sinal TDT a través do cable de R
ola a todos. Como xa sabedes, o panorama televisivo anda moi revolucionado ultimamente. Achégase o apagón analóxico (en xuño xa afectará a moitos concellos galegos) e aínda que xa explicamos varias veces as nosas medidas, hoxe estou aquí para falarvos dunha posible innovación que podemos engadir ao noso “arsenal” relativo á televisión dixital.
a ver, que vos parecería se vos dixera que podedes conectar un descodificador de TDT (una tele plana, un deco TDT básico, avanzado, con acceso condicional para TDT de pago, con disco duro, en fin, o que vós compredes) na toma de televisión de R, mandarlle sintonizar e que funcionara con total normalidade? Pois ben, é algo que probamos aquí e que é perfectamene posible. Soa raro, xa o sei, pero podémolo facer.
de seguro que máis dun se pregunta que cal é a vantaxe de recibir así as canles en lugar de facelo á antena do edificio. Pois serían as mesmas vantaxes que vos ofrecemos coa emisión en analóxico. Por unha banda non teríades problemas á hora de recibir o sinal, xa que o procesamos nós e miramos que vos chegue sen interferencias. En segundo lugar, non tendes que adaptar as antenas dos edificios en caso de que o necesitedes. Polo que sabemos en moitos casos isto é bastante custoso, así que o único no que gastaríades sería en mercar un desco da TDT. Ademais, moitos de vós de seguro que xa tendes un televisor que permite recibir o sinal en dixital, así que con só enchufalo á nosa toma de televisor xa teríades as canles.
dicirvos que recibiríades a guía electrónica de programación e que poderíades recibir todas as canles da TDT que se emiten ou se vaian emitir. É dicir, que se Gol TV se pode ver a través do sinal da televisión dixital terrestre, vós tamén a poderedes ter na vosa casa. Ademais, poderíamos pensar mesmo nun método para enviarvos a nosa EPG mellorada, porque a que emiten as canles de TDT deixa moito que desexar e ás veces non a actualizan para tervos pegados ao televisor. Ademais, lembrarvos que tampouco ofrecen a posibilidade de consultar a información en galego, cousa que nós si facemos.
de seguro que alguén se pregunta que pasa cos que reciben xa hoxe en día as canles a través do estándar DVB-C. A resposta é que a nosa rede pode con todo ;) e que seguiríamos emitindo as canles en DVB-C e ao mesmo tempo emitiríamos tamén no formato que soporta o descodificador da TDT. Vamos que a través da nosa rede podemos emitir en DVB-C, en DVB-T e tamén en analóxico. E máis dunha canle terá que ir nos tres estándares. Iso si, a nosa idea é que se o que vos propoñemos hoxe aquí gusta, co tempo todos poidades acceder ás canles en calidade dixital e deixar algún día de lado a emisión en analóxico.
iso si, no caso do sinal TDT só vos poderíamos ofrecer as canles que se emiten neste formato, nada de autonómicas ou internacionais, como no caso do DVB-C.
xa me diredes se vos parece ben que implantemos isto ou non. Queremos saber a vosa opinión para ver se tiramos para adiante con esta idea. Nós probámolo, funciona e cremos que sería moi interesante para vós.
andarei por aquí. Un saúdo.

A mí me parece buena idea ya que tengo una tele plana pero las canales de TDT se ven con bastantes interferencias. Todo lo que sea aumento de canales y en calidad digital, bienvenido sea.
enviado por Desmond o 30 abril 2009 ás 07:54 PM CEST #
Non sei se entendín ben, ver a TDT a través do cableado de R cun desco DVB-T ou integrado.
Se é así pareceme boa idea se van ver o 100% das canales TDT (incluidas Neox e Nova).
Podes comentar de datas da implatación deste novo servicio.
enviado por Tomás Castro o 30 abril 2009 ás 07:56 PM CEST #
Si, a idea é que poidades ver con calidade dixital a televisión enchufando un desco da TDT e conectándoo á nosa rede.
Como vos digo, é algo que vos estou a preguntar para ver se interesa e o poñemos en marcha, polo que de momento non hai data de implantación.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 30 abril 2009 ás 08:03 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Supoño que isto é o que nos comentaras que lle estabades dando voltas.
Cando dis que por DVB-T chegaranos todalas canles TDT que hai e as que haxa, incluido Gol TV se é que o chegan a emitir por TDT, entendo que xa non é cousas de unha vez saía unha nova canle, ter que porvos a negociar se se inclue ou non, se non que vai estar si ou si, e que .neox e .nova tamén van estar. ¿Non?
Se é así, iso creo que xa é motivo darlle a isto pra diante.
Logo está que en todos estes anos, a moita xente lle encasquetarian un sintonizador só compatible co DBV-T (e sen moitas otras funcionalidades), e inda haberá moita xente que descoñeza sobre estes temas, que caeran no mesmo. Polo que creo que será benvido que incluiades ise sinal e poindan darlle uso a eses aparellos sen depender das antenas e cobertura. Inda que penso que, postos a adquirir un aparello, é mellor adquirir algo que sexa tamén compatible co DVB-C e aproveitar o contido en aberto que dades por ahí, polo cos outros quedarían pras segundas teles.
Pero penso que é máis atractivo o que alguen apuntara daquela (non recordo se tamén o fixera por aquí); sen encarecer o producto, porlle a cada cliente un dos vosos descos pra TV principal, cos que sintonizar as canles DVB-C en aberto e dando acceso as taquillas. Quitadevos de problemas de ter que manter o sinal analóxico pola xente que non merque un sintonizador dixital, quitadevos de que esta xente reciba menos canles cas que mercan o sintonizdor DVB-C, quitadesvos de darlle voltas se tales clientes mercaron ou deixaron de mercar un aparello compatible co DVB-C e quitadevos de se polo sinal DVB-T e DVB-C non se van a recibir as mesmas canles (inda que polo que entendo que dis do sinal DVB-T, pode que cheguen por este canles que non se vexa polo desco de R). Todos terían acceso ó mesmo contido na TV principal (a espensas do anterior). Gañades en posibles compradores de taquilla. Non é o mesmo ter que pasar por todala caixa rexistradora (Combos TV) só pra poder acceder a isa función, o cal motitos non estarán pola labor, que sen meterse en gastos, ter dispoñible esa funcionalidade. A tentación na casa ;)
Cando sacachedes a mini TV pantasma (:P), primeiro que xa era un gasto a máis, en principio menor cos Combos TV pero tamén baleiro en contidos en comparanza a estes, pero é que metichedes polo medio as subas correspondentes ás tarifas planas ós fixos ós que non a tiñamos (inda co final no la metichedes igual) e a ós mobiles nacionais. Vamos, un cumulo de subidas de prezos só por queres un acceso as taquillas e o visionado dunhas cantas canles en dixital en vez de analóxico que pra que.
Tamén penso que cando teñades claro que vades facer, deberíades informar á xente, a través das facturas, referente ás opción dispoñibles pra recibir as canles en aberto cos contidos/aplicacións/funcionalidades asociados a cada sistema. Tratar ca xente non merque o aparello equivocado.
Bueno, saiume un tocho e entre iso e que hai pouco espazo pra ver o escrito, igual quedoume algo sen sentido ou a saber :P
Saudos :)
enviado por fervigo o 30 abril 2009 ás 10:27 PM CEST #
A min esa opción paréceme moi interesante por varios motivos:
- entendo que así poderiamos recibir en dixital Antena.Neox e Antena.Nova
- poderiamos utilizar gravadores de TDT (hai sintonizadores de TDT que gravan en memorias USB por 39 euros)
- os sintonizadores de TDT para o PC son moi baratos (e é normal que o ordenador estea preto da toma de R)
E o mellor de todo sería que a xente que non distingue entre DVB-C e DVB-T non tería problemas (especialmente cos televisores inclúen sintonizador de TDT).
enviado por Marcus o 30 abril 2009 ás 11:52 PM CEST
Sitio web:: http://marcus.es/ #
Por ley todos los televisores nuevos deben llevar sintonizador de TDT; por lo que enviar la señal de TDT para que pueda ser sintonizada por estos sin necesidad de contar con el decodificador de R, que solo esta en un televisor, me parece la mejor idea que pueden tener. Se ganaria en calidad de imagen y en contenidos: EPG, mas canales, etc; que lo que envia ahora R como "TDT analogica"
Saludos y espero verlo pronto en mis televisores, grabdores de DVD, inutiles por ahora en cuanto a TDT
enviado por Turu o 01 maio 2009 ás 01:40 AM CEST #
adiante coa idea. a mellor dos últimos tempos.
enviado por lucas o 01 maio 2009 ás 12:50 PM CEST #
Unha boa iniciativa.
enviado por ocasional o 01 maio 2009 ás 02:09 PM CEST #
as "antenas" dos edificios (máis ben os equipos de telecomunicacións) deben ser adaptados a TDT por obrigación legal. Tanto ten que teñas R na casa ou non. Debe a comunidade de propietarios facer as modificacións necesarias. Onde eu vivo xa se presentou un avisando que quería ver TDT e que se non lle daban solución denunciaba á comunidade. Pódeo facer
enviado por Nemigo o 01 maio 2009 ás 02:46 PM CEST #
Coa opción que propoñedes teriamos tódalas canles, refírome a Neox, Nova, Teletiendas... Radios… TV Locales Etc, etc... non teriamos a canle de R nin a cadea promocionas ¿non?
Sendo así seria un aforro para todo o mundo, inda que as comunidades de veciños estean obrigadas, máis tarde ou máis cedo a adatar as antenas colectivas… para ver se dunha vez rematamos co feísmo de en cada piso unha ou varias destas…. A idea paréceme moi boa…
Saúdos
enviado por Xosé Ml. o 01 maio 2009 ás 05:03 PM CEST #
Boa idea si , pero o final si teremos que mercar deco TDT cando vos dixechedes e prometechedes que non , polo que a min a vosa solución pareceme un parche , para evitar problemas cos clientes en lugar de darlles vos unha solución coherente.
O que deberiades facer e poñerlle a todos os vosos clientes un desco gratuito dvb-c ,e facer un paquete basico de tdt R con todas as canles tdt mais algunha cousa aportada por R , Todo o demais parches e minucias. Porque señoritos de R esa opción en realidade moitos de nos xa a tiñamos prescindindo da vosa señal e utilizando a das nosas antenas de toda a vida .
Pero ainda asi, aplaudo a medida e espero que a poñades en funcionamento pronto, xa que non parecedes ter pensado ser competitivos no servizo de television polo que vexo.
enviado por EMI o 01 maio 2009 ás 06:43 PM CEST #
Bos dias.
Eu xa o fixen ante,enchufei o cable de antena do DVD con tdt ao receptor de R e xa está, só qué me apereceron pocos canales, por culpa da antena colectiva, teño que provar con a outra pantalla que ten as canles da tdt na misma pantalla e provar.
Saudos
enviado por Luis José o 02 maio 2009 ás 09:32 AM CEST #
Podes explicar un pouquiño mellor a diferencia entre DBV-T e DBV-C ? Gracias
enviado por Alex o 02 maio 2009 ás 11:17 AM CEST #
Sería moi boa idea, sobre todo para aproveita-lo potencial dunha EPG completa e mellorada. Adiante!!
enviado por josetae o 02 maio 2009 ás 12:09 PM CEST #
Me parece una idea cojonuda, mas que nada porque muchas de las capturadoras de TV para PC ya solo son DVB-T (aunque tb hay hibridas pero personalmente me parecen una cagada).
¿Esto ya esta implementado?.
enviado por Miguel A. o 02 maio 2009 ás 01:22 PM CEST #
Ola a todos.
Vexo que hai moitas preguntas, polo que espero non esquecerme á hora de contestar todas. De todos os xeitos, dádeme un toque se o fago.
En primeiro lugar sodes varios os que preguntandes para cando vai estar isto. Como vos dixen, era unha idea que nos parecía interesante e que, vista a acollida, poderíamos poñer en marcha seguramente a finais de ano.
En canto ao de dar en aberto antena .neox e .nova, vou ser un pouco cauto con este tema (polo que me preguntan fervigo e Xosé Ml). En principio nesta opción técnica non teríamos que negociar coas canles, xa que se emitiría o mesmo que vai polo aire, sen facer modificacións; isto implica que se algo vai codificado, se emite codificado; a idea básica é que as novas teles se poidan conectar directamente o cable de R como ocurre en analóxico.
Doutra banda, Emi dime que ao final tendes que mercar un desco cando prometemos e dixemos que non. O certo é que non faltamos á nosa palabra porque seguimos a emitir en aberto e en analóxico, polo que todo aquel que non queira mercar un aparello e seguir vendo a TV como ata o de agora o pode facer. O único que facemos é ampliar as opcións para ver a televisión: en analóxico, en DVB-T e en DVB-C.
Sobre este último punto, Álex quere saber a diferenza entre DVB-T e DVB-C. Basicamente as dúas son emisións de televisión con calidade dixital e con posibilidade de interacción, o que sucede é que o DVB-T é o estándar propio da televisión terrestre (T) ou o que se recibe polas antenas e o DVB-C é o estándar propio do cable (C).
Despois, fervigo e EMI din que o lóxico sería que regalásemos a todos os nosos clientes un desco en DVB-C. É algo que estamos a estudar, aínda que tamén cremos que algo arriscado porque sería moito investimento (calculade, por poñer un exemplo e tirando polo baixo, canto serían 100.000 descos por 50 euros). Pensamos que moitos clientes realmente non estarían interesados en telo nin en mercar eventos de PPV, polo que sería en certo sentido tirar os cartos. De todos os xeitos, xa vos digo que aínda o estamos a estudar.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 04 maio 2009 ás 06:23 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
hola. lo del deco dvb-c, a mi personalmente no me importa pagar 50€.
cambiando de tercio, ¿teneis pensado emitir algun canal en HD??
enviado por marcos piñeiro o 04 maio 2009 ás 08:08 PM CEST #
Eu creo que sería todo un acerto. Moitos temos tvs con sintonzizador TDT en casas nas que non está adapatada a antena e temos que pensar en adpatala porque non nos podedes ofrecer todas as canles da TDT. Se emitísedes todas as canles da TDT sería moy interesante esta opción. Además, inda que a EPG da TDT non sexa unha maravilla, sempre é mellor tela que non ter nada, que é o que temos agora
enviado por Sergio o 04 maio 2009 ás 08:19 PM CEST #
Funcionaría calquera decodificador de TDT? Decides que as autonómicas non se poderán ver. Supoño que as que emitan en dixital como a G2 galega si se poderán ver, non si?
enviado por Xosé o 04 maio 2009 ás 08:37 PM CEST #
Paréceme unha moi boa idea... o que me parece que comezar a finais de ano é excesivo… ¿non? se tedes e podedes facer, canto antes mellor
Saúdos
enviado por Xosé Ml. o 04 maio 2009 ás 10:18 PM CEST #
Eu penso que sería unha boa idea o tema de poñer este servicio a funcionar o antes posible, tendo en conta que en moitas zonas o apagón analóxico en moitas zonas comezará o 30 de Xuño. Unha boa data sería antes de verán para calquer cliente de R.
Este servicio non serviría de nada se non se pode ver o 100% das canles da TDT (Antena.Neox, Antena.Nova, Hogar10, Canles autonómicos e locais,...) Espero que legalmente sexa posible emitir o sinal pola rede de R para que o cliente cun desco externo ou interno de TDT poidese ver todas as canles en aberto ou as futuras privadas.
enviado por Tomás Castro o 04 maio 2009 ás 11:58 PM CEST #
Pareceme estupendo. É máis, onte o comprobar que a miña tele é sólo para DVB-T estiven a piques de entrar para preguntar se podíades emitir tamén nese formato... E hoxe entro e leo que tamén é unha idea que tedes en mente. Pois sinceramente: Xa estades tardando :P
Sobre o deco de cable 'gratuito'... Non tedes por que regalalo. Podedes alquilalo a 0 € o mes (IVE incluído) a quen o solicite, así o investimento sería menos, e cando un cliente marche o recuperades... Sen deixar de ser "gratuito" para todo aquel que o necesite.
Saludos.
enviado por CartDestr o 05 maio 2009 ás 07:52 PM CEST #
Paréceme unha das mellores ideas que teño leido no blog. Espero que o fagades axiña.
enviado por FLX o 06 maio 2009 ás 12:11 PM CEST #
Non está mal a idea, pero tamén poderiades mellora-la calidade dalgunhas canles do Combo R, porque algunhas pixélanse máis que unha película en DivX, e para algo as estamos a pagar... digo eu.
enviado por Julio o 07 maio 2009 ás 03:32 AM CEST #
¿Que nos parece?, que xa estades tardando en poñelo :)
enviado por juan o 08 maio 2009 ás 10:37 AM CEST #
Hola.
Eu xa o teño feito,outr dia veo o tecnico de R e puxo o cable de antena a o descodificador de R e xá vín os canles,ainda asi son poucos canles.Vades a poñer mais canles da tdt?.
Saudos.
enviado por Luis josé o 08 maio 2009 ás 10:59 AM CEST #
ya se q esto no va aqui, ¿pero cual va a ser la portura de R ahora q los operadores de telecomunicaciones van a tener q financiar a RTVE???
un saludo!
enviado por marcos piñeiro o 08 maio 2009 ás 10:57 PM CEST #
Marcos, te dejo nuestra opinión aquí:
http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/sobre_a_opci%C3%B3n_alta_velocidade#comment49
enviado por quecheparece o 09 maio 2009 ás 10:50 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Me parece una gran idea si se añadiesen los canales de la tdt que faltan (sobre todo neos y nova) que me parece el grandisimo inconveniente de la television de R
enviado por alx o 11 maio 2009 ás 09:17 PM CEST #
A min pareceme unha gran idea. Adiante con ela.
¿Por outro lado interpreto que xa se está a emitir en DVB-C?. ¿para todos os clientes?
Un saúdo.
enviado por Iván o 12 maio 2009 ás 01:15 PM CEST #
Quecheparece, borra la ip, en el último comentario.
enviado por Indiana o 12 maio 2009 ás 08:15 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/sinal_tdt_a_trav%C3%A9s_do#comments #
Ola Iván.
Si, xa estamos a emitir as canles en aberto en DVB-C e para todos os nosos clientes que teñan un televisor que permita recibir este formato.
Un saúdo.
PD: Gracias de nuevo Indiana ;)
enviado por quecheparece o 12 maio 2009 ás 09:47 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Hola!
No meu caso é que o único cable que teño na miña habitación é o de R (cando puxen R aproveitei o que xa estaba da antena "normal" para non ter tanto cable)... polo que a idea que propoñedes de TDT para min é imprescindible se non quero meter un segundo cable para a sinal de antena "normal" para estos meses antes do apagón.
Un saudo.
enviado por Fer o 13 maio 2009 ás 01:03 AM CEST #
Hola de novo.
Si eu teño a antena colectiva activada.Podo ver todos canales da tdt através de descodificador de R?
Saudos.
enviado por Luis José o 21 maio 2009 ás 04:59 PM CEST #
Que tal Luis José?
Non ten que ver unha cousa coa outra. A antena colectiva do teu edificio colle o sinal de televisión do aire. Nós, dámosche a televisión pola nosa rede de cable. É dicir, que se non tes antena de televisión che vai chegar, porque vai polos nosos cables, non polo aire.
De momento o que estamos a dar en aberto son as canles da TDT das que temos autorización. En DVB-C e tamén en aberto estamos a dar xa este sinal en dixital, ofrecendo tamén gratis as canles autonómicas e as internacionais. E, seguramente a finais de ano, ofrecemos en dixital a través do formato DVB-T (o propio da TDT) as canles en aberto.
Se ti tes un descodificador de R, xa estás a ver as canles en dixital e terás a nosa guía electrónica de programación. É dicir, que xa verías as canles da TDT das que che falaba e o resto que tiveses contratadas.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 21 maio 2009 ás 05:14 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
A mí me parece bien. De todas maneras, creo que R debía ofrecer la posibilidad de alquilar un CAM (módulo de acceso condicional -espero no equivocarme, es lo que he leído sobre estos aparatos) por el mismo precio que el desco, de tal manera que los que optasen por esa posibilidad pudiesen mandar directamente la señal de cable a alguna tarjeta DVB-c de su ordenador y que fuese desde el ordenador con la tarjeta y el CAM desde donde se sintonizase y se descodificase. Eso permitiría cosas como grabar, programar grabaciones, y simultanear el directo de un canal con la grabación de otro. Si al final ponéis lo del TDT algo se podrá hacer, pero creo que yo utilizaría bastante más los canales de cable que los de TDT.
Saludos.
enviado por Jesús o 21 maio 2009 ás 10:09 PM CEST #
Me parece una muy buena aportación, y es más deberías implementarlo ya mismo dado que vuestro servicio en abierto esta limitado con respecto a lo que se recibe en el TDT
enviado por jumavi o 26 maio 2009 ás 04:56 PM CEST #
Só dicir que creo que sería moi interesante se así temos tódalas opcións da TDT "normal". Na nosa casa estamos pensando en cambiar a tele de R (aberto) pola da antena para, sobre todo, poder ver as películas en V.O.
Xa nos contarás se se fai!
enviado por J o 29 maio 2009 ás 11:53 PM CEST #
Hola a todos:
Me crié en América, en buena parte de América del Sur y del Norte. Finalmente me asenté en Galicia hace algunos años. Descubrí R y me gustó la idea de una empresa gallega ajena a Telefónica.
El caso es que inicialmente estaba encantado con vuestro servicio pero ese encantamiento duro hasta que empecé a comparar…
En cualquier país americano las operadoras de cable ofrecen paquetes que incluyen por supuesto la cuota mensual y TODOS los canales que son abiertos mas los canales de pago como Paramount Comedy o Fox ya que el usuario paga todo los meses un abono. Además todas las operadoras tienen canales propios que en vuestro caso serían por ejemplo R-noticias, R-infantil, R-deportes, etc.
Me molesta bastante el hecho de que no emitáis Neox ni Nova porque la cuota del combo yo la pago igual así que no veo porque no podéis pagarla vosotros.
De cualquier modo si no me he marchado aún es que estoy bastante satisfecho con el servicio de Internet, claro que si descontamos que el fijo casi no lo uso y que vuestra oferta de TV es deficiente comparando con lo que conozco… Internet se me hace carísimo.
Por supuesto que actualmente no uso el cable para ver TV, la calidad es muy inferior a la TDT abierta y tiene menos prestaciones.
Esto es grosso modo lo que opino a modo de prólogo. Porque quiero responder a los que se ha hablado en este hilo: R plantea seguir usando las pesetas. Estamos en el 2009 y la gente aún sigue calculando en pesetas y según lo que veo R pretende seguir con el sistema analógico solamente para que la gente no se complique igual que sucede con las pesetas.
Sres. de R en este mundo de tecnologías arrolladoras no se puede ni siquiera sugerir al publico que se quede atrás. Vuestro compromiso social como empresa innovadora debería ser el alentar la incorporación de todos vuestros usuarios y no pensar que porque la gente es mayor no es capaz de afrontar el futuro.
Si hay que comprar un deco se compra, si hay que aprender se aprende ¿O acaso no creen capaces a los usuarios?
Saludos
enviado por Xoan o 01 xuño 2009 ás 07:20 PM CEST #
Hola Xoan.
Comentarte que en R no tenemos canales propios. Sólo distribuimos canales producidos por otras empresas.
En R tampoco cobramos por los canales en abierto. Se cobra por el combo eso si (teléfono, internet o TV de pago), pero la TV en abierto es un servicio que se ofrece a mayores para hacer más atractivo el paquete.
Por otro lado, en R apostamos por la TV digital. De hecho, el apagón analógico que estaba previsto para una parte de Galicia el 30 de este mes se ha retrasado indefinidamente. En R, todos nuestros clientes con TV de pago (comboR y combo2), ya tienen el servicio en digital desde el año pasado.
Además, aquí no sugerimos que los clientes se queden atrás. Lo que buscamos es ofrecerles soluciones sencillas, que no se compliquen la vida y que elijan. Los que tienen TV de pago ya están en digital. Otros ya pueden ver totalmente gratis y en abierto más de 40 canales de TV si su televisor tiene un sintonizador DVB-C integrado y estamos trabajando para que los clientes también puedan recibir la señal si su televisor tiene un sintonizador DVB-T.
Es decir, con R te damos hasta cuatro alternativas para que elijas. Estamos para facilitarle la vida al cliente y que éste tenga opciones con nosotros.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 01 xuño 2009 ás 07:43 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Paréceme unha xenial idea!
Canto ántes mellor!
enviado por gonzalo o 06 xuño 2009 ás 01:14 PM CEST #
Yo no tengo ninguna TV con TDT incorporado, estoy interesado en lo del DVB-C, pero no encuentro ningún deco a un precio aceptable. Sugiero que R venda los decos DVB-C a un precio razonable y que adelante lo más posible la implantación del DVB-T, ya que estos decos son bastante baratos. Un saludo.
enviado por jcvila o 11 xuño 2009 ás 06:04 PM CEST #
No se quien es el responsable de esto pero debería caersele la cara de verguenza, hay fallos ortográficos por todas partes (hola es con H BURROOOOOOOS) seguro que es el mismo que le pone los títulos e información en la tele (se lee cada burrada...) que en vez de gallego parece otro idioma, porfavor seamos serios y pongan a hacer esos trabajos a alguien que sepa el idioma gallego y o a un crío de 8 años.
enviado por decepcionado o 21 xuño 2009 ás 02:50 AM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/sinal_tdt_a_trav%C3%A9s_do/nc #
Decepcionado, non estaría de máis que antes de dicir que ola é con hache mirases o dicionario de galego, onde vén claramente "ola" como interxección para saudar.
O blogue non ten un galego perfecto, pero é bastante mellor do que estou afeito a ler na web.
enviado por Marcus o 22 xuño 2009 ás 12:41 AM CEST
Sitio web:: http://marcus.es/ #
Como bien comenta Marcus, ola en gallego se escribe sin "h". Sé que le puede parecer raro a mucha gente porque en castellano se escribe "hola", pero la normativa es la normativa ;)
De todos os xeitos, calquera cousa que se me escape en galego, avisádeme porque aínda que galegofalante, sei que ás veces meto a pata. E sempre é bo ir aprendendo. De feito, a semana pasada entereime que "surcar as augas" sería "sucar as augas".
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 22 xuño 2009 ás 11:09 AM CEST
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #
O do sinal de DVB-T polo cavo de R parece-me umha idea muito boa. As emisons comezam em setembro 2009?
enviado por Trutxo64 o 04 xullo 2009 ás 10:07 AM CEST #
Trutxo64, de momento aínda non temos unha data establecida para facer isto. Estamos coas probas pero ata que o teñamos xa todo medianamente listo non nos poremos ao tema. Xa vos avisaremos, pero de momento non imos dar datas (que despois quedan aquí e se non cumprimos arde Troia, jeje).
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 06 xullo 2009 ás 09:57 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
¿Tenéis alguna novedad en cuanto a fechas con respecto a este tema?
enviado por jumavi o 28 setembro 2009 ás 06:28 PM CEST #
jumavi, te cuento.
Ya estamos implantando la tecnología necesaria para dar este servicio, aunque las fechas es mejor tomarlas con cautela.
En principio, en principio, la fecha prevista de comienzo de las pruebas de emisión es el 1 de diciembre.
A partir de ahí, si las pruebas son correctas, el servicio estaría listo en unas 3 semanas a partir del inicio de las pruebas, es decir, en la última semana del año.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 28 setembro 2009 ás 07:04 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Hola,quiero ver la tv de R en un imac de sobremesa y mi duda es que sintonizador comprar, hibrido(mucho más caro) o digital, y si continuareis emitiendo en analógico trás el apagón.
Un saludo, y gracias.
Alberto
enviado por Alberto o 01 novembro 2009 ás 12:58 PM CET #
Alberto, si, nuestra idea es seguir emitiendo en analógico una vez que se produzca el apagón. De hecho, en muchas zonas el apagón estaba previsto para junio de este año.
Yo de ti esperaría un poco a comprar el aparato. Esperamos tener novedades a final de año y poder confirmar (si todo va bien) que ya se puede conectar un desco DVB-T para ver los canales en digital.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 02 novembro 2009 ás 09:10 AM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #
Siento ser tan reiterativo, pero..., ¿hay alguna novedad sobre éste tema?
enviado por jumavi o 23 decembro 2009 ás 12:14 PM CET #
Jumavi,
Hemos realizado ya las pruebas técnicas para insertar la señal de TDT en distintas zonas de la provincia de A Coruña. En breve, las ampliaremos para el resto de Galicia. Os informaremos de novedades dentro de muy poco tiempo.
Gracias. Un saludo.
enviado por quecheparece o 23 decembro 2009 ás 12:52 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Solo para que conste. Me parece una muy buena idea de forma general. En mi caso particular, además, me permitirá aprovechar un adaptador DVB-T que tengo en el ordenador.
Supongo que aún no hay fechas, pero, ¿se puede probar algo en Santiago?
enviado por rafael o 17 xaneiro 2010 ás 07:39 PM CET #
La verdad es que debería haberlo probado antes de escribir, pero me ha dado por buscar canales con el ordenador y ya veo que en Santiago es posible acceder ya mediante DVB-T.
Disculpad el "ruido".
enviado por Rafael o 18 xaneiro 2010 ás 02:49 PM CET #