logo

Regalamos entradas para Las Noches de Paramount

luns 30 agosto 2010 | 4 Comentarios

Ola a todos. Temos 20 entradas dobres para que desfrutedes de Las Noches de Paramount Comedy entre aqueles que nos seguen a través das redes sociais. Non é necesario que sexades clientes pero, iso si, non as imos regalar sen máis, polo que vos teredes que esforzar un pouquiño.

Como sabedes, Las Noches de Paramount Comedy é un espectáculo no que participan os mellores monologuistas desta canle do humor. Para gañar unha das entradas non vos imos pedir que nos escribades un monólogo, pero si que nos enviedes chistes.

A idea é que cada participante nos envíe como máximo dous chistes a través da nosa páxina no facebook. Os 20 chistes máis votados (a través do "Gústame") polos usuarios rexistrados na nosa páxina do facebook: www.facebook.com/quecheparece serán os gañadores. Pero só imos dar unha entrada por participante, así que aínda que presentedes dous chistes e estean entre os máis valoramos, só teremos en conta o que máis puntuación reciba. Doutra banda, só poderán votar os usuarios que formen parte da páxina e revisaremos os votos, non vaia ser que de súpeto usuarios como Brad Pitt, Vicente del Bosque ou George Bush formen parte da páxina e anden votando ;)

O funcionamento é moi sinxelo: tedes ata o día 15 de setembro para participar poñendo no muro da nosa páxina os vosos chistes. Ao día seguinte faremos reconto dos votos que recibiu cada un e publicaremos no facebook unha lista cos gañadores, cos 20 usuarios que máis votos recibiron. Os gañadores deberannos escribir un correo antes do 20 de setembro a quecheparece@mundo-r.net indicándonos a cidade na que queiran ver o espectáculo e o nome e apelidos da persoa que vai recoller as entradas. Despois nós xa lles diremos onde poden recoller as entradas. Imos establecer unha lista de cinco reservas por se non hai forma de poñernos en contacto cos gañadores antes do 20 de setembro. Nese caso o premio pasaría ao primeiro, segundo, terceiro, cuarto ou quinto reserva, segundo o número de gañadores que non nos escriban.

Velaquí os sitios nos que vai ter lugar Las Noches de Paramount e nos que poderiades solicitar a vosa entrada dobre no caso de serdes algún dos 20 gañadores:

A Coruña: 8 de outubro ás 21.00 horas
Vigo: 14 de outubro ás 20.30 horas
Ourense: 21 de outubro ás 20.30 horas
Lugo: 23 de outubro ás 20.30 horas

Sinalar que os datos recompilados serán incluídos nun ou varios ficheiros cuxo responsable é R, (con enderezo na rúa Real 85, 15003, A Coruña) e creados coa finalidade de realización de campañas de marketing por R. O cliente poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación e cancelación dos seus datos, mediante solicitude escrita dirixida a R, indicando o nome e apelidos do cliente e adxuntando fotocopia do D.N.I. ao apartado de correos 2096, 15008 - A Coruña, ao fax gratuíto 900.82.55.82 ou mediante correo electrónico a fala-con-R@mundo-R.net

Un saúdo.




Comentarios

Eu xa as teño, mediante Web de Clientes. Cadrou que me enviachedes o mail xusto cando estaba mirando o correo, pero supoño que haberá xente que non chegou a tempo.

enviado por Gonzalo o 30 agosto 2010 ás 01:12 PM CEST #

Gonzalo, si, de feito en sitios as entradas xa están esgotadas porque os clientes as collestes rapidisamente e hai xente queixándose porque non pode ir.

Nós poñemos as entradas para todos e esgótanse por orde de petición. Os que non as teñan agora teñen a opción de conseguir un par delas se nos poñen un chiste na páxina do facebook e é moi votado, claro está :D

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 30 agosto 2010 ás 01:40 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

A min veume un chiste enseguida que vin este artigo. Ahí vai:

"Meu compañeiro Rancilio, que vive mui cerca de min leva dende Marzo con 6 Mb na sua casa, mentres que eu, pagando o mismo, so teño 3 Mb"

¿A que é bo o chiste?

Sinto facer de troll, pero seis meses paréceme tempo suficiente para ter cambiada a velocidade nun barrio moderno da Coruña.

Grazas por deixarme desafogar.

enviado por xotengo o 30 agosto 2010 ás 05:35 PM CEST
Sitio web:: http://www.barriodelosrosales.es #

Creo que o teu comentario está fóra de lugar.

enviado por Fran o 03 setembro 2010 ás 06:16 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado