logo

que opinas do vídeo baixo demanda?

luns 24 novembro 2008 | 27 Comentarios

unha das ideas deste blog era preguntarvos directamente sobre o que facemos e sobre o que queredes. Nesta entrada formúlovos unha pregunta moi sinxela: credes que o vídeo baixo demanda (VOD) é un servizo interesante e atractivo para vós como clientes? Contrataríadelo? Considerades que son máis importantes outras cousas para a televisión dixital de R? Bueno, realmente son tres e algo enrevesadas, pero a cuestión era facérvolas.

supoño que xa sabedes de que vai a cousa do vídeo baixo demanda ou da televisión á carta (vídeo on demand en inglés). É un sistema de visionado que permite que os seus usuarios accedan a un directorio con contidos audiovisuais (documentais, filmes, series...) e os visualicen sempre que queiran e de xeito concurrente co resto dos usuarios.

a vantaxe é que se non se depende dun horario. Podes visionar o que queiras cando che apeteza. Ademais, non tes que esperar á publicidade para ir ao baño ou aguantar sen ir á cociña porque a cousa se pon interesante na serie. Aquí tes control total sobre o vídeo: podes pausalo, retroceder ou avanzar todas as veces you want! É dicir, non é como no PPV, que tes unhas horas determinadas para ver un filme ou un partido: é como se tiveses un videoclub ao alcance da man. Ademais, a calidade da imaxe é moito mellor. Tería xa alta definición (HD), porque é moito máis sinxelo ter contidos independentes con esta definición que canles enteiras.

temos xa todo medianamente listo para avanzar neste proxecto, pero temos certas dúbidas. A primeira é se para vós como clientes o VOD é interesante e o usaríades. Considerades que é imprescindible para a mellora da nosa oferta da televisión? Non tendes televisión pero si que estariades interesados en ter VOD e ver determinados contidos? E se o implantáramos, que uso lle daríades? Queremos saber se cada cliente realizaría unha compra (sen ter en conta o fútbol) con este sistema á semana. Ou ao mes. Ou ao ano. Ou ningunha porque isto non vos interesa.

E tamén é importante saber o que vos gustaría ter no vídeo baixo demanda. Hai varias opcións:

  • credes que o fundamental son as pelis? E que clase de pelis? Porque non é o mesmo ofrecer estreas cada semana que outra clase de filmes. Igual preferides cinema independente, ou ben clásicos, ou ben contidos de adultos pero só de 10 minutos. E que cantidade de filmes considerades atractivo ou cando menos axeitado neste católogo de títulos? A cuestión é que non podemos ter unha librería infinita de filmes, series e documentais. Hai que centrarse e ofrecer algo limitado que vos guste a vós e que nós poidamos vender. Porque se temos 1 millón de títulos e só se visualizan 40, pois hai 999.960 que os temos que comer con patacas nós. E preferimos non tirar os cartos, claro está.

  • subscribiríadesvos a un servizo complementario ao das vosas canles de pago preferidas? É dicir, imaxinade que vos gusta moito National Geographic pero non tendes tempo de ver un documental interesante porque estades traballando. Se a través deste sistema vos ofrecemos a posibilidade de ver os documentais que emiten National Geographic cando queirades, pagariades un plus, tipo 3€/mes a maiores? E quen fala de NG fala de TCM e dos seus filmes, das series de AXN ou da Fox.

  • queredes ver de novo o que emitiron as canles gratuítas? Igual queredes ver o informativo de Iñaki Gabilondo ou de Matías Prats ás 11 da noite e non tendes forma, pero queredes ter a opción de velo. Tamén vos gustaría ver El Internado, Hospital Central, Cuéntame ou CQC noutro día que non é o da emisión. É algo que merecería a pena ou polo que vós contratariades o servizo ou realmente é unha parvada que nos poñamos a traballar nisto? Tendes pouco tempo para ver a tele, pero con isto si que a consumiríades máis?

  • creo que por hoxe xa cubrín o meu cupo de preguntas. Como levo varias semanas contestando ás vosas cuestións, agora tocou que eu me desquitara un pouco ;)

    espero con impaciencia todos os vosos comentarios, suxestións e críticas construtivas para traballar no que vos interesa. A ver se non tardo en obter resposta (isto é para picarvos, jeje).

    un saúdo.




    Comentarios

    Interesaríame bastante, mais obviamente dependendo do seu custo, penso que podería ter éxito se non é moi caro :)

    enviado por Andrés Milleiro o 24 novembro 2008 ás 07:03 PM CET
    Sitio web:: http://milleiro.blogaliza.org #

    Pois vaiamos por partes, como diría o Destripador:

    1. VOD sí ou VOD non: Rotundamente sí. E de paso, si se pon, podedes ir tirando o Mirador polo WC. Que iso de ter que axeitarse ó horario do servizo, en lugar de que o servizo esté dispoñible cando un quere, é do século pasado.

    2. Pelis maiormente?: Visto desde o voso punto de vista, pode ser o contido con máis saída. Sobre a pregunta de escoller entre estreas e fondo de catálogo: Estreas poucas e de calidade (que saen moi caras) e fondo de catálogo non creo que fose moi difícil pedirlle ás canles que actualmente tendes na grella que vos deixen os seus contidos para o VOD.

    3: Servizo complementario de pago?: Depende. Eu suxeriría que aproveitásedes a ocasión para ofrecer esas canles "premium" a xeito de pack coa posibilidade de velas coma sempre ou "baixo demanda".

    4. Ver de novo o que emitiron as canles: Sinceramente, cos medios que hai hoxe en día vexo máis rendible que comercialicedes un descodificador con PVR por hardware, ou ben que implementedes a posibilidade de facelo por software: Cada cliente tería un espazo determinado que podería ocupar con aqueles programas que desexase e poder revisalos logo a vontade. Tal e como o contas, parece que pensades en unha imitación do "te lo perdiste" da competencia e iso ten unha desvantaxe: Tes que contar co permiso das canles para facelo. Con un PVR non.

    Así nunha primeira aproximación eche o primeiro que se me ocorre. A ver si hai máis comentarios e máis ideas.

    enviado por sibilio o 24 novembro 2008 ás 07:14 PM CET #

    Sin lugar a dudas, el vídeo bajo demanda es el futuro. En la actualidad ya lo usamos muchos clientes a través de los podcasts y videocast de sistemas como el itunes de apple.

    Precisamente apple es un ejemplo de lo que proponéis, pues ya sabéis que en EE.UU. están con este tipo de sistemas, aprovechando la buena experiencia que tuvieron con su sistema de venta de música.

    El éxito de este sistema dependerá del precio y, desde luego, yo no lo mezclaría con los paquetes de TV. El perfil de cliente de uno y otro son radicalmente distintos. Es muy posible que yo accediese a un sistema como este, pero nunca pagaré por un combo 2, por ejemplo. Además, aunque tuvieseis que proveer de un "set-top box" a muchos clientes, dejaría la opción de usar un ordenador para ver estos contenidos.

    En resumen: si que lo usaría, si no tengo que pagar una cuota mensual y si el pago por visión no es exagerado.

    Pensad que si ponéis precios razonables la gente ni se molestará en bajar al videoclub (si es que existe todavía alguno) y, lo más importante, ni se molestará en bajarse ninguna película por internet.

    enviado por Rancilio o 24 novembro 2008 ás 08:04 PM CET
    Sitio web:: http://www.barriodelosrosales.es #

    Por supuesto que VOD sí, pero no con una cuota por disponer del servicio. Yo creo que se podría hacer en plan fifty fifty, es decir, tener acceso a contenido de manera gratuíta y según qué programas pagar por verlo, como el PPV, pero no cobrar el servicio para tener acceso al VOD.

    Yo creo que lo que se emite en abierto debería ser gratuíto, ir cambiando mensaualmente el catálogo que estaría disponoble en este formato, y lo que sea de pago, cine de estreno, pelis... pues como hasta ahora, pagando por verlo. También se podría dar la opción de poder comprar algún evento de algún canal que no tengas en el paquete de tv contratado. Por ejemplo, que en la MTV van a hacer el concierto de U2 o lo que sea, yo no tengo ese canal pero me interesa verlo, pues cojo y pago por ese evento.

    enviado por Bas o 24 novembro 2008 ás 08:56 PM CET #

    Yo estaria interesado en el VOD siempre que fuera en HD. De hecho anularia mi baja en R si estubiese disponible proximamente, o me volveria a dar de alta cuando este funcionado.

    Creo que seria un acierto por parte de R comenzar a dar servicio de VOD en HD. A dia de hoy ya hay un gran numero de televisiones HD en los hogares gallegos y acceder a contenidos en HD esta practicamente limitado a descargas que hagas de internet, 4 peliculas que tienen en algun videoclub y el iPlus.

    Como dice Rancilio para mi tambien seria muy importante que estubiera desligado de tener que contratar un combo con television. Yo no estoy dispuesto a pagar por tener canales de television que nunca vere, no recuerdo la ultima vez que vi mas de 3 minutos el mismo canal de TV sin ser un partido de futbo o el telediario.

    Sobre los contenidos creo que lo mas interesante para R y para los clientes serian:

    - Peliculas (los estrenos sonados y un buen fondo de catalago de peliculas de calidad)

    - Futbol (Partidos clasico, finales de mundial, clasicos gallegos, etc y que incluyese tambien los partidos en directo de la jornada).

    Sobre la cantidad de veces que o usaria dependeria muchisimo del precio del servicio, si fuese economico lo usaria muy a menudo.

    Saludos

    enviado por kenzo o 24 novembro 2008 ás 09:04 PM CET #

    Hola a todos,

    VoD sí, por supuesto.

    Yo lo contrataría si eso no impica tener que tener contratado también TV ... es decir, un combo3 + VoD si lo pillaría, pero un comboR + VoD no.

    Personalmente me resultaría esencial que haya contenidos en alta definición y versión original subtitulada.

    Además de películas le daría mucho valor a series de TV ... se que es complicado pero estaría genial hacer algún piloto con una serie de éxito norteamericana y poder seguirla a ritmo yanki con subs en castellano ... hay un público potencial en ese terreno que ningún operador parece estar dispuesto a satisfacer.

    A ver si nos comentas algún tipo de conclusión después de valorar todas las repuestas.

    enviado por Mitheor o 25 novembro 2008 ás 09:05 AM CET
    Sitio web:: http://uguu.es #

    Al igual que opina Kenzo para mi es más importante la Alta Definición (HD), por lo tanto yo pagaría por un servicio de VOD unicamente si es en HD. Además creo que R tiene que espabilar ya que ahora mismo por poner un ejemplo la XBOX ya tiene un servicio VOD con pelis en HD.
    También aparte de las pelis en HD sería muy interesante ver los documentales en alta definición.
    Como veis creo que R se debería centrar en traer la HD a los hogares sino va a perder clientes, no nos olvidemos que Digital Plus ya ha dado ese primer paso.

    enviado por Miguel o 25 novembro 2008 ás 10:41 AM CET #

    VOD si, preferiblemente en HD. Es el futuro. Que apostéis ahora por esto sería golpear dos veces :-)

    Salu2

    enviado por Raúl Ordóñez o 25 novembro 2008 ás 11:12 AM CET
    Sitio web:: http://jasp.bitacoras.com #

    La HD si que me parece una prioridad, en realidad la unica carencia grave de la TV de R en estos momentos.

    Sobre el VOD a nivel usuario cuantas más opciones haya mejor. Yo sinceramente no lo usaré si supone, como es previsible, un pago por cada programa. Otra cosa distinta seria una cuota mensual a cambio del acceso a contenidos VOD. Pero tened en cuenta que hay un VOD llamado EMule, Bittorrent, etc contra el que es muy difícil competir.

    ¡Asi que HD ya! de hecho si tardais mucho estoy pensando seriamente bajar de ComboR a Combo3 solo por el Canal+HD de Digital Plus pero sobre el VOD supongo que tendreis que echar muchas cuentas y en crisis y con las conexiones que tenemos hoy en día para bajarnos de todo no sé no sé.

    enviado por Javier o 25 novembro 2008 ás 08:18 PM CET #

    Ola,
    Eu estou con Andrés, en que para esas opcións de pago é mellor PVR, en especial neste ano.

    Se podes volta por bandaancha, e resposta ao da canle con contido creado polos usuarios, que estou intrigado...

    enviado por makeijan o 26 novembro 2008 ás 11:32 AM CET
    Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #

    O HD e o 5.1 é o futuro, bom mais ben é o presente XD. Acabades de instalarnos un novo descodificador en casa que me recorda moito ó de canal satelite digital de hai dez anos...

    Pareceriame unha chapuza ter que cambiar os aparatos de novo pero nom tedes outra saída, é unha vergonha que sigades co euroconector e sen Dolby Digital, menuda decepcion cando enchufei o meu equipo de son ó novo aparato de R (ofrece son sen compresion "linear pcm") e o máximo que podo gozar é dolby pro logic II

    Eu de momento sigo comprando as minhas pelis HD na XBOX 360, pero en breve pensareime se por ó i-plus ou o novo servicio de imaxenio. ESPABILA R!!!


    PD.e arreglade o da subida nos 100 megas, estades a tempo. Tódolos meus colegas que xogamos en rede á xbox 360 nin nos planteamos pór ós cen megas se segue con esa subida ridícula

    enviado por vigues o 26 novembro 2008 ás 04:23 PM CET #

    VOD SI a precios razonables, con buenos contenidos, buen sonido 5.1, imagen HD.

    Buenos contenidos: Películas y series actuales. Incluso ofreciendo la posibilidad de series americanas en V.O. subtituladas como está haciendo Digital+ unos días después de su estreno.
    Ahora queremos las cosas "rápido" y sino buscamos otros medios para conseguirlas :).
    Las taquillas estaban muy bien en los 90, hoy en dia es obsoleto. No pago 4 o 5€ por ver una película cuando R quiera.
    Pagaré 2 cuando yo quiera, y sino la segunda opción es bajarla, con menos calidad, pero si la veré cuando yo
    quiera.
    ¿Cuantos contenidos tiene R ahora mismo subtitulados y en varios idiomas en taquillas? ¿Ninguno?

    Los servicios de grabación(como ofrece Imagenio), y ver programas emitidos cuando quieres, aunque no sean PPV son servicios muy interesante.

    Calidad. La verdad es que no entiendo, como R cambiando todos los descodificadores ahora, no ha puesto una salida HDMI.

    Ahora mismo los servicios de R están totalmente obsoletos, además de ser carísimos.
    Película en taquilla 3€, en estereo, películas repetidas hasta que te las aprendes.

    R ahora mismo tiene un buen servicio de Internet, un servicio de teléfono normal (como todos :)), y un servicio de televisión de hace 8 años a un precio extra-caro.

    enviado por Tony Doval o 28 novembro 2008 ás 06:33 PM CET #

    A mi si es gratis me parece bien sino pues que le dean. Porque tener que pagar más por esto es de gilipollas. Porque se os da a todos por querer estas tonterías no os vale ya de sobra la TDT? En mi caso me llega con eso. A vosotros parece que os sobra el dinero, sería mejor invertidlo en los pobres que ni siquiera tienen una televison normal para ver, ni juguetes, ni ropa. Solo pensais en vosotros, egoistas. Es lo que más me da rabia.

    enviado por anion o 29 novembro 2008 ás 03:03 AM CET #

    ¿Sabese algo se R vai incorporar a canle deportiva GOL TV de gran demanda na súa tv multicanle dixital? ¿Ou é que R descartou a inlusión desa canle a curto prazo no seu servicio?

    enviado por Tomás Castro o 29 novembro 2008 ás 05:47 PM CET #

    A min interesaríame un sistema como pode ser netflix, é dicir, unha especie de videoclub a un prezo razoable. Se me custa 1,5 euros a película no Videoclub, pois por non saír da casa estaría disposto a pagar entre 2 e 2,5 euros. Isto claro, sería só un exemplo, pero o modelo de negocio de netflix, sería moi interesante.

    enviado por Diego o 30 novembro 2008 ás 12:53 PM CET #

    VoD Sí.

    Pero con un desco desfasado sen salida HD pois como que non... e acabadelos de trocar, así que supoño que teremos que telos por un tempo nas nosas casas e o VoD así case perde todolo seu interese.

    enviado por Gonzalo o 01 decembro 2008 ás 09:47 PM CET #

    Teléfono de primeiros do século XX, internet de boa calidade e televisión con retraso de varios anos sobre o que se leva.
    Non sei para que ides poñer VoD con calidade HD para despois ter que pasar por un euroconector de 3 euros.
    Espero que non supoña máis cotas fixas ó mes (a ver cando algún operador de algo español decide cobrar algún servizo só cando o presta, sen usar unha cota de dispoñibilidade desaforada, como é habitual; aínda que so sexa por facer algo novo. A ver se miramos máis cara ó Norte e perdemos os costumes monopolistas).
    Esperemos que os contidos non sexan mais fútbol e mais películas ñoñas (o dos contidos de baixa calidade é un círculo vicioso: vaise baixando o nivel co que so quedan espectadores aficionados a ver basura; igual é cousa de probar a emitir contidos decentes a ver se hai mercado).

    enviado por Eu. o 02 decembro 2008 ás 12:09 PM CET #

    Si es en HD si pero siemrpe a traves de alguna salida en HD no en euroconector

    enviado por Pez o 02 decembro 2008 ás 10:23 PM CET #

    Yo estaría interesado, siempre y cuando estuviera exactamente al mismo precio (o inferior, ya que no es necesario el soporte físico) al de alquilar el DVD en el videoclub de al lado.
    Este servicio ya ha tenido muy buenas críticas en la Xbox 360, Netflix creo que se llama. Aunque no he visto que tengan muy buen catálogo en español de momento.
    También me hubiera gustado un servidor de juegos de Xbox 360 para clientes de R.

    enviado por Jaime o 16 decembro 2008 ás 01:37 PM CET #

    Como todo el mundo, sí al VOD. Pero aunarme a las críticas de que R ofrece en calidad de imagen un servicio de TV muy muy pobre. Están en el pasado, y además la mitad de los canales me parecen muy pobres y lo que ha comentado alguna gente, repitiendo películas hasta que te las sabes de memoria.
    Fundamental un VOD que aparte de los contenidos comerciales, ofrezca cosas más específicas (VOS, series, etc..). Y lo que sí me está hartando un poco es por cada cosa que añades en R son 3€ más de aqui, 10€ más de allá. Sí, muy modulable, pero al final, muy muy caro.
    Un saludo.

    enviado por fran martinez o 08 xaneiro 2009 ás 02:42 PM CET #

    VOD Si, por suposto, pero sen aumentar a cuota. O ideal sería pagar polo contido a unprezo razonable.

    Con respecto as críticas respecto a emisión en simple Stereo ou con moita sorte no arcaico Dolby Prologic II. Se non me equivoco iso depende de cada canle exclusivamente. No momento que lles de a gana de emitir en Dolby Digital 5.1 R non teria que facer nada, automáticamente os nosos Home Cinemas detectarian Dolby Digital en vez de PCM.

    Quecheparece ¿Son correctas esas conxeturas?

    Con especto as canles. Non estaría mal que mellorase un pouco a parrilla con canles de calidade (Gol TV, Sci Fi...), non con caralladas coma Aragon Tv, TPA, 40 latino...

    enviado por david o 09 xaneiro 2009 ás 01:02 PM CET
    Sitio web:: http://www.emetreinta.es #

    aver iso de que mediante linear pcm podese dar Dolby Dixital... eu penso que nom, polo menos no meu home cinema ponhe que este tipo de entrada nom acepta sonido con compresion (ac3 ou DD como keirades). O caso que nos acaban de instalar un aparato que xa estaba anticuado antes de que o lanzaran, todo o mundo ten unha lcd hoxe en dia e ninsequera ves nas tendas TV de tubo e nos meten un desco con euroconector? error

    enviado por galizavigo o 09 xaneiro 2009 ás 06:42 PM CET #

    Eu oque me refiro é que a saída de audio é Linear PCM porque de ese xeito emiten as canles. Se mañá emitiran en AC3 en vez de sair en PCM saíra en AC3. De todas formas é unha soposción que espero sexa acertada, porque se non non teremos Dolby Dixital en moooito tempo.

    enviado por david o 15 xaneiro 2009 ás 10:33 AM CET
    Sitio web:: http://www.emetreinta.es #

    Enton porque as peliculas da taquilla de R venhen tamen en Linear PCM? son pelis novas e todas tenhen version 5.1, eu uso o bazar HD de xbox360 mais pillei unha de R con novo deco pra comprobalo e nada... linear pcm tamen en pelis da taquilla r.

    Ou en R pasan do son en 5.1 ou o novo deco simplemente nom soporta son comprimido...

    enviado por galizavigo o 16 xaneiro 2009 ás 07:11 PM CET #

    "credes que o fundamental son as pelis?"
    teño un videoclub a uns 200m que me cobra 0,90€ por alugar unha peli en DVD durante 4 horas. E non creo que o voso servizo sexa máis barato.

    "subscribiríadesvos a un servizo complementario ao das vosas canles de pago preferidas?"
    pufff... este mes chegoume unha factura de máis de 85€, o que realmente vou facer é volver ao combo 3.

    "queredes ver de novo o que emitiron as canles gratuítas?"
    A min interesaríame o que dixo sibilio, ter un deco con PVR e poder gravar o que eu quixese. E estaría disposto a pagar un plus por ese deco, sempre que non fose excesivo.

    enviado por fran o 31 xaneiro 2009 ás 04:40 AM CET #

    Pues realmente LO ÚNICO que echo de menos de cuando tuve IMAGENIO de Telefonica es el VOD.

    enviado por Sergio o 19 febreiro 2009 ás 01:56 PM CET #

    Hola, la modelidad del servicio en la que estaría interesado (y creo conocer a unos cuantos clientes R como yo que tambien lo estarían) es la de pagar ese "pequeño" incremento en la cuota mensual y que esta diese derecho al acceso en diferido y bajo demanada de programas (pelis, series...).
    Como condición, la Alta Definición que en estos momentos a un usuario como yo con Opción Total y varios Descos en casa, es el mayor recproche que se le puede hacer a los contenidos audiovisuales en R.

    Un saludo

    enviado por jac o 24 xuño 2009 ás 11:33 PM CEST #



    Enviar un comentario

    Nome:
    Correo electrónico:
    URL:
    O teu comentario:

    sintaxe html: deshabilitado