logo

ollo co Conficker

mércores 25 marzo 2009 | 1 comentario

non é habitual que vos fale no blog desta clase de cousas, pero quecheparece.com tamén está para informarvos e darvos consellos prácticos. E como ademais é importante evitar males maiores e ir poñéndovos ao corrente do que imos detectando en R, pois avísovos de que teñades coidado co coñecido virus Conficker.

o caso é que estamos a recibir chamadas de moitos clientes que notan unha excesiva lentitude á hora de navegar por internet co seu equipo. O problema non era da nosa rede, senón de que tiñan o Conficker. O peor do caso é que o día 1 de abril se prevé que este virus intente infectar ao maior número posible de equipos en todo o mundo. Afecta aos PCs que teñen Windows, así que botade un ollo ao ordenador por se tendes un proceso co nome de Win32/Conficker.C.

segundo algúns cálculos, xa afecta a nivel mundial ao 6% dos equipos que teñen Windows, dado que a súa capacidade de infección é moi alta. De feito, dende Microsoft ofrece 250.000 dólares ao que dea co creador deste virus.

o tema é que, unha vez que o tes no equipo, polo que puidemos ver, desactiva as actualizacións automáticas de Windows e tamén outras ferramentas como o envío de erros, o Windows Defender ou o Windows Security Center.

apartir de aí conéctase a unha páxina para averiguar a túa IP e, unha vez que a sabe, conéctase a outras páxinas e abre a porta para que entren máis programas maliciosos que favorecan a propagación deste virus. Como dixen antes, un dos primeiros síntomas de que algo anda mal é que a navegación vai moi lenta. Sen que ti o saibas, o virus conéctase a múltitude de páxinas web, polo que satura a conexión.

espero que no voso equipo non pase nada raro pero, por se as moscas, botade un ollo para que non teñades ese proceso funcionando. Ademais, é importante usar a actualización en liña de Microsoft e empregar a ferramenta que esta compañía desenvolveu para combatir a propagación do Conficker. Ollo, que se trata dun complemento, e non dun antivirus. Pódelo descargar gratis no seguinte enlace.

o dito, que coidadiño co Conficker e tede tino o 1 de abril, que igual se trata todo dunha inocentada, pero como se espalle e o teñades no voso equipo, ides saber o que se sentiría pasando dunha conexión de alta velocidade a outra de banda estreita ;)

un saúdo.




Comentarios

Otro enlace para evitar el efecto de este virus y futuros virus, aunque un poco mas radical xDD

http://www.ubuntu.com/

Be free, Be linux, Be happy :) .

enviado por xan o 26 marzo 2009 ás 03:25 AM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado