logo

o futuro do teléfono fixo

venres 24 abril 2009 | 12 Comentarios

como andades? Hoxe quero falarvos do futuro da telefonía fixa e dun produto moi interesante que xa estamos ofrecendo para os clientes de empresas e que cremos que será o exemplo a seguir para o futuro.

en primeiro lugar, a telefonía fixa faise móbil. Dende R estamos a apostar pola posibilidade de que levedes con vós o voso teléfono fixo. Así, cando vos vaiades por aí de vacacións, poderedes chamar dende o estranxeiro e falar polo mesmo prezo que pagariades estando na vosa casiña.

a aposta de R céntrase na rede NGN (Next Generation Network). Para entendernos, a ITU (Unión Internacional de Telecomunicacións) define unha rede NGN como unha rede IP con calidade de servizo garantida, con mobilidade e que permite a converxencia de servizos e de aplicacións. Vamos, que vén solucionar o punto máis feble da VoIP, a calidade.

xa temos unha web que permite aos nosos clientes de empresas levar o seu teléfono fixo a onde queira. Así, con só entrar en http://telefonoweb.com, pode chamar por teléfono como se entrara no seu correo. É dicir, poñendo o seu número e un contrasinal, pode realizar chamadas dende calquera equipo conectado a internet, acceder á súa listaxe de contactos, enviarlle mensaxes instantáneas e mesmo chatear con eles se tamén están conectados a través dun sistema semellante ao seu.

vamos, que a día de hoxe un cliente noso de empresas non ten que estar sempre pegado ao seu teléfono fixo, porque este agora é móbil. No seu PC, no seu portátil e mesmo no seu terminal móbil tamén ten o fixo.

outra cousa moi interesante é que se pode configurar o teléfono segundo quen te chama e a hora. Vexamos: que tes un amigo pelín plasta ao que che dá apuro descolgarlle, no problem! Apuntas o seu número e, cando o sistema o detecte, xa o leva directamente ao buzón de voz. Que estás de vacacións e recibes unha chamada importante no choio, pois podes derivala a un compañeiro de traballo para así non ter que deixar o chiringuito da praia.

doutra banda, con este sistema tamén se poden realizar chamadas dende o móbil a través das redes fixas. Xa que as chamadas dende o fixo son máis baratas, isto é unha gran vantaxe. Total, que se o teléfono móbil ten wifi e hai acceso a unha rede fixa, o servizo pódenos saír moitísimo máis barato.

non sei como vedes isto, refírome á posibilidade de chamar polo móbil a través do wifi. Considerades que é algo fundamental e necesario que ofrezamos xa este tipo de produtos ou, pola contra, realmente vos vai ben chamar directamente dende o terminal sen conectalo a unha rede wifi? Credes que hoxe en día é fácil conectarse dende o móbil a unha rede wifi ou que de momento non é unha alternativa sinxela?

de momento estamos a ofertar este produto só para clientes de empresas, xa que necesitan estar máis pegados ao teléfono e ás veces teñen que moverse moito. Deste xeito, non perden ningunha chamada, teñen todo xestionado e poden gozar dunha converxencia fixo-móbil. Non sei se pensades que isto para o mercado de clientes particulares tamén pode interesar e que mesmo se pode convertir nunha necesidade o día de mañá e nunha vantaxe para aforrar custos e organizar as comunicacións.

bueno, xa me diredes que vos parece isto do teléfono fixo móbil. Un saúdo.




Comentarios

Pues la verdad en mi humilde opinion como cliente de Combo R me parece algo genial, esl algo que creo que sería la verdad muy util, que la mayoria de los operadores no ofrecen o si lo ofrecen por lo que veo no con tantaas ventajas como comentais que tienen los actuales cliente de empresas. Yo por mi parte estoy totalmente de acuerdo en su implantacion para particulares.

Y ya que estamos con las consultas veo que teneis en pruebas muchos canales internacionales, pero no veo FOX NEWS; AL JAZEERA, y que pasa con ESTREME SPORTS y con GOLTV, ESpero vuestra repuesta, GRacias.

enviado por Pablo o 24 abril 2009 ás 12:38 PM CEST #

Hola Pablo.

De los canales casi mejor comentar en los posts abiertos sobre el tema de la televisión. De todas formas te comento que dado que ya se ha hablado sobre las razones por las que no están otros muchos canales, finalmente lo mejor es que cuando haya novedades os las iremos comunicando. Nuestra idea es ir mejorando y aumentando los canales de nuestra parrilla y en eso estamos trabajando.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 24 abril 2009 ás 12:49 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

A verdade é que sería caralludo! Eu apúntome! :)

enviado por Iago o 25 abril 2009 ás 01:41 PM CEST
Sitio web:: http://www.iagovarela.eu #

Pinta ben..., o malo e atopar unha Wifi nalgunhas partes do mundo... pero a idea paréceme moi boa... adiante!!
Saúdos

enviado por Xosé Ml. o 28 abril 2009 ás 06:36 PM CEST #

A idea é boa, o que me sorprende é que non me ofreceran ese produto tendo dous contratos para empresa...

enviado por makeijan o 30 abril 2009 ás 11:25 AM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #

Ola makeijan.

Pois si que é raro, si. Neste caso o mellor vai ser que chames ao 1446 e preguntes por isto en caso de que che interese.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 30 abril 2009 ás 06:22 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Voto favorable a habilitalo para particulares. Tamén a que o programa descargable sexa compatible con Mac e Linux e as súas respectivas axendas de contactos do sistema operativo.

enviado por L o 06 maio 2009 ás 04:58 PM CEST #

Sobre o de chamar dende o móbil por WiFi, é algo moi interesante polo aforro que supón (nada se cae dentro da tarifa plana) frente a chamada normal/internacional. Pero creo, que fora da casa, non é sinxelo atopar onde conectarte. Inda que sempre se pode usar dita posibilidade se vas de visita a casa de alguén, xa que empeza a ser habitual que se teña un punto de acceso WiFi e Internet, claro. Outra cousa é o ter que pedirlles a clave de dita WiFi xD E mesmo no propio fogar, tendo iso, poderíase usar o móbil como un terminal inalambrico.

Por outra banda sempre queda a posibilidade de acceder a un terminal xa conectado a Internet, inda que é máis incomodo, ou usala propia conexión de datos do móbil. Se se ten nel unha tarifa de datos plana, ben. Se non se ten, non sei que tal sairá de prezo a cousa.

Sexa como fose, paréceme unha mellora moi interesante do servizo.

O inconvinte que lle vexo é por un lado, frente ó móbil perdese o ter un identificador persoal (o número persoal de móbil) por un colectivo (o do fixo da casa), o que ademais provoca que se a persoa á que chamaches, quere devolverte a chamada, non poderá localizarte. Xa que o de ter en concreto o telefono desa persoa redireccionado ó teu móbil non vai ser o común por seres o fixo un teléfono compartido.

¿Non se podería ter un ou varios números personalizados (¿un novo número?, ¿unha extensión do número do fixo?), pra que apareza ise número ó chamar e que poidan chamar ó mesmo, e así configuralo no panel pra direccionalo ou non donde queiras.

Xa seguindo co do panel de control pra desviar ou mandar as chamadas ó buzón de voz, paréceme algo útil. Por certo, ises desvíos, ¿supoñen algún custe extra pra o chamante e pra o que recibe a chamada?

Outra dubida que me xorde é se con iste sistema poden concurrir varias chamadas. Por exemplo ter a vez unha conversa dende o fixo e outras dúas con este sistema por Internet. O mesmo que se se alguén esta usando este sistema, o fixo pode igualmente recibir as chamadas ou non. Non poder darse dita concurrencia paréceme unha incomodidade xa que non tes contigo a que poida estar ocupando o sistema. E soportar dita característica é un avance fronte a telefonía tradicional.

E, ¿pódese chamar ó fixo de casa? xD

E pra rematar, ¿que requisitos de conexión ten isto pra ter unha comunicación fluída?

Bueno, se xa está implementado pra empresa, a ver se podémolo probar pronto pra ver como vai.

enviado por fervigo o 06 maio 2009 ás 09:04 PM CEST #

Ola fervigo.

Efectivamente a conexión wifi ten que ser nun punto de acceso no que teñas permiso. Non necesariamente cun móbil, pódelo facer dende calquera PC con conexión a internet por medio do teléfono WEB e sen descargar ningún programa ou aplicación.

En canto ao identificador global, a idea é que poidas poñer o número da casa ou o que ti queiras. Máis que perder a identificación persoal asociada ao móbil, o que nos traerá o telefono do futuro é que non existan números. Para chamar a unha persoa será algo semellante ao que hoxe é o messenger: clicas sobre o nome nunha axenda ou listaxe de contactos, e o sistema encárgase de localizarte no dispositivo que esteas usando, no fixo da túa casa, no móbil ou no teu teléfono PC. É dicir, así como agora eu non sei o nome da miña IP pero si sei o DNS do blog, cos teléfonos pasará o mesmo.

Outra cousa é que tamén podes desviar as chamadas en función de quen te chama ou mesmo da hora na que te chama. Imaxina: se un colega te chama á túa casa, o sistema poderíao desviar ao teu móvil; se a quen chaman é ao teu pai, a chamada iría ao fixo.

No sistema poden concurrir efectivamente varias chamadas. É unha opción configurable ao contratar o servizo.

En canto aos custe dos desvíos, non hai diferenza co esquema de prezos actual de telefonía fixa. É dicir, ten custe e é o mesmo que o que terías nun teléfono fixo normal.

Os requisitos dependen do códec que empregues, que é configurable. Un bastante habitual é o G.729 que ocupa 8 kbps, aínda que a esta taxa hai que sumarlle as cabeceiras IP, etc.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 07 maio 2009 ás 10:39 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pois o dito, moi interesante. Habería que complementalo cunha aplicación para o móbil, para os diferentes sistemas operativos, incluido o iPhone, xa que as capacidades limitadas destes dispositivos non sei se permitirían utilizar o telefono web se non é cunha aplicación adicada.

enviado por L o 07 maio 2009 ás 02:02 PM CEST #

Fixen unha consulta por escrito para lembrar cando a fixera (isto foi o 31 de abril), hoxe aínda non tiven ningunha nova do asunto e chamo... agora mesmo levo 12 minutos ao teléfono é a terceira persoa coa que falo e parece que estou a preguntar polo tempo do mes que ven, porque ninguén ten a máis remota idea...

enviado por makeijan o 13 maio 2009 ás 06:22 PM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org/ #

Ola makeijan.

Este servizo para empresas atópase dentro dun produto que se chama "centraliña virtual". Igual por aí vén o problema, aínda que imos falar co centro de atención ao cliente para aclarar o tema.

Dicirche que xa hai centos de empresas que o teñen contratado dende hai meses, polo que xa é un produto que leva tempo funcionando.

Un saúdo

enviado por quecheparece o 14 maio 2009 ás 10:24 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado