o proxy http de R
ola a todos de novo. Ultimamente ando facendo post á carta, o cal me resulta interesante, porque así vedes que tamén podemos desenvolver no blog as cuestións que vos interesan. Desta vez vou falar doutro tema que me pediron que desenvolvese, por que R deixou de ter activo o seu proxy http?
como intentamos aprender algo do que pasou co do porto 25, desta vez o que fixemos foi poñer un aviso para todos os que o estaban a usar. Como non todo o mundo o uso nin sabe para que serve, puxemos unha páxina avisando. Así, os que o empregaban tiñan as instrucións para desactivar a caché proxy no seu navegador web.

oo deixar de estar operativo, todo o mundo quedaba avisado e sabería que facer. Para os que precisasen máis información ou unha axuda, xa indicamos que nos podíades chamar ao 1449. Iso sempre. Ou senón tamén temos o operativa a conta de correo fala-con-R@mundo-r.net para calquera indicencia ou dúbida que teñades. Para isto e para calquera outra cousa, que para iso pretendemos dar un bo servizo e vós estades a pagar.
en canto ao motivo polo que retiramos o servizo de proxy, pois creo que o comprenderedes perfectamente. Hoxe en día as velocidades de conexión que se ofrecen a internet son xa tan elevadas, que un servizo de proxy nun operador perdeu todo o sentido. Había tempo que o tiñamos dispoñible, claro que si, pero por unha razón moi sinxela: no seu momento, hai uns anos, os accesos a internet realizábanse con velocidades moi inferiores. Todos lembraredes as conexións de 56Kbps, 64 Kbps ou 128 Kbps. E os que sexades de R dende o principio, recordaredes que a primeira velocidade que R ofreceu a través de cablemódem foi de 150 Kbps. Hoxe en día esa velocidade convertiuse en 12 Mbps, é dicir, que se multiplicou por 80 a velocidade que dábamos nun principio.
por que vos falo de todo isto? Pois porque naquel momento dispoñer dun servicio proxy era algo fundamental. Queríamos aproveitar as peticións dos contidos de todos os nosos clientes e poder guardalos temporalmente en equipos (proxy) na nosa rede. Con isto conseguíamos achegar o contido ao cliente, que melloraba notablemente a súa navegación. En definitiva, que se trataba de dar un mellor servizo aos usuarios de internet. Ademais, antes os contidos das páxinas webs eran fundamentalmente estáticos, polo que eran facilmente cacheables. E para isto é para o que tiñamos o noso proxy web; en ningún momento a intención do servizo era o anonimato dos nosos clientes, nin moito menos.
pero a cousa cambiou. Non só mudaron as velocidades, senón tamén os contidos e as páxinas. Das páxinas estáticas pasamos ás web dinámicas e difíciles de cachear. E por esa razón en R se decidiu interromper o servizo de proxy, porque perdeu todo o seu sentido. Ademais, os usuarios que a empregan eran moi, moi poucos (sei que isto non é unha razón, pero dado que perdeu o seu sentido orixinal e a que apenas se usaba, pois levounos a decidir isto).
algún vós de seguro que o empregaba para navegar ou facer descargas de xeito anónimo. Repito que a nosa intención nunca foi esa, a de ocultar a identidade (IP) dos nosos clientes na Rede. Ademais, coa actual lexislación e por razóns de seguridade, este tipo de servizos de proxy vólvense cada vez menos operativos e máis engorrosos.
unha aperta e un saúdo a todos.

Una pregunta que no viene al caso, pero que creo que hace falta formular.
Habéis visto las intenciones del gobierno de tomar medidas "antipopulares" con respecto al uso de internet?
¿Qué opinais al respecto? ¿Que pensais hacer en caso de que estas medidas lleguen a un plano real?
enviado por Yago o 18 xaneiro 2009 ás 02:08 PM CET
Sitio web:: http://blackportal.wordpress.com #
Vale, que nos quitades un servicio e aínda por riba pretendedes que vos aplaudamos ou que???
En fin... cada vez ides a peor...
enviado por Julio o 19 xaneiro 2009 ás 02:17 AM CET
Sitio web:: http://www.osarquivosdameiga.co.nr #
Hola Yago.
Bueno, en primero lugar comentarte que es una pregunta off topic y que no suelo publicar cuestiones que afectan a otros temas en los post. De todas formas, esta vez hago una excepción porque sé que es algo que interesa mucho a los internautas y clientes de R.
Como sabrás, R nunca ha controlado ni limitado el acceso a la Rede de sus clientes. Que el Gobierno nos obliga, pues tendremos que cumplir con las normas que nos exijan, pero nuestra opinión es que:
1. R entiende que los operadores no deben convertirse en vigilantes de sus clientes, por lo que hará todas las alegaciones que considere oportunas y coincidentes con ese espíritu
2. hay que aplicar al tráfico IP las mismas normas rigurosas que existen desde siempre en la telefonía, evitando sistemas automáticos y contando siempre con supervisión judicial
3. además, creemos que esas normas no van a funcionar y que sólo fomentarán la aparición de operadores poco escrupulosos con las normas e incluso de países equivalentes a los paraísos fiscales
enviado por quecheparece o 19 xaneiro 2009 ás 10:35 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Levo moitos anos sendo cliente de R, e se esta vai ser a vosa política facedes mais doado que o siga sendo moitos anos mais. Grazas por ter bo siso.
enviado por ghanito o 25 xaneiro 2009 ás 12:38 PM CET
Sitio web:: http://apocalipsedoporco.blogaliza.org/ #
Ahora que tu respuesta a mi comentario ha sido publicada en menéame, me gustaría que le dierais "oficialidad" al asunto. Publicarlo en el blog o mejor aún, en las notas de prensa.
enviado por Yago o 25 xaneiro 2009 ás 02:10 PM CET
Sitio web:: http://blackportal.wordpress.com #
Da mesma forma que nos queixamos cando as cousas non nos parecen ben, neste caso gustaríame felicitarvos pola vosa posición respecto a non controlar nin limitar o acceso a rede.
Felicidades e grazas por non escoller o camiño de "falta de transparencia" da SGAE e compañía.
Saúdos
enviado por Javier o 25 xaneiro 2009 ás 03:12 PM CET #
Esta claro que si eso pasara, yo como usuario de R a los 2 minutos me daría de baja.
enviado por jaiduk o 25 xaneiro 2009 ás 03:59 PM CET #
Noraboa pola vosa postura ao respeito das barbaridades que quere facer a SGAE.
Como dixo antes o ghanito, se de verdade defendedes esa postura, hei seguir sendo cliente de R por moitos anos mais.
enviado por Roberto González o 25 xaneiro 2009 ás 08:40 PM CET #
Supongo que tendrás subvención por escribir el blog en gallego. Y a los clientes que no te entendemos, que nos den, ¿no?
enviado por Paco o 25 xaneiro 2009 ás 11:58 PM CET #
Paco... te lo digo en castellano... siempre puedes aprender un nuevo idioma que de seguir tu teoría de hablar sólo lo que la mayoría entiende... ahora mismo estaríamos en las cuevas y comunicándonos a base de gruñidos.
Coño, que se llama "que che parece" el blog, ¿no te hace pensar que probablemente vaya a estar escrito en gallego?... es que, de verdad.
enviado por David o 27 xaneiro 2009 ás 12:27 AM CET #
Paco, non sei con que tipo de xente te relacionas, pero o habitual non é recibir subvencións por escribir no idioma que a un lle peta.
Un pouco de respecto.
enviado por makeijan o 28 xaneiro 2009 ás 11:12 AM CET
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #
Eu non entendo o ruso, por iso non vivo en rusia nin vexo blogs rusos.
Si non entendes o galego, non sei que fas en Galiza. E si estas en Galiza, non entendo como non aprendes o idioma da terra na que estás.
Iso supoñendo que non sexas galego, porque entón si que non me collería na cabeza que non coñeceses o teu propio idioma.
Nunca na miña vida vin un comentario coma este respecto o francés, o rumano, o chinés..... É o mais normal do mundo que eses cidadáns escribn nos seus respectivos idiomas (para iso están!! )
Mais co galego...... NON! Non temos dereito a que o noso idioma sexa..... NORMAL... coma o resto?
Si non queres Galego.... vai a outro sitio. Seguro que en Madrid non o falan.
-------------------------
"
Supongo que tendrás subvención por escribir el blog en gallego. Y a los clientes que no te entendemos, que nos den, ¿no?
enviado por Paco o 25 xaneiro 2009 ás 11:58 PM CET #
"
enviado por galego calqueira o 09 abril 2009 ás 03:45 PM CEST #