logo

publica dende onde queiras no teu blog R

martes 10 xuño 2008 | Sen comentarios

de seguro que en máis dunha ocasión, paseando pola rúa, de viaxe ou estando cos amigos nun bar che pasou algo tan simpático que pensaches que era digno de ser salientado no teu blog R. Pero que pasa nestes casos, que como non temos o ordenador á man ao cabo das horas acabamos por esquecernos do tema.

pois ben, entre as melloras que xa ofrecemos aos nosos blogueiros de R, está a posibilidade de publicar a través de calquera dispositivo que permita enviar correos electrónicos, como un móbil ou unha PDA.

poñéndonos noutro caso. Abres o correo e recibes un chiste moi bo ou as fotos da última cea á que fuches cos amigos. Queres que aparezan no teu blog pero aínda tes que abrir o editor, crear a entrada ou adxuntar as fotos. Non te preocupes que xa pensamos niso. Con só reenviar o correo, xa terás o chiste ou as fotos no teu blog.

cada usuario de blogs R disporá dúas direccións diferentes: unha para a publicación de noticias e outra para a publicación de imaxes no álbum de fotos. Con todo, se adxuntas imaxes nun correo enviado á dirección de publicación de noticias estas tamén aparecerán na noticia e no álbum de fotos.














unha vez enviado o correo, a publicación farase nuns minutos. Ademais, para que esteas tranquilo, recibirás unha confirmación indicándoche se a publicación se fixo correctamente ou se houbo algún problema.

estas direccións son únicas para cada usuario e están xeradas de forma aleatoria. Pero, se tes medo de que alguén averigüe a dirección de mail á que envías os correos para publicar, podes pedir outras de cando en vez.
















iso si, lembra que para comezar a publicar no teu blog a través deste sistema o tes que activar na pestana de opcións, dentro da consola de administración. Así xa non terás excusa ningunha para publicar en calquera momento.





Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado