quecheparece cumpre un aniño
Sei que me vai quedar un post moi típico e ñoño, pero bueno, o caso é que facemos un aniño en quecheparece.com.
O 18 de xuño pasado comezamos con esta andaina e dende aquela xa van alá uns 46 posts. Non chegamos a un por semana, pero todo será coller carrerilla un día destes e subir a media.
Pero o importante non son os posts, senón os que os len e os que os comentan, é dicir, vós. Nin máis nin menos que case 1.000 comentarios temos no blog, o que deixa ben ás claras o interese que tivo para vós este pequeno espazo. Queremos aproveitar para darvos as grazas polas vosas ideas, as vosas suxestións e os debates que creastes nesta bitácora. Podemos estar máis ou menos de acordo nalgunhas cousas, podemos tomarnos mellor ou peor as opinións, ver as propostas máis ou menos factibles, pero o que está claro é que sempre fostes moi educados e amosastes o maior dos respectos. Sabedes que aquí nunca se censurou ningunha opinión e que aquí estamos para escoitarvos, porque para iso pagades cada mes, para ter un bo servizo e unha boa atención, e é o mínimo que vos debemos, ou non?
Ademais das boas formas que sempre demostrastes, gustaríanos destacar a alta participación de clientes-amigos-curiosos. Aquí deixastes a opinión máis de 320 persoas, polo que está claro que sodes un bo feixe de quecheparece-adictos os que vos deixades caer por aquí. Nós encantados de seguir e que difundades este blog.
Se atendemos ás estatísticas, os que máis nos visitades sodes os vigueses e os coruñeses (lóxico en canto que son as cidades máis poboadas de Galicia), pero tamén temos un bo montón de lectores de Santiago, de Ourense, de Lugo e de Pontevedra. E non teño claro o porqué, pero Madrid e Barcelona están entre as 10 principais cidades que máis nos visitan... (será a competencia?)
Nestes 365 días xuntamos máis de 46.000 visitas, máis de 22.300 visitantes únicos e máis de 83.600 páxinas vistas, pero sobre todo espero que xuntásemos un grupo de xente interesada en que R siga a medrar e vos ofreza un produtos interesantes. Ao fin e ao cabo para isto naceu o blog, para comentarvos cousiñas que temos en mente e contrastalas con vós. En R todo o mundo está ao tanto das vosas opinións. Aínda que non o creades os responsables da empresa e de cada área len o que opinades sobre o noso servizo de móbil, de internet, de telefonía e de televisión.
E para que vexades que somos de carne e óso, de cando en vez porei por aquí algunha fotiño da empresa e das persoas que andamos por aquí detrás, porque aquí non escribe unha persoa, senón toda a empresa (e para que non mo malinterprete Indiana, quero dicir que todo o mundo está implicado co blog, bota unha man, axuda a resolver dúbidas, busca información útil, propón temas...). Hoxe póñovos á xente do 5º andar:
Unha aperta.


Saludos.
Enhorabuena por el aniversario y a seguir como hasta ahora.
enviado por Luis o 19 xuño 2009 ás 04:55 PM CEST #
FELIZ CUMPLEAÑOS Y QUE CUMPLAS MUCHOS MAS, DE TODO CORAZÓN.
Podemos discernir o estar de acuerdo, pero siempre das la cara. Gracias como ya te expresé en anteriores ocasiones.
Un Saludo
enviado por Indiana o 19 xuño 2009 ás 05:12 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/quecheparece_cumpre_un_ani%C3%B1o #
Muchas gracias tanto a Luis como a Indiana. Y como digo en el post, Indiana, podemos estar de acuerdo o no, pero siempre nos tratáis con educación, respecto y tenéis el mismo objetivo que nosotros: seguir mejorando en cuanto a oferta y servicio. Y por eso de verdad que agradecemos vuestras opiniones y críticas, porque nos hacen poner los pies en el suelo y ver qué quereis de verdad y cómo nos veis.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 19 xuño 2009 ás 05:22 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Noraboa a R en xeral por apostar por isto e a ti en particular por levalo tan ben :)
enviado por fervigo o 19 xuño 2009 ás 05:31 PM CEST #
Claro que sí, quecheparece, aunque algunas veces con ironía y quizás con cierta picardía, creo que el trato siempre debe ser lo más correcto posible (aunque como ser humano que soy, también de vez en cuando pierdo los estribos), pero ante todo reconozco tu trabajo y el de mucha más gente. Lo cual no exime que también pueda pedir mejoras y críticar aspectos que me parecen negativos y también reconocer las cosas buenas que teneís ( que algunas isp deberían copiar).
Lo único que de verdad hecho en falta es algún comentario de Arturo Dopico y quizás hoy sería el día mas indicado.
Un saludo.
enviado por Indiana o 19 xuño 2009 ás 05:37 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/quecheparece_cumpre_un_ani%C3%B1o#comments #
FELICIDADES A TODOS LOS QUE COMPONEIS EL EQUIPO DE QUECHEPARECE.
Sois la ostia, este blog a los distribuidores nos viene de perlas, tanto para informarnos de las ideas que teneis en mente como para testear el exito de las mismas entre los clientes.
Que sigais igual de atrevidos sin esconder nada ni mentir.
ANIMO VALIENTES A POR EL 2º ANIVERSARIO.
Cuando querais podiamos organizar una quedada y tomar unas cañas, ;).
enviado por Oscar o 20 xuño 2009 ás 12:54 PM CEST
Sitio web:: http://www.hardgalicia.com #
Noraboa.
Seguide así...
enviado por makeijan o 22 xuño 2009 ás 10:34 AM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #
Zorionak! aquí en Euskaltel también os leemos! aunque no nos atrevemos a contestar en galego ;)
A por otro más, ánimo! Mucha suerte! ;)
enviado por mauve o 22 xuño 2009 ás 10:51 AM CEST
Sitio web:: http://www.euskaltel.com #
noraboa!
enviado por django o 22 xuño 2009 ás 05:02 PM CEST #
Noraboa por ese primeiro aniversario, sempre é bo que unha compañía escoite aos seus clientes, e eso é o que facedes dende este blog, polo tanto FELICIDADES.
enviado por Anxo o 24 xuño 2009 ás 05:35 PM CEST #