Proba o noso disco duro virtual (invitacións esgotadas)
Ola a todos. Hoxe lanzamos a través do blog invitacións para probar o noso disco duro virtual entre os clientes de R que teñan unha conta aberta no noso webmail.
E senón tedes conta de correo creada, sempre estades a tempo de facela porque cada cliente ten ata cinco gratis incluídas coa súa conexión de internet. Podedes xestionalas a través da web de clientes e acceder a elas en mensaxeria.mundo-r.com
Pero indo ao importante, dentro do servizo de mensaxería, imos incluír un disco duro virtual. Alí poderedes subir os vosos ficheiros e compartilos con quen queirades.
Mesmo teredes unha zona pública e outra privada, por se hai documentos que queredes que alguén do traballo ou un familiar poida descargar ou ver, e outras cousas que son exclusivamente vosas e queredes telas sempre a man aínda que non teñades o voso ordenador á man (contratos, documentación persoal, facturas, etc).
Vamos, que podedes poñer aí, por exemplo, as fotos ou o vídeo da cea de noitevella e pasarlles unha ligazón aos que estivesen nela para que o descarguen. Así xa non haberá que escoitar iso de “Xa cho pasarei nun USB” ou “Xa o colgarei no facebook”. Porque temos claro que é un rollo iso de pasarlle un USB a 20 persoas e tampouco nos gusta ver segundo que fotos colgadas nas redes sociais ;)
Queredes probar o disco duro virtual? Pois enviádenos un correo a quecheparece@mundo-r.net indicándonos a vosa conta de correo de R e activarémosvos este servizo.
Regalamos invitacións aos 100 primeiros que nos escriban. Actualización: xa completamos as invitacións para probar este servizo. Despois deixaremos un tempiño para que o probedes con calma e nos digades que vos parece, se falla algo, que deberíamos mellorar, que botades en falta, etc. E unha vez escoitadas as vosas suxestións e feitas as melloras, lanzaremos o servizo para todos os clientes.
Nestas invitacións que imos regalar daremos, como detalle, máis capacidade de almacenamento que a que ofreceremos cando lancemos o servizo.
Ademais, se nos escribes pedíndonos unha invitación da túa parte e doutros cinco amigos que tamén sexan clientes de R (indicándonos as contas de correo de cada un en R), darémosvos aínda máis capacidade que ao resto para probar ;)
Un saúdo e xa estades tardando en mandarnos un correo.
NOTA: Como indico arriba, xa completamos as 100 invitacións.

Prime! :)
enviado por Luis o 13 xaneiro 2011 ás 05:51 PM CET #
Enviando mail... A ver qué tal está el tema
Un saludo.
enviado por Bas o 13 xaneiro 2011 ás 05:58 PM CET #
Eu xa te podo dicir unha mellora: unha aplicación de sincronización de carpetas como a de DropBox.
Sinceramente, moito teredes que traballar neste servizo se queredes ofrecer algo mellor que DropBox.
enviado por Gonzalo o 13 xaneiro 2011 ás 06:50 PM CET #
Si, el servicio a batir es Dropbox.
enviado por Ahriman o 13 xaneiro 2011 ás 07:13 PM CET
Sitio web:: http://www.pandozone.com #
Me pido una!
enviado por Diego o 13 xaneiro 2011 ás 07:19 PM CET #
Primera vez que uso el tochomail ese y no veo que enviara el correo que os mandé...
enviado por Ahriman o 13 xaneiro 2011 ás 07:35 PM CET
Sitio web:: http://www.pandozone.com #
Imaxino que será como en Hotmail non?
enviado por Rosendo o 14 xaneiro 2011 ás 08:10 AM CET
Sitio web:: http://www.movilinvasion.es/ #
Non sei como é o de Hotmail :(
enviado por quecheparece o 14 xaneiro 2011 ás 09:57 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Moi boa idea ! Eu pidovos una invitación ! :D
enviado por Martin o 14 xaneiro 2011 ás 11:59 AM CET
Sitio web:: http://www.directodeinternet.com/ #
Me apunto
enviado por Iago o 14 xaneiro 2011 ás 03:21 PM CET
Sitio web:: http://www.santiagoramas.es #
*Isto tamén sirve para empresas ou é só para particulares?
*Vai ter custo no futuro?
*Que capacidades estades a pensar?
*Vai ser só web ou ides facer unha aplicación de sincronización?
Cantas preguntas :-)
enviado por makeijan o 14 xaneiro 2011 ás 05:09 PM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #
peticion enviada
enviado por cristian o 14 xaneiro 2011 ás 05:24 PM CET #
Quecheparece . lo que le vale a R este disco duro virtual .Maximo 1 euro al año por cliente ..Buff , os vais a arrunar ..
Tu sabias que ono ha quitado permanencias .Que jazztel esta mejorando sus promociones ..En cambio R , sigue estancada y yo te digo que como trabajko en un banco te puedo garantizar que vais a perder clientes porque sois muy caros , no demasiado pero si muy caros , careros como se dice y encima no mejorais .
Espero que publiques el mensaje pero si no lo haces igual da ...
enviado por SAMURAI CON ESPADA INCLUDA o 15 xaneiro 2011 ás 08:25 PM CET #
Samurai, en el blog publicamos todos los mensajes.
Cada operador tiene su estructura de costes y nosotros tenemos la nuestra derivada de que invertimos en red propia y lo hacemos en una comunidad con mucha dispersión geográfica, dando servicio incluso a localidades con menos de 5.000 habitantes. Como siempre, los clientes tienen libertad para escoger, comparar e irse a un operador u otro. Nosotros creemos en lo que ofrecemos y creemos que los precios son adecuados.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 17 xaneiro 2011 ás 11:22 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
makeijan, sería tanto para empresas como para particulares, para calquera que teña unha conta na nosa mensaxería.
Non tería ningún custo para o cliente. E a capacidade sería de 5GB. Aínda que estamos dando 10GB aos que o estades probando.
Sería só web, pero temos identificadas aplicaciónes de terceiros para sincronizar (para PC/Mac, iphone e android). Prepararemos unhas explicaciones cando o lancemos. De todos os xeitos, se alguén queere ir probando, que nos avise e pasámoslle a info.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 xaneiro 2011 ás 11:50 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Yo intentara enviaros un email a través del tochomail y no os llegó nada. Enviaré otro desde gmail...
enviado por Ahriman o 17 xaneiro 2011 ás 09:05 PM CET
Sitio web:: http://www.pandozone.com #
Pois eu quero esa info das aplicacións de terceiros, por favor.
Estou impaciente... estreamos esta semana?
enviado por makeijan o 18 xaneiro 2011 ás 07:04 PM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #