Ping: dinos os servidores de xogos aos que te conectas
Pois si, hoxe toca facer un post adicado a unha boa parte dos nosos clientes de internet: aqueles que pasan horas xogando en liña. Para moitos de vós, ademais dunha boa conexión a internet, é importante ter un ping baixo porque senón pode ser un vía crucis conectarse a un servidor de xogos.
Para os que non teñan moi claro que iso do ping, pois é como se lanzasedes unha pelota a unha parede e, ao virvos de volta, tardase máis ou menos. Se volve rápido a resposta é boa e poderedes seguir xogando rápido, e se tarda pois o xogo vai máis lento. Igual o símil non vos parece adecuado porque xogar a devolver unha pelota é aburrido, pero se substituímos a pelota polos movementos dun xogador de fútbol, os disparos que efectúas contra un inimigo ou os golpes que recibes ou das nun combate, pois a cousa cambia (dentro dun xogo, non pensedes mal, que despois me chamades violento).
Para os máis técnicos, o ping comproba o estado da conexión cun ou varios equipos remotos por medio de paquetes de solicitude de eco e de resposta de eco (quedoume ben, a que si? Pero non é meu, senón da Wikipedia). Emprégase, entre outras cousas, para medir a latencia ou tempo que tardan en comunicarse dous puntos remotos (que serían o equipo do usuario e o servidor de xogos). A latencia sería a suma dos retardos temporais dentro dunha rede. Vamos, o que vos dixen arriba: se ti estás a xogar e a cousa tarda, pódenche meter un gol sen que te enteres ou ser capturado polo inimigo sen sabelo.
Cando a latencia é moi alta, dificulta a interacción co resto de usuarios ou de xogadores. Non hai simultaneidade entre o que ti ves e o que está a pasar, polo que é un verdadeiro suplicio estar a xogar, sobre todo se os outros teñen un ping baixo e o teu é moi alto.
En R, á hora de medir a calidade nas nosas conexións á rede, un dos parámetros prioritarios para nós é o ping. Non hai moito saía na rede unha nova que indicaba que R era, xunto coas outras de cable autonómicas, das telecos que mellor latencia tiña. Así, fronte ás empresas de ADSL que teñen latencia dende 36 milisegundos (e ata 65), en R temos de latencia entre 15 e 30 milisegundos de media.
Bueno, o caso é que para nós é un valor que seguimos moi de preto. E por ese motivo escribimos este post, porque nos nosos sistemas temos unha especie de panel de control no que podemos poñer a dirección dos servidores de xogos máis habituais. A partir de aí analizamos a rede e intentamos optimizar a conexión para que teñades o ping o máis baixo posible.
E aquí vén o importante desta entrada no blog: a que servidor ou servidores de xogos vos conectades? Gustaríanos que nolo enviárades para así poder incoporalos a ese panel de control que vos comentei. Unha vez que os teñamos para nós serán unha referencia á hora de traballar e de tratar de mellorar as vosas conexións. Que non se diga que os xogadores que se conectan a través de R perden por ter un ping alto! Se sodes malos iso xa é outra cousa :D
O dito, que espero que me indiquedes iso.
Unha aperta xente!

Pues sin duda al Xbox Live.
enviado por Jaime o 23 xullo 2009 ás 11:12 AM CEST #
Inda que vou algo pureta, sigo xogando ao Counter Strike con asiduidade, e incluso pertenzco a un clan. Na "scene" española de Counter Strike, ata onde coñezco, hay dous grandes "bestas", un e o aluger de dedicados de CS, onde destacaría a rede de http://www.binoservers.net/ e http://abserjuegos.com/
Por otra parte estan los servidores dedicados de bajo coste, donde, al haber cada vez más gente con conocimientos básicos de administración de servidores, muchos clanes empiezan a contratar directamente por su cuenta y a alojar. En este lado destacaria (al igual que para hosting 'profesional') la red de OVH ( http://www.ovh.es ), aunque ya el ping que tiene actualmente, rondando los 70 ms, no está del todo mal.
That's all folks !
enviado por MarcosBL o 23 xullo 2009 ás 11:17 AM CEST
Sitio web:: http://www.propiedadprivada.com/ #
Oigs que leria co biligüismo... xa mandei o comentario fifty/fifty , disculpádeme :/
enviado por MarcosBL o 23 xullo 2009 ás 11:18 AM CEST
Sitio web:: http://www.propiedadprivada.com/ #
Coincido con Jaime. De optimizar algo debería ser o acceso aos servidores de Xbox LIVE. Os da PlayStation Network tamén serían importantes, e os de Nintendo en menor medida. Non esquezamos que o xogo en Rede (WOW aparte) agora é cousa das consolas de videoxogos.
enviado por Marcus o 23 xullo 2009 ás 11:58 AM CEST
Sitio web:: http://marcus.es/ #
LLevo esperando que os metais en este tema muchisimo tiempo, somos miles los gallegos que jugamos en XBOX LIVE y la verdad que el ping aqui en la travesia de vigo (pleno centro) es altisimo. Estoy hablando de un ping de 60ms comprobados por el tecnico de R varias veces ( soy el terror del SAT xd) haciendo pruebas y trazas varias.
Me resulta molesto que amigos mios con jazztel y fastpath tengan 10ms de ping y yo con mi fibra opctica un ping tan alto, en palabras del tecnico de R "estas lineas llevan 10 años y estan saturadisimas". Estaría bien que os metais en este tema porque cada vez mas gente juega online y es una pena
No se cuales son los servidores de XBOX LIVE, supongo que en microsoft españa os daran la informacion gustosos, solo puedo deciros que los puertos que hay que abrir son estos : UDP 88. TCP/UDP 3074.
espero que os pongais en serio con el tema, un saludete
enviado por oscar o 23 xullo 2009 ás 06:34 PM CEST #
os servidores de newlightsystems, iberbit e knhsys. He visto a xente con 20 de ping en servidores españois (usan a rede de ONO) y con 40 nos de Reino Unido (ONO tamén) mentre q eu normalmente rondo os 30-40 no españois e os 60-70 nos de UK. O xogo é o Call of Duty 4.
Un saúdo.
enviado por diego o 23 xullo 2009 ás 07:14 PM CEST #
Moi boas.
Eu xogo a través de XBOX Live e teño que dicir que moitas veces da noxo, xa que a conexión vai como o carallo...
Cando dis: "en R temos de latencia entre 15 e 30 milisegundos de media.", que o dis, facendo un ping ós vosos servidores, non??? E mesmo así, non sempre é tan baixo... De ben pouco serve que teñamos un ping tan baixo cos vosos servidores, se coa xente de fora (que é coa que realmente xogamos) temos un ping bastante máis alto...
Un saúdo. ;)
enviado por Julio o 23 xullo 2009 ás 10:27 PM CEST #
A Xbox Live y con el ping que teneis por ejepmplo al Pro, XD , es imposible jugar sin tener que sufrir un lag bestial
enviado por dani o 24 xullo 2009 ás 05:15 AM CEST #
Hai que ser mais correctos, amigo de R.
PING é o nome dun programa. Programa que MIDE A LATENCIA DA REDE ENTRE DOUS PUNTOS, mediante o tempo de resposta dunha serie de datos enviados por ICMP.
Tamén existen tcping, e outros programas que empregan o protocolo TCP para facer estas medicións.
Polo tanto, é moi impreciso dicir "ter un ping baixo" xa que os programas non son altos nin baixos (bueno, Windows Vista quedou moi abaixo xD)
Polo tanto habería que falar de LATENCIA DE REDE ou RETARDO, até o devandito servidor.
Si, xa sei, todos nos entendemos, pero hai que tentar ser correctose e precisos.
Un saudo a todos..
PD: o da beta de velocidade de subida, está activo xa, ou para cando é ???
enviado por obreiro o 24 xullo 2009 ás 09:20 AM CEST #
Outro que apunta ós servidores do Live de Xbox. A verdade que non teño queixa algunha sobre o rendemento da rede neste sentido, pero as melloras sempre son benvidas.
enviado por MiolosCiscados o 24 xullo 2009 ás 09:20 AM CEST #
Estes son os resultados dalgunhas probas que acabo de facer. Hai dous valores de latencia, o primeiro dende o meu computador conectado a R na praza de españa, en Vigo. O segundo valor é un Servidor nodal conectado directamente á rede dunha operadora que non direi por privacidade. Pero vos direi que non está conectado nin a xDSL nin a cable, senon Fasthethernet directamente a un router pertencente á rede de Telefónica.
Awesome Stuntages 87.98.254.97:7777 48.769 ms 36.475 ms
RUSSIAN SERVER 77.220.180.62 114.686 ms 98.101 ms
France] 11. Mini-Missions (Server 2: 91.121.209.20 48.580 ms 35.574 ms
Que conclusions tiro disto?
1º A rede de R mete uns 10 ms mais de latencia, que dende o meu punto de vista e experiencia NON é moito.
2º Ese compañeiro que dicia que tiña un amigo de Jazztel que tiña tempos de 10 ms, está de guasa? ese tempo non o ten un xDSL ao seu concentrador tan siquera.
Debería preguntarlle se non eran 100 xD
3º mentres a latencia non pase de 60-70 se pode xogar ben. Iso si, hai que controloar que o noso PC non estea facendo mais conexions das necesarias -> Windows= netstat; GNU/linux = netstat -putall
saudos
enviado por obreiro o 24 xullo 2009 ás 09:37 AM CEST #
Obreiro, cando teñamos algunha novidade con respecto ao tema da subida contareivos algo. De momento non hai novidades na fronte ;)
Por certo, toda a razón do mundo con respecto ao da latencia e ao do ping.
Julio, o da latencia non é o que o digamos nós, son datos que saquei dunha web indepedente: http://www.adslzone.net/article3036-jazztel-y-tele2-son-los-operadores-de-adsl-que-mejor-latencia-ofrecen-en-espana.html
enviado por quecheparece o 24 xullo 2009 ás 10:01 AM CEST
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #
Para mi seria Xbox Live, ya que es lo unico que juego online.
Saludos
enviado por Mrfloppy o 24 xullo 2009 ás 11:22 AM CEST #
"En R, á hora de medir a calidade nas nosas conexións á rede, un dos parámetros prioritarios para nós é o ping. Non hai moito saía na rede unha nova que indicaba que R era, xunto coas outras de cable autonómicas, das telecos que mellor latencia tiña. Así, fronte ás empresas de ADSL que teñen latencia dende 36 milisegundos (e ata 65), en R temos de latencia entre 15 e 30 milisegundos de media."
Yo tengo ADSL en Coruña, comparacion de ping con los aportados por Obreiro:
87.98.254.97 media 39.18 ms http://img521.imageshack.us/i/879825497.jpg/
77.220.180.62 media 97.12 ms http://img521.imageshack.us/i/7722018062.jpg/
91.121.209.20 media 38.98 ms http://img204.imageshack.us/i/9112120920.jpg/
A mi me parece que los ping de R no solo no son mejores que los de algunos ADSL sino que son bastante peores.
Saludos
enviado por Otro o 24 xullo 2009 ás 01:43 PM CEST #
Supongo que muchos jugadores de World of Warcraft agradeceran que se 'mejore' el ping con los servidores de Blizzard que estan alojados bajo la red de Telia (o en su defecto, se monitorize para subsanar posibles incidencias en la mayor brevedad posible).
Estos son los rangos de IP en los que estan alojados los servidores:
* Frankfurt 1: 80.239.232.x, 80.239.233.x
* Frankfurt 2: 80.239.148.x, 80.239.149.x
* Paris 1: 80.239.178.x, 80.239.179.x
* Paris 2: 80.239.181.x
* Paris 3: 80.239.184.x, 80.239.185.x
* Hamburg: 213.248.122.x, 213.248.123.x
(Siendo Paris 1 y Frankfurt 1 los mas relevantes)
Eso si, como comprobareis rechaza los paquetes ICMP por lo que no se les puede hacer un ping :/ pero si un tracert hasta cierto punto de la red pues tienen
enviado por Miguel S. (QueTzaL) o 24 xullo 2009 ás 10:43 PM CEST #
Coincido ademas con lo dicho sobre la Travesía de Vigo, el ping en las demas zonas no se, pero aqui un desastre normalmente un ping entre 68 - 138 ms
enviado por dani o 25 xullo 2009 ás 04:22 AM CEST #
"Julio, o da latencia non é o que o digamos nós, son datos que saquei dunha web indepedente: http://www.adslzone.net/article3036-jazztel-y-tele2-son-los-operadores-de-adsl-que-mejor-latencia-ofrecen-en-espana.html"
E eu dígoche o que vexo eu, nin máis nin menos...
A min o que digan certas páxinas "independentes" (como ti dis), importame ben pouco, eu, repítoche, que digo o que vexo eu coa miña conexión, nin máis, nin menos...
Un saúdo.
enviado por Julio o 25 xullo 2009 ás 11:22 PM CEST #
Yo soy asiduo jugador del Wow aparte de estar en la PSN, y la gran mayoria de los dias tengo k jugar con un ping entre 150 y 200, y vivo en ferrol, la zona de ultramar. No uso wifi, voy por cable de red, y cuando hago el test de velocidad de R me da entre 50 y 60 de ping. Cuando arranco el wow y espero 10 min, el ping se dispara a mas de 150 y eso creedme, cuando estas de raid es una P****A. Me gustaria que revisaran bien el tema de la latencia porque hay casos en los que es un poco sangrante. Sin embargo hay dias que me sorprendo y veo que de latencia solo tengo 60, y da gusto. En fin, solo comento de manera constructiva para ver si llegamos a buen puerto y se mejoran las latencias. Un saludo y gracias.
enviado por Pablo o 26 xullo 2009 ás 07:16 PM CEST #
obreiro, deberias informarte das posibilidades do fastpath de jazztel. Conseguese un ping de 10-15 facilmente, moi inferior ó de R e a sua chupiguay rede de fibra...
Os que xogamos en rede estamos moi queimados con este tema :(
enviado por oscar o 26 xullo 2009 ás 07:34 PM CEST #
É certo eso que decides de que jazztel da menos ping/latencia/retardo ca R.
Eu normalmente xogo con amigos que teñen jazztell co fastpath e teñen entre 8 e 15 ms, mentres que eu teño unha media de 30.
Pero non só temos que mirar o asunto de fastpath, senon tamén mirar a velocidade de subida de cada un; mentras que eu pago por 1 mega e só consigo 850-900, el ten 2 megas ou por ahi...
Que sí, que está moi ben pensar na xente que xogamos para poder mellorar un pouco, pero non vos esquezades da velocidade de subida, que tan necesaria é, tanto para traballar como para xogar.
Preguntabades por servidores que se estean usando moito, pois unha das empresas que máis vexo cando xogo é NoGravity Network (NGGN)
saudos
enviado por brais o 27 xullo 2009 ás 12:21 PM CEST
Sitio web:: http://www.jujel.es #
Bueno, mucho WOW y mucho CS y mucha XBox Live.
Hace poco, iba a mandaros una traza a un servidor francés. Mi juego, y mi aporte al tema es el maravilloso Quake.
Actualmente, lo que se juega es www.quakelive.com que es la plataforma gratuita del Quake de toda la vida, pero jugando en entorno web, al que de paso, animo a todo el mundo a probar.
Una vez estás dentro, tienes servidores de toda Europa y América para jugar, obviamente, los interesantes, son los Europeos, donde los servidores, entre otras localizaciones están en:
Francia, UK, Alemania, Polonia, Holanda, España, Rumanía, Suecia.
La verdad es que con R, en España no lo cuento (ping 15-30). UK & Alemania, correcto 50-60, FRANCIA es el gran problema, cuando llegue a casa pondré la IP que está dando conflicto, antes iba perfectamente, como UK y Alemania, pero desde hace un mes y algo, se ha ido a un ping entre 90 y 100, no se si es que ha cambiado el enrutamiento o que es lo que ha pasado, pero algo va mal... En cuanto a Polonia, Suecia y Rumanía, pues bueno, se entiende que vaya bastante peor, porque de siemper ha ido mal, pero si sería interesante ver si se podía aclarar que pasa con los servidores Franceses que antes iban bien y ahora no...
Lo dicho, al llegar a casa dejo alguna que otra IP para que monitoriceis como pides en el post.
enviado por SuPRiMo o 31 xullo 2009 ás 06:49 PM CEST
Sitio web:: http://non #
Brais, o que debes mirar ti é se o fastpath é unha tecnoloxía que existe sobre Fibra... Eso o primeiro, e o segundo... Jazztel non deixa de ser PAR DE COBREEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE, verás que risa cando teñan unha incidencia, verás que risa :)
Que non quita que actualmente R teña uns precios un tanto abusivos e que siga sin subir o upload, ten que plantearse algo nestes 2 aspectos XA, pero vamos, antes de recriminar... Hai que saber de que se fala...
enviado por SuPRiMo o 31 xullo 2009 ás 07:05 PM CEST
Sitio web:: http://non #
Carais!
Canto me sorprende este blog!!!! Certo é que levo tempo xogando en inet, a Counter Strike, e a verdade é que a experiencia dime que con R teño a mitade de latencia que tiña con telefonica. Aproximadamente 30 cando antes baixar ata 60 era bastante difícil. (por certo esto do ping medimolo en milisengundos non?).
Pois xa fai un ano aproximadamente tras contratar un servidor en gamexperta creo, resulta que funcionou moi ben durante uns 15 dias, pero logo empecei a ter latencias de 110 e mais. Bueno e xa que o clan era de toda españa mais ou menos, solo eu tiña ese problema e xente de Valencia con ONO e de Madrid con adls ialles ben. Por eso cando falei co administrador que nos levaba o server e me dixo que falara coa miña compañia para arreglar estos problemas, pegoume a risa. Debo decir que logo o clan desfixose e o server non se renovou asi que non sei se ese problema estaria solucionado.
E o que quero dicir e que me parece unha magnifica noticia que R se preocupe por estos temas, xa que hai xente que contrata liñas boas por estos motivos.
E eu sei que ata o momento non hai quen me dea unha latencia mellor, por que si mañan ven outra compañia con 15ms de media, cambiariame sin dudalo nada.
Un saudo
enviado por jose o 02 agosto 2009 ás 07:58 PM CEST #
QuakeLive:
89.30.108.220 Francia
94.76.229.29 UK
91.198.152.133 Alemania
213.163.65.227 Holanda
El ping en UK y ALemania, es decente, en cuanto a Holanda y sobretodo FRANCIA es... bastante malo...
La verdad, hará 2 meses, el ping a Francia era como el de UK, osea, muy aceptable, pero desde entonces, ha ido empeorando, no se que ha pasado pero va peor. Holanda siempre ha ido mal, pero lo de Francia a ver si se sabe que ha pasado...
enviado por SuPRiMo o 04 agosto 2009 ás 03:26 PM CEST
Sitio web:: http://non #
Suprimo o queiras ou nom eles co se desfasado par de cobre tenhen uns 15ms de ping e nos coa nosa supermegachachi fibra optica de 60 pra riba, ó final iso é o que conta e JAZZTEL CON FASTPATH VAI MOITO MELLOR QUE R
enviado por oscar o 05 agosto 2009 ás 12:35 PM CEST #
Lembrade que R de fibra óptica mais ben pouco, todo é cable de cobre. Tanto o que vos chega á vosa casa como o que chega ás arquetas preto da vosa casa.
Por certo, un ISP dos veciños do sur van a ofertar a partir de setembro 1gbps, é dicir, 10 veces máis que esa modalidade de 100 mbps que case ninguén viu ata o de agora en R.
enviado por Jaime o 14 agosto 2009 ás 07:38 PM CEST #
Bos días Jaime.
Iso que comentas sobre a nosa rede non é certo. Como explico nun post antigo (http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/o_docsis_3_0_e) a nosa é híbrida, polo que á casa do cliente chegan dous cables: coaxial para a televisión e outra liña para o teléfono e internet.
Somos unha das empresas que ten a rede mellor preparada para levar a fibra óptica ata o cliente final. Máis ou menos chegamos coa fibra óptica ata uns 80 fogares e despois despreganos a nosa rede híbrida ou HFC.
Os 100 megas xa hai clientes que os teñen, aínda que é certo que non está dispoñible en todas as localidades nas que damos servizo porque hai que facer cambios na rede e nos nodos. De todos os xeitos, somos o único operador (sacando os da rede Asturcón) que ofrece este servizo para clientes particulares.
E en canto ao do servizo de 1 Gbps, a ver se realmente o dan nesa data, porque me parece moito vendo o panorama actual e as velocidades que se dan. Nós esa velocidade dámola a cliente empresariais pero asegúroche que o que hai que pagar por iso é unha barbaridade.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 agosto 2009 ás 08:36 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
"Iso que comentas sobre a nosa rede non é certo. Como explico nun post antigo (http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/o_docsis_3_0_e) a nosa é híbrida, polo que á casa do cliente chegan dous cables: coaxial para a televisión e outra liña para o teléfono e internet."
Coaxial pra TV e Internet. Par de cobre só pra teléfono ;)
enviado por 10.0.137.41 o 17 agosto 2009 ás 09:40 AM CEST #
Efectivamente, pero non "todo é par de cobre" nin é par de cobre "o que chega ás arquetas preto da vosa casa".
Non é o mesmo que dende unha central telefónica vaia unha liña ata o domicilio do cliente que está a unha distancia de x Kms que o cable vaia dende a mesma rúa e que non se compartan servizos. De feitos, hai servizos de IPTV que requiren unha velocidade mínima para poder chegar ao domicilio do cliente e tamén implica unha baixada na velocidade do cliente, cousa que en R non acontece.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 agosto 2009 ás 09:50 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Suelo jugar a Teamfortress2 en partidas españolas que es donde suelo estar el ping es de 30 normalmente.
Con otros luegares de europa si que sube a 60 o algo mas.
enviado por 10.0.137.41 o 17 agosto 2009 ás 06:28 PM CEST #
mira que maravilloso ping teneis a mundo-r.com, os dejo una captura
http://my.jetscreenshot.com/854/20090810-ldzq-217kb
enviado por Daniel o 18 agosto 2009 ás 01:49 AM CEST #
Los problemas de R con nuestro proveedor, Gamexperta, están totalmente solucionados después de una pequeña charla con ONO.
La gente de R tiene en nuestros servidores entre 10 - 20 ms.
Saludos
enviado por Javier o 28 agosto 2009 ás 10:13 PM CEST
Sitio web:: http://Gamexperta.com #