logo

Que se pode atopar en mundo-r.com?

luns 23 novembro 2009 | 18 Comentarios

Ola. Para que non andades con mono de información sobre R, hoxe gustaríanos informarvos do que hai en mundo-r.com. Como di a canción, "que qué es lo que tengo, que tengo de tó". O que pasa é que ás veces intentamos ser tan sinxelos que sabemos que o podemos facer complicado.

Explicámonos, se entrades na portada de mundo-r.com aí tendes acceso a moitos contidos e servizos que tendes a través da nosa web. Ademais, ocorrésenos poñer aí un buscador para que non teñades que andar fedellando, senón que teñades a través desa ferramenta acceso ao que vos pode interesar. Pero ao tempo, sabemos que moitas das cousas que ofrecemos son totalmente descoñecidas por boa parte dos nosos clientes. Esperamos aquí poñer un pouco de luz. Vamos por partes e resumindo:

  • particulares.mundo-r.com e empresas.mundo-r.com: aquí tendes información sobre os servizos e produtos que ofrecemos, tanto para os fogares como para os negocios galegos. Estas de seguro que xa as coñecidades ;)
  • clientes.mundo-r.com: esta cada vez ten máis adeptos tamén. É a web na que os nosos clientes onde poden ver o que gastan no móbil ou no fixo, consultar a súas facturas en pdf, ver os servizos que teñen contratados, renovar o seu terminal móbil, reportar incidencias ou ben tramitar cousas como pedir un duplicado da factura, cambiar o enderezo para o envío de facturas e notificacións, etc.
  • descargas.mundo-r.com: aí tedes un feixe de cousas, dende os drivers do cablemódem e dos equipos wifi, ata todos os manuais dos equipos que vendemos e alugamos. Vamos, que podedes atopar a guía do voso terminal móbil, do descodificador de televisión e dos termanais fixos. Pero tamén tedes manuais sobre os nosos servizos: mensaxería unificada, control de saldo, contestador avanzado... Aí tamén temos as nosas revistas dende o ano 2004. E, non menos importante, programiñas e utilidades como ferramentas de xestión de rede e de soporte, compresores e descompresores, gravación de CDs...
  • respuestas.mundo-r.com: aquí temos resposta ás preguntas máis frecuentes que nos adoitades facer sobre os nosos servizos. Queres saber se podes xestionar os portos do teu cablemódem ou que facer cando metes mal o PIN e se che bloquea o móbil. Take it easy que aí está todo.
  • guiatv.mundo-r.com: para os que teñen a nosa televisión de pagamento, pois aí poden ver a programación dos próximos sete días, buscar os eventos que se van emitir por programa e mesmo filtrar contidos por xénero (informativos, pelis, documentais...).
  • videos.mundo-r.com: ademais de trailers das series e dos programas que podes atopar nas distintas canles que ofrece R, tamén temos unha sección con videotitoriais. Así, dun xeito visual e moi sinxelo podedes ver como mercar eventos en PPV, como empregar seguridade R, como configurar as caixas de correo electrónico de R en Microsoft Outlook Express... E coma estes, a lot of deles.
  • mensaxeria.mundo-r.com: esta web tamén a coñecedes moitos. Ademais de enviar e de recibir correos, podedes enviar correos de ata 1XB co Tochomail, unha ferramenta moi popular entre moitos clientes. Pero tamén podederes asociar o buzón de voz e fax dentro de mensaxería.
  • weblogs.mundo-r.com: se queredes ter un blog e aínda non vos decidíchedes, este é o momento. Inclúe ademais dun espazo para as vosas novas, 2XB para as gardar as vosas imaxes.
  • legal.mundo-r.com: toda a documentación legal que vos pode interesar con relación a R: as bases dos concursos, o contrato,a s promocións de benvida... e información sobre cando ten o cliente dereito de compensación, como restrinxir as chamadas, supender temporalmente o servizo, etc.
  • corporativo.mundo-r.com: aquí podedes consultar os nosos distribuidores por localidades (con información sobre a rúa e o teléfono), información sobre R, as notas de prensa que enviamos, as nosas cuñas de radio e os spots de televisión e tamén unha ferramenta para deixar o CV.
Para rematar, dicirvos que estamos a traballar en algo sinxelo para que os clientes poidades sacarlle partido a todo isto, e ao que está por vir, claro está. É o que xa comentamos nun post anterior, unha plataforma de servizos web nos que poder integrar pois iso, todos os servizos. De feito, xa temos algún deles a puntiño, coma o nova mensaxería ou o envío de SMS dende PC. Espero que agora teñades un pouco máis claro todo o que hai detrás de mundo-r.com e que vos sexa máis útil.

AVISO IMPORTANTE: este xoves día 26 de novembro temos reunión cos nosos clientes en Vigo. Todos os interesados en vir podedes escribir a quecheparece@mundo-r.net

Un saúdo.




Comentarios

É posible dar de alta servizos, coma os 30 megas, a través da web?
Ou é posible cambiar de combo a través da web?

enviado por Vermu o 24 novembro 2009 ás 12:00 PM CET #

Coma decían nunha canción do xabarín: "Ai amiguiño!, fixémola boa" :P

Resulta que cando puxéchedes as noites de Paramount, so estaban Pontevedra, Coruña, Ourense e Lugo... E entón apunteime para Pontevedra (E esta noite vou ir, iso que quede claro xD), pero... hoxe veo que ampliáchedes as cidades e tamén está Vigo, e coma é lóxico, eu xa non me podo apuntar por que xa estou para ir á de Pontevedra. A pregunta é... ¿Por que non avisachedes dende un principio que ía a haber noites tamén en Vigo? Así non tiña que ir ata aquela cidade tan descoñecida e terrible... :P

Para que non sexa tan offtopicazo: Apunteime utilizando a fabulosa web de clientes.

Ala, xa non é offtopic.

PD: Non me funciona a vista previa a min tampouco. Firefox 3.5 en Windows 7.

enviado por CartDestr o 24 novembro 2009 ás 03:22 PM CET #

Vale, casi mellor que non aprobes o meu último comentario, o que non lle fagas caso, que foíseme a pinza. En ocasións veo Vigos xDDDD

enviado por CartDestr o 24 novembro 2009 ás 03:24 PM CET #

Vermu, as novas altas con cobertura si que teñen a opción de contratar os 30 megas a través da web. Os clientes antigos poden realizar estes trámites e a petición dun novo servizo a través da web de clientes.

CartDestr, agora tiña que aprobar o comentario, que despois hai censura ;)
Avisamos na revista que a xente estivese atenta ao próximo número porque a cousa non remataba aí. Máis ou menos estaba pechada a data, pero mentres non se confirmaba nin o teatro, é mellor ser cautos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 24 novembro 2009 ás 04:31 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Vale, entón si que hai en Vigo.

É que dixeronme que ía haber en Vigo (ó comentar que hoxe ía a Pontevedra), entón escribín o primeiro comentario, e logo fun mirar á web e non vin nada de Vigo, e pensei que o que me deu a información estaba trabucado, por iso o segundo comentario.

Pero tampouco importa, Pontevedra está aquí ó lado, e os 10 minutos case non cheira. :P (Ala, gañando amizade xD)

Saúdos.

enviado por CartDestr o 24 novembro 2009 ás 05:08 PM CET #

Sirva esto como comentario sobre a web de R. Sintoo pero eu me perdo. Cando estás buscando unha cousa en concreto, hai TANTA información en pantalla que é imposible atopar o que se busca.

Eu quero darme de alta os 30 megas, ou darme de alta no móbil, pero quero facelo pola web. ¿Por qué teño que ir a "clientes" e buscar a opción "novos servizos" ?? (que por certo ainda non atopei e teño dúbidas de se existe)

Non sería máis sinxelo, onde se ven os productos ter unha opción de "contratar agora" --> "¿xa es cliente? si/non"
Isto é algo que sempre pensei e agora aproveito para comentalo.
Logo hai detalles, por exemplo para ver a opción dos 30 megas, teño que entrar onde di "internet 100 megas" ¿¿por qué?? Deberia aparecer fora a opción 30 megas.
Penso eu!

enviado por Vermu o 24 novembro 2009 ás 05:47 PM CET #

Vermu, sexas ou non cliente, para contratar móbilR tes que ir a particulares.mundo-r.com e darlle a tenda-R. Dende alí podes contratar algo asociado a túa conta, ou non. (Iso creo, vamos, se lle das a 'contratar móbilR' dende a web de clientes lévache a tenda de particulares.mundo-r.com)

enviado por CartDestr o 24 novembro 2009 ás 06:42 PM CET #

Qué non se pode atopar en mundo-r.com?

Información sobre productos como Internet de 1 Mbps, os Combos mini ou as opcións de TV mini

enviado por fervigo o 24 novembro 2009 ás 06:47 PM CET #

Nadie niega que tenga contenido suficiente, pero para ello tienes que bucear bastante, es decir, si buscas algo concreto, rapidamente, olvidate. Deberia ser una pagina mas visual para encontrar los contenidos de una manera facil.

PD: Vista previa no funciona Windows XP SP3 Firefox 3.5.5

enviado por Jaco o 24 novembro 2009 ás 10:34 PM CET
Sitio web:: http://eljaco.blogspot.com/ #

En mundo-r.com non temos información sobre combos mini, TV en TVs con DVB-C e alguns productos máis que estades dando... Cando buscas unha cousa en concreto, é complicado atopar o que se busca, moi dispersa...

enviado por X o 25 novembro 2009 ás 12:24 PM CET #

Graciñas polas vosas contribucións. Calquera suxestión de mellora para nós é moi importante. De feito convídovos a que opinedes sobre todo da web de clientes e de que cousas mellollariades nela.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 25 novembro 2009 ás 02:03 PM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

Non sei usa-lo buscador: poño: (isto é un exemplo): "móbil R", e me sae unha páxina que pouco menos que é o DOG, coas paryes contrantes entre R e maila Xunta de nonseique... Agradeceríase mellor funcionamento do buscador. Un saúdo.

enviado por Antón o 25 novembro 2009 ás 06:40 PM CET #

Pues vuelvo a repetir una petición ya comentada hace algún tiempo. Se echa en falta la posibilidad de poder configurar los servicios suplementarios tanto del fijo como del móvil, tema desvíos, contestador...

Otro detalle del que me he dado cuenta es que en el tema de facturas, no se está enviando el mail avisando de que hay una nueva factura disponible, no sé si es algo puntual o es un fallo generalizado, a mi desde luego no me llegan los avisos.

enviado por Bas o 25 novembro 2009 ás 06:43 PM CET #

1ºInformación de los combos, con sus distintas variaciones(combo mini, internet 1M.....); que este todo localizable.
2ºQue no se tenga que andar danto tantas vueltas para encontrar algo.
3ºMejorar el buscador.
4ºUn interfaz o apariencia más llamativo y mejorado.
5ºUna sección de descargas de software libre más amplio.
Un saludo

enviado por Indiana o 25 novembro 2009 ás 07:20 PM CET
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/que_se_pode_atopar_en#comments #

Bas, a min tampouco me avisa das novas facturas inda tendo activada isa opción. Sempre me esquezo de comentalo.

P.D: A min a vista previa iame dende hai uns días, e mesmo ó enviar a mensaxe anterior. En troques, agora non me vai.

enviado por fervigo o 25 novembro 2009 ás 09:18 PM CET #

Certo, a min tampouco me avisa cando hai novas facturas.

PD: A vista previa tampouco vai en Debian Lenny, Firefox (de verdade, non Iceweasel) 3.5

enviado por CartDestr o 26 novembro 2009 ás 11:24 AM CET #

A mi sinceramente me parece que vuestra web no esta a la altura de una teleco.

Me parece muy sencillita para los tiempos que corren y a la vez muy liosa.

Si por mi fuera la podiais cambiar del todo y darle algo de color, que el blanco ese es muy soso xdddd

Para encontrar la cobertura de vuestros servicios hay que hacer malabares rebuscando, cuando debería ser un apartado básico. Mas que nada para los interesados en contratar vuestros servicios.

Lo mejor sería redefinirla desde 0. Donde resaltaran mejor los servicios que ofertais, las opciones a mayores, un buscador de cobertura, un estilo mas "moderno" que este a vuestra altura.

Y por favor, hacedla mas accesible/ordenada/coherente. Es un martirio buscar algo en concreto en ella.

Pretende ser una crítica constructiva obviamente.

Saludos

enviado por eli o 27 novembro 2009 ás 04:18 PM CET #

siempre que tengo que mirar algo, entro por el acceso de clientes.. hasta para usar el tochomail, ya que el correo lo descargo y no lo leo via web.. siempre por clientes.

Es un poco lenta la carga de los servicios, cosa entendible debido al volumen que debe de ser la base de datos, pero realmente está muy bien.

Sabemos algo de cuando estará la nueva plataforma de servicios??

Saludos

enviado por iván louzan o 02 decembro 2009 ás 06:48 PM CET
Sitio web:: http://opinguino.es #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado