R, coma sempre
Ola rapaces. Hoxe queríamos dicirvos que nada, que por aquí seguimos, jeje
Ben, agora en serio, despois de tanta especulación destas últimas semanas e de tanta noticia por aquí e por alá, hoxe queríamos poñer un pouco de tranquilidade enriba da mesa, aínda que de seguro que máis dun xa o vistes na nota de prensa que subimos á nosa web.
Para resumirvos un pouco o tema, para nós a entrada en CVC é unha gran noticia. O futuro que se abre para R e pensamos humildemente que para Galicia, é moi positivo. Para nós CVC vai ser un socio financeiro, que nos vai permitir seguir crecendo nos próximos anos, con total garantía e independencia dentro de Galicia. E vamos, se podemos aproveitar para ir medrando fóra, pero facendo todo dende a nosa comunidade, mellor que mellor. Que podemos ser pequenos, pero non por iso deixamos de soñar con seguir o mesmo camiño que outras empresas que dende aquí se fixeron grandes e se convertiron nunha referencia a nivel estatal ou internacional. Amodo... e cos pés na terra, iso sí.
Doutra banda, por aquí imos seguir os de sempre, a xente de R, tanto o equipo directivo como as máis de 1.300 persoas que traballamos directa ou indirectamente para este proxecto.
E a nosa filosofía de traballo e a nosa forma de ser vai seguir sendo a mesma, grazas aos clientes que nos déchedes a vosa confianza. Os bos resultados de R son coñecidos e como algunhas veces ben nos recordades, para que non nos durmamos, son grazas a vós, os clientes. Iso está a permitir que aposten por nós o seu diñeiro firmas finaceiras internacionais que ven en R e en Galicia unha plataforma de crecemento futuro. Atraer as miradas, e mellor aínda, cartos e investimento a Galicia, é un dos nosos obxectivos.
Estamos en Galicia, presumimos diso, intentamos facer as cousas con sentidiño, de xeito próximo. E o que vai pasar de agora en adiante vai ser máis do mesmo. Ninguén vai cambiar algo cando funciona aínda que nós sabemos que podemos mellorar moitas cousas. A nosa aposta pola cercanía e por un bo servizo, xa volo dicimos, seguirá a ser a clave do futuro da nosa empresa polo a que Galicia e a vós os atinxe.
Seguimos por aquí, na nosa páxina no facebook e tamén no twitter.
Un saúdo.

Soy empleado de R y os voy a contar mi opinión. R es un proyecto genial que nos ha obligado a dar lo máximo, a esforzarnos al máximo, a dar todo lo que tenemos dentro, y esta noticia es un premio fantástico al esfuerzo de los últimos 11 años. Al esfuerzo de todos.
Además, creo sinceramente que es una noticia buenísima para Galicia. No todos los días se consigue que la gente que tiene DINERO en el mundo piense que un grupo de profesionales gallegos son los más apropiados para liderar un proyecto ganador a nivel mundial. Desde Galicia.
Siempre he preferido ser cabeza de ratón, ahora nos toca ser cabeza de león.
enviado por oscar fafian o 14 abril 2010 ás 05:53 PM CEST
Sitio web:: http://www.mundo-r.com #
Vale. Pois eu, que son cliente de R, son escéptico. Apunteime a o proxecto de R, por calidade, prezo e SOBRETODO por ser unha empresa GALEGA.
Gústame que cando me atendan o fagan no meu idioma, o fagan persoas que me entenden e que me atendan con agarimo, dado que son un cliente e non un número.
Parezme ben que o capital financieiro se fixe nunha empresa coma R, empresa de telecomunicacións punteira e galega (algo que soa a extraño neste país), pero estou canso de ver como o capital foráneo ven para aquí a procura nos nosos mellores productos, xenerados nesta terra, e logo marchan coa marca a outra parte. Ou acaso alguén se esquece de "La Toja"? Que ten de galega FENOSA, agás as centrais hidroeléctricas?... e hai máis.
Simplemente, como bo galego son desconfiado, porque esta historia xa ma coñezo, temo que veñan que collan a infraestrutura e se larguen para outro lado; iso si, con eles largareime eu.
A filosofía que encarna este proxecto é xenial, como dicían oscar fafian, baseada na confianza e no orgullo de sermos galegos, a empresa e os seus clientes (con bo produto e dende aquí).
Nada máis, soamente espero que isto non sexa outro dos tristes episodios que como país levamos sufrindo cada certo tempo. Cando erguemos a cabeza sempre aparece alguén para cortala.....
Un saúdo.
enviado por Xan o 14 abril 2010 ás 08:18 PM CEST #
Pareceme ben pero a ver se esa inversión se nota na mellora dos servizos e non sexa so para invertir fora de Galicia.
Un saludo!
enviado por Ahriman o 14 abril 2010 ás 08:22 PM CEST
Sitio web:: http://www.pandozone.com #
Totalmente dacordo con Xan
enviado por Iago o 14 abril 2010 ás 09:38 PM CEST
Sitio web:: http://www.iagovarela.eu #
Xan, ainda que non o dixen no meu comentario, teño clarísimo que R non sería o que é sen vosotros, os clientes. De feito, non sería nada. De todos xeitos, espero, polo ben de todos, que esteas equivocado e podamos erguer a cabeza sen "decapitaciones". ;)
Gracias!
enviado por oscar fafian o 14 abril 2010 ás 10:45 PM CEST
Sitio web:: http://www.mundo-r.com #
Yo creo que esto le va a dar una solidez a R a nivel financiero , enorme .Solo hay que ver el capital que maneja a nivel global la empresa de mas de 37.000 millones de euros y lo bien que esta gente elige para invertir
Tener de padrino a este clase de capital que respeta porque sabe que es la mejor forma de crear valor es ya de por si una apuesta segura
Desde luego , no lo dude nadie , esta gente ha visto lo que otros ya intuyeron y es que R tiene mucho por crecer
Felicidades
enviado por Aurelio o 14 abril 2010 ás 10:56 PM CEST #
Cualquiera que investigue un poco sobre CVC se dará cuenta de que esta gente se dedica a compar empresas, ponerlas en valor y venderlas para sacar rentabilidad economica a medio plazo, si finalmente se hacen con el 70% de R en cinco años esta será vendida a la tipica telefonica, ONO o similares. Es a lo que se dedica CVC, a ganar dinero comprando y vendiendo empresas, a ellos no les intersa un proyecto a largo plazo de distribuir la fibra optica por toda galicia, pero ni de coña vamos.
hoy perdemos todos los gallegos
enviado por oscar o 15 abril 2010 ás 03:12 AM CEST #
En canto ao tema en cuestión: que o capital fose case o 100% de empresas galegas está claro que era unha anomalía, que unha Caixa de pacotilla teña un 60% era unha anomalía. O NORMAL é vender unha parte, gañar liquidez para o proxecto, etc etc. O que NON É NORMAL, é que de repente os inversores galegos se retiren de R en bloque, por unha miseria, xusto a 3 anos de comezar a dar beneficios e deixen o control sobre a compañía que mais contribuíu nos últimos anos ao desenvolvemento social, económico e tecnolóxico deste país.
Ben por R e os seus traballadores, seguirei sendo cliente.
Mal polas empresiñas galegas, ignorantes, e pola caixa do sur: reis do pan pringao, que han de estar ben mais contentos cando veña Caja Madrid e os zampen a eles e a caixa do norte, xuntos ou separados.
enviado por Eu eu eu o 15 abril 2010 ás 08:31 AM CEST #
CVC anunciou, que nos próximos meses ten a intención de facerse co control de R, mercándolle o porcentaxe de accións restantes a Caixanova.
Eu estou convencido que R será un exemplo mais dos que deu Xan, o cal podemos sumarlle case todalas lácteas situadas en Galicia, que nalgún momento foron galegas.
enviado por twiky o 15 abril 2010 ás 08:52 AM CEST
Sitio web:: http://www.emetreinta.es #
Oscar, R xa é unha empresa que estaba posta en valor, en canto que levamos 5 anos seguidos dando beneficio neto. O negativo sería que viñese Telefónica ou Ono e nos mercase, pero nunca o vai ser unha compañía que quere investir en nós 1.5000 millóns de euros (ata o de agora, levamos investidos 730 en Galicia).
Precisamente se ves as empresas que ten CVC, verás que dan tranquilidade a longo prazo: Lecta (fabricación de papel, con máis de 4.500 empregados e dende 1997), Colomer Group (productos de beleza, con máis de 2.500 empregrados e dende o 2000) ou o Grupo Zena (restauración, con máis de 6000 empregados e dende o 2001).
Eu, en R temos moito que agradecerlle aos accionistas, posto que eles apostaron por este proxecto e mesmo o puxeron en valor en momentos complicados, como cando Gas Natural mercou Fenosa e Caixanova decidiu dar un paso á fronte e mercar as súas accións para darlle estabilidade á compañía. A mala noticia sería sempre que veña outra operadora e nos merque, pero non que veña capital de fóra investir en Galicia, porque iso significa que mal as cousas non as facemos.
twiky, Caixanova seguirá sendo accionista. Coméntase que seguramente CVC amplie capital, arredor dun 30% máis, pero Caixanova seguirá tendo a súa participación orixinaria en R.
O que está claro é que se van investir cartos en Galicia, se van manter e crear máis postos de traballo, a sede e os impostos seguen aquí e as decisións se van tomar dende aquí. Ah, e seguiremos falando en galego, faltaría máis!
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 abril 2010 ás 09:59 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
@quecheparece Por suposto, completamente dacordo, só me cuestiono seriamente a operación de venda por parte deste bloque de accionistas: non creo que lles compense desfacerse de TODO o que tiñan en R, nin para o seu proxecto empresarial, nin para o tecido económico galego xa que os gaños que lles podería reportar R nos próximos anos beneficiaría os sectores nos que eles traballan.
Vender UNHA PARTE é lóxico, positivo e mesmo necesario para R, pero todo... A parte que vexo excesivo que un só accionista posúa tanta participación. A curto prazo nada mudará porque será o mesmo equipo, supoño, que manteña este proxecto... pero, e cando vendan?
De todas formas, parabéns á dirección e traballadores de R. Realmente sodes os mellores, e todo este tinglado é unha demostración.
enviado por Eu eu eu o 15 abril 2010 ás 10:11 AM CEST #
Apéname moito o q está a acontecer. Para min era case militancia. R realmente, como decían eles ó principio, "cambiou o conto" ..déronlle unha boa patada no q a Telefónica, cableáronnos, en fin, non vou a enumerar todo o que xa sabedes...
Dende fai algún tempo estame a parecer que comenzan a quedar atrás en competitividade, tanto por servicios como por precios (s.t coa televisión). Malia todo nin me platexei deixar de ser R por premiar tanto o trato ó cliente como a súa ambición e xq a sentía nosa. Ben, esto está visto que xa non vai ser así. Cando sexa íntegra destes individuos do macrocomercio farán e desfarán o que lles dé a gana, o meu vencellamento con R limitarase a un interese comercial que xa agora floxea.
Estou farta de ver como se zampan a pouca industria que temos. Parece que os galegos só valemos para traballar... non nós enganemos os cartiños agora, os beneficios xa non fican en Galicia marchan. Ista non é unha boa noticia :(
enviado por ártabra o 15 abril 2010 ás 10:54 AM CEST #
Se Caixanova mantivese como mínimo o 51% do accionarado en vez de chegar a esa cifra unha entidade foránea, en principio partiriase dunha mellor situación cando dita entidade foránea decida levantar vo. Porque CVC o vai levantar, inda que pasen 10 anos, e nese momento, ¿en máns den quen vai parar o control da empresa?
¿Caixanova ten un acordo pra venderlle un 30% máis a CVC? ¿Qué tipo de acordo, venta sí ou sí se CVC quere, comprador prioritario se Caixanova quere vender? ¿Algún acordo no sentido inverso, cando CVC marche?
Nesta operación falta moita transparencia e iso non pode acochar nada bo.
Mal por nestes momentos non ser dende Galiza capaces de invertir nisto. ¿Ou non se tentou buscar a solución aquí ou tentalo como se debía?
enviado por fervigo o 15 abril 2010 ás 11:30 AM CEST #
ártabra, as decisións vanse seguir tomando dende aquí, en Galicia, coma sempre. A empresa vai ver e sería un erro cambiar algo.
O que lamentamos é que ao cambiar un accionista se nos vexa doutro xeito. Temos comprometidos máis de 300 millóns para investir en Galicia nos próximos anos. Iso non é compromiso? Temos o blog en galego, a web en galego, a atención ao cliente en galego, fomos os primeiros en traballar con Nokia para sacar móbiles desta marca co menú en galego, temos unha guía de televisión en galego. Iso non é compromiso con Galicia? Cres que cambiou algo de onte para hoxe? Eu xa che digo que non, e o tempo darame ou quitarame a razón.
Agora, se para ti é mellor outra empresa que ten o seu centro de atención ao cliente deslocalizado en Perú, Colombia ou Chile, é a túa decisión. Os nosos seguen onde estaban, en Galicia. Falamos galego e seguirémolo facendo.
fervigo, polo documento que se enviou á CNMV, CVC pódese facer con outro 30% de Caixanova, co que esta volvería ter a participación que sempre tivo en R, antes de dar un paso á fronte e facerse coa participación de Fenosa, nun momento clave.
Simplemente dicir que cando alguén desinvirte nunha empresa, sempre teñen unha opción de compra preferente o resto de accionistas.
Dentro de 10 anos, sabe Deus que pasará. Pero simplemente indicar que R ten 10 anos de vida, así que sería multiplicar por dous o tempo de operación con total tranquilidade. Nestes 10 anos, cantos rumores houbo de venda de R a outros operadores? Moitos. Iso si sería malo. Que alguén veña para investir e quedarse como mínimo 10 anos e axudar a crecer a R dentro e fóra de Galicia é unha boa noticia. A compra por parte doutro operador, iso si sería malo.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 abril 2010 ás 11:48 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Xa veremos a evolución, porque o certo é que o poder de decisión dentro de moi pouco vai estar en mans do accionista que vai controlar máis do 60% do capital de R.
Pode ser bon, regular ou malo (como as decisións de calquera).
Mais gracioso, por chamarlle algo, me parece o das caixas e bancos "galegos", únicamente preocupados do ladrillo e de pagar favores a amigos, no canto de apoiar empresas que parece que despertan interese en capitalistas de fóra (que non serán parvos, supoño).
Ademáis dos casos máis coñecidos, San Luis, Bricoking... tamén tiveron que buscar capital fóra de Galicia (e de España) porque parece que aquí as entidades so se preocupan da mafia que destroza a paisaxe con cemento.
enviado por Xis o 15 abril 2010 ás 12:08 PM CEST #
<<<
Simplemente dicir que cando alguén desinvirte nunha empresa, sempre teñen unha opción de compra preferente o resto de accionistas."
>>>
Interesante, pero agora mesmo o só hai dous accionistas, Caixanova e CVC. Se CVC vende o lote enteiro, ¿vai Caixanova ou o que sexa ela daquela mercalo todo, 100% de R? Difícil o vexo. E se Caixanova vendese trociños pra que houbese alguen máis que puidera puxar por ella en dito momento, polo mesmo que dis, CVC podería mercar eses trociños. Malo que saisen o resto de accionaistas de todo ...
Cando Caixanova mercou o trozo que tiña Fenosa, a lo menos pareceu que ninguen máis quixo dalo paso ó frente. Mala cousa daquela, mala cousa agora.
enviado por fervigo o 15 abril 2010 ás 12:17 PM CEST #
Sin que sirva de precedente y viendo como ha quedado resuelta la venta de una participación de Caixa Nova, voy a dar mi humilde opinión:
No hace mucho tiempo escuché a Arturo Dopico en un programa de radio y anteayer he vuelto lo volví a escuchar.
Ya en la primera algo me extrañó (hoy estamos aquí y mañana Dios dirá, más o menos)y llegué a intuir que algo se estaba moviendo: incluso se hablaba de su salida a otras zonas de España o Portugal, que incluso habían tenido ofertas de compra por parte de otras compañías.
Pues bien, se han puesto las cartas sobre la mesa y anteayer volvió a decir algo parecido, solo con lo nuevo de la compra de un porcentaje por parte de CVC y de sus inversiones a largo plazo: 1500 para salir al exterior y 300 milllones para invertir aquí en Galicia en el plazo de 5 años. Donde le apuraron un poco fue en el tema del rural, pero tuvo la rapidez de contestar rápidamente a que había R en Melide cuando se lo preguntaron los locutores. Y mira por donde dejó caer que se estaban aumentando las velocidades, sin concretar nada como serían entre los clientes (muy comedido, que pena no poder participar y preguntar). Pero también volvió a recalcar que hoy estamos aquí y dentro de unos años Dios dirá.
Dado estos hechos, en un principio y como funcionan estas sociedades, yo no lo tendría muy claro y desconfiaría, (desconfío de estas globalizadoras), más de uno lo ha apuntado ya anteriormente. Otro tema es como ha negociado Caixa Nova y que compromisos les ha quitado y que no se ven en los papeles.
Bueno espero que no sea para mal y tampoco sea otra de tantas fugas de empresas que eran gallegas y ahora no lo son (ejemplos sobran bastantes).
Espero que durante estos años las cuentas se recuperen y se pueda dar un vuelco, para bien de los gallegos.
Un saludo
enviado por Indiana o 15 abril 2010 ás 02:15 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/r_coma_sempre #
Indiana, fervigo, o tempo dirá que pasa. É certo que de aquí a 10 anos poden pasar moitas cousas, pero é que R só leva operando 10 anos.
E chega un momento no que un ten a oportunidade de escoller e de intentar facer un pouco máis, de ir máis alá, de medrar máis con forza pero desde onde o fixo sempre, desde Galicia e coa mesma filosofía. Non sempre a unha empresa de aquí se lle dan 1.500 millós de euros para xestionar ou se di que en Galicia se poden investir 330 millóns de euros en 5 anos.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 abril 2010 ás 04:03 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pois a min paréceme unha boa noticia por unha razón, vos me diredes se estou errado.
Se R, unha empresa "pequena" dentro de X anos ten problemas económicos, terá máis necesidade de que Telefónica ou Ono a merque. Pero se agora vemos que detrás hai un inversor grande, é posible que teña menos dificultades económicas e non teña tanta necesidade de venderse, acaso sí de comprar.
enviado por Vermu o 15 abril 2010 ás 04:17 PM CEST #
Eu síntoo, mais como cliente non vexo motivo ningún polo que alegrarme da compra do 30% de R por un club de especuladores... máis aínda cando se espera que o amplíen noutro 30.
E si, o tempo dirá qué pasa e onde acaba R en dez anos. Anque xa podemos ir dando por sentado que será bastante lonxe de Galicia. Ogallá me equivoque.
enviado por Carlos R. o 15 abril 2010 ás 11:51 PM CEST #
Carlos, efectivamente, haberá que ver o que pasa co tempo, pero o que pedimos é que se confíe nesta decisión. Só queremos que vexades se algo cambia en R, a nosa forma de ser con vós, a sede, os traballos que aquí se xeran, etc.
Eu non valoro aos meus amigos polos pais que teñen, senón polo que son comigo. Pois neste caso é o mesmo. E efectivamente, se os meus amigos se marchan lonxe un día, xa non serán tan amigos porque se perdería a proximidade.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 16 abril 2010 ás 10:07 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
O mellor houbera sido que o señor Amancio Ortega decidira adquirir esa porcentaxe de accións e desa forma seguir a sendo 100% galegos, cas garantías económicas que Inditex nos daría poderían facer tantas ou mais cousas que CVC ten previsto.
enviado por xilo o 16 abril 2010 ás 01:58 PM CEST #
Se vós non tedes crises de identidade paréceme perfecto, pero algúns clientes, como por exemplo eu, si que as teremos, e iso non sei se vos vai beneficiar ou perxudicar. Estou dacordo cun comentario anterior no que se dicía que pertencer a R era como unha especie de militancia, militancia que se vai debilitar en moitos de nós, e que dade por seguro que vos vai perxudicar. Os galeguistas coma min sentímonos decepcionados, preferiamos unha R 100% galega, e estou vendo que co paso do tempo vai ser 0 % galega, e senón falamos. Un saúdo.
enviado por Antón o 21 abril 2010 ás 12:58 PM CEST #
Antón, que me vas dicir a min, en canto que me sinto orgulloso de traballar nunha empresa coma R, non só polo que fai senón polo que representa. Levo traballando aquí seis anos, moi a gusto e comprendo a militancia da que falas.
O que non entendo é por que iso ten que cambiar. É máis, os accionistas de R nunca foron 100% galegos. Iso sacouno algún medio de comuncicación, pero non é certo.
O que si che podo dicir é que R, en canto a traballo, adicación e compromiso é 100% e iso non cambiou. Aí están os móbiles en galego, a revista en galego, os centros de atención ao cliente en Galicia, os provedores galegos, a sede en Galicia...
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 21 abril 2010 ás 01:06 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Yo creo que se está sacando la cosa de madre con esto de la venta de R. En mi humilde opinión, lo que de verdad debe importar es que la filosofía y el compromiso con Galicia siga siendo el mismo y que esto no termine en una fuga tanto de capital como de recursos humanos de su origen. Si realmente el compromiso se mantiene, se aumentan las inversiones y se hace crecer la empresa, para mi perfecto, aunque los que se sienten en la mesa de juntas sean de Tegucigalpa, Alcorcón o Winsconsin, siempre que respeten la identidad de la compañía y de los clientes que la han hecho "grande" por mi perfecto.
Lo de que porque el 60% ya no sea gallego, o el porcentaje que sea, ya me doy de baja, me parece a parte de "extremista", aunque lo respeto, me parece absurdo si realmente estás contento con el servicio y la atención que te dan. Lei hace unos días, no recuerdo exactamente dónde, aunque fue en un diario en alguna sección de cartas al director, una persona que planteo una lógica aplastante sobre este tema. Venía a decir que por esa regla de 3, te darías de baja de R, no volverías a circular por la AP9, ya que la gestiona una empresa extranjera, no está en manos de una empresa gallega, no tomarías leche de galicia, ya que, si no todas, más del 90% de las empresas lácteas están en manos de empresas de fuera de galicia.. y así unos cuantos ejemplos más. No sé, igual hay gente muy consecuente con sus principios y hace todo lo explicado y más, pero me parece raro. Y otra cosa, hablaban de que Amancio Ortega entrase en R, pues bien, creo recordar que Amancio es gallego de adopción, nació en un pueblo de León y se trasladó a A Coruña con 14 años, así que Inditex también podríamos decir que no es gallega 100%, tampoco compraríamos en Zara, Berskha y demás empresas del holding.
En fin, es una simple reflexión.
enviado por Bas o 21 abril 2010 ás 06:02 PM CEST #
Bas, muchas gracias por tu comentario. Me ha gustado mucho. No he leído la carta el director que me comentas, pero estoy de acuerdo con ella.
Como dato, indicar simplemente que desde su fundación, R ha sufrido unos 25 cambios accionariales y en momentos la mayor parte del capital era de empresas de fuera de Galicia.
Entiendo que la gente eso no lo sabía y si nos veía como una empresa gallega es por lo que hacíamos, no por quién estaba detrás de nosotros. Si nuestro compromiso con Galicia continúa intacto, seguiremos siendo los mismos y nos daría mucha pena que alguien se diera de baja por este tema. Los clientes nos habéis hecho grandes y nos gustaría seguir creciendo con vosotros y ofreceros cada vez mejores servicios. Que R siga siendo grande y quien es, depende de nuestros clientes.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 21 abril 2010 ás 06:22 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Entendo o que me comentades, e respétoo, pero lanzo unha pregunta ó aire: ¿de verdade credes que isto (con isto refírome a todo: leite, autopistas, R, conserveiras, etc...) pasaría IGUAL no País Basco ou Cataluña? E por certo, considérome galeguista, non independentista ou radical do nacionalismo máis rancio, máis que nada polo de que se está a sacar de "madre" o asunto (isto dígovolo sen acritude, eh? ;) ) Un saúdo.
enviado por Antón o 22 abril 2010 ás 12:39 PM CEST #
Ola Antón.
Pois non se acontecería algo disto no País Vasco ou en Cataluña, pero o que si sei é que, por exemplo, Cataluña non ten un operador propio de telecomunicacións e o despregamento da rede que fixemos en Galicia está a anos luz do que hai alá.
Como che digo, R sufríu ata 25 cambios accioniarais e nos comezos a maioría do capital non era galego. Creo que a galeguidade se demostra na práctica, non na teoría e no nome dos accionistas.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 22 abril 2010 ás 01:29 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Todo o dito está moi ben pero vou cinguirme a realidades de funcionamento da empresa.
Estes días recibín a revista de R. Nela puiden ler que se mellorou o servizo de mensaxería, correo electrónico. Que poden engadirse enlaces para que nos chegue á nosa conta en R o correo de Hotmail, Yahoo, Gmail, etc.
Así fixen, abrin conta (que por certo ten menos capacidade que os provedores anteriores). Operei para engadir unha conta de Hotmail e non funciona.
As "avarías" son varias. Non opera o botón ACEPTAR cando engadimos a conta para rematar o proceso (surrealista que non se comprobara). Hai dificultades de lectura por algún "display"que tapa textos. E descoñezo se ten máis eivas.
En resumo; que pasei varias horas pelexando coa aplicación e finalmente tiven que reclamar.
Os técnicos que me chamaron, pretendían que lles dera o contrasinal da conta de correo co argumento de facer probas, ao que me neguei. Finalmente din que me cambiaron o código por un infantiloide. E así levo varios días.
E para rematar, algúns empregados que chaman por teléfono teñen unha tendencia irreprimíbel a empregar o castelán e só cambian ao galego se o interlocutor o emprega naturalmente. Gustaríame que a lingua de contacto fora a nosa.
Metáfora: menos foguetes anunciando novidades que non funcionan. Máis probas e competencia.
enviado por Ramón o 03 xuño 2010 ás 08:04 PM CEST #