Ser de R ten premio
Ola a todos. En R temos claro que seguimos por aquí dando guerra grazas a os que confiastes e confiades en nós. E iso inclúe, como outras veces xa comentamos, as boas valoracións que nos dades nos diferentes estudos oficiais que se fan. Que faledes razoablemente ben do traballo dun vale moito máis que uns números ou uns euros. Garantizámolo.
Tamén é agradable ver como tantas veces nos defendedes por internet adiante, cando se lanzan especulacións ou, por que non dicilo, mensaxes contaminantes e malévolas incluso de xente que nunca foi cliente de R. Nótase que o facedes con todo o cariño, e seguramente o orgullo de ter preto de vós uns cantos rapaces (vale, e xa algún non tan rapaz) que compiten con xigantes multinacionais das telecos.
Así que ademais de tratar de recompensar o voso agarimo con R con máis traballo ben feito, mellores prezos e máis servizos, pareceunos boa idea tratar de poñer en concreto un premio polas vosas recomendacións, cunha versión mellorada da promoción que chamamos “amigos R”.
Así, se alguén contrata un combo fixo pola vosa recomendación directa (tense que facer vía web para poder aplicarvos o desconto), pasará o seguinte:
- - o voso amigo terá dúas facturas máis na promoción de benvida
- e vós teredes 50 euros de desconto na factura do voso combo (repartidos en 25€ menos durante dúas facturas)
- - a vós descontarémosvos 9€ na vosa factura de móbil durante 5 recibos (en total 45€ de desconto)
- e o voso amigo terá un desconto de 9€ na súa factura durante 2 recibos (en total 18€ de desconto)
Lembrade, iso si, que a recomendación ten que ser vía web de clientes para ter claro que tanto a ti como ao teu amigo vos corresponde o desconto. E na nosa web tedes todos os detalles desta promoción.
Un saúdo.

Es compatible con cualquier tipo de descuento, promoción etc que se tenga como la anterior versión de amigos R¿?
enviado por Bas o 12 xaneiro 2012 ás 05:04 PM CET #
Bas, sí, si traes otro amigo tienes derecho a esta promoción y continúas con la otra. Si tenías la anterior por otro amigo se mantiene.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 12 xaneiro 2012 ás 05:11 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Home.... Se queredes compensarnos, dádenos o desconton directamente.
Agora ben, se o que queredes é usarnos como comerciais..... pois dicídeo claramente, non son necesarias as gabanzas.
enviado por obreiro o 12 xaneiro 2012 ás 09:49 PM CET #
pois eu estou a reenviar por aí por correo e nas redes sociais... que sempre quedan despistados coa competencia "españolista" ;-)
malo será que non caia un cada dous meses...
a quen lle amarga un doce?
ben quecheparece!
enviado por fercu o 13 xaneiro 2012 ás 12:51 PM CET #
obreiro, moitos clientes coméntannos habitualmente que grazas a eles outros familiares ou amigos contrataron os nosos servizos e iso é algo moi de agradecer.
Directamente está claro que non podemos facer o desconto porque non hai forma de saber que realmente alguén contratou o servizo grazas a ti. Vamos, que esta é a forma que temos de sabelo e de corroboralo, para evitar picarescas.
Como di Fercu, se grazas a isto aforras 50 euros, pois benvidos sexa :)
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 16 xaneiro 2012 ás 10:55 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Os descontos no móbil incluén consumo mínimo? Se eu teño de consum0 mínimo 9 e gasto 3 ese mes pago 0?
enviado por LG o 25 xaneiro 2012 ás 12:36 PM CET #
LG, o desconto vai na factura. Se tes un consumo mínimo de 9€+IVE e gastas 3€+IVE teríamos que cobrar 3€+IVE porque é o consumo comprometido e o que nos permite subvencionar o terminal móbil.
Así que se un mes gastas os 9€+IVE do consumo mínimo comprometido, aplicándoche o desconto quedaría en 0€.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 25 xaneiro 2012 ás 12:43 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Non entendo ben. Se os 9€ son "9€ na súa factura durante 2 recibos", se eu teño 9€ de consumo mínimo e gasto 3€ pagaría sen desconto algún 9€ (do mesmo xeito que se gastase 0€ pagaría 9€), así que en ambos os dous casos o desconto serían 9 sobre 9€, é dicir, 0€, non?
enviado por LG o 25 xaneiro 2012 ás 12:49 PM CET #
LG, pensei que me dicías que se gastas 3 euros nun consumo de 9 euros se che cobrarían 3 euros :P
Esquece iso. Efectivamente se non gastas os 9 euros do consumo quedaría a cousa en 0.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 25 xaneiro 2012 ás 01:01 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
LG, si, efectivamente os comentarios teñen moderación. Aprobamos todos, pero teñen ese filtro para evitar que os clientes poñan datos persoais ou que irían en contra da LOPD e tamén para conseguir que o tono empregado sexa o adecuado. É dicir, pódese opinar a favor ou en contra, pero sempre con educación e respecto.
Por certo, espero terche explicado ben o tema, que me liei un chisco :)
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 25 xaneiro 2012 ás 03:52 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ah non, o da moderación dicíao porque ao ter que revisar os posts non sabes moi ben se é que non se puxo ben o post ou é que inda está agardando moderación :). Eu creo que si que se entendeu ben, o resumo é que, se tendo 9€ de consumo mínimo, consumes menos de 9€ en chamadas, mensaxes, etc pagas 0 ese mes, e se consumes máis, pois o que consumises menos os nove eses do desconto.
enviado por LG o 26 xaneiro 2012 ás 12:17 AM CET #