logo

Queres probar o servizo de rebobina R (VOD)? (convites esgotados)

xoves 22 decembro 2011 | 40 Comentarios

Ola a todos. Xa falta pouco para que implantemos o servizo de vídeo baixo demanda e o rebobina R a todos os clientes de R que teñan un descodificador de televisión noso. Algúns de vós xa tedes o servizo en probas e hoxe queremos dar máis invitacións. Actualización: convites esgotados!

O caso é que levamos xa varias semanas en probas co servizo, collendo as vosas opinións e vendo internamente que tal vai a cousa. Non falta moito para implantar o servizo a todos, pero queremos ofrecer 25 convites entres clientes da televisión dixital R para que tamén nos deades a vosa opinión. Actualización: xa están asignadas as invitacións.

Os convites son para clientes de comboR e combo2. Se queres probar o servizo antes que a maioría e comentarnos a túa impresión, escríbenos a quecheparece@mundo-r.net indicándonos os datos do titular da conta en R e tamén o número da tarxeta que hai dentro do teu desco de R. Para o que non teña claro de que vai ir o servizo, ten unha parte que se chama “rebobina R”. En inglés coñécese como “catch up tv” (ou “captura de televisión”). Basicamente do que se trata é de que vas ter dispoñibles contidos de varias canles R para que os teñades á vosa disposición durante unha semana. Deste xeito, poderás ver programas, series e películas de canles de referencia da televisión R no momento que ti prefiras e reproducilos como se fose un DVD (pausar, ir para adiante ou para atrás).

Por poñer un caso, imaxina que estás enganchado polas tardes a “Amar en tiempos revueltos” e tamén a “Sálvame”, que coinciden en horario e tes que renunciar a algún deles. Co servizo de rebobina R, se temos gravados estes programas poderás velos á hora que ti queiras, non vas ter que renunciar a ningún dos programas. E quen di eses programas (que xa sabemos que a moitos non vos gustarán) pois di series como House, El Mentalista, Big Bang, Cómo conocí a vuestra madre… Haberá contidos de canles xeralistas e tamén de pagamento (Fox, AXN, Gol Televisión…), pero só terás acceso ás canles que teñas contratadas no teu combo.

O servizo de rebobina vai ser gratuíto, xa que non vas ter que pagar por acceder a eses contidos gravados, así que non hai ningún compromiso ;) Iso si, despois tamén haberá outra parte de contidos de pagamento, con series e películas que nos ofrecen provedores e produtoras e que si terán un custe, e onde incluso ofreceremos a opción de subscribirte a cousas (se che gustan as series, poderías subscribirte a varias por unha cota fixa). O dito, se estás interesado escríbenos cos teus datos de cliente R e o número da tarxeta que hai dentro do desco de R a quecheparece.mundo-r.net para que cho activemos.

Un saúdo.




Comentarios

Haber se o servizo queda listo antes de que acabe o ano, pois é un de moitos que se lle veñen demandando a R (no tocante a TV) desde fai moito tempo e que por unhas cousas o outras non están ainda dispoñibles.

Haber se é verdade e pronto sacades o VOD e o deco HD a continuación, que a espera desespera.

Eu apunteime a probalo servizo, haber se non chego tarde e sobretodo, espero que non defraude e estea a altura do que se espera del.

enviado por pitrk o 22 decembro 2011 ás 06:51 PM CET
Sitio web:: http://www.teslatechnologies.es #

pitrk, o servizo está practicamente listo. Faltáballe algún detalle que corriximos e xa hai clientes reais probándoo e comentándonos cousas, sobre todo a nivel de navegación e usabilidade, porque sabemos que ao primeiro vai chocar un pouco.

Decidimos esperar un pouco máis para acabar de pulilo todo e supoñemos que sobre o 10 ou 15 de xaneiro comezaremos xa a activalo de forma gradual a todos clientes.

Sabemos que imos con retraso no tema da televisión, que no 2011 tiñan que estar xa funcionando todos estes servizos, pero por diferentes razóns non puido ser e sabemos que iso causa malestar e frustración entre os clientes.

Agora só queda responder ás expectativas e, aínda que tarde, agardamos que a cousa sexa para ben.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 22 decembro 2011 ás 07:18 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

O desco leva varios dias dicindo que hay que actualizalo, apago 10 minutos e despois non vexo ningun cambio.E problema do meu desco?

enviado por charles o 22 decembro 2011 ás 08:34 PM CET #

[Mensaxe eliminada por conter datos do cliente].

enviado por Manuel o 23 decembro 2011 ás 09:38 AM CET
Sitio web:: http://lugo #

Para probar el nuevo servicio rebobina.

enviado por Sandra Freire Díaz o 23 decembro 2011 ás 12:32 PM CET
Sitio web:: http://01 3522 8126 45 #

Charles, dáme que non está collendo a nova versión do software. Podes mirar que versión tes mirando en Menú > Parámetros > Info desco ? Aí aparece vers SW. Mira a ver se tes a tv R v2.0, que sería a última. Se non vai, indícoche como facer un reinicio longo do desco para ver se che colle a última versión.

Manuel, borrei a túa mensaxe porque tiña o teu DNI que non teñen que ver máis persoas, claro está. O tema era enviarnos un correo a quecheparece@mundo-r.net cos datos

Sandra, envíanos un correo a quecheparece@mundo-r.net cos teus datos e tamén co DNI.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 23 decembro 2011 ás 02:57 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hola, yo ya me apunté, he enviado Nombre, DNI y Nº de tarjeta del Desco, no se si hace falta algo mas.
Saludos.

enviado por javier o 23 decembro 2011 ás 05:40 PM CET #

Javier, no, no hace falta nada más. Hoy no estoy en la oficina y no puedo ver los correos, pero el lunes me pongo con ello y ya aviso a los que se lo vamos a activar.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 23 decembro 2011 ás 06:03 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Teño a version tvR 1.3. Como se fai o reinicio longo?

enviado por charles o 26 decembro 2011 ás 12:47 PM CET #

Hola, se sabe algo ya de a quién se lo van a activar?
Saludos.

enviado por javier o 26 decembro 2011 ás 01:34 PM CET #

Charles, o reinicio longo sería apagar co mando R (no frontal do desco en lugar do dial aparecería a hora), deixalo así 5 minutos; desenchufar o desco entre 10 e 30 segundos; enchufalo outra vez e deixalo así uns 5 minutos e despois encender o desco (que apareza o dial no frontal).

Javier, no. Como comentaba, el viernes no estuve. Hoy recopilé los datos de todos los que escribieron, que fueron muchos, se los pasé hace poco a un responsable y estaba esperando si me sabían decir una fecha aproximada para informaros. En cuanto sepa algo ya escribo a los que tienen la invitación.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 26 decembro 2011 ás 01:58 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

A min tamén me sae tvR 1.3. Xa fixen o reinicio longo q segueme a sair a version 1.3. ¿Como podo facer para que se actualice á versión 2.0?

Saúdos.

enviado por Javier o 26 decembro 2011 ás 03:00 PM CET #

Javier, se non me equivoco escribíchesme para o convite do VOD. Se che parece, vou pasar os datos da túa tarxeta para que dende Rede o miren e vexan que pode estar pasando. Teño o voso caso e tamén o doutra persoa no twitter, así que se o podemos arranxar de forma xeralizada sería perfecto.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 26 decembro 2011 ás 04:22 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pois segue igual e xa fixen a proba onde un familiar que lle pasa o mesmo.

enviado por charles o 26 decembro 2011 ás 08:55 PM CET #

charles, mandeiche un correo. Pero se non o recibiches, por favor, envíame o teu nº de tarxeta do desco a quecheparece@mundo-r.net

E se queres enviarme tamén a do teu familiar botámoslle un ollo dende Rede.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 26 decembro 2011 ás 08:57 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Si, escribinche para o convite do VOD. Pareceme ben que o miredes de forma xeral. Por certo, eu teño dous decos e pasame o mesmo nos dous. No email do convite puxen o número das duas tarxetas.

Saúdos e grazas.

enviado por Javier o 26 decembro 2011 ás 09:08 PM CET #

Eu tamén teño a versión 1.3 e fixen o pasos que pon pero nada... non se actualiza a versión 2.0
Xa enviei os datos o venres dos datos do titular.

enviado por Sams o 26 decembro 2011 ás 10:09 PM CET #

Probad a reinstalar antes de actualizar.

Con el desco en standby, se pulsa la tecla "R" y luego hay que teclear 0610. Tras unos segundos el desco se reinicia y aparecen los cuatro ochos, posteriormente se vuelve a poner el reloj, estará con la hora atrasada.
Una vez aparezca el reloj encendemos el desco y aparecerá el menú de instalación preguntando que escojas un idioma, se pulsa OK, luego sale la ventana con el ID, frecuencia... aquí hay que pulsar la tecla verde que está en la fila de botones del teletexto (rojo, verde, amarillo, azul)y el desco empieza a instalarse buscando los canales y fijándolos. Cuando termina ya pone instalación finalizada. Una vez hecho esto actualizar de nuevo dejando el desco en standby 5 minutos y luego volver a encerder y comprobar que haya cogido la nueva versión.

Haciendo esto conseguí que cogiera la nueva versión que antes no me la cogía, no sé si fue casualidad pero al menos pude actualizarlo

enviado por Bas o 27 decembro 2011 ás 08:01 AM CET #

Hola, quería saber si entré en el programa y como tengo que hacer

enviado por Ricardo o 27 decembro 2011 ás 12:08 PM CET #

Ricardo, a los 25 primeros les enviamos un correo ayer informándoles del tema.

En tu caso fuiste el nº 59 en escribir :(

De todas formas, mañana tenemos una reunión sobre este tema e intentaremos ver si podemos meter a todos los que nos han escrito. No prometemos nada, simplemente lo comento, pero aún se tardaría un pouco en actiravos el servicio. De todas formas, lo tendríais antes que los demás.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 27 decembro 2011 ás 12:20 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hola, que pasou ca reunión pra ver se entramos os que chegamos un día tarde ??
Saudiños.

enviado por javier o 29 decembro 2011 ás 11:44 AM CET #

javier, pois ao final dixéronme que cren que non vai poder ser :(

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 29 decembro 2011 ás 11:51 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ola.

A respecto dun comentario que vin nun foro, sinalar que o meu último comentario, indicar que a reunión non era para fixar a activación do sistema, senón para ver se en lugar de activar aos 25 primeiros tamén se activan aos outros 50 que nos escribiron.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 29 decembro 2011 ás 03:11 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hombre, si fueran cientos lo entiendo, pero por solo 50 mas decir que no muy mal por parte de R creo yo.

Saludos.

enviado por Javier o 30 decembro 2011 ás 11:50 AM CET #

Javier, la verdad es que yo pensaba que sí se haría, pero ha habido un contratiempo por una cuestión de personal y no va a poder ser. La activación del servicio se tiene que hacer a mano, cliente por cliente y aunque no lo creas eso lleva su tiempo. Si no hubiera ese contratiempo se haría, pero en esta ocasión no va a poder ser :(

Un saludo.

enviado por quecheparece o 30 decembro 2011 ás 06:17 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Por cierto. Habeis mirado algo del tema de los decos que no se nos actualizan a la versión 2.0.

Saludos.

enviado por Javier o 30 decembro 2011 ás 06:26 PM CET #

Javier, mil perdones, porque me olvidé de ti :(

Sí, estuvimos viendo cuatro o cinco casos que me escribieron, no recuerdo bien. Miramos a través de un programa que tenemos el retorno de cada descodificador, para ver si estaba bien y si daba algún problema. Si el retorno está mal pues ya sabíamos la causa, porque no se puede actualizar la versión. El caso es que todos los que miramos estaban bien.

Lo que hemos pedido es que se abra incidencia en el servicio técnico y que se nos envíe a nosotros (al correo) la referencia para seguir caso a caso. En principio se debería de arreglar llamando al servicio, pero queremos ver también si internamente se están haciendo las cosas bien o no, para ver si tenemos que cambiar el procedimiento o hacer alguna otra mejora.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 30 decembro 2011 ás 07:10 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Sigo teniendo los dos decos sin actualizar. He llamado al servicio técnico y sólo me mandan apagar los decos y reiniciarlos una y otra vez, cosa que hice como 20 veces y nada, siguen sin actualizarse. Supongo que al final vendra un técnico a casa y los cambiara (cosa que dudo que sirva para nada pero bueno). Hace tiempo tuve un problema con internet y me cambiaron el cablemodem 4 veces hasta que se dieron cuenta de que era un problema de red.

Otra cosa, ya veo que el VOD vuelve a retrasarse, espero que en 2013 ya funcione, jaja, y supongo que el HD estará para 2015 si eso y con muchisima suerte.

Por cierto para pasar el recibo nunca os retrasais ni se os olvida.

Saludos.

enviado por Javier o 10 xaneiro 2012 ás 08:46 AM CET #

Javier, te escribo un privado sobre este tema.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 10 xaneiro 2012 ás 09:57 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Un privado??, y los demás que pasa que nos den?? No entiendo nada tanto secretismo, o lo poneis o no lo poneis, explicar porque y punto.
Llevamos esperando más de un año y seguimos con la misma historieta, como dice el otro Javier para cobrar no hay ningún problema nunca, no conozco a nadie que le cobren de menos, pero de más si.
Yo por lo pronto ya he comenzado a migrar a otras opciones, si me engañan por lo menos que me cobren menos.
Saludos.

enviado por Javier o 10 xaneiro 2012 ás 01:09 PM CET #

Javier (el del comentario 30), lo que le he comentado al otro Javier (el del comentario 28), es que creemos que hemos dado con el problema. En su día me envió un correo con sus datos y su dirección, así que como le afectaba a su zona decidí enviarle un privado. El tema tiene que ver con que a algunos clientes no les actualiza la versión versión 1.3 a la 2.0. Vamos a realizar unos trabajos en su cabecera y creemos que esta semana debería de arreglarse el problema, tanto en su caso como en el caso de los clientes dependientes de esa cabecera que hasta ahora no han podido actualizar la versión.

En cuanto a cobrar de menos, te aseguro que sí hay gente a la que se cobra de menos. De hecho, en móbilR se le está facturando de menos a muchos clientes y estamos pendientes de corregir el problema en sistemas desde hace varios meses. Vamos, que es un problema conocido pero pendiente de resolver.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 10 xaneiro 2012 ás 01:24 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ola de novo.

Xa fixemos o traballo programado que tiñamos esta pasada madrugada nunha das nosas cabeceiras de televisión e agora os clientes que dependen dela xa deberían de poder actualizar a súa versión á 2.0

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 11 xaneiro 2012 ás 11:56 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Xa estamos a mediados de mes (pasada xa a horquilla de datas que dabas neste post -10 a 15 de xaneiro para comenzar a activar o servizo por zonas-) e ainda non temos novas da activación do servizo, nin sequera datas concretas de cando vai poder estar activo, sexa gradualmente ou dunha tirada para todo o mundo.

Incluso na revista deste mes, dábades unha dirección para ver as posibles datas de implementación por zonas (videobaixodemanda.mundo-r.com), pero o único que hai é un "próximamente.."

A verdade e que comezo a estar canso de tanto retraso inxustificado, ben sexa porque non acabades de actualizar os nodos (máis dun mes o deco reiniciandose e encendéndose só e pedindo unha actualización de software que non se daba producido nin vindo un técnico a casa) ou porque estades mellorando a experiencia de usuario, algo que xa debera estar máis que pulido, pois recordo que era para ter este servizo listo para verán 2011 e por moitos problemas técnicos que tivérades, o software debera estar listo xa desde aquela ou incluso antes e non andar ainda agora as voltas con eso ou poñendoo simplemente de excusa ante os clientes que pagan por unha TV de calidade que non é o que actualmente nos estades a ofrecer.

En fin.. con R cambiache o conto..

enviado por pitrk o 16 xaneiro 2012 ás 05:23 PM CET
Sitio web:: http://www.teslatechnologies.es #

pitrk, esta semana imos publicar o calendario. O do día 10-15 de xaneiro era unha data aproximada se todo ía ben; non o había que tomar como unha data fixa, senón como unha referencia aproximada.

Vai ser gradualmente a activación, pero antes de que remate o mes de febreiro xa deberían de ter todos os clientes activado o servizo.

Loxicamante houbo máis retraso do previsto. Non podemos dar detalles do acontencido, pero temos claro que estades a ter moita paciencia con este tema e que levades moito agardando.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 16 xaneiro 2012 ás 05:28 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Eu sigo sen ter a versión 2.0 no desco. E reinicei o desco, deixeino para que se actualizara un montón de veces pero segue igual.

enviado por Sams o 19 xaneiro 2012 ás 09:04 PM CET #

Sams, chama ao servizo técnico para que che reseteen o desco, a ver se así vai e, en todo caso, que valoren se hai que enviarche un técnico e cambiarcho.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 20 xaneiro 2012 ás 01:45 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

yo nose vosotros yo ando en febrero y la verdad esk no actualiza nada que quereis que os diga y la verdad esk ya me da un poco igual como a los de atencion de cliente de R que piensan que saben todo y te explican lo que ya hiciste mil veces xddd eso por no reconocer que no saben que sucede vamos que no saben absolutamente nada asi de claro pero bueno... un placer

enviado por Filth o 01 febreiro 2012 ás 11:44 AM CET #

Filth, si te refieres a la activación del servicio del vídeo bajo demanda, comenzó ayer y este mes todo el mundo tendrá el servicio.

El calendario lo puedes consultar aquí: http://ir.gl/calendarioVOD

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 01 febreiro 2012 ás 11:54 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

soy de pontevedra y tengo 3 descondificadores lo cual solo uno se actualizo los otros dos aun no ni apagandolos ni reiniciandolos (que eso ni funciona) vamos haciendo nada y lleva tiempo diciendome que tengo una actualizacion y nose como hacer ya. gracias por tu respues tan rapida ni me lo esperaba xd

enviado por Filth o 01 febreiro 2012 ás 01:10 PM CET #

Filth, entiendo que has seguido las instrucciones para apagar el desco, ¿verdad?

Primero apagas el desco con el mando de R (no hay que desenchufar). Sabes si está bien apagado si en lugar de aparecer el dial del canal que estabas viendo en el frontal del desco aparece la hora.

En la hora, después de un rato, se verán todo 88888. Eso es que debería estar actualizando la versión del descodificador. Y después de unos minutos enciendeno deberías tener la versión 2.0 (mientras no tengas el VOD la tecla GUÍA no te debería funcionar).

Si has hecho así, prueba lo siguiente: desenchufa el desco, enchúfalo y a continuación apaga con el mando de R. Déjalo apagado unos 15-20 minutos y después enciéndolo.

Si tampoco va, haz lo siguiente: apagar con el mando de R y pulsar 0610. Espera 15 segundos y enciende el desco con el madno de R. Te aparecería la pantalla de idioma. Pulsa ok. Después te aparecería la pantalla para sintonizar. Dale al botón verde sin cambiar nada y cuanfo finalice dale a OK y apaga con el mando de R. Y después de un rato enciende el desco.

Si no actualiza así, me lo comentas, y ya te pido que me pases tus datos por correo para comentarlo con la gente de Red, ¿ok?

Un saludo.

enviado por quecheparece o 01 febreiro 2012 ás 04:34 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado