R ante o apagón analóxico
Queda un aniño para o apagón analóxico. Que é iso? Pois é o nome que recibe a finalización das emisións dos operadores de radio e de televisión a través da tecnoloxía analóxica. E aínda que na Fonsagrada xa saben de que vai iso, no resto de Galicia a data escollida para este momento é o 30 de xuño do 2009. Un aniño xusto (ou se o preferides, 12 meses) para que comece o apagón en comarcas como Santiago, Arzúa, Ordes, Melide, O Sar ou Lalín. A partir de aí o proceso continuará no resto de Galicia ata que se complete o 3 de abril do 2010.
Moitos de vós, sobre todo os que tendes un combo3 ou un combo1, andades a preguntarvos que vai pasar coa televisión en aberto que estades a recibir ata o de agora. E se tende que tirar co televisor ou televisores analóxicos que tendes na vosa casa. Pois tranquilos, que R vai seguir emitindo as canles en analóxico. Vexo que máis dun respira tranquilo :D
Se vos preguntades como é posible isto, a resposta é moi sinxela. Como en R temos rede propia, podemos facer un "apañiño". Collemos o sinal en dixital, transformámolo en analóxico e enviámolo deste xeito aos vosos televisores. O apagón analóxico afecta ao sinal do espazo radioeléctrico, que é público, e non á rede de R. Para que vexades o importante que é ter rede propia e poder xestionala nós. É dicir, internamente en R non faremos apagón analóxico.
Moitos de vós de seguro que xa mercáchedes para a sala de estar unha televisión de plasma co sintonizador TDT integrado para ver en familia ou cos amigos a Eurocopa. Pero claro, se tendes tamén un televisor no cuarto e outro na cociña, non ides mercar un descodificador para cada un deles. Nestas televisións poderedes seguir recibindo o sinal en analóxico a través da nosa rede, como ata o de agora. Por certo, para os que teñades dúbidas, o descodificador da TDT non funciona se o conectades á nosa rede ;)
Saberedes tamén que emisoras a través da TDT hai ducias, e iso que non comezaron a emitir moitas canles locais. Por iso, a nosa idea é deseñar un paquete de canles en analóxico de calidade e que satisfagan as vosas necesidades. Non tería sentido ningún ofrecervos canles de comerciais e de televenda (Cinco Shop, Tienda en VEO e demais) cando pouca xente as ve e carecen de valor engadido para vós. Se queredes ver as últimas novidades á hora de ter os mellores abdominais, teredes que agardar ás 2 da mañá.
En R sempre preferimos a calidade antes que a cantidade, porque despois pasa o de sempre, que de 30 canles en aberto da TDT ao final vai haber 20 das que só coñezades o nome. Preferimos deste xeito configurar unha grella de calidade e con programas bos e de interese para todos sempre e cando cheguemos a un acordo cos operadores.
Por iso vos queremos preguntar que canles escolleríades ou credes que merecen a pena. Poñendo por caso que ao final vos ofrezamos un paquete de 12 canles en analóxico, cales vos gustaría ter? De seguro que xa meteríades de boas a primeiras TVE1, La2, TVG, Antena 3, Cuatro, Telecinco e laSexta. Pero aínda quedarían cinco canles no aire. Pois aí podedes botarnos unha man aconsellándonos cales serían as mellores para vós: Teledeporte, Veo TV, FDF, Telecinco2, Disney Channel, Clan TVE, Canal 24 horas...??? En fin, as que se vos ocorran.
Noutro post prometo falarvos do Vídeo Baixo Demanda, que máis dun xa anda preguntando. Pero como iso é outra historia, tocaralle outro día. Iso si, agardo que hoxe durmades máis tranquilos, jeje

Entón, segundo vós, preferides a calidade de canles. Por iso nos tendes aos do c1 con Intereconomía e Flymusic en vez de con Neox e con Nova? Son mellores canles en canto a calidade ou é que no vos cobran os donos destas canles por emitilas?
enviado por charly o 27 xuño 2008 ás 05:19 PM CEST #
Escríbolles este comentario en relación ás canles de TDT que me merecen a pena para combos 1 e 3, esta é a miña lista:
1.- TVE1
2.- la2
3.- Antena 3
4.- Cuatro
5.- Telecinco
6.- laSexta
7.- Popular TV
8.- TV Local
9.- TVG
10.- TVG 2
11.- laVozdeGalicia TV
12.- VEO Televisión
13.- Telecinco 2
14.- CNN+
15.- 24 Horas TVE
16.- Intereconomia tv
17.- SETenVEO
18.- FDF Telecinco
19.- Clan TVE
20.- Disney Channel
21.- Antena.Neox
22.- Antena.Nova
23.- Hogar 10
24.- 40 latino
25.- Teledeporte
enviado por Tomás castro o 27 xuño 2008 ás 05:49 PM CEST #
Doce canles son moi poucas, terían que ser alomenos entre quince e vinte porque seis xa son as xeneralistas. Personalmente gustaríame ter a local que vai a funcionar na miña vila, a segunda canle da TVG, Hogar 10, Teledeporte, 40 Latino, VEO TV, Disney Channel, CLAN TVE, Antena .NEOX e Antena .NOVA, CNN + e TVE 24 Horas. Grazas.
enviado por Gilberto o 27 xuño 2008 ás 07:28 PM CEST #
Estou de acordo en que 12 canles son poucas. Se sumamos as xeneralistas, autonómicas e locais, ¿cantas quedarán libres?
As 25 canles é un bo número se o comparamos con outros operadores como Euskaltel que emite o todas as canles de TDT. Non veñan co conto de que Antena.Neox, Antena.Nova ou latino e CNN+ non poden ser por motivos económicos.
enviado por Tomás Castro o 27 xuño 2008 ás 09:32 PM CEST #
Los imprescindibles son todos los de deportes y el de Disney. De los demás, no digo nada.
Una cosa que si sería de gran interés es que los canales emitidos en abierto no se codificasen en su emisión digital. Mantener la emisión analógica es una buena idea, por lo que comentáis. Sin embargo, teniendo el combo 1 o el combo 3, sería una pena no disfrutar de la emisión en digital con un televisor preparado para ello. Hace poco probé esto y sólo se veía uno de los canales, estando el resto codificados.
Enhorabuena por la iniciativa de escuchar la opinión de la gente. Espero que ayude a conseguir un servicio de interés para todos.
enviado por Rancilio o 28 xuño 2008 ás 10:01 AM CEST
Sitio web:: http://www.barriodelosrosales.es #
As nacionais/autonómicas:
- TVE1, La 2, Canal 24 Horas, Teledeporte, Clan TVE
- TVG, TVG2
- Cuatro, CNN+
- Antena 3
- Telecinco
- laSexta
As locais (Vigo):
- Localia
- ¿TeleVigo?
¿Finalmente un sintonizador DVB-C serve ou servirá ante o apagón para ver nos Combos 1 e 3 canles en aberto? Porque deixar simplemente o servizo en analóxico non o vexo lóxico. Se hai apagón analóxico, por moito que R siga emitindo en tal, tamén hai "apagón analoxico" na venda de televisores.
Saúdos!
enviado por fervigo o 28 xuño 2008 ás 01:30 PM CEST #
É bo a realización desta consulta sobre a emisión de canles de TDT en analóxico. ¿Por que non un cambio de visión? Eu penso que tamén sería bo poder desfrutar de todas as canle de TDT en dixital a través dun descodificador externo de TDT ou polos propios televisiores actuais que xa os teñen integrados, sen novas instalación e polo cableado de R.
No meu edificio a antena colectiva non a queren amañar porque todos/as os veciños/as teñen R.
enviado por Tomás Castro o 28 xuño 2008 ás 09:13 PM CEST #
Me sumo a la petición de Tomás Castro de que R ponga por su propio cableado la TDT en digital sin necesidad de ninguna instalación ya que los que tenemos televisión con TDT integrado vamos a quitar R si no nos ofrecen los mismos canales con igual calidad de imagen. Gracias.
enviado por Gilberto o 30 xuño 2008 ás 03:51 PM CEST #
Hola. Pues yo suprimiría:
1.- Popular TV
2.- TV Local
3.- TVG
4.- TVG 2
5.- laVozdeGalicia TV
6.- VEO Televisión
7.- Telecinco 2
8.- 24 Horas TVE
9.- Intereconomia tv
Y pondría otras.
Por cierto: ¿es verdad que perdemos Canal Historia?. ¿Perderemos también Odisea, TNT, Hollywood?.
Creo que vamos a peor.
enviado por Miguel o 02 xullo 2008 ás 09:49 AM CEST #
Ola de novo a todos. Vexo que isto xa vai collendo forma e iso é algo que me anima un montón. E como vexo que moitos de vós nos facedes un montón de preguntas, velaquí van algunhas respostas.
En canto á afirmación de Tomás Castro e de Charly, sentimos decepcionarvos, pero si, algunhas canles da TDT non se ofrecen por cuestións económicas. Que vos parecería que todo o mundo puidera ter algo gratis e que a vós volo cobraran? E non precisamente dous patacóns. Pois iso é o que nos pasa coas canles de Antena 3 e de Sogecable, que nos piden unha serie de cartos mensualmente por cada cliente cando se emiten de xeito gratuíto. A vós gustaríavos, a cambio de recibir Antena.Nova, Antena.Neox, 40Latino ou CNN+ pagar un ou dous euros máis ao mes polo voso combo? Cremos que a resposta é que non. No caso de que vos preguntedes porque non o pagamos nós, home, pois calculade 2 euros ao mes por 225.000 clientes e de seguro que xa tedes a resposta :D
Rancilio coméntanos que sería de grande interese que as canles emitidas en aberto non se codificasen na súa emisión dixital. Isto enlaza co que nos pregunta Fervigo, se un sintonizador DVB-C serve ou servirá ante o apagón para ver nos Combos 1 e 3 canles en aberto? Comentarvos que polo de agora hai moi poucos televisores en España á venda con DVB-C; se o tendes, poderíades ver as canales dixitais de R que se emitan en aberto. Pero o normal é que as teles novas teñen integrado un sintonizador TDT, que non colle as canles emitidas a través do cable. De momento non temos pensado emitir en aberto en dixital porque sabemos que case non hai televisores, aínda que o poderíamos facer. A nosa emisión en analóxico durará só o tempo que que duren os televisores nesta tecnoloxía. Cando desaparezan, santas pascuas: pasaremos o 100% das emisións a dixital. E se tendes un DVB-C no voso televisor, violà, igual poderedes ver algunhas canles dixitais en aberto ;)
Máis adiante, Tomás Castro volve ao ataque (así me gusta, aquí estou para oírvos) e sinala que sería bo poder desfrutar destas canles a través dun descodificador externo de TDT. Comentarche simplemente que os televisores con tuner TDT (DVB-T) non sintonizan as canles emitidas en redes de cable (DVB-C), por iso que o que formulas non sería posible.
Para rematar, a todos os que sinalades que 12 canles son máis ben poucas, dicirvos que non é unha cifra pechada. Queremos ter unha idea das canles que máis vos gustan e poder clasificalas por interese, facer unha especie de lista coas vosas preferencias. Está claro que non poremos todas as canles da TDT, como vos dixen, pero o das 12 era só unha idea, un dicir :D
Un saúdo.
enviado por Quecheparece o 04 xullo 2008 ás 11:46 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ben habera que esperar para ver a evolucion das cousas,penso que cando chegue o apagon analoxico nacional saberase cara onde iran os tiros.
E a miña lista de canles e:
1- La1
2- La2
3- Antena3
4- cuatro
5- Telecinco
6- laSexta
7-8 TV locales digitales(cando comencen a emitir)
9- A Galega
10- Teledeporte
11- Telecinco2
12- 24H - TVE
13- Disney Channel
14- SET en Veo
15- A Galega 2 (cando comece a emitir)
16- Hogar10
17- Intereconomía
18- FDF
19- Posibles novas canles...
E hai que recoñecer que tedes toda a razon,cobrar a R por algo que e gratuito non ten moito sentido,pero ei de recoñecer que as canles son boas (CNN+,40latino,.NEOX y . NOVA).Sau2
enviado por ivan44 o 06 xullo 2008 ás 02:12 AM CEST #
Pois non me parece una grande idea, pois que pasa cos servizos interactivos da TDT, o EPG, teletexto, os interactivos de mhp? e cos sistemas de son estéreo, dual...? Un paso para atrás. Ademais, a calidade de imaxe TDT supera claramente a analóxica de R. Saúdos.
enviado por Jaco o 19 xullo 2008 ás 02:59 PM CEST
Sitio web:: http://eljaco.blogspot.com/ #
Con R 18 canles de TV en analóxico, sen EPG, son mono, dobre imaxe, granulado. O meu televisor con sintonizador só TDT non funciona. Se queremos ver as 25 canles que emiten en TDT con calidade estéreo, dual, EPG ou escoitar as canles de radio que tamén emiten en TDT necesitamos unha antena exterior. Polo tanto, ata que punto compensa ter contratado R? Polo sobreprezo que nos cobran non deberían ofrecernos máis? Saúdos.
enviado por jose o 21 xullo 2008 ás 08:27 PM CEST #
O combo 1 e 3 non están pensados para ver tv, compensa máis a TDT en aberto.
enviado por pako o 22 xullo 2008 ás 12:19 PM CEST #
Parece mentira. Nos cuentan que R va a seguir en analógico como si fuese algo positivo:( El resto de cableras potentes ya emiten los canales generalistas y TDT en digital y en ABIERTO. Y R nos ofrece en digital TVE1 y TVE2. Pedazo de oferta:( Lo mejor de todo es que emitir en DVB-C en abierto los mismos canales que ya se emiten en abierto en analógico tiene para R COSTE CERO y se hace de un día para otro. Si no lo hacen es simplemente porque no les da la gana. Cada día se venden más TV que incluyen sintonizador DVB-C. Para qué enchufar la TV moderna al cable de R si vamos a ver la pésima calidad del analógico.
enviado por Pepe o 29 xullo 2008 ás 01:46 PM CEST #
Está ben deixar canles en analóxico para que a xente con antigos televisores poidan seguir vendo a tele por R. De todas formas, dende o meu punto de vista, quen teña contratado o combo 1 ou combo 3 non lle merece a pena coller o sinal de televisión por R, é preferible utilizar a antena do tellado para recibir a TDT (sempre que o sinal sexa bo), sendo de maior calidade que o sinal analóxico, con guía de programación incorporada (EPG) e varios idiomas nalgunhas opcións. Ademais, a TDT dispón doutras canles que R non distribúe pola súa propia rede. Tendo en conta que as canles dixitais pola rede de R ocupan menos espazo. Sería bo o formulamento de emitir en aberto as canles dixitais xeralistas e TDT para así os que temos televisores cun sintonizador DVB-C poidamos desfrutar do servizo dixital. Isto si sería algo bo e de calidade. Non é certo iso que se di que hai poucos televisiores que teñan DVB-C, recórdolles que os operadores de cable estadounidenses e algún países europeos emiten en aberto canles dixitais. RESUME: Por unha televisión de calidade, pola emisión das canles dixitais xeralistas e da TDT en aberto.
enviado por Tomás Castro o 29 xullo 2008 ás 06:19 PM CEST #
Con respecto ao que nos comentan Pepe e Tomás Castro, seguir emitendo en analógico é algo positivo por diferentes razóns. En primeiro lugar, para o usuario supón que nas segundas ou nas terceiras televisións do fogar pode ver contidos sen ter que mercar nin alugar o descodificador dixital, nin de TDT nin de R. Nunca propuxemos o servizo analóxico para a primeira televisión no fogar. Igual nos entendéchedes mal, porque para a primeira televisión sempre se pode optar polo noso servizo de televisión dixital multicanle.
Ademais, emitir en analóxico para R ten un gran custe. Nunha canle analóxica nós podemos emeter 8 dixitais e moitísimos cablemódems. É dicir, que estamos perdendo ancho de banda que se podía aproveitar para outros servizos.
Con respecto aos televisores DVB-C, indicarvos que temos reuniones con fabricantes e por agora, os datos que temos, é que menos do 3% das televisións vendidas en España levan sintonizador de cable. Outra cousa moi distinta é o que suceda nos Estados Unidos ou noutros países europeos.
De todos os xeitos, seguimos pendentes deste tema para ver se cambia a cousa nun futuro. O que non podemos facer é emitir cada canle dúas veces porque os usuarios serían case inexistentes.
Para rematar, indicarvos que emitir unha canle NUNCA ten custe cero. Sempre son necesarios equipos que reciban, decodifiquen e transporte o sinal e persoal cualificado que comprobe que en todo momento as cousas funcionen ben e resolvan as incidencias puntuais que poidan xurdir. Son necesarios moduladores na cabeceira e o sinal tamén ocupa ancho de banda que se podería usar no servizo de internet, co docsis 3.0.
Para rematar, sinalar que iso de que as principais cableiras xa emiten as canles xeralistas e da TDT en dixital e en aberto non é certo. Só as emite Telecable, e a través de DVB-T. O resto emítenas efectivamente en dixital, pero NON EN ABERTO. Que hai unha pequena diferenza ;)
enviado por quecheparece o 31 xullo 2008 ás 01:52 PM CEST
Sitio web:: http://www.quechepare.com #
Non me quedou claro unha cousa. As canles que en analóxico emitides en aberto e que tamén xa estades a emitir en dixital, ¿supóñenvos algún sobre custe que en vez de emitir eses canles concretas codificadas, as emitades en aberto para todos? Vamos, non que se reciban por unha banda esas canles en dixital e codificados e pola outra esas mesmas canles en dixital pero sen codificar, se non só sen codificar.
enviado por fervigo o 31 xullo 2008 ás 10:15 PM CEST #
Lo del digital y tdt no es tan bueno como hacen ver. La tv analogica si recibiera la señal limpia se vería mejor que la digital.
La digital y el tdt son muy sensibles a ruidos y están fallando cada 2 por 3 por cualquier cosa, incluso pierden la señal muy a menudo. Que Con la analogica no sucede tanto aunque la imagen se vea peor. Yo tengo ambas cosas y no hay forma de poder ver algo sin fallos o poder grabarlo ya que si falla tan seguido no merece la pena. Otro problema de la digital r y la tdt es la excesiva pixelación en imagenes muy rapidas, igual que sucede en los dvds. En la analogica esto tampoco sucede. por lo que yo siempre prefiero verlo en analógico, aunque se vea peor. Por eso estoy en contra del apagón analógico. En R tampoco se libran de esto. Al principio de tener r la televisión no fallaba y ahora con lo del digital sucede lo escrito anteriormente y aun por encima el combo subio unos diez euros de un dia para otro. Esto ya parece algo estafa. De que sirve cambiar a digital si luego hay más problemas? Además de los canales que hay solo veo 2 o 3. El resto no tienen interés para mi. Lo de la tv tendré que darme de baja. Para que quiero Canales como TVCI,TVVI,ETBSat,Arte,TV5Monde,DW-TV, que son en otros idiomas distintos al español y no los entiendo? Para que quiero los canales informativos o de la bolsa o de economia? Los informativos de la tv generalista ya son suficientes. Y los que no tienen contratados cine, infantil y extra. Solo les queda la generalista y pocos más. Aun por encima los de mirador. Pagar por cada película que quieras ver. Los de R Se estan haciendo ricos a nuestra cuenta por que somos tontos y picamos con todo. Cobrarnos una cantidad exagerada de dinero a cambio de no ofrecernos casi nada. Esto es un robo y la gente no se entera. O sea que total 90 euros en mi caso al mes que en un año son unos 1080. unas 180000 pesetas de las de antes. y solo tengo 2 megas de internet, por ese precio debería tener los 9 megas por el mismo precio y aun por encima solo puedo contratar hasta 3 megas y el precio subiría 3 euros más. Pido más canales de música que hay pocos, y otros como Animax, Galicia TV Europa, (que la que hay es la Galicia tv america), Localia tv, telemadrid, televigo, Mtv france, Mtv Italia, Mtv alemana, Viva (que es aleman y de música), Telefe internacional, Playboy tv, Spice platinum y más cine x, Que no tenemos. y Gratis, en abierto. Que seguro que la gente lo quiere y no se atreve a pedirlo. No todos somos ricos para tener que estar pagando por cada pelicula.
enviado por anion o 03 agosto 2008 ás 10:01 PM CEST #
Lo del digital y tdt no es tan bueno como hacen ver. La tv analogica si recibiera la señal limpia se vería mejor que la digital.
La digital y el tdt son muy sensibles a ruidos y están fallando cada 2 por 3 por cualquier cosa, incluso pierden la señal muy a menudo. Que Con la analogica no sucede tanto aunque la imagen se vea peor. Yo tengo ambas cosas y no hay forma de poder ver algo sin fallos o poder grabarlo ya que si falla tan seguido no merece la pena. Otro problema de la digital r y la tdt es la excesiva pixelación en imagenes muy rapidas, igual que sucede en los dvds. En la analogica esto tampoco sucede. por lo que yo siempre prefiero verlo en analógico, aunque se vea peor. Por eso estoy en contra del apagón analógico. En R tampoco se libran de esto. Al principio de tener r la televisión no fallaba y ahora con lo del digital sucede lo escrito anteriormente y aun por encima el combo subio unos diez euros de un dia para otro. Esto ya parece algo estafa. De que sirve cambiar a digital si luego hay más problemas? Además de los canales que hay solo veo 2 o 3. El resto no tienen interés para mi. Lo de la tv tendré que darme de baja. Para que quiero Canales como TVCI,TVVI,ETBSat,Arte,TV5Monde,DW-TV, que son en otros idiomas distintos al español y no los entiendo? Para que quiero los canales informativos o de la bolsa o de economia? Los informativos de la tv generalista ya son suficientes. Y los que no tienen contratados cine, infantil y extra. Solo les queda la generalista y pocos más. Aun por encima los de mirador. Pagar por cada película que quieras ver. Los de R Se estan haciendo ricos a nuestra cuenta por que somos tontos y picamos con todo. Cobrarnos una cantidad exagerada de dinero a cambio de no ofrecernos casi nada. Esto es un robo y la gente no se entera. O sea que total 90 euros en mi caso al mes que en un año son unos 1080. unas 180000 pesetas de las de antes. y solo tengo 2 megas de internet, por ese precio debería tener los 9 megas por el mismo precio y aun por encima solo puedo contratar hasta 3 megas y el precio subiría 3 euros más. Pido más canales de música que hay pocos, y otros como Animax, Galicia TV Europa, (que la que hay es la Galicia tv america), Localia tv, telemadrid, televigo, Mtv france, Mtv Italia, Mtv alemana, Viva (que es aleman y de música), Telefe internacional, Playboy tv, Spice platinum y más cine x, Que no tenemos. y Gratis, en abierto. Que seguro que la gente lo quiere y no se atreve a pedirlo. No todos somos ricos para tener que estar pagando por cada pelicula.
enviado por anion o 03 agosto 2008 ás 10:10 PM CEST #
A ver, isto da televisión en xeral está moi mal montado. Que se cable, que se satélite, que se tdt... buaaa. Despois que se paquete, que se decodificador, non, BASTA XA!!!! R debería obrecer o sinal da TDT completo e en dixital con decos dixitais. SE HAI APAGÓN ANALÓXICO É PARA TODOS!!!!!! R tamén!!!! o que facedes con iso é que a xente siga acomodada. Pois non, dentro de 2 anos as tv venderanse sen entradas analóxicas. Debería haber unha lei que fixese que todas as tv se vendesen con tdt, cable e satélite integrados, como un combo de dvd, divx, mpg4, etc. Despois se tes R non podes ver o plus, e o plus é máis caro, e se tes os dous carísimo ou sexa que xuntas 1.R, 2.d+ e 3.tdt, 4.dvd, 5.vhs, e 6... Total a NASA na casa!!!! De tantos mandos xa enfermo; despois está o control remoto de R pero aínda así sigo liado. Hai que ter paciencia. Mira, prefería que houbese un monopolio nisto da tv, así non haberia problemas e ao final quen o paga é a xente normal. Que compremos tdt e dentro de 2 anos non serven para nada, que se ke mhp, que se servizo de taquilla por tdt con tarxeta no kiosko, que se NADA.... O MELLOR É ESCOITAR A RADIO E DURMIR. VEÑA
enviado por mike o 06 agosto 2008 ás 05:38 PM CEST #
Mediapro, productora catalana que mantén un importante e sonado enfrentamento xudicial con Sogecable polos dereitos do fútbol nacional, xa se encontra en disposición de servir o sinal de Gol, a nova canle de fútbol, a aqueles operadores interesados en distribuír esta canle ós seus abonados.
Xa emite o sinal codificado en PowerVu de Gol a través do satélite Hispasat para poñela a disposición de aqueles operadores de cable e ADSL que acaden un acordo coa produtora para a distribución da canle nas súas ofertas de televisión.
Terá a Liga española e todas as ligas estranxeiras porque o 90% dos dereitos están nas súas mans. A canle contará coa liga holandesa, colombiana, arxentina, ecuatoriana, inglesa, francesa, portuguesa, alemá e escocesa.
Emitirá resumos das xornadas da liga española, e mesmo a emisión de algún encontro deportivo da liga española en función do transcurso do enfrontamento xurídico que mantén con Sogecable (Digital+).
De cara ao futuro, Mediapro contará cos dereitos da UEFA Champions League a partir da tempada 2009-2010 durante 3 anos. A partir desa tempada Mediapro terá os dereitos da maioría dos clubes de 1ª división, polo que controlará o fútbol nacional e internacional.
- ¿Estará dispoñible esta canle en R na súa tv dixital multicanle?
enviado por Tomás Castro o 09 setembro 2008 ás 03:17 AM CEST #
Ola Tomás.
Indicarche que sabemos da existencia da canle GOL e que agora mesmo estamos valorando a súa oferta. Comentarche que unha cousa son os contidos que eles publiciten que poden ofrecer e outra moi distinta o que realmente ofrezan.
Como comprenderás, no mercado hai centos e centos de canles de TV e todas non as podemos emitir, porque o custo sería inasumible, tanto pola nosa parte como pola vosa. Hai que buscar un equilibrio nos contidos e iso é o que intentamos facer sempre. Se as condicións, o prezo e os contidos reais son os razoables tanto para nós como para vós, estaremos encantados de emitila.
O que non podemos é estar engadindo continuamente canles e encarecéndovos a vós o produto de televisión dixital, porque nin é lóxico nin xusto. Así que, como dixen arriba, hai que buscar un equilibro entre bos contidos e boas condicións.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 10 setembro 2008 ás 08:18 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Boas.
Unha cousa que creo é moi importante e que non se menciona no blog: e a calidade. Se compras un TV HD, vas e méteslle a calidade en analóxico de R, estás a tiralo diñeiro. Non vas a ver mellor a TV.
Outra cousa, no blog comentas que para unha TV HD úsalo TDT e para o resto R. Pregunta: entón, ¿para qué pagamos R?
En R, ¿alguén pensou na xente que ten un TV HD? Só teñeñ 2 opcións, pasarse o TDT ou ó combo 2/R.
enviado por Toño o 18 setembro 2008 ás 05:15 PM CEST #
Boas.
Volvo a ser eu.
Ninguén contestou a miña pregunta.
¿Porqué a calidade da sinal de TV en aberto de R é peor que a calidade da sinal do TDT? ¿Para qué se nos cobra por unha calidade de imaxe peor ca dun servizo gratuito como a da TDT? ¿Qué ten pensado facer R coa TDT-HD?
Graciñas por, polo menos, le-lo comentario ainda que non sexa contestado.
ABUR
enviado por Toño o 05 xaneiro 2009 ás 11:52 AM CET #
Unha pregunta que non entendo. As canles de Antena3 e de Sogecable que se emiten por TDT non as podedes emitir porque vos queren cobrar? Por que non cobran por Antena 3? E cando so emitan en TDT quererán seguir cobrando? En que lei se basean para cobrar por unha canle que emiten en aberto? Poderían facer todas as canles igual e non poderiades emitir ningún canle sen pagar?
enviado por Norick o 07 xaneiro 2009 ás 01:08 AM CET #
Bo día Norick.
Menuda preguntiña :D Non é nada fácil de responder porque detrás ten moitas cuestións. De todos os xeitos, antes de nada, aclararche que vimos de incorporar as canles TDT de Sogecable: CNN+ e 40 Latino, precisamente porque temos chegado a un acordo con eles ao respecto; cousa que non ocorre con Antena3, que segue a querer cobrar por as súas canles da TDT. Ben é certo que tamén na súa proposta, teñen incorporado a canle xeralista Antena3, pero da diversa regulación existente ao respecto, nós interpretamos que ata o 2010 temos a obriga de emitir as canles xeralistas (TVE1, TVE2, Antena3, Telecinco, Cuatro, laSexta e a TVG) e que, polo tanto, estas canles non nos poden pedir contraprestacións ao respecto.
Esta obriga non abrangue as canles da TDT que xurdiron hai pouco; é por iso que temos que chegar a acordos cos seus provedores que, no caso de que nos obriguen a repercutir o custo aos nosos clientes (isto é, que queiran algún tipo de contraprestación económica que consecuentemente teñamos que trasladar aos nosos clientes), non teñen sitio na nosa grella de programación, que é o que pasa con Antena3. Por outra banda, tamén usamos criterios de interese para a nosa grella de programación (os custos non só simplemente que queiran cobrar os provedores, senón que a propia transmisión pola nosa rede tamén supón un custo, como poderás imaxinar), e é por iso que non incluímos canles de teletenda ou de concursos baseados en chamadas a teléfonos 905, etc.
Os regulamentos que se poden consultar ao respecto (e sobre os que hai, como é lóxico, discrepancias de interpretación) son entre outros:
a) Lei 32/2003, de 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións.
b) L. 10/2005, de 14 de xuño, de Medidas Urxentes para o Impulso da TDT, de Liberalización da televisión por cable e de Fomento do Pluralismo.
c) R.D. 920/2006, de 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de prestación do servizo de radio e televisión por cable.
Espero ter aclarado a túa pregunta.
Saúdos.
enviado por quecheparece o 07 xaneiro 2009 ás 09:58 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Con respecto a ultima resposta. As canles CNN+ e 40 Latino van poder verse en Combo 1 e 3, ou so van a ser para Tv de pago (combos 2 e R).
Un saudo
enviado por jose o 08 xaneiro 2009 ás 06:59 PM CET #
Ola Jose.
Estas canles que mencionas vanas poder ver os clientes da televisión de pago.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 08 xaneiro 2009 ás 07:43 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
"Non tería sentido ningún ofrecervos canles de comerciais e de televenda (Cinco Shop, Tienda en VEO e demais)"
Estais de coña no? jajaja es que me hace gracia, clientes de combo R como yo, nos encontramos que de todos los canales de pago, el 50% es de ese tipo.
enviado por Marcos o 28 xaneiro 2009 ás 08:14 PM CET #
Hola Marcos.
Realmente en R no tenemos ningún canal en nuestra parrilla de televenta o comercial. Es cierto que algunos canales a ciertas horas emiten esa programación, pero no es cierto ni que los contenidos que emitan se basen en teletienda ni mucho menos que el 50% de nuestros canales de pago sean de este tipo.
Y para muestra un botón: Fox, AXN, Paramount Comedy, calle 13, Buzz, people+arts, National Geographic Channel, Discovery Channel, Odisea, Historia, The Biography Channel, Viajar, Canal Cocina, Natura, Canal Hollywood, TCM, Cinestar, Extreme, Cinematk, Dark/Canal18, Somos, TCM Clásico, TNT, Euronews, CNNi, Bloomberg... por no hablar de los de música (9 canales), de los infantiles (11 canales) o de deportes (6 canales).
Un saludo.
enviado por quecheparece o 28 xaneiro 2009 ás 08:37 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Quero suxerir sobre todo una canle que me parece do máis interesante; actualmente só se emite por Imaxenio e en algunhas comunidades (Madrid, Baleares...) por tdt. A canle e:
APRENDE INGLES TV
que se adica á ensinanza diste idioma.
enviado por Javier o 06 febreiro 2009 ás 03:36 PM CET #
Parece que o camiño está bastante definido xa. O que demandan os clientes e poder ver as mesmas canle que na TDT agás os teletendas (graciñas ;-)) pero mantendo a calidade deste xeito de emisión.
O que está claro pra min e que pode ser que R non se decate de que a calidade de recepción da TDT non e precisamente boa e que ofrecendo o mesmo servicio (e calidade) podería gañar moitos combos 1 e 3. Ou... pode ser que sí se decataran e desexen que a xente teña que irse os combos 2 e R...
enviado por berto o 19 febreiro 2009 ás 09:34 PM CET #