logo

Precisades soporte informático?

martes 04 agosto 2009 | 31 Comentarios

Ola fieis lectores. Hoxe tendes ante vós, como o definimos por aquí, un-xenuino-post-quecheparece. Vamos, unha entrada na que eu vos solto un rollo para que me digades a vosa opinión e nos axudedes cun potencial servizo para ofrecer a todos os nosos clientes. O servizo será algo así como “home support” (en inglés, que semella que queda máis profesional e técnico). Traducido ao galego normativo da RAG trataríase de darvos soporte informático na vosa casa para aquelas cousas que necesitasedes.

Antes de nada aclararvos que isto non ten nada que ver co noso servizo técnico. Unha cousa é que a conexión non vaia ben, que vos teñamos que botar unha man á hora de instalar o seguridade R ou que haxa que reconfigurar os valores do cablemódem wifi, e outra é que deamos un paso máis, que vaiamos máis alá destas cousas.

E aí é onde entrades vós. Realmente todos tendes un amigo-curmá-veciño-colegacondereitoaroce que xa sabe de informática máis que un híbrido de Bill Gates e Richard Stallman? Ou realmente moitas veces andades coa mosca detrás da orella?

Vaimos a casos prácticos. Unha das cousas que se nos ocorren que igual poderiamos precisar: acabades de instalar un programa de tratamento de imaxes (non quero facer publicidade, así que chamémolo como quen non quere a cousa AfotoChó) e non tendes nin idea de como vai. Nós tampouco vos daríamos un curso maxistral e vos ensinaríamos a poñerlle abdominais ás vosas fotos na praia, pero si que vos poderíamos dar unhas nocións básicas: darlle brillo á foto, contraste, modificar o tamaño, aumentar ou baixar a resolución... Ese podería ser algo ao que poderiamos axudarvos dende o “home support”, ou non. E quen di o AfotoChó di outro programiña.

E quen fala de botarvos unha man no manexo dun programa, tamén fala doutras cousas. Que vos fai ilusión montar unha rede wifi no xardín para os días de verán: pois tamén vos poderiamos axudar.
Máis exemplos que se nos ocorren por aquí. Por exemplo, cambiades o voso equipo por un Mac e andades un pouco perdidos despois de tanto usar o Windows. Pois poderiamos darvos un paseo asistido polo novo sistema operativo. Outro caso semellante: mercades un netbook (os portátile estes pequerrechiños) sen sistema operativo e queredes instalarlle o Linux porque é de balde, pero andades un pouco lost-in-the-moon. Pois igual vos interesaba que dende R vos ensinasemos e tamén vos explicasemos o básico para non perdervos nese novo contorno.

Outro tema: tendes o PC ou o portátil un pouco saturado con tanta merdallada (con perdón) e vaivos máis lento que unha carreira de caracois subindo Pena Trevinca. Pois igual vos interesaría formatar o disco duro, pero tendes algo de medo por se despois non volve á vida. Pois aí poderiamos estar nós, ao voso lado, para que iso non ocurrise.
Un último exemplo: veñen á vosa casa os familiares que viven en Matalascañas e queredes amosarlles as fotos dunha inesquecible fin de semana que pasástedes en Despeñaperros. Pero oh sorpresa, oh dolor, oh campos de soledad mustios, collados (Gomaespuma dixit), que sodes unha boa tropa e todos arredor do portátil non ides ver nada. Non obstante, na sala de estar hai un televisor de plasma de 42 polgadas e poderíanse pasar as fotos alí. Nese momento sería de grande axuda este servizo, ou xa tendes claro como facelo vós?

A ver, aquí o importante é saber se pode ser interesante ou non (e non me digades si coa boca pequena, porque montar isto é complicado e facelo para nada é unha parvada). E, en caso de interesar, en que supostos. Queremos ver en que precisariades axuda, en que situación vos vístedes a vós mesmos requerindo a axuda do polo de agora descoñecido e non inventado “home support” de R. A partir de aí podemos avaliar mellor o servizo e ver que sería útil para vós.

Veña, que no verán quecheparece tampouco pecha ;)

 

Un saúdo.




Comentarios

"Realmente todos tendes un amigo-curmá-veciño-colegacondereitoaroce que xa sabe de informática máis que un híbrido de Bill Gates e Richard Stallman"

Pero bueno.... que sabe Bill Gates de Informática?
Richard desenvolveu un sistema operativo, Bill Gates o MERCOU.

Pero si, paréceme ben, porque son unha desas víctimas dos fozóns.
Polo menos que chamen a un número que dalgún xeito están a pagar.

Ainda que ten as súas contras: se transformará nun verquedoiro de problemas de todo tipo, que os clientes esixirán que R lle solucione.

Hai que ter marcadas previemante as distancias, e a "que ten dereito a tocar" cada un.

enviado por obreiro o 04 agosto 2009 ás 05:46 PM CEST #

Eu coma particular non botaría man disto, e non coñezo de ninguen, falando de particulares, que chame a algún servizo técnico pra istas cousas. O vexo máis orientado á pequena empresa.

enviado por fervigo o 04 agosto 2009 ás 06:26 PM CEST #

Pues una idea bastante buena, el poder tener un sitio a donde acudir para hacer consultas sobre algun programilla, dudas sobre el ordenador y sistemas operativos (sobre todo linux, ese gran desconocido para muchos que no se atreven por miedo).
La verdad que me gusta la idea. Creo que merece la pena.
Un saludo.o_~

enviado por Indiana o 04 agosto 2009 ás 07:29 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/proba #

Pues una idea bastante buena, el poder tener un sitio a donde acudir para hacer consultas sobre algun programilla, dudas sobre el ordenador y sistemas operativos (sobre todo linux, ese gran desconocido para muchos que no se atreven por miedo).
La verdad que me gusta la idea. Creo que merece la pena.
Un saludo.o_~

enviado por Indiana o 04 agosto 2009 ás 07:37 PM CEST
Sitio web:: http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/proba #

Ola,

Creo que se trata dunha boa idea.
Neste mundo todos "saben de informatica", pero unha cousa é saber o básico que utilizas todos os días e outra cousa é saber de configuracións de sistemas,de redes, aplicacións, etc.
É importante que a xente común decátese ben do que está a facer cos seus computadores e de como pode sacarlles proveito. E para iso necesítase axuda "experta", e non do veciño den fronte que lle pode achegar pouca cousa.

Así que adiante co voso proxecto de "home support",e rapidiño,que non vos copien a idea.

Un saúdo

enviado por ZWRFRW o 04 agosto 2009 ás 09:01 PM CEST
Sitio web:: http://www.google.es #

Ola,

Creo que se trata dunha boa idea.
Neste mundo todos "saben de informatica", pero unha cousa é saber o básico que utilizas todos os días e outra cousa é saber de configuracións de sistemas,de redes, aplicacións, etc.
É importante que a xente común decátese ben do que está a facer cos seus computadores e de como pode sacarlles proveito. E para iso necesítase axuda "experta", e non do veciño den fronte que lle pode achegar pouca cousa.

Así que adiante co voso proxecto de "home support",e rapidiño,que non vos copien a idea.

Un saúdo

enviado por ZWRFRW o 04 agosto 2009 ás 09:16 PM CEST
Sitio web:: http://www.google.es #

Eu coma particular non botaría man disto, e non coñezo de ninguen, falando de particulares, que chame a algún servizo técnico pra istas cousas. O vexo máis orientado á pequena empresa.

enviado por fervigo o 04 agosto 2009 ás 10:55 PM CEST #

deberíades publicitar o linux que andamos escasos de usuarios en galicia.
Estaría ben que o contratar un combo R (por exemplo) se regalase una visita do "informatico", ou que o ter un combo, por un pouco mais, teñas a posibilidade de ter ese servicio sempre dispoñible.

Sau2

P.D: Necesitamos máis upstream!!!

enviado por dnog o 05 agosto 2009 ás 05:58 AM CEST #

Pois eu en principio non o vexo con moito futuro. Eu distinguiría dous tipos de usuario, o básico, que sabe encender o ordenador e manexar as catro cosas que necesita e que non se vai meter no Afotochó nin en conexións nin otras cosas, e por outra parte os usuarios un pouco mais avanzados que investigan pola interné e de ahí xa sacan os tutorias para facer as cousas, preguntan nos foros etc a sí van apañando sen ter que pagar un servicio.

enviado por Pablo o 05 agosto 2009 ás 10:16 AM CEST #

De verdade arranxariades algo, porque xa sabes cal é o meu problema sen resolver.

Non sei pullas aparte, pode estar ben, pero non creo que a xente bote man de este servizo, e se o servizo non é bo podería dañar a vosa imaxe.

enviado por Anxo o 05 agosto 2009 ás 11:04 AM CEST #

Xa hai empresas que se adican a iso. Empresas de servizo técnico informático, mantemento, e tamén academias informáticas.
A mín paréceme un pouco de intrusismo.

enviado por Vermu o 06 agosto 2009 ás 10:43 AM CEST #

Preguntas:
¿Canto custaría o servicio?
¿Como e onde se levaría a cabo? ¿En tendas R? ¿Por teléfono? ¿Por VNC+Skype?
¿Habería un técnico especializado en cada área?
¿Dariades soporte Mac e Linux?

enviado por Paco o 06 agosto 2009 ás 12:41 PM CEST #

Pues yo creo que estaría bien sobretodo en mi caso para soporte MAC por ejemplo cómo instalar una VPN en el MAC o en el iphone y más cosas que hay por ahí.

Sau2

enviado por sr.werty o 06 agosto 2009 ás 02:35 PM CEST
Sitio web:: http://www.dondeestahoudini.com #

Y digo yo, porque tanto afan en hacer cosas que no se os piden que hagais y sin embargo lo que os piden no lo haceis?

Me parece bien que despues de la sesion de brainstorming semanal, publiqueis ideas. Pero vamos, sois un proveedor de cable y vuestro negocio es darnos servicio de internet (y muy a pesar mio telefono obligado)

Dedicaos a mejorar la conexion, ampliar cobertura, aumentar canales de tv DECENTES (no tropecientos mil canales locales), SUBIR LAS VELOCIDADES (si, en plural, no solo download sino tambien upload), etc.

Quien quiera un consultorio informatico que busque por la red, que mira que no hay cientos de paginas donde pedir ayuda y que estan especializados precisamente en eso.

Saludos

enviado por juanito o 06 agosto 2009 ás 03:16 PM CEST #

Vos sabedes onde vos metedes?

Cantos fotochós hai en equipos domésticos con licenza? E quen dí este di outro...

Soporte para eMule, Ares, BT, rapidshare non me deixa baixar nonseiqué...

E lin moi rápido ou non ides cobrar por él?

Eu tamén suxiro que vos adiquedes ao voso, que todo é mellorable.

enviado por makeijan o 06 agosto 2009 ás 07:00 PM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #

Como servizo de valor engadido a dar aos vosos clientes: Perfecto. Máis de un/unha o precisa.

Como prioridade para investir os cartos, deixando de lado outras prioridades: Rotundamente non. Hai moitas cousas qué cambiar e mellorar, antes de poñerse con isto.

enviado por sibilio o 07 agosto 2009 ás 08:18 PM CEST #

Parece bastante complicado y poco realizable de forma profesional

enviado por kublai o 07 agosto 2009 ás 09:27 PM CEST #

aforrade o diñeiro que vades invertir nesta idea e mellorar realmente ó que estamos reclamando os clientes dende hai tempo:

-Upload
-Latencia
-Saturación(Como na TRAVESIA DE VIGO)

enviado por dani o 08 agosto 2009 ás 05:17 AM CEST #

Vermu, o do intrusismo é un tema creo que moi grave e mesmo constitutivo de delicto como para que digas que estariamos nese caso.

Evidentemente todos tedes a imaxe de R ligada a outra serie de servizos, pero como todas as empresas de telecomunicacións, intentamos repartir os ovos en diferentes cestas e intentar responder ou tratar de ofrecer aos nosos clientes servizos que lles poidan interesar. Non é a primeira vez nin será a última que nos chaman os clientes ao 1449 para preguntarnos cuestións como as que apunto no blog.

Evidentemente, o soporte non o daría eu (que pouco entendo destas cousas), senón técnicos especializados, polo que non sería intrusismo, senón unha nova fronte de negocio co que daríamos traballo a máis xente en Galicia.

Un saúdo.

enviado por quecheparecece o 10 agosto 2009 ás 08:42 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Non acho que se trate de intrusismo. O negocio de R son as telecomunicacións, están ligadas ó cable, e se pode utilizar a súa infraestructura para competir con outras empresas e ligar a súa imaxe a iso, paréceme un movemento intelixente.
Quecheparece, gustaríame que me contestases ás preguntas que me referín arriba. Máis detalles sobre o servicio, por favor :)

enviado por Paco o 10 agosto 2009 ás 08:49 PM CEST #

Porque no arreglais las deficiencias de vuestro negocio principal?

Porque meterse en otras aventuras si aun no habeis completado vuestro proposito inicial?

Como bien dije antes. En mi opinion os estais metiendo en berengenales que no necesitais ni nadie espera que hagais.

Estos servicios se lanzan una vez se tengan cubiertas las necesidades basicas de vuestros clientes, no mientras se os piden mejoras constantemente y bien distintas a lo que vais haciendo.

enviado por juanito o 10 agosto 2009 ás 09:03 PM CEST #

Ola Paco. Antes de nada perdoa por non responderche antes pero é que se me foi. Como comento no post, este sería un hipotético servizo, algo que estamos a valorar, polo que é un pouco cedo para concretar aspectos como o que sinalas. Si é certo que tería un prezo e que non sería de balde (espero responder así a makeijan) e que intúo que habería soporte para Mac e para Linux (de feito, xa hai meses que no noso servizo técnico damos soporte para estes sistemas operativos).

En cuanto a lo que me comenta Juanito, creo que una cosa no quita la otra. Todo ayuda. Llevamos invertidos casi 700 millones de euros en desplegar nuestra red y seguimos trabajando a día de hoy para llegar a nuevas localidades. Este año hemos incorporado nuevos canales y hace varios meses hemos mejorado las conexiones de Internet. Y nuestro propósito es seguir mejorando y avanzando. Evidentemente, no vamos a sacar ni recursos ni personal de nuestras áreas de internet, despliegue de red o de televisión para este servicio. Es algo nuevo para lo que se contrataría más gente y que no afectaría para nada a otras áreas de negocio, como tampoco afecta que a día de hoy seamos socios tecnológicos de ciertos sectores, que ofrezcamos antivirus para nuestros clientes o que tengamos un data center.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 11 agosto 2009 ás 09:45 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Claro home, se agora ven o xigante R y se adica o mesmo que me dedico eu, pues home non sei pero a verdade e que empeza a asustarme un pouco que R empece a dominar e facerse dono das comunicacións e servizos técnicos en Galicia. Hai moitas empresas que se adican a iso e se ven R... pois as come.

enviado por Vermu o 11 agosto 2009 ás 12:49 PM CEST #

Entendo perfectamente o que dis, Vermu, pero creo que cada cousa pode ter o seu oco. Por exemplo, nós estamos a abrir tendas precisamente porque a moita xente non lle gusta para nada un servizo e unha atención a través do teléfono ou da rede e prefire algo persoal.

Tamén Telefónica ten un servizo semellante e mesmo outros como un servizo de intérprete profesional online. Non é que sexa algo moi coñecido, pero está aí.

A nosa idea non é comernos a ninguén, de feito por iso o comentamos aquí, porque non temos claro se interesa ou non. Pero si que é certo que moitas veces hai clientes que nos chaman ao 1449 con algunhas destas cuestións.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 11 agosto 2009 ás 01:10 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Agradecer que contestes a todo y por lo menos no te calles. Ahora a rebatirte que para eso está el foro y darte mi opinión.

Dices que contratareis gente nueva y no afectará a otras áreas de negocio. De donde sacais el dinero para pagar el servicio?

Yo no quiero que se me suba la cuota, porque no demando el servicio y si me hace falta voy a San Google que vale para todo. No subis cuota? Pues entonces lo quitareis de algun otro lado....

Hablabas de que aumentar el upload era caro. Bien. Porque en vez de asumir el coste de este servicio, cogeis ese dinero y nos dais mas upstream? Porque no poneis el Scifi que tantos os piden con ese dinero que vais gastar? (yo la Tv no la tengo, pero leo lo que se quiere)

Dices que llaman al 1449...pues si llaman se les dice que eso no es vuestro cometido que se acerquen a una tienda informatica. Asi de facil.

Y para rematar, aqui ya afianzas mas la idea que los clientes tenemos de vosotros:

"Tamén Telefónica ten un servizo semellante"

Porque insistis en seguir los pasos de Telefonica? Tanto os cuesta a vosotros marcar las pautas?

A mi me enseñaron que lider es el que marca las pautas en el sector y que siguiendo los mismos esquemas que el lider nunca saldras de ser el eterno segundon. Espero que no sea el caso de R, pero las trazas las tiene todas.

Saludos

enviado por juanito o 11 agosto 2009 ás 08:56 PM CEST #

Buenos días Juanito.

Lo que está claro es que para producir hay que invertir. Y si abrimos esta nueva línea de negocio la idea sería recuperar la inversión a través de los usuarios que demanden el servicio. No todo el mundo tiene contratado el wifi, seguridade R o el mantemento avanzado, pero los que sí lo tienen tienen que pagar por el servicio. Aquí pasaría lo mismo, así que creo que tampoco es tan complicado de entender de dónde vendría el dinero ;)

Esto puede ser una nueva fuente de ingreso. Subir el upload y poner más canales es mejorar el servicio, pero no abrir nuevos frentes de negocio ni generar más recursos para la empresa, que después pueden ser revertidos en una serie de mejoras. Son dos cosas totalmente distintas.

En cuanto a lo de Telefónica, era simplemente para indicar que aunque las telecos tengamos una imagen a la hora de ofrecer una serie de servicios (teléfono, internet, tv, móvil) ofrecemos muchos otros que la gente en ocasiones no tiene en la cabeza.

Ya te digo que tampoco tenemos pensado sacar un servicio de traducción en línea, jeje. Lo que sí, intentamos responder a lo que los clientes en ocasiones nos pueden demandar. Por ese motivo, como te indicaba más arriba, hemos abierto en Galicia un centro de datos para empresas, tenemos hospedaje web, alquiler de servidores... No es nuestro negocio principal, pero sí algo que piden nuestros clientes aquí en Galicia y por eso lo hemos creado.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 12 agosto 2009 ás 08:22 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hola.

Zapatero a tus zapatos.

Todos sabemos que la crisis es muy mala pero sería mejor que os centrarais en lo que os tenéis que centrar.

Ya ha pasado cierto tiempo y seguimos sin saber qué vais a hacer con respecto a las conexiones de 30 y 100 megas.

¿Para cuándo se sabrá cual será el upload definitivo de cada conexión?

Yo sólo digo que prometisteis las conexiones de 30 y 100 megas para el 60% de los clientes antes de finalizar el 2009 y agosto ya se está acabando. Os quedan 4 meses.

Y se sigue sin saber cómo se repartirá ese 60% de clientes con cobertura. Qué ciudades y qué calles tendrán cobertura.

¿Dónde consultar esa información?

Saludos.

enviado por Luis o 13 agosto 2009 ás 09:12 AM CEST #

Luis, vuelvo a comentar que una cosa no quita la otra, porque por esa regla de tres también dejamos de ofrecer antivirus o de ser socios tecnológicos de algunas empresas y proyectos y nos dedicamos sólo a una cosa.

En cuanto a las conexiones de 30 y 100 megas no es un tema que trate en este post y ya sabéis mi política de los comentarios off topic ;)

Un saludo.

enviado por quecheparece o 13 agosto 2009 ás 09:36 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

"Técnicos especializados".
Ja,ja,ja. Un curso express ós teleoperadores da subcontrata do callcenter e a correr.
A ver se nos centramos en mellorar dunha vez a velocidade de subida (que menos que volver a un raquítico 10% da baixada)e nos deixamos de números telefónicos con seudoservizos sacacartos.
Que vai ser o seguinte? Un tarot? No viña mal para ver se nos pode adiviñar o próximo programa nalgunha canle na que a guía de programación parece de outro mundo.

enviado por Xis o 13 agosto 2009 ás 08:52 PM CEST #

Home Xis, unha cousa é atender a un cliente no centro de atención e outra ben distinta é reinstalar un sistema operativo, aumentar a RAM dun PC, buscar a causa pola que un ordenador no arranca (fonte de alimentación, problemas co disco duro, a bios quedouse frita...).

Xa me gustaría a min que cun curso exprés se aprendese todo isto porque tamén me apuntaba pero, loxicamente, é algo moi concreto e especializado.

Un saúdo.

enviado por quechepareceq o 13 agosto 2009 ás 09:03 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Eu son o primo ese: non me fai falta.

enviado por Jaime o 14 agosto 2009 ás 07:29 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado