logo

Plan de datos diario de internet móbil

mércores 22 xuño 2011 | 6 Comentarios

Ola a todos. Como moitos de vós nos pedistes un plan de datos para conectarvos aqueles días que o precisedes, pois puxémonos mans á obra e xa temos “internet diario”.

Como vai a cousa? Pois vós contratades este “internet diario” e non hai ningún compromiso de consumo ao mes. Se un día precisades conectarvos, facédelo sen máis. E canto vos vai custar? Pois 1€+IVE por todo o uso que fagades durante todo o día, dende as 00:00 ata as 23:59 horas.

É dicir, que ao longo do día vos podedes conectar cantas veces precisedes para mirar o correo, entrar na nosa conta de twitter e ver se temos algunha novidade ;) ou cotillear que se coce polo muro do facebook.

A seguinte pregunta, como é lóxico, é se os megas que ten este internet diario serán suficientes. Pois a verdade é que teredes de sobra, porque tedes á vosa disposición 100 megas para navegar, o que dá para facer un montón de cousas: subir fotos, consultar webs, enviar correos...

Vamos, que facendo un uso normal durante ese día van sobrar megas. Agora, se vos pasedes dos 100 megas non se corta o servizo, senón que a velocidade de navegación se reduce a 64 kpbs, pero podedes seguir conectándovos a internet sen ter que pagar máis. Iso si, o único límite que ten o internet diario é que ten establecido un límite mensual de 1GB. É dicir, que vos tedes que pasar diso en todo o que vos conectedes durante todo o mes para non poder navegar, pero vamos, que xa hai que usar internet arreo. E se vos pasades, xa sabedes que temos uns estupendos plans de datos que vos permite ter internet 1GB sen límite de descarga dende 9€+IVE ao mes.

Seguro que aínda hai algún despistado que di “E se un mes non me conecto, cobrádesme?”. Non, non se cobra nada; só se factura 1€+IVE nos días que te conectes a internet. E se non te conectas ningún día, non che cobramos nada. Iso si, lembrade que se non o tedes contratado non se aplica o prezo deste plan, senón o prezo solto por megas.

Ah, outra cousiña importante. Este plan diario de internet podedes usalo para o queirades. É dicir, non está restrinxido ao voso móbil, senón que tamén serve para unha tableta (non queremos facer publicidade do iPad) ou para o portátil. Deste xeito, podes usar un módem USB que xa teñas ou ben comprar o noso libre por 59€ (non se subvenciona, pero a cambio tampouco pedimos nin un compromiso de permanencia nin que gastes x euros cada mes).

Agora queda preguntarvos o de sempre, se vos parece interesante este plan de datos ou non. Xa nos contades.

Un saúdo.




Comentarios

O modem usb libre de R que custa 59€ pódese trocar os puntos para obtelo?

enviado por arcade o 23 xuño 2011 ás 01:04 AM CEST #

arcade, non, en principio non. De todos os xeitos, se queres contratar unha tarifa de datos mensual poderías coller o módem USB subvencionado. Non o poderías facer para esta tarifa, xa que aí non hai un compromiso de gasto e igual non se cubre a subvención do módem USB.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 23 xuño 2011 ás 01:49 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Y se puede contratar el Plan de datos diario de internet móvil con cualquier tarifa que tengas contratada ,incluso la flexible

enviado por .m, o 25 xuño 2011 ás 08:24 PM CEST #

.m, sí, con cualquier tarifa. Por eso no hay problema.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 25 xuño 2011 ás 09:47 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pois..., non acabo de telo claro co asunto este da tarifa diaria: ¿Se quero usar un "pincho", teño que usar a SIM do móbil? ¿Podería ter un duplicado da SIM para non ter que andar "quita e pon"? E nese caso, ¿mentras estivese a usar a SIM de datos podería recibir chamadas no meu móbil?

enviado por Pedro o 04 setembro 2011 ás 01:47 AM CEST #

Pedro, podes navegar polo móbil se tes un smartphone, ben coller a SIM do móbil e metela nun pincho USB ou ben coller unha multiSIM de datos, que compartiría a tarifa de datos que tes na túa liña de móbilR. A multiSIM neste caso sería só de datos e non afectaría para nada ás chamadas que recibes no teu móbil.

http://particulares.mundo-r.com/R/multisim_datos/1/1306395945647/gl

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 04 setembro 2011 ás 10:38 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado