logo

Pon a túa TV R en formato panorámico

mércores 07 xullo 2010 | 23 Comentarios

Ola a todos. Hoxe toca un post moi breve pero seguramente moi útil para moitos dos nosos clientes: como establecer que por defecto a vosa TV R estea en formato panorámico.

O caso é que, como televidentes, estamos asistindo ao feito de que cada vez máis canles están a emitir en formato panorámico ou 16:9. Ao principio este formato estaba máis relacionado coa emisión de filmes, pero as cousas cambian e grazas a que hoxe en día cada vez se venden máis televisores planos, preparados para recibir este formato, dá igual o tipo de programa do que falemos.

Aí temos o exemplo de laSexta, que comezou emitindo en panorámico programas como as emisións deportivas ou “Sé lo que hicisteis” e agora xa ten toda súa programación en 16:9. Pero non é o único caso, posto que as canles autonómicas se están apuntando a isto, como a TV3 catalana. E as televisións de pagamento están a facer o mesmo, e para mostra AXN.

Total, que dende R cremos que sería conveniente que preconfigurásedes no voso descodificador R este formato, para ver a programación o mellor posible. É algo tan sinxelo como marcar no voso mando R “Menú” e despois ir a > parámetros > TV/VCR > formato TV > 16:9.

Engadimos unha captura por se o vedes mellor así:



Ben, xa nos contaredes se vos foi sinxelo facer o cambio e como vedes agora a programación.

Un saúdo.




Comentarios

E en analóxico como podemos facer para ver en formato 16/9 nos nosos televisores panorámicos? Ou xa é automático?

enviado por Vermu o 07 xullo 2010 ás 11:14 AM CEST #

A min persoalmente non me gusta ver a imaxe estirada, que é algo que pasa cando tes unha emisión en 4:3 e pos 16:9, así que cando tiña o descodificador usaba 4:3, porque así, as emisións en 16:9 podía velas perfectamente en 16:9 e as de 4:3 poñíanse a 4:3 coas dúas bandas laterais, pero para gustos...

enviado por Xabier Rodríguez o 07 xullo 2010 ás 11:59 AM CEST #

Vermu, iso terías que miralo no teu televisor, xa que debe haber un menú para configurar o tema. Neste caso a configuración é a través do desco de R.

No teu caso concreto dependerá do televisor, así que lamento no poder darche unha resposta concreta :(

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 07 xullo 2010 ás 12:10 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

quecheparece, pero se vos xa me mandades a sinal coas franxas negras arriba e abaixo, por moito que eu configure nunca tendrei "pantalla completa", non? Hai tempo que non probo pero a última vez pasoume iso.

enviado por Vermu o 07 xullo 2010 ás 12:19 PM CEST #

Se tiene que emitir la señal análogica en 4:3 letterbox (con bandas), porque hay teles de tubo que no se pueden configurar el formato, casi todas que tienen más de 10 años.

enviado por Pepe o 07 xullo 2010 ás 01:47 PM CEST #

hola:
A mi me pasa lo mismo,en analogico me aparecen las bandas negras a los lados y eso que la tv pongo 16:9.Mandais ya asi la señal?

enviado por jose Manuel o 07 xullo 2010 ás 04:15 PM CEST #

José Manuel, Vermu, nós enviamos o sinal como nos chega. É certo que máis dunha canle pon esas franxas negras, en lugar de pasar o sinal a panorámico, pero iso non é cousa nosa, é defecto de orixe.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 07 xullo 2010 ás 04:28 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Cuando hay franjas negras en 16:9 se supone que está en 21:9 que es el formato original y de los cines.

Osea que nos venden 16:9 y pronto 21:9, actualmente creo que sólo hay una televisión con este último formato y es una Phillips de 3000€.

enviado por Ahriman o 07 xullo 2010 ás 06:00 PM CEST
Sitio web:: http://www.pandozone.com #

A ver, a sinal chégavos en dixital e vos convertídea a analóxico, non? O que eu digo é que SEMPRE temos as bandas negras. Por iso eu presinto que a nos xa nons chegan as bandas negras. Por exemplo no telediario da Sexta SEMPRE temos as bandas negras. E eu sospeito que a nos ás nosas tv xa chegan con elas, polo que é imposible sintonizar a TV para meterlle o 16/9 e velas a pantalla completa. Gracias.

enviado por Vermu o 07 xullo 2010 ás 06:48 PM CEST #

Vermu ten a clave... tal cual

enviado por Xos o 07 xullo 2010 ás 07:33 PM CEST #

Eu como configuración no desco teñoo en 4:3 auto. Teño un televisor 4:3 antigo polo que non ten para configurar a pantalla. As emisions en 4:3 veranse a pantalla completa e as 16:9 coas bandas negras arriba e abaixo, o máis correcto nunha tv deste tipo.

O problema ven cando as canles emiten co formato mal, e ultimamente iso ocorre bastantante dende a chegada do formato panorámico 16:9.

Nese caso hai veces que non se pode facer nada (cando as canles emiten coas bandas negras incluidas) e outras pódese cambiar no desco de R para que se vexa a imaxe como debe ser.

Por outra banda, hai algo que non me quedou claro:

O sinal que mandades aos descos que tipo de sinal é? Eu vexo as canles a través da tarxeta do desco, con euroconector enchufado a tv. Como falades de DVB-C, DVB-T, analóxico... Quería saber que sinal é o que utilizo?

Outra cousa que non me quedou clara é se o sinal que recibo a través do desco é recodificado ou emitides tal cal e o orixinal de onde o recibides vos?

Porque hai veces que falades de que se emite tal cal o recibides e outras veces falades de que recodificase. Ou recodificar so é para o sinal analóxico?

O de que emitides tal cal recibides non o creo moito porque as canles no TDT vense mellor ca no desco.

E falando de sinal, ultimamente falla moito e máis nas canles xeralistas e de TDT onde so chegan ata 50% de sinal ou incluso menos ou o sinal esta a 0. As demais, nick, disney xd, cartoon network están ao 100% do sinal. Antes estaban todas, incluido xeralistas e de TDT ao 100% cousa que agora non.

E xa hai uns 2 meses que pasa. Cal crees que é o problema? Así me é imposible vela tv. A alguén máis lle pasa ou é so a min?

enviado por anion o 11 xullo 2010 ás 07:09 PM CEST #

anion, se tes un descodificador de R, é dicir, a TV de pago, o sinal que recibes é o propio do cable, é dicir, DVB-C.

Efectivamente recodificamos o sinal que recibimos en dixital e pasámolo a analóxico, para quen o recibe así, porque hoxe en día xa non se emite neste formato.

Pois non che sei por que se ve distinta a emisión da TDT no teu televisor. Precisamente o outro día probei no meu a sacar o sinal de R e a probar co da antena comunitaria e pódeche dicir que se vía igual, que non notei diferenza ningunha.

Por outra banda, se ves que sigues recibindo un sinal débil das canles da TDT e que non podes velas, chama ao servizo técnico: teléfono 1449, opción 2, para que miren se hai algún problema. No meu televisor non probei a mirar a %, pero vexo a emisión perfectamente.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 12 xullo 2010 ás 08:32 AM CEST
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

quecheparece, non falo da TDT, falo da sinal de TV en analóxico que me chega polo cable de R. Esa sinal SEMPRE ven coas bandas negras, sempre ven en 4:3, non hai posibilidade de poñer a imaxe en 16:9.
Un saido.

enviado por Vermu o 12 xullo 2010 ás 12:23 PM CEST #

Vermu ten razón, se o sinal que utiliza para ver a tele é o analóxico é certo que non hai posibilidades de cambiar o formato da imaxe a 16:9. O que molesta bastante cando emiten algunha película, serie, programa co formato de imaxe mal e toca aguantarse.

enviado por anion o 12 xullo 2010 ás 06:31 PM CEST #

Hola, aprovechando el temita de los formatos. ;)

Sé que es un servicio en pruebas pero:

http://videos.mundo-r.com/videos/gl/todos-los-canales

Se ven todos los canales estirados hacia arriba, para cuándo el formato panorámico, y un poquillo más de resolución :)

Otra cosa más, la calidad de la señal de R si la nota sensiblemente inferior a la de TDT. Es decir, la resolución es menor. Si bien no tengo forma de medirla, es evidente a simple vista. Se ve sobretodo en transiciones rápidas y contrastes de colores, por ejemplo partidos de fútbol (somos campeones :)).

Es decir, las lineas del terreno se ven claramente pixeladas (y eso que tengo una televisión de tubo, cosa que no debería de pasar salvo con resoluciones inferiores a 480). Y aparte, se ven como "difuminadas" probablemente debido al reescalado que sufre la imagen (se le reduce la resolución y luego esta se amplia para tener el mismo tamaño anterior) dando como resultado pérdida de nitidez y pixelación.

Es una pena porque considero vuestro servicio el mejor con diferencia, pero la TV, tiene mucho pendiente por mejorar.

PD: No tengo deco, lo mío va por Analógico.

enviado por Sam o 12 xullo 2010 ás 10:07 PM CEST #

quecheparece dime algo :(

enviado por Vermu o 13 xullo 2010 ás 05:36 PM CEST #

Qué pasada!

En el mundo de la televisión HD, y comienzos del 3D explicáis como poner el deco en 16:9.

Para la semana tutorial sobre como utilizar el estereo, y para el mes el 5.1!!

Del DTS ya ni hablamos ....
El VOD es un concepto avanzado.

Si al final, confirma que somos el norte de áfrica, no el sur de europa!
Qué pena!

enviado por Tony o 13 xullo 2010 ás 09:52 PM CEST #

Vermu, é que o cambio de formato só se pode facer dende dixital, non é posible facelo dende analóxico. En analóxico non hai formato panorámico.

En canto ás bandas negras, puxéronse precisamente porque o pediron neste blog moitos usuarios e tamén nos foros, así que foi unha petición que atendemos.

Un saúdo e desculpa por tardar tanto.

enviado por quecheparece o 14 xullo 2010 ás 10:13 AM CEST
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

Vale, só quería saber si podía facer algo. Gracias :)

enviado por Vermu o 14 xullo 2010 ás 11:19 AM CEST #

Nada, e perdoa de novo polo retraso en contestarche.

enviado por quecheparece o 14 xullo 2010 ás 12:27 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Unha cousa é se vos tedes ou non o necesario pra emitir en panorámico por analóxico e outra que non se poída, que sí se pode.

http://bandaancha.eu/tema/1654099/formato-transmision-tv-analogica-r#r1815030

A parte da información buscada daquela, eu recibira unha emisión así polo sinal aereo e a miña TV mercada en 1996, a cal non ten opción de configurado do formato da imaxe, a mostrara automáticamente de forma correcta, engadido bandas. Unha TV panorámica a mostraría a pantalla completa, sen bandas.

O que non sei é se soportar iso é algo xeralizado nas TVs (4:3) da época ou incluso de máis antigo.

enviado por fervigo o 14 xullo 2010 ás 03:00 PM CEST #

Y lo más gracioso de esto es que la propia R no produce en 16:9 ni su propio canal de información (el dial 100) con que al poner la tele en panorámico se ve deformado,lo mismo ocurre con la epg,sí ya se que lo de la epg hasta que haya nuevos descos (por lo que la cosa va para largo) no lo solucionareis,pero la verdad es que es llamativo que una compañía que se dice puntera en el mundo de las telecomunicaciones esté tan desfasada en estos aspectos. Ah y por cierto las pelis de PPV siguen siendo en 4:3, por lo que hasta que no las emitais en 16:9 lo siento,pero no volveré a ver ninguna película en PPV.

enviado por Luís o 14 xullo 2010 ás 05:05 PM CEST #

Y que diferencia hay en cambiar la opcion de 16/9 a 4/3?

En las dos opciones la resolucion es siempre la misma 720x576i y para que fuera una resolucion en 16/9 tendria que ser 720x405 o 1024x576

enviado por Nebur692 o 04 outubro 2010 ás 01:52 AM CEST
Sitio web:: http://www.unanuevamaneradeopinar.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado