O DOCSIS 3.0 e os 100 megas: xa eeestán aquííííí!!!!!
Non se trata de citar a famosa frase de Poltergeist porque vois vaia contrar unha trola ou unha pantasmada. Todo o contrario. Moitos de nós soñábamos co día no que puidéramos ver conexións de 100 megas. Pois xa podemos ir deitarnos pracidamente porque ese día está moito máis próximo do pensamos. Con dicirvos que en R que xa os estamos probando...
Sempre comentamos que se algo nos diferenciaba dos outros operadores era a decisión que tomamos xa no ano 2000 en construír a nosa propia rede de fibra óptica, en vez de facer coma o resto de operadores en España que alugan a rede de Telefónica. Parecíamos os tolos do lugar por facelo xa daquela e por riba, en Galicia. Agora estamos contentos daquela arriscada decisión e o modelo HFC ou rede híbrida de fibra óptica e coaxial (que leva a televisión) estanos dando suficiente vantaxe para tratar de ser mellores que o resto, e sobre de todo, que a poderosa Telefónica.
Se mirades os datos da Comisión do Mercado das Telecomunicacións sobre as conexións de banda ancha en España, veredes que o 60% destas tiñan só 3 ou 4 megas de velocidade "nominal". Fronte a isto, en Galicia o 62% da xente que ten R se conectan con unha velocidade garantida de entre 6 e 9 megas. Para os que traballamos aquí, e gustaríanos que tamén para vós, é unha satisfacción poder pensar que axudamos un chisco a que en Galicia poidamos ter unhas boas conexions á internet, e se é posible coma ata o de agora, mellores mesmo que as grandes áreas urbanas como Madrid e Barcelona. Por iso andamos extendendo a rede de fibra por Galicia adiante, chegando a sitios onde nin siquera nós pensabamos, sendo sinceros, que poderíamos chegar algún día con isto da fibra óptica.
A idea que perseguimos é sinxela. Canto máis cerca estea a fibra óptica de vós, máis poderemos subir a velocidade ou aumentar a capacidade. Hoxe en día achegamos a fibra óptica ás vosas casas, máis ou menos cada 80 fogares conectados a R. É unha especie de “entrada ou saída á autoestrada" en forma de datos que está ao ladiño das vosas portas.
Pero a cousa non vai quedar aí, faltaría máis. Que vos parecereía se vos dixera que de aquí a tres anos os coches van multiplicar a súa velocidade por 100. Que en lugar de ir como hoxe en día, a uns 100 km/h, irán no ano 2011 a 10.000 quilómetros por hora. De seguro que me dicides que estou tolo. Como se vos falara de marcianos, de coches voadores e de cidades que medran soas. Pois aínda que non podemos “trucar” a velocidade dos coches, coa de internet si que podemos facer cousas polo estilo: aí están os 100 megas dos que vos falaba e que son toda unha realidade.
Vós non sei se o lembrades, pero eu si, porque xusto coincidiu coa miña entrada en R (como pasa o tempo). O caso é que no 2005 as velocidades que ofrecíamos eran de 300, 600 e 1.200 Kbps. Así que en tres anos a velocidade da conexión á Rede terase multiplicado case por 100. De 1,2 megas a 100, case nada.
Preguntarédesvos como é posible isto? Como vos dixen, porque temos a infraestrutura e podemos ir optimizando a rede. De nada serviría ter unha autoestrada de catro carrís para despois ir por ela a 30 km/h nun coche sen carné ou nun tractor. Nós, unha vez que puxemos os alicerces, a nosa rede, estamos a traballar para que collades velocidade sobre ela. É dicir, estamos a mellorar a tecnoloxía que permite enviar os datos a través da rede. Agora estamos no DOCSIS 2.0, pero para os 100 Mbps xa pasamos de nivel e chegamos ao DOCSIS 3.0. Algo así como cando Songoku pasaba de Superguerreiro a Super Saián de nivel 2, pero sen pelos de punta nin historias.
Para os que non o saiban, DOCSIS significa Data Over Cable Service Interface Specification ou, en galego, “Especificación de Interface sobre Servizos de Datos por Cable". E que ten entón o DOCSIS 3.0 para que o comparemos con Super Saián de nivel 2? Pois que é capaz de dar máis velocidade a un usuario que os seus predecesores. No DOCSIS 1.x e no 2.0 empregábase unha canle de baixada e outra de subida para darvos servizo, e tiñades que compartir estas canles con outros usuarios. Agora cambia o conto e podemos crear varias canles maiores a partir das xa existentes.
E o mellor de todo é que o DOCSIS 3.0 ten velocidade mínima, pero non máxima. Cun cablemódem de 4 canles podemos dar velocidades de ata 100 Mbps. Se collemos xa un cablemódem de 8 canles, do que hai un prototipo, poderíamos dar o dobre de velocidade e no futuro... No futuro xa veremos, porque o problema, do que vos falarei máis adiante, van ser os equipos (ordenadores, cablemódems, servidores), que van quedar nalgúns casos por detrás da tecnoloxía. Imaxinade: con eses 100 megas poderíades baixar unha película que pesara 1 xiga (por exemplo a da voda dun amigo, que é o típico nestes casos) en tan só 80 segundos. Iso se houbera un servidor que soportara ben esa velocidade, claro está.
E para os que vos dea vertixe tanta velocidade, non vos preocupes que para vós tamén temos pensado outras que vos deixarán impactados, aínda que non tanto (como as de 30 e as de 60 Mbps).
Chegado a este punto, máis dun de seguro que está afiando as gadoupas para saltarme á chepa... Pois recollede ancóras, porque si: este ano tamén aumentaremos as velocidades que xa tendes contratadas. Pero como son así de malo, iso xa é unha historia para outro post.
E como dicía SuperRatón, non esquezades vitaminarvos e supermineralizarvos, que falta vos fará ante as novidades que vos temos preparadas :D

Que maliño es con nós, posnos o caramelo na man e logo falo desaparecer, jajaja. Esperemos que poñas as novas velocidades pronto, jejeje. Gústame ver que R está en movemento, gústame que R sexa máis R. A pola "ONDA VITAL" dos 100Mb!!!!!
enviado por ivan44 o 18 xullo 2008 ás 03:53 PM CEST #
Saúdos.
Fálase moito da velocidade de descarga pero non se menciona a de subida.
¿A que velocidades se espera que o meu amigo que tamén ten R poida pasarme o vídeo da súa voda?
enviado por Luis o 18 xullo 2008 ás 06:13 PM CEST #
E canto terá iso de subida? Porque por moito que poidamos correr costa abaixo, costa arriba quedámonos sen aire.
A ver se se portan e fan conexións simétricas ou alomenos un 100/50 porque o futuro está na subida non na baixada...
Por certo, hai que ir tirando máis fibra, que eu estou pegado ao centro de Vigo e sen cable á vista...
enviado por xabier o 18 xullo 2008 ás 06:44 PM CEST #
Fechas???
para 2020 o será para antes.
enviado por Sonia Bouza o 18 xullo 2008 ás 06:51 PM CEST #
As probas están moi ben, pero só son probas. Non creo que ofrezades esas velocidades pronto, teriades que cambiar tódolos cable-modems, ademais a que prezos? Xa o dixo o último informe da OCDE, en España internet é caro e lento. Saúdos
enviado por Jaco o 19 xullo 2008 ás 02:49 PM CEST
Sitio web:: http://eljaco.blogspot.com/ #
ya veréis como pronto ! el docsis 3 y ya estaremos a la altura de los servicios y servidores de europa y usa reventará!! xD
enviado por CoMManD o 21 xullo 2008 ás 05:49 PM CEST
Sitio web:: http://www.Chatzona.com #
Nota do moderador: indicar simplemente que o comentario é off-topic. Neste post quixemos falar sobre que en R estamos xa traballando para dar 100 megas e a crítica vai encamiñada aos nosos prezos. E aínda que non "pega" moito co tema, desta vez miramos para o lado e aprobamos o comentario. "Comparemos prezos e servizos: Con R -- Combo 1 24 ?, Internet 3 Mb 21?, aluguer módem 5?, 5 contas correo de 25 Mb, espazo web 25 Mb -- TOTAL 50 ?/mes + IVE. Outro operador (ex. YA.COM) ADSL 3 Mb, cota liña, chamadas a fixos gratis, wifi gratis, 15 contas correo de 100 Mb, espazo web 25 Mb -- TOTAL 29,95 ?/mes + IVE. Lembrar que a velocidade de conexión non só depende da velocidade de acceso, senón tamén da capacidade do servidor onde esta aloxado o servizo ou a páxina; para a maioría dos usuarios son necesarios máis de 3 Mb? Polo, tanto ata que punto compensa ter contratado R? Polo sobreprezo que nos cobran non deberían ofrecernos máis? Saúdos".
enviado por jose o 21 xullo 2008 ás 08:29 PM CEST #
Eu estou moi satisfeito co servizo de R (actualmente teño o Combo 3). A verdade é que esta opción é, que obviedade!, súper atractiva. Pero... canto tardará en ser real? :)
Ah, xa de paso: tamén aumentará o número de páxinas da revista :)?
enviado por Un pailán anónimo o 24 xullo 2008 ás 09:00 AM CEST #
Como as preguntas tiñan a súa "tela", fixen un novo post para intentar contestárvolas:
http://quecheparece.blogs-r.com/weblog/ver-post/sobre_os_100_megas_e
enviado por quecheparece o 29 xullo 2008 ás 01:51 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
ola a todos, a min tanme poñendo a fibra óptica por diante da casa e a ver se acaban que teño ganas de pasarme porque telefonica ou como eu lle chamo (TIMOFONICA), pois estanos a deixar tesos coas suas facturas. En R pon que o seu prezo é de 5 euros os 9 mg. Non sei se e verdade pero ainda que suba a 20 ou 30 euros non me importa. Se alguen que o teña, se mo pode dicir pois saleria de dúbidas.
enviado por TOPETE o 16 setembro 2008 ás 02:14 PM CEST #
Ola, el año pasado estabamos viviendo en Francia, y teniamos un servicio ADSL de 20Mbps, con :
- llamadas internacionales gratis a mas de 70 pais,
- secunda linea dedicada para enviar y recivir fax,
- mensajes de voz recibidos directamente por email
- TV HD y radio por streaming, permitando ver los 100+ canales en la TV y cualquier PC o Mac conectado a la red wifi de casa)
El precio ? 29.90E/mes con IVE incluida.
Seria guay si R podria al minimo doblar la velocidad disponible (especialmente ponerla symetrica en download y upload), proponer llamadas gratis a otros paises et permitir de ver la TV utilizando el ordenador. Pero no estoy seguro que hay suficiente concurencia entre los operadores para proponer soluciones inovantes... Si ?
enviado por Tikko o 27 setembro 2008 ás 05:40 PM CEST
Sitio web:: http://tiktaktok@gmail.com #