logo

O Samsung Star por 0€

martes 01 decembro 2009 | 65 Comentarios

Ola, queridos fieis lectores. Nas rúas xa se comezan a ver as lucen propias do Nadal, xa comezan a invadirnos os anuncios de xoguetes e de colonias e nós non podiamos ser menos. Por iso promocionamos o Samsung Star.

Baixámoslle o prezo a este terminal táctil para que os clientes que porten o seu número a R e consuman 6€/mes+IVE o poidan levar por 0€. É unha promoción que estará vixente dende hoxe ata o 6 de xaneiro do 2010 (vamos, ata Reis, para que se poida estirar Melchor). Iso si, é a 0€ se se contrata a tarifa tarde ou a flexible, porque a tarifa mini lembrade que non leva terminal subvencionado ;)

E ademais de rebaixar este móbil, engadímoslle unha tarxeta de memoria de 2XB, porque sabemos que necesitas o máximo espazo para as túas fotos (para algo ten unha cámara de 3,2 megapíxeles, e xa sabemos que as ceas familiares e fin de ano dan moito de si) e a túa música (non todo van ser panxoliñas).

Un saúdo.




Comentarios

Moi ben! E o nokia N900, desenvolvido parcialmente en Galicia? Ánimo!

enviado por Toni o 01 decembro 2009 ás 11:07 AM CET #

Toni, hai que poñer móbiles para todos os os tipos de clientes. Esta é unha promoción que nos parece moi interesante, nun terminal que rebaixamos agora de cara ao Nadal. De todos os xeitos, estáte atento que igual hai algunha sorpresiña en breve ;)

enviado por quecheparece o 01 decembro 2009 ás 11:16 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

E os clientes de sempre que o pagen non? Sempre estamos igual, se es novo gratis, e os que xa levan tempo que o pagen se queren. Bravo, bravo......

enviado por javiercastelo o 01 decembro 2009 ás 11:36 AM CET #

Ola Javier.

Todo o contrario. Se de algo nos orgullecemos é de poñer para os clientes de sempre, cando menos, as mesmas condicións que para os clientes novos. De feito, os clientes antigos poden renovar o seu móbil por varios terminais a 0€.

Xa che digo que o que queremos é seguir moito tempo con vós e que sabemos que as compañías sempre premian aos clientes novos e se esquecen dos vellos. Non non somos deses ;)

enviado por quecheparece o 01 decembro 2009 ás 11:46 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Como asistente a reunión teño coñecemente de algún móvil dos que ides sacar próximamente, pero... ¿Tedes pensado sacar algo con Android nun futuro próximo?

Falando de xente que premia os novos clientes e esquecen os vellos... ¿Tedes pensado algún tipo de fidelización ou vantaxe ós clientes de fixo, internet e televisión que levan con vos cousa de 9 anos?

Pepephone sacou hoxe unha tarifa a 9cnts minuto, pero sen establecemento de chamada. Certo é que hai que ter un plan de datos para acceder a ela, pero xa vos digo que se sacades vos algo parecido, por exemplo "para quen teña a liña fixa con nós", sería unha megapasada. (Non vou dicir "fagome cliente voso" por que as 4 liñas que teño na miña casa xa están con vos xD).

Saúdos.

enviado por CartDestr o 01 decembro 2009 ás 12:49 PM CET #

Android a curto prazo non. Pero con outro sistema operativo si.

Si, o plan de fidelización vai mellorar. Agora só afecta á renovación de terminais de móbil, pero afectará tamén a outras cousas para os clientes que teñen móbil.

En canto ao outro, de momento non temos nada previsto.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 01 decembro 2009 ás 12:57 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Para os que somos xa clientes sigue estando a 5 € + 1.600 puntos (e sen tarxeta de memoria).
Non se vai poder renovar nas mesmas condicións da oferta que anuncias?

enviado por Xis o 01 decembro 2009 ás 01:39 PM CET #

Xis, podes mirar agora? Debería de aparecer a 0€ e con 0 puntos. Ademais, o móbil tamén se entrega cunha tarxeta de 2 xigas de memoria. Se non o ves, avísanos, que entón algo falla ;)

Como xa comentaba, os clientes de sempre teñen, alomenos, as mesmas condicións que os novos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 01 decembro 2009 ás 05:17 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

<<<<
CartDestr escribiu:
Falando de xente que premia os novos clientes e esquecen os vellos... ¿Tedes pensado algún tipo de fidelización ou vantaxe ós clientes de fixo, internet e televisión que levan con vos cousa de 9 anos?

quecheparece escribiu:
Si, o plan de fidelización vai mellorar. Agora só afecta á renovación de terminais de móbil, pero afectará tamén a outras cousas para os clientes que teñen móbil.
>>>>

Diría que non preguntou precisamente pola fidelización de clientes de telefonía móbil ;)

enviado por fervigo o 01 decembro 2009 ás 08:56 PM CET #

para os que teñen contratado algún combo dende fai tempo poderían quitar a limitación do consumo mínimo de 6€ na telefonía móvil. Se non penso en R como alternativa a móvil e porque non sempre gasto 34€ mensuais pra cubrir has catro liñas da familia. Alguns meses moito mais pero outros moito menos.

enviado por depaseo o 02 decembro 2009 ás 03:44 AM CET #

Efectivamente, fervigo ;)

De todos modos, coido que quecheparece refírese a que cando instauraron o programa de puntos, dixeron que nun futuro 'os puntos poderíanse intercambiar por partidos, reducción nas cuotas, n meses dun servicio coma o mantemento avanzado ou seguridade R...'. Ser sería un avance, pero só premian aos usuarios de móbil, ainda que teñan fixo con R dende os inicios da humanidade, e nin tan siquera premian antigüidade en móbil por que ós dous anos os puntos caducan.

Por certo, xa se pode coller o móbil dende a web de clientes a 0€ tamén se xa eres cliente. Ben por R nese aspecto.

enviado por CartDestr o 02 decembro 2009 ás 09:12 AM CET #

Si, efectivamente o plan de fidelización o plan de fidelización é para clientes de móbiles porque son os que necesitan renovar o seu terminal cada x tempo, ben porque se queda desfasado ou ben porque se vai estropeando.

Neste sentido, tampouco hai nada pensado para o resto de clientes.

CartDestr, os puntos poden caducar, pero, se non me falla a memoria, sempre se pode renovar o terminal por algún móbil a 0€ sen puntos.

depaseo, o consumo para os catro móbiles sería de 24€, non de 34€. Nós seguimos considerando que é un consumo bastante baixo e axustado, que nos permite tamén seguir dando calidade no servizo e un bo soporte. O que non queremos é que ao final os clientes teñan 20 móbiles e tarxetas SIM e a de R a usen de ramos en pascoas e gasten 1€ cando se lembran, porque iso non nos permitiría dar un servizo de calidade.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 02 decembro 2009 ás 11:09 AM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

Unha cuestión, que ainda que o tiña bastante claro, non o indicades por ningures e dame un pouco de medo coller o terminal pensando que si, e que ao final sexa non... ¿O terminal é libre, tamén por puntos, coma todos os demáis, ou ten restricción de operador?

Saúdos.

enviado por CartDestr o 02 decembro 2009 ás 11:19 AM CET #

Me alegro de que me haya hecho esa pregunta, CartDestr :D

Si, os terminais que ofrecemos son totalmente libres. Aí tedes outra das ventaxas de móbilR. Pódense usar con calquera SIM.

Poden mercarse libres e sen permanencia e usarse con tarifas como a mini. Ou ben poden mercarse subvencionados, pero cun compromiso de permanencia de 18 meses, que se non se cumpre, pois ten unha penalización para sufragar o móbil, claro está.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 02 decembro 2009 ás 11:23 AM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

Perfecto, uno que se da de alta, tenia ganas de renovar mi movil y aunque no soy muy partidario de tener que pagar una cantidad al mes (por eso me he pasado de Vodafone a Pepephone, entre otras cosas) ya que el uso que le doy al movil es minimo, esta oferta es lo mejor que te puedes encontrar hoy en dia si quieres un terminal nuevo, asi que por parte del cliente creo que merece hacer un llamemoslo 'esfuerzo'.

En comparacion con otras operadoras, decir que segun veo vodafone y orange tambien lo ofrecen a 0€ PEEEERO:
1) No son libres.
2) No traen una tarjeta SD de 2GB.
3) En el caso de vodafone el consumo minimo son 9€. Orange si iguala a R con 6 euros en una de sus tarifas (y el precio cent/min tambien es mejor con orange aunque su tarifa 'tarde' empieza a las 18.00 y la de R a las 17.00) pero en mi caso no creo que nunca supere los 6€ asi que esa 'pequeña' diferencia no compensa todo lo anterior y por que no, apuesto que el servicio de att. al cliente de R le pega mil patadas al de Orange.

enviado por QueTzaL o 02 decembro 2009 ás 12:41 PM CET #

--- quecheparece dijo: -- Nós seguimos considerando que é un consumo bastante baixo e axustado, que nos permite tamén seguir dando calidade no servizo e un bo soporte. O que non queremos é que ao final os clientes teñan 20 móbiles e tarxetas SIM e a de R a usen de ramos en pascoas e gasten 1€ cando se lembran, porque iso non nos permitiría dar un servizo de calidade.---

quecheparece, es cierto que en algunas OMV's eso ocurre solo por conseguir saldo gratis, pero si se quitara el consumo mínimo sólo para gente que tenga contratado el combo 2, combo 3 ó combo R no son tantos los clientes, lo que sería una forma de fidelizarlos aun más y aunque la mitad no llegasen todos los meses a esos 6€ de consumo puntualmente seguro que otros meses incluso gastarían más porque las circunstancias van cambiando y hoy no te hace falta pero igual mañana tienes que hacer mucho uso del móvil y es dinero que os lleváis, cosa imposible si de entrada esa gente contrata la telefonía con otros operadores. Además cuantos más clientes contentos más publicidad y más probabilidades de captar nuevos clientes por el boca a boca. No se, yo no veo porque es un problema para las empresas el hacer promociones a gente que lleva con ellos mucho tiempo y no lo es ofertar el oro y el moro a cualquier otro por el simple hecho de venir nuevo.

enviado por in fraganti o 02 decembro 2009 ás 05:19 PM CET #

in fraganti, nosotros no ofrecemos el oro y el moro a los nuevos clientes y nos olvidamos de los viejos. Como ya indiqué más arriba, los clientes de siempre tienen, como mínimo, las mismas condiciones que los nuevos.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 02 decembro 2009 ás 05:30 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Nokia N900 xa!

enviado por Xabier Rodríguez o 02 decembro 2009 ás 07:22 PM CET #

"in fraganti, nosotros no ofrecemos el oro y el moro a los nuevos clientes y nos olvidamos de los viejos. Como ya indiqué más arriba, los clientes de siempre tienen, como mínimo, las mismas condiciones que los nuevos."

¿Que me han dado en 9 años de combo-r?
A los 15 dias de recibir el movil "nuevo" se jodio y no me dieron la opción de cambiarlo dentro de los 6 primeros meses, como dice la ley de garantías, ademas de tener que seguir con el resto de permanencia con un movil REPARADO y no nuevo, y ademas no se molestaron ni en facilitarme otro mientras este se reparaba.

enviado por Juan o 02 decembro 2009 ás 07:27 PM CET #

Que impaciencia, Xabier!

Juan, siempre tratamos igual a todos los clientes y todos reciben como detalle una promoción de bienvenida. En el caso de los clientes de móvil, cuando necesitan renovar el terminal, tampoco hay diferencia de trato.

En cuanto al tema del móvil, sí que es raro, porque se facilita uno siempre que se repara. De verdad que lo siento. En cuanto a lo de no darte otro, nosotros damos un plazo de 15 días para devolver el terminal, así que entiendo que ya habían pasado.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 02 decembro 2009 ás 07:37 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Juan, lo dices como si las demás compañías actuasen de otra forma.

MoviStar, se me jodió un móvil con ellos hace cosa de 4 años en los 3 primeros meses. Resultado: Tras 4 días sin móvil, me lo devuelven y me dicen que si quiero repararlo que pague; que era un problema de humedades en el móvil y no un defecto de fabricación. Ólvidate de aparato de sutitución durante esos 4 días.

Vodafone, la pantalla de un móvil me hacía cosas rarísimas, dentro de las 3 primeras semanas. Me lo enviaron al SAT, y me dijeron que me lo repararían, pero que podían tardar hasta 3 semanas, y por supuesto si quería un móvil de sustitución, mi única opión era joderme.

enviado por CartDestr o 02 decembro 2009 ás 07:41 PM CET #

Ups, decateime de que me faltaba un ":)" no comentario :)

enviado por Xabier Rodríguez o 02 decembro 2009 ás 07:42 PM CET #

Doble comentario, que cuando puse el mío aún no estaba el de qcp.

Si de verdad dais móvil de sustitución sin cobrar más, ya haceis algo que no hacen (o al menos no hacían en su momento) los señores de la estrellita ni los señores de Vodafone.

No voy a decir 'chapeu por R' hasta que se me estropee un móvil y lo vea con mis ojos. Y de todos modos, cuando se me estropee un móvil seguro que me quejaré también xD

enviado por CartDestr o 02 decembro 2009 ás 07:44 PM CET #

CartDestr, que los otros lo hacen mal no significa que nosotros lo tengamos que hacer así también. Precisamente hay que evitar estas cosas porque genera mala imagen.

Juan, me acaba de confirmar el responsable de móbilR que si el cliente nos pide un terminal de sustitución se lo damos. Entiendo que lo pediste y no te lo dimos. ¿Me puedes enviar un correo a quecheparece@mundo-r.net comentándome si lo tramitaste por un distribuidor o por el centro de atención al cliente?

Queremos ver dónde estaba el error, si no le quedaban móviles al distribuidor...

Un saludo y disculpa.

enviado por quecheparece o 02 decembro 2009 ás 07:45 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

no dudo que ofertéis lo mismo aunque si no mal recuerdo cuando yo me di de alta en combo 3 solo ofertaban alta gratis, aunque no lo puedo asegurar porque ya hace tantos años desde los famosos 75 kbps de subida que no recuerdo...

no obstante no entiendo cual puede ser el problema de quitar o rebajar el consumo mínimo a clientes con combos ya contratados porque el gasto de facturación no aumenta dado que imagino que la factura móvil irá junto a la del fijo. Seguro que gastáis más con el envío de la mini revista que muchas veces va directa a la papelera de reciclaje.

Por cierto ¿se puede solicitar la baja en la revista?

enviado por in fraganti o 02 decembro 2009 ás 08:04 PM CET #

in fraganti, sí, se puede pedir que no te envíen la revista sin mayor problema.

enviado por quecheparece o 02 decembro 2009 ás 08:11 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Espero no abusar pero aprovecho para plantear otra duda. Como no os veo por la labor para hacer caja para esos 6€ de consumo me planteo el dar de baja el combo 3 y solicitar el combo 1 con la conexión a 1 MB que tengo entendido que no publicitais en ningún sitio ¿las operadoras pondrán trabas para ello? o puedo solicitarlo sin problemas.

enviado por in fraganti o 02 decembro 2009 ás 08:37 PM CET #

in fraganti, no debería de haber ningún problema. El cliente sabe sus necesidades, la conexión y el producto que necesita, así que con llamar y tramitar el cambio, listo. Si hay cualquier problema, nos lo indicas abiertamente para que lo solucionemos.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 02 decembro 2009 ás 09:08 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

gracias quecheparece, me encuentro con el problema de que como esa tarifa no la veo en la web no se cuanto me costaría el combo1 + 1 Mbps

¿Puedes enviarme al correo o poner aqui esa información?

Otra duda... ¿una misma persona física puede solicitar 2 de estos terminales? o tengo que pedir uno a nombre de la mujer.

Un saludo y gracias por todo.

enviado por in fraganti o 02 decembro 2009 ás 09:41 PM CET #

acabo de facer un simulacro de compra a traves da tenda dunha sim sen teléfono e xa sexa portabilidade ou número novo non deixa escoller a tarifa mini de 6 céntimos, e inda por riba se elixes a tarifa flexible ou tardes o terminar pon un * e di que ten unha permanenza de 18 meses. ¿Iso como se come?

enviado por depaseo o 03 decembro 2009 ás 01:49 AM CET #

in fraganti, llama casi mejor al 1449 y que te expliquen el precio y las condiciones.

Y sí, una misma persona puede solicitar varios terminales móviles. Todos irían a su cuenta.

depaseo, efectivamente a través da web non se pode contratar a tarifa mini. Pero se chamas ao 1445 non terás problema. E o da permanencia na SIM é un erro. De feito, cando entrar, arriba xa indica isto: "podes seguir utilizando o teu terminal favorito contratando móbil R con só SIM. Sen compromiso de permanencia".

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 03 decembro 2009 ás 08:59 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Unha cuestión.

Das 4 liñas móbiles que teño con vós, dous non teñen permanencia (e teñen a tarifa mini, of course). Se eu quero agora coller este terminal ou algúN900 que saquedes no futuro inmediato, dende a web só se me pide un consumo mínimo co que colle-lo terminal, pero non se me pregunta a que tarifa quero pasar. ¿A que tarifa se me pasaría tras face-la adquisición ocn permanencia do novo terminal? ¿A tarde ou flexible?

enviado por CartDestr o 03 decembro 2009 ás 10:42 AM CET #

CartDestr, a web é certo que non ten todas as opcións, pero no 1449 de seguro que che poden botar unha man se queres pasar da tarifa mini a outra con terminal subvencionado. Evidentemente poderás escoller a tarifa que ti prefiras, ben a flexible ou ben a tarde. O cliente decide.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 03 decembro 2009 ás 11:11 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

¿Pódese face-lo trámite do cambio de tarifa e adquisición de terminal nunha tenda R, e así leva-lo terminal no momento?

enviado por CartDestr o 03 decembro 2009 ás 11:29 AM CET #

CartDestr, o cambio podes facelo nunha tenda R, pero o terminal non o levarías no momento. O terminal sempre se envía por correo. Nas tendas poden verse os terminais, pero non levalos directamente. Ata que nos chega a documentación aquí non se envían ao cliente.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 03 decembro 2009 ás 12:46 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ya he cumplido mi permanencia, así que ya te puedes hacer idea de cuando fue, y no me ofrecieron ningún terminal mientras se reparaba el mio , que fue a través del 1449, llame un sábado para notificar el problema, y quedaron de venir a recogerlo el lunes y no apareció nadie hasta el martes, el encargado de recogerlo no tenia la culpa por que le pasaron el aviso ese mismo día por la mañana, me dirás que el aviso para recoger no se pudo dar para al lunes si no que tenia que ser para el martes, no hay problema, pero que lo digan si yo el martes no puedo estar, ¿que pasaría?, recapitulemos la avería sucedió un sábado, domingo, lunes, martes, lo pasan a recoger, miércoles,recepción sat jueves, viernes, sábado,domingo, lunes, intervención sat,martes, miércoles recepción en mis manos, durante todo ese tiempo, me tuve que buscar la vida para tener móvil, y hasta unas semanas después no supe nada de atención al cliente, al cual tuve que protestar y al final se movieron, pero ¿si no hubiese protestado me habrían tratado igual?. Ya se que las otras operadoras son peores, ya me paso con vodafone, que gracia, su servicio técnico no fue capaz de reparar un movil, un startac de motorola, cuando en otro lugar solo me cobraron 30 euros por repararlo, y con portes.
LO que me jode es que vengan dándoselas de que todo por nuestros clientes y solo sea para captarlo y después agua, yo estaba pensando en coger ese movil, con la coña de los puntos, otra que tal baila, y cuando vi que era gratis para los nuevos y tenia que pagar por el, ya no quiero saber nada, que le den. Aunque ahora lo habéis cambiado, ahí es donde se refleja como cuidáis a los clientes que nos estamos dejando el dinero todos los meses.

enviado por Juan o 04 decembro 2009 ás 01:56 PM CET #

Juan, no sé si el problema estuvo en que no pediste directamente un móvil de sustitución o si lo pediste a posteriori. Igual también es un problema nuestro no preguntarle directamente al cliente.

Lo que es cierto es que ha sido un fallo por nuestra parte y que está claro que tenemos que seguir mejorando en el servicio postventa porque esto no deja buena imagen de cara al cliente.

Y no es cuestión de si las otras son peores o no, es cuestión de mirar por los clientes y punto. Si lo hemos hecho mal contigo, ahora sólo cabe pedirte disculpas y avisar para que estas cosas se corrijan.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 04 decembro 2009 ás 02:12 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

samsung debe estar a tira la casa pola ventá este nadal porque hoxe mesmo entereime por un coñecido que foi a recoller este mismo móvil (inda que restrinxido por vodafone) que o están a ofertar por 10€ a alguns clientes prepago que solicitaron a portabilidad a outra compañía a cambio de cancelar a mesma. Ver para crer.

enviado por depaseo o 06 decembro 2009 ás 03:37 AM CET #

Moi boa esta oferta,oxala a puidera pedir eu, pero xa son de mobilR dende setembro asi q terei q esperar:(

Outra cousa, o nokia2680 seguides tendo na web q ten 32 megas, e iso non e certo, polo menos os 2 q teño eu. Recen saidos da caixa non chegaban os 12 megas, funos devolver a tenda, ali tiñan outos dous novos, e igual , chegaban só os 12megas.

enviado por Xerxo o 08 decembro 2009 ás 04:04 PM CET #

el movil cuesta 0€ y sin puntos para los antiguos clientes que lleven mas de 15 meses de contrato... para los q no llevemos tanto no podemos conseguirlo ni por puntos....tendríamos que comprarlo por el precio libre que son 150 y pico euros...
menuda mierda...

enviado por isabel o 09 decembro 2009 ás 11:58 AM CET #

Isabel, es lógico porque el terminal que seguramente te dimos en su día aún no está amortizado. Para eso ponemos precisamente los 18 meses, para que en R podamos amortizar el terminal subvencionado a través del consumo del cliente.

Si cada seis meses le damos un móvil nuevo al cliente o una de dos, o nos arruinamos o ponemos el consumo mínimo por las nubes.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 09 decembro 2009 ás 12:07 PM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

ya....eso lo entiendo....

pero me fastidia que sean 15, porque llevo 12 meses y por 3 meses no puedo cambiarlo, y cuando lleve los 15 ya no habrá esta promocion!

enviado por isabel o 09 decembro 2009 ás 12:28 PM CET #

Sí, es cierto que esta promoción está muy bien. Es pronto para decir si en tres meses tendremos la misma oferta o no (en principio sólo está vigente hasta el 6 de enero), pero con el tiempo a veces los móviles bajan de precio y para los clientes antiguos el precio suele ser un poco mejor.

Si lo renuevas dentro de unos meses, coméntame algo.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 09 decembro 2009 ás 12:39 PM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

Xa vin o N900 na web! Custa bastante, pero PARABÉNS! :)

enviado por Toni o 09 decembro 2009 ás 02:13 PM CET #

confirmo lo que ha dicho antes el compañero, tanto mi mujer como yo somos vodafone y al pedir portabilidad nos mandaron un sms que llamásemos a un número (lo que no hubiese hecho de no leer el comentario de depaso), y además de un 50% de recarga gratis nos han ofrecido el samsung star blanco por sólo una recarga de 10€ y sin permanencia.

Todavía no me lo explico pero bueno, a caballo regalado... el paso a móvil R tendremos que aplazarlo ya que el consumo mínimo no me termina de convencer ya que en casa no tenemos un gasto homogéneo todos los meses, depende mucho de si los niños están fuera o no.

quecheparece comenta por la ofi a ver si reducen ese mínimo aunque sea con una tarifa con precios un poco más caros. O que pongan un combo en vez de con linea fija asociada que sea con linea móvil. Es que con el teléfono ya en casa es más difícil estar todos los meses pegados al móvil.

Saludos.

enviado por in fraganti o 09 decembro 2009 ás 04:31 PM CET #

por cierto, acabo de ver la web y he visto que ya ofertáis iphone por lo que imagino que a movistar se le ha terminado el chollo de la exclusividad, y si bien con las tarifas no me meto y ni de cerca podría optar a ello me parece mal que equiparéis al combo 1 con el combo 3 ya que no pagámos lo mismo, sino prácticamente el doble. Podíais esforzaros más y poner por ejemplo al combo 3 179€ o algo asi. Me ha parecido muy mal ;)

enviado por in fraganti o 09 decembro 2009 ás 04:52 PM CET #

Xa teño o Samsung a 0 € e coa tarxeta. Moi ben pola rapidez na subsanación do erro na web.
Unha pregunta relacionada: hai idea de que haxa posibilidade de ter unha sim "supletoria"? (como xa saberedes, moitos mans libres de coche requiren insertar a sim e, a verdade, é algo coñazo ter que andar quita e pon).

enviado por Xis o 11 decembro 2009 ás 06:57 PM CET #

sobre o tema do Iphone... é algo puntual ou permanente? e dicir, cando saia o novo modelo tamén o venderedes ou acabarase a cousa?

Saudos

enviado por 10.0.137.41 o 11 decembro 2009 ás 11:05 PM CET #

in fraganti, ao final o que se trataba era de ter un detalle cos clientes que máis gastan, que non deixan de ser os do comboR.

Xis, efectivamente iso era algo que nos demandaba moita xente e estamos a traballar nesa liña. A ver se me vos podo dar algunha alegría en breve sobre este tema.

Por último, á pregunta do iPhone, é moi cedo para dicilo. É un terminal caro, polo que queremos ver a resposta e a demanda dos clientes. A partir de aí tomarase unha decisión.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 12 decembro 2009 ás 03:57 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Paréceme extraño que non lle deades publicidade neste blog ó tema do iPhone (e sí ó do Samsung, por exemplo)
Tampouco entendo o por qué da exclusividade a clientes fixos de R.

enviado por Paco o 13 decembro 2009 ás 05:17 PM CET #

Paco, a razón é moi sinxela. En primeiro lugar porque o Samsung é un terminal que está a 0 euros e que pode coller calquera usuario que estea interesado en facerse cliente de R. Pódese coller gratis dende o mínimo que pedimos, é dicir, 6€/mes+IVE

Pola contra, o iPhone é un terminal moito máis exclusivo, que son van coller unha minoría dos nosos clientes. Non sei ti, pero eu dende logo non gasto 29€/mes+IVE e outros 12€+IVE de datos. É certo que si hai xente que o fai, pero o usuario medio ou tipo non. Por iso decidimos falar deste móbil, porque é interesante, é gratis e o gasto que hai que facer para conseguilo é baixo.

Doutra banda, ao lanzar o iPhone non buscamos atraer novos clientes, senón ter un detalle cos nosos, cos que nos pedían un terminal destas características. Así que decidimos ofrecelo e lanzalo entre os nosos clientes antigos, para que non se diga que só buscamos facer novos clientes.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 14 decembro 2009 ás 09:12 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Xa, pero pareceume curioso porque é un terminal moi codiciado e que tiña o problema de ofrecerse en exclusiva con Movistar. ¿Acabóuselle entón a exclusiva?

enviado por Paco o 14 decembro 2009 ás 11:43 AM CET #

Paco, a verdade é que non sei como vai o tema de Movistar nin o contrato que ten firmado.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 14 decembro 2009 ás 11:53 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Teñen un acordo de exclusividade para vendelo en España, pero non sei por canto tempo nin se expirou, supoño que polo que vexo si que expirou, o cal é unha moi boa noticia.

enviado por Paco o 14 decembro 2009 ás 05:10 PM CET #

O Samsung Star ten menú en galego? O móbil está interesante pero se non o ten descartaríao como opción.
Non ides incorporar en breve ningún terminal de Sony Ericsson?

enviado por Marcos o 17 decembro 2009 ás 11:59 AM CET #

Ola Marcos.

Non, o Samsung Star non está en galego. Si o está por exemplo o novo que sacamos, o B3310.

Creo que non. Xa tivemos algún Sony Ericsson e, como expliquei noutra ocasión, o problema é a postvenda. Se tivesemos uns prazos razoables de reparación e devolución do terminal, pois seguramente os teriamos. Preferimos centrarnos en provedores que nos dean máis garantías en todos os sentidos e que o cliente, ao final, quede contento en todos os sentidos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 17 decembro 2009 ás 12:16 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pois é unha mágoa,o Star era practicamente a única opción que me gustaba porque a miña experiencia co servicio posvenda de Nokia non é moi boa polo que non repetirei con esta marca.

enviado por Marcos o 17 decembro 2009 ás 03:12 PM CET #

Ola de novo Marcos.

Se non tes moita présa, igual era bo que esperases unhas semanas porque temos idea de sacar máis modelos de Samsung e igual hai algún que che enche o ollo ;)

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 17 decembro 2009 ás 04:08 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Non teño présa, agardarei un pouco a ver se sacades algún móbil interesante e que teña o menú en galego, claro.
Moitas grazas.

Saúdos.

enviado por Marcos o 17 decembro 2009 ás 04:13 PM CET #

O star e un moi bo telefono. Lastima q o nokia 5800 non baixe un pouco de precio.

Unha petición ,cando vaides poñer novos modelos de nokia non vos olividedes de poñer os de gama media-alta(5230,6710,6600,5530,6210...) q son mais barato q os da gama N.
un saudo

enviado por Santiago o 18 decembro 2009 ás 04:40 PM CET #

quecheparece se o iphone orientouse pra ter un detalle cos vellos clientes poderíades facelo mesmo co consumo mínimo de 6€ e rebaixalo por exempro a 1€ ou mesmo quitarllo para os que xa teñan contratado algún combo dende fai 6 meses. Eu teño as 5 liñas da casa con pepephone coa tarifa de 6c e non me importaría pasar a R e asi ter unificada a factura inda perdendo as vantaxes de desconto no aluguer de vehículos e viaxes en avión, pero dende logo non mentres axa 30€ de consumo obrigatorio porque a vida da moitas voltas e o que hoxe se gasta ven non quere dicir que mañán non haxa que apretalo cinto e consumir menos.

enviado por depaso o 19 decembro 2009 ás 02:49 PM CET #

Fai unhos dias que son cliente de móbiles R. Fixen un cambio de dúas liñas dende Vodafone. O recibir os terminais na casa, levei a sorpresa de que non traian a tarxeta de memoria de dúas Gb.Dixerónme que non tiñan pero mas mandarían antes de un mes ¿podo fiarme?

enviado por Visma o 29 decembro 2009 ás 06:43 PM CET #

Visma, si, por suposto. E se non chas mandamos no prazo indicado, volves escribir aquí dicindo que non cha enviamos ou dismo nun correo a quecheparece@mundo-R.net

Houbo un problema no stock destas tarxetas. Realmente hai unha demanda moi alta do terminal, do que temos provisión, pero non pasou o mesmo coas tarxetas microSD. Temos unha listaxe de todas as persoas que temos pendentes de enviarlla e, en menos dun mes, xa a recibirán na súa casa.

O dito, calquera problema, para iso estamos e ter témocha que dar.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 29 decembro 2009 ás 06:47 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Moitas gracias pola axilidade na resposta.

Un saúdo

enviado por Visma o 30 decembro 2009 ás 03:20 PM CET #

Dende que son cliente de R xa fai anos, sempre recomendei a meus amigos e familiares que fosen clientes de esta empresa debido a eficacia e dilixencia para resolver de inmediato calqueira problema que se plantexara. Como comprenderedes, non ten ningún sentido ser un adulón pois esta mensaxe é anónimo pero hoxe unha vez máis os feitos derónme a razón. !! XA TEÑO AS TARXETAS DOS MEUS TELÉFONOS ¡¡

enviado por Visma o 30 decembro 2009 ás 09:07 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado