segundo a súa última revista R.

enviado por Tomás Castro o 05 setembro 2008 ás 01:50 AM CEST #

A MIN GUSTARÍAME SABER PA CANDO SE VAI AMPLIAR O INTERNET, REFIROME A CANDO SE VAI PASAR DE 3MB A 6MB, OU DE 6MB A 12MB. E TAMÉN ME GUSTARÍA SABER CANDO SE VAN POÑER EN MARCHA OS 100MB E MÁIS OU MENOS CAL VAI SER O SEU CUSTO.

enviado por ROSENDO o 05 setembro 2008 ás 03:51 AM CEST
Sitio web:: http://WWW.LOMASBARATODELMUNDO.ES.TL #

Yo quiero saber cuándo se va a producir el cambio de todo esto y cómo van a quedar los combos con internet, para saber qué combo elegir y qué velocidades habrá en cada combo, si los combos 1 y 2 tendrán internet aunque sea de 1 mb con el mismo precio del propio combo, sin tener que pagar por tener 3,6 ó 9 megas. Gracias de antemano.

enviado por eli o 05 setembro 2008 ás 04:29 PM CEST #

Sí, a ver cuanto costarán esos famosos 100 megas y si comenzaran a ofrecer banda ancha más barata para quien no esté interesado con tantos megas.

enviado por alectro o 08 setembro 2008 ás 03:45 PM CEST
Sitio web:: http://www.yovivoenvigo.com #

Sodes varios os que nos preguntades pola subida nos novos produtos que estamos a probar de internet. Comentarvos que no caso das conexión de 30 megas terán inicialmente unha subida de 1 mega, mentres que o produto de 100 megas terá un upstream de 3 megas, é dicir, a cousa quedará en 30/1 e 100/3.

De seguro que o vedes moi desproporcionado e xa estades botando pestes pola boca pola desigualdade entre baixada/subida. Pero asegúrovos que nas probas que fixemos estas combinacións proporcionan unha experiencia de navegación realmente boa e moi superior á dos accesos convencionais. É dicir, cremos que para un usuario de residencial é un produto cun gran rendemento. En canto ao tema dos prezos, non están pechados aínda, pero esperamos poder comunicar a oferta para o mes que vén, en outubro.

Con respecto ao que nos di Luis sobre ONO, o certo é que oficialmente só sabemos que a compañía comunicou que traballa en produtos de 30 e de 100 Megas, pero en ningún momento vimos que fora a ofrecer un upstream de 5 megas para estes servizos. É certo que se publicou en diferentes webs a noticia, pero mesmo neste punto hai discrepancias, xa que nalgúns sites se fala de 3 megas e noutros de 5. De todos os xeitos, aínda no caso de que o produto finalmente fose de 100/5 Megas, habería que tenr en conta o % de cumprimento que finalmente se ofreza. R aposta sempre por ofrecer unhas velocidades reais en liña cos nosos servizos, con altas porcentaxes de cumprimento. Segundo os informes de calidade do Ministerio de Industria, somos o provedor que máis velocidade garante en Galicia. Como mínimo, e de media, estamos dando o 87% da velocidade que ofrecemos, e iso que os nosos clientes están posúen conexións que sempre están por diante en canto a velocidade ofrecida. O que non imos facer é comunicar unha subida de 6 megas para despois ofrecer o 50% dese upstream. Do mesmo xeito que non dicimos que temos conexións de 20 megas, senón de 9. E iso que as ofertas de 20 megas que vedes por aí ao final dan o 45%, así que, botando contas...

Moitos de vós tamén me preguntades sobre a duplicación de velocidades. Queredes saber como van quedar as novas conexións. Pídovos que teñades un pouco de paciencia porque estamos traballando arreo no tema e en breve espero podervos dar noticias. En relación ao que nos pregunta eli, hoxe en día xa podes escoller a opción de 1 mega (12 euros) e a de 3 megas (21 euros) nos combo2 e no combo1. Un saúdo a todos.

enviado por quecheparece o 08 setembro 2008 ás 04:27 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ás veces un ten que ler cousas sen xeito, dígoo sen acritude e cito:
"asegúrovos que nas probas que fixemos estas combinacións proporcionan unha experiencia de navegación realmente boa e moi superior á dos accesos convencionais".

Vale, desde logo para navegar pola web, meu querido amigo, non preciso 100 megas de baixada nin trinta... nin 6 se me apuras.

Sexamos razonables. Internet é moito máis que a web: están os envíos por e-mail, as vídeoconferencias e si, as transferencias de arquivos, que tamén se transfiren arquivos lexítimos de xeito legal... e eses tamén pesan, e moito.

E se a todo isto se lle engade que non sabemos nada de prezos nin de quen poderá acceder a estas velocidades, permíteme que cho diga, pero semella todo moi bonito para poder saír na prensa e decir "nós temos 100 megas, a ver quén a ten máis larga".
Vai sendo hora de que fagades honra ós vosos eslóganes e sexades un pouco (MÁIS) diferentes.

enviado por sibilio o 09 setembro 2008 ás 02:11 AM CEST #

Queredes ter a conexión máis asimétrica de España?
Actualmente teño unha subida de 900kb e subila a 1 Mega non me parece moi significativo. A descarga, sinceramente dáme igual, poucas veces usaría os 9 Megas.

enviado por franR o 09 setembro 2008 ás 02:13 AM CEST #

@quecheparece Moitas grazas pola información

Saúdos

enviado por alectro o 09 setembro 2008 ás 08:44 AM CEST
Sitio web:: http://www.yovivoenvigo.com #

¿Para cando poder contratar internet sen ter que pagar polas canles de TV o TLF?

enviado por nonQueroTele o 09 setembro 2008 ás 02:21 PM CEST #

Estaría bien saber la respuesta a lo que indica nonQueroTele.

En cuanto a la "duplicación", hacer constar el malestar de un cliente con la opcion 9mb, ahora llamada "alta velocidad".

Me parece una gran desconsideración y desprecio, a los que tenemos contratado esa opción que sólo se nos aumente 3 míseros megas el download.

A las opciones bajas se les duplica o incluso se les triplica, y a los que estamos pagando un sobreprecio de 5€ al mes no se nos toma en consideración ninguna. Una decisión mal tomada, o bien tomada si lo que se pretende con ello es que la gente desactive esa opción.

Por mi parte ya tenéis 5€ menos de ingresos al mes.

enviado por ex-opcion9mb o 10 setembro 2008 ás 04:24 PM CEST #

¿É real a información que publicades en http://www.purafibra.com?

enviado por Tomás Castro o 11 setembro 2008 ás 12:18 AM CEST #

Según lo que veo en purafibra a los que tenemos combo 3 (6 megas) nos van a pasar a 12 megas... ingenuo que yo pensaba que nos iban a pasar a 100 megas ¿o entendí mal?

Saludos!

enviado por alectro o 11 setembro 2008 ás 09:06 AM CEST
Sitio web:: http://www.yovivoenvigo.com #

velaquí me tendes para responder ás vosas cuestións. Espero non esquecerme de ninguén ;)

comezo por Toni. Realmente todos os combos de empresas incluídos todas as chamadas a fixos nacionais. Así que realmente si que engadimos isto na nosa oferta (e dende hai tempo, por certo). En canto á tarifa de particulares/empresas, o certo é que é a primeira vez que estoimos falar dela. Habitualmente o que nos atopamos é con que as empresas pagan as conexións aos seus traballadores ou ben que estes empreguen as súas conexións particulares. Comentarche que realmente non é necesario un gran upstream para o tema do teletraballo, todo o contrario. No datacenter de R temos albergadas numerosas aplicacións de empresas, aos que estas acceden vía internet. É dicir, o que se necesita é velocidade de descarga, na direción servidor-usuario, porque os programas ou as aplicacións non están a executarse no teu equipo, senón no servidor. Realmente a información que mandas para este tipo de programas é pouca.

a Tomás Castro indicarlle que si, que a información que aparece en purafibra.com sobre a duplicación de velocidades é correcta. Ademais, ofreceremos máis información na revista R do próximo mes.

a alectro sinalarlle que efectivamente, non ten nada que ver o lanzamento próximo de novos produtos de 100 e de 30 megas coa duplicación que efectuaremos proximamente a todos os nosos clientes. Son cousas totalmente independentes.

nonQueroTele sinala que para cando internet sen ter que pagar pola televisión. O certo é que moitos clientes cren que estamos a cobrar pola televisión en aberto, pero non é certo. É un servizo que ofrecemos a maiores a todos os nosos clientes e que resultan moi cómodos en moitas localidades con mala cobertura. Pero asegúroche que non é algo polo que esteas a pagar máis.

ex-opción9mb di que só lle aumentamos 3 Mbps a súa conexión de 9 megas. Sinalar que realmente o que constatamos é que nesa opción os nosos clientes o que demandan é un maior upstream. Eses 5 euros a maiores que se pagan por esa opción permiten unha subida moito maior que no resto de produtos. Boa parte dos nosos clientes asegurábannos que non necesitaban máis velocidade de descarga, pero si máis subida, por iso a aumentamos en 100 Kbps. Se te das conta, a conexión será de 12/1 megas, polo que a subida será 400 Kbps máis alta que o seguinte produto 12 Mbps/600 Kbps. De aí a diferenza no prezo.

continúo con Yago. Sinto non ter respondido antes: non é por deixadez, senón porque andiven liado de máis estes días. Espero que me saibades perdoar, snif. Volvo comentar que o tema de que non estamos a cobrar por ofrecer televisión. É un servizo en aberto que nós ofrecemos de balde aos nosos clientes. En canto ao tema do teléfono, é un debate que leva aí moito tempo por parte dos nosos usuarios. Sinalarvos que non se pode ofrecer internet sen rede (a non ser que sexa móbil, que ten outra infraestrutura, claro está), e a rede tamén está ligada ao teléfono. Os servizos van aparellados e, se vedes por aí ofertas do resto de operadores, todos ofrecen o teléfono con internet e, se non o ofrecen, vai incluído no prezo, iso asegúrovolo.

en canto ao tema das conexións máis baratas, o que non podemos é ofrecerche algo de gran calidade só porque queiras navegar máis lento. Facendo un símil automobilístico, se queres un Mercedes pero esixes que che cobren a metade porque non vas pasar de 50 Km/h, iso non vai ser. Deste xeito, R investiou nunha rede de altísima capacidade, que debe ser rendibilizada. Proporcionar 1 Mbs por 15 euros en cada unidade inmobiliaria, que custou só en investimento máis de 2.000 euros non é unha medida razoable e levaríanos á quebra. O Mercedes é caro porque se investiu moito nel e porque é garantía de calidade. Para outras cousas podes ver as reclamacións que acumulan por aí outros operadores.

sobre os 100 megas simétricos de Adamo a 145?, xa te contestaches ti mesmo. R: 700 millóns de euros en investimentos en Galicia e en rede de fibra óptica. Adamo: 0 euros en rede. Queda un pouco lonxe do que investiu R? Pois si, un pouco. E en relación ao que nos comentas de que a tecnoloxía realmente non é tan nova e igual ata non é cara, para non cansarvos, é mellor que vos fiedes do que din outros: http://www.cedmagazine.com/Article-DOCSIS-3-0-arrives.aspx

por último quédame Alfonso. Xa sei que se comezan os parágrafos con maiúscula, pero como en R somos "diferentes", ás veces facemos esta clase de cousas raras. Se te fixas na web verás que a maioría dos parágrafos comezan así. E iso que aquí non podo escribir na letra corporativa, que íades flipar ;) En canto ao tema dos que xogades online, sinalarche que realmente é algo que temos moi en conta, ata o punto de que se intenta controlar moito o ping para que botedes as mellores partidas. De todos os xeitos voume informar un poco mellor e explícoche en profundidade, ok?

polo demais, boa fin de semana a todos.

enviado por quecheparece o 12 setembro 2008 ás 03:52 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hola, me hace bastante gracia la comparacion del mercedes, en principio si no quiero pasar de 50 km no me compro un mercedes pero vosotros no dais la opcion de coger otro o es ese o es ninguno.

Lo segundo es que hablais de ser los primeros en implementar ciertas velocidades y se os llena la boca diciendo que dais el doble de subida que otros operadores, y yo llevo un tiempo que o hago varias conexiones o no subo ni a la mitad de lo contratado pero eso es otro tema.

Otra cosa es el tema de los precios empezar a comparar cuando los precios por lo menos se empiecen a parecer porque los de r son bastante mas elevados que el de los otros operadores aun aundo el doble de mb de los que da r, que en el peor de los caos por temas de ruido y lejania llegaria a dar lo que ofrece r por un precio menor. Asi que sin animo de ofender espero que os lo penseis bastante mas a la hora de compararos con otros operadores, que no son mercedes pero si son audis que andan igual.

enviado por Juan o 14 setembro 2008 ás 03:56 AM CEST #

Ola Juan. Para poder responder ao tema das velocidades, necesitaría saber a qué te refires cando falas de 'abrir varias conexións'. Se estás a falar de abrir varias conexións cos teus programas empregando o mesmo cable módem é lóxico que non alcance a mencionada velocidade de subida. Un saúdo

enviado por quecheparece o 17 setembro 2008 ás 12:25 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

HOLA: Me voy a expresar en castellano si no les importa ya que nací fuera de galicia aunque me considero muy gallego. Bueno vamos al tema, es más que nada una queja, y es sobre las subidas previstas para noviembre, estoy un poco indignado por la bajada que vamos experimentar los que pagamos la opción 9 megas: bajada: 12 megas; subida:1 mega. Los de 6 megas pasarán a: bajada: 12 megas; subida: 600kbs. Diferencia opción bajada=0 , subida=400kbs ¿Por qué no se duplica la velocidad a los que pagan la opción 9 megas o bien se sube en proporción al resto? Me parece exagerado pagar 5 euros+iva por 400kbs subida. Yo siempre disfruté de esta opción pero no seré quién pague los 5euros teniendo la otra opcion con una diferencia mínima, y más si no utilizas el upstream. Chao y hasta otra.

enviado por Fran o 08 outubro 2008 ás 11:56 AM CEST #

El upstream lo usas quieras o no quieras, cada vez que accedes a una web estás enviando datos.
Y realmente necesitas una bajada de 18 megas?

enviado por franR o 08 outubro 2008 ás 02:05 PM CEST #

Pero no se trata de que si se usa o no,si ahora mismo pagando 6 € se tienen 3mb mas,lo normal es que despues de la duplicacion suceda lo mismo,sino no me parece logico pagar 6 € a mayores.

enviado por jose gonzalez o 18 outubro 2008 ás 05:06 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado