o apagón analóxico non lle afecta aos nosos clientes
jelouses. Hoxe voulle tirar das orellas a máis dun porque me acabo de enterar que algún que outro cliente de R ando mercando descodificadores de TDT porque pensa que na tele que teñen con nós tamén se produce o apagón analóxico. Que non, que en R ides seguir vendo a tele como ata o de agora sen necesidade de mercar ningún aparello!
pensara que a cousa xa quedara clara, entre outras cousas porque xa vos informamos do tema e xa escribín un post hai cousa de medio ano sobre o tema (como pasa o tempo!).
como saberedes, o apagón analóxico rematará en toda España o día 3 de abril do 2010, pero a cousa vai por fases. É dicir, que se trata dun proceso gradual que vai afectando cada pouco tempo a determinadas zonas. Así que dentro duns mesiños, en concreto o 30 de xuño deste 2009, haberá 44 concellos galegos (39 da Coruña e 5 de Pontevedra) que deixarán de recibir as súas emisións de televisión en analóxico.
o caso é que a TDT emite o seu sinal polo aire, recíbese mediante antenas e despois decodifícase mediante un sintonizador dixital que permite que no televisor se vexan as canles. Pero os clientes que vedes a televisión grazas a R sabedes que as antenas de televisión non vos fan falla. Así que un descodificador de televisión menos e unha tele nova nanai de la China. Como o sinal o retransmitimos pola nosa rede de fibra óptica, vós non vos tendes que preocupar de nada.
o proceso xa o facemos nós: xa temos os nosos equipos que se encargan da recepción do sinal dixital das canles da TDT e de televisións locais coas que temos un acordo e da súa transformación para que o poidades recibir como ata o de agora. Así que nada de adaptar a antena da vosa comunidade nin de mercar un aparello para o televisor no que tendes a toma con R. E que en vez dun televisor tendes sete na vosa casa (como unha compañeira miña da facultade que ata tiña unha no baño) conectadas á nosa rede de cable, pois nelas tamén teredes as nosoa canles en analóxico despois do apagón.
deste xeito, quero repetir de novo que os clientes de combo1 e de combo3 non teñen que gastar un can nun aparello ou nun televisor novo. O 30 de xuño deste ano producirase un apagón analóxico para moitos galegos, pero non para os que teñen contratado o servizo con nós, aínda que sexa o combo1 (que non por ser o combo máis humilde é para nós o menos importante). Así que se vivides en Ames, Arzúa, Brión, Melide, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Santiago de Compostela, Teo, Lalín ou Silleda, non vos preocupedes por nada.
con R tendes a tele garantizada. E poderedes ver... unhas 20 canles de televisión, entre xeralistas e da TDT (de información, infantís...) e se vos sabe a pouco e queredes ter máis de 80 canles de televisión dixital e interactividade, lembrade que sempre tendes aí o combo2 e o comboR ;)
calquera cousa, por aquí andarei.
PD: Aproveito para saudar aos usuarios de Banda Ancha (graciñas por participar e por enviarnos suxestións) e aos que fan Código Cero (que nos adoitan ler).

Iso está moi ben. Habría que ver as ventaxas de recibir a señal directamente en dixital por TDT, ou despois da súa transformación a analóxico a través de R. Non sei se se perderá calidade polo camiño.
En todo caso tamén é certo que a TDT, de por sí, e cun decodificador adecuado, permite interactuar coas canles, participar, VO, subtítulos... cousas que (polo menos polo de agora) en R pérdese ese valor añadido.
E por outra banda... ¿qué pasa coa TVG-2? ¿Non a veremos nos combos 1 e 3?
Non lle veo a ventaxas a ter a TV por R en vez de en TDT, creo que perdemos bastantes cousas.
Un saúdo.
enviado por Vermu o 17 febreiro 2009 ás 10:11 AM CET
Sitio web:: http://foraxido.blogspot.com #
Ola Vermu.
Non te preocupes que a G2 se ofrecerá en aberto para todos os clientes de combo1 e combo3.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 febreiro 2009 ás 10:23 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Grazas polos saúdos e continuade así.
enviado por Marcus o 17 febreiro 2009 ás 11:01 AM CET
Sitio web:: http://codigocero.com/ #
E as canles Nova e Neox de antena 3, vanse ver algunha vez?
Eu penso que co cobrades polo combo 3, non paga a pena ter R para ver a tele por só unha canle extra que nin sequera se pode escoller. E o Combo 1 non ofrece unha conexión a internet xeitosa.
Por que non facedes un "combo" de só teléfono e internet a un prezo competitivo? Porque un decodificador de TDT é un gasto pequeno comparado coa cuota de R, se imos ver as mesmas canles... ou menos.
enviado por uxio o 17 febreiro 2009 ás 12:15 PM CET
Sitio web:: http://commonsbaby.blogspot.com #
Ola Uxío.
Fasme un par de cuestións que son temas recurrentes neste blog :D. Igual ao final do ano fago un ránking coas cuestións que máis vos interesaban.
Con respecto a Antena Neox e Nova, quérennos cobrar unha cantidade por cada un dos nosos clientes. Como nos parece que son canles en aberto que se poden recibir gratuitamente, cremos que nin R nin os nosos clientes deberían de pagar por velas. Así que mentres non cheguemos a un acordo bo para todas as partes non se emitirán.
Por último, comentarche que non estamos a cobrar por ofrecer televisión aos clientes de combo1 e combo3. É un servizo en aberto que nós ofrecemos de balde aos nosos clientes porque se trata de canles que son gratuítas. Para nós é ofrecervos un plus no servizo que a moita xente lle vén ben e que lle dá maior atractivo ao paquete, pero que realmente non se cobra.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 febreiro 2009 ás 12:26 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Iso sí, cunha oferta restrinxida dos canles que son ofrecidos pola TDT, xa que R nestes momentos non ofrece algunhas das canles das principais xeralistas.
enviado por Galicia1 o 17 febreiro 2009 ás 01:14 PM CET
Sitio web:: http://www.galicia1.es #
Ben, non se cobra... pero cóbrase, xa que vai incluida unha canle "extra" que normalmente é de pago ou de combo2, que vai rotando cada 3 meses. E entre pluses de protección, ive, etc. no combo3 acabades cobrando practicamente 70€ por só conexión a internet (rápida, si, non nego) e teléfono, xa que como dis as canles de televisión xa as podemos ver sen o cabo de R. E visto así, si que sae caro. Por iso insisto, porque non un combo só de teléfono e internet de alta velocidade, sen televisión, por un prezo un semellante ao que suporía o combo1 + unha conexión adsl de 3 MB, por exemplo? Ou xa existe pero non a "ofrecedes"?
E xa postos a pedir, porque non subir a velocidade de subida? Eu subo quincenalmente arquivos de audio de 30Mb (fago un podcast) e coa conexión que teño agora non vai mal, mas se acabo cambiando de contrato (como rematarei facendo, seguramente) a un menos caro, vou botar media hora para subilos.
Un saúdo e grazas pola rápida resposta anterior.
enviado por uxio o 17 febreiro 2009 ás 01:37 PM CET #
Ola de novo Uxío.
No caso da canle extra que vai rotando, o que facemos é falar con esa canle e ofrecela de xeito gratuíto tamén. Para nós é unha oportunidade de que vexades os contidos das diferentes canles que temos de pago, por se vos puideran interesar ou resultar útiles. E por iso precisamente están un tempo limitado.
En canto aos produtos de velocidade, temos un abanico bastante amplo que, claro está, varía bastante de prezo. Unhas velocidades están pensadas para os que usan internet só para consultar o correo, navegar e pouco máis e outros produtos xa están pensados para superusuarios, xente que sube moitos arquivos ou descarga.
Póñoche aquí unha ligazón á comparativa dos nosos produtos:
http://particulares.mundo-r.com/servlet/Satellite?cid=1150885424933&pagename=WEBCorporativa%2FWCR_Mostrar&Idioma=gl&c=WCR_Seccion
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 febreiro 2009 ás 01:47 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ola,
primeiro grazas pola resposta.
Logo, en fala con r dixéronme:
"Lamentamos comunicarle que por el momento, el segundo canal de RTVG , es decir TVG2 , se emite únicamente a los clientes que tengan contratado nuestro servicio de televisión digital"
Se ti me dis que si o emitiredes... ¿cando?
Por outra banda, gustaríame que me comentases sobre a perda de interactividade e servizos añadidos coa TV de R respecto á TDT.
Un saúdo e ánimo, este blog paréceme moi útil e o fas moi ben.
enviado por Vermu o 17 febreiro 2009 ás 03:34 PM CET
Sitio web:: http://foraxido.blogspot.com #
CANLES DIXITALES (DVB-C) EN ABERTO
Parece ser segun comentades que "R" vai seguir emitindo en analóxico os canles xeneralistas da TDT. Dise que "R" de momento non vai a emitir canles en aberto por dixital porque case no hai televisores con esta tecnoloxía (DVB-C), cando a maioría dos operadores de cable europeos están poñendo en práctica este servizo aproximadamente dende finais do 2007 e moito antes nos Estados Unidos.
A maioría dos televisores actuais xa teñen integrado un descodificador para TDT-Televisión Dixital Terrestre (DVB-T), sendo incompatible a súa utilización polo cableado de R e só válido pola antena exterior.
De tódalas maneiras aos clientes de Combo1 e Combo3 compénsanos máis conectar a televisión por TDT o recibirse máis canles como CNN+, 40latino, Antena Neox y Antena Nova,TVG 2 gañando máis calidade de imaxe, mellor son, podendo nalgúns casos elixir diferentes idiomas, subtítulos, ademais da utilización da guía de programación (EPG), e radios.
DVB-C son as siglas de "Digital Vídeo Broadcasting-Cable", e dicir a emisión de canles de televisión en formato dixital a través de operadores de cable. Os clientes actuais de R de Combo2 e ComboR necesitan dun descodificador dixital para poder ver os canles multicanle (tv de pago). Pero actualmente existen no mercado televisores que xa incorporan varios sintonizadores: o tradicional de emisión analóxica, o de TDT-Televisión Dixital Terrestre (DVB-T), e tamén para cable o de DVB-C. Este e o caso por exemplo do televisor LCD Bravía Sony KDL-37V4500, entre outros.
O que espero e que os responsables de "R" tomen a iniciativa de poñer en aberto os canles xeneralistas e TDT que agora están emitindo en codificado, para poder gañar calidade e servizo nos Combo1 e Combo3, xa que a señal analóxica durará só o tempo que duren os televisiores nesta tecnoloxía. ¿Por que preservar as emisións en analóxico, cando os televisores con sintonizador analóxico deixaran de fabricarse no 2010?.
Pero se realmente pensades nalgún momento mellorar o servizo de televisión multicanle dixital sería bo que pensedes na posibilidade de incluír CNN+, 40latino, Antena Neox, Antena Nova e TVG2, así como as radios que actualmente se emiten en TDT por exemplo, no múltiplex da canle autonómica de Galicia, aparte da Televisión están as radios da TVG: Radio Galega, Son Galicia Radio e Radio Galega Música, TVE emite: RNE1, RNEC (clásica) e RNE3, Antena3 emite: OndaCero, Onda Melodía e EuropaFM, Veo7 emite: Punto Radio, e Radio Marca, Intereconomia emite: Radio Intereconomia, e Cuatro•: cadena SER, 40 pricipales e cadena Dial etc, etc. creo recordar, algunhas xa parece están. Inda que non sexan DAB. Tamén seria bo que foran as sucursais destas en Galiza, e non as de Madrid.
enviado por Xosé Ml. o 17 febreiro 2009 ás 04:05 PM CET #
Ola de novo Vermu.
Aínda que non está "oficialmente" confirmado, a nosa idea é ofrecer para os clientes de combo3 e de combo1 a G2. É dicir, que che confirmo que se vai emitir, pero non temos prazos. O que che indicaron dende fala-con-R é certo, a día de hoxe só a poden ver os clientes da tv dixital (combo2 e comboR), xa que acaba de substituír a TVG América. Pero, como che digo, a cousa vai cambiar.
En canto aos servizos interactivos, tendo en conta que se trata dun sinal de televisión analóxico, non vai ter ningún. A nosa idea é que toda aquela xente que quere seguir vendo as canles como ata o de agora, que non quere mercar un descodificador de TV ou un novo televisor, os veciños aos que lles sae moi caro adaptar a antena da comunidade... pois que o poida seguir facendo.
Agora, tamén che digo que meus pais, que teñen aparello de TDT na casa, o que teñen é a opción de ver a programación que se emite e nada máis (a excepción dun Tetris que vén instalado no descodificador). Realmente, polo que sei eu, hoxe en día non hai moitos servizos interactivos. Sei que mesmo se chegou a ofrecer a posibilidade de cubrir a declaración da Renda vía TDT, pero sacárono porque ninguén o fixo, así que supoño que terá que pasar tempo para que a cousa se mova.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 febreiro 2009 ás 04:16 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ola Xosé Ml.
Creo que xa o comentei antes neste blog, segundo as reunións que temos cos fabricantes, por agora, menos do 3% das televisións vendidas en España levan sintonizador de cable, DVB-C. Sabemos que nos EUA e noutros países de Europa está moi implantado, pero temos que mirar o entorno no que nos movemos.
De momento o que non queremos é replicar as canles en diferentes sinais porque ocuparían moito ancho de banda para poucos usuarios. Neste sentido esperamos a que haxa cambios. Cando desaparezan os televisores analóxicos, claro que non terá sentido emitir nesta tecnoloxía.
A nosa emisión en analóxico durará só o tempo que duren os televisores nesta tecnoloxía. Cando desaparezan nós tamén pasaremos o 100% das emisións a dixital. Así que calquera que teña un DVB-C poderá ver algunhas canles dixitais en aberto.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 17 febreiro 2009 ás 06:12 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
"De momento o que non queremos é replicar as canles en diferentes sinais porque ocuparían moito ancho de banda para poucos usuarios."
¿Por qué motivo habería que replicar as canles dixitais de R que se queiran por en aberto (en dixital)? ¿Se se poñen en aberto, o desco de R non as "entende" tendo que deixar a sua versión "de pago"?
enviado por fervigo o 17 febreiro 2009 ás 09:17 PM CET #
Que R siga emitiendo su señal por analógico es una ventaja para la gente rehácea a la hora de migrar o dejarse unos pocos cuartos con un TDT pero personalmente lo veo un problema de futuro, precisamente si hay un apagón analógico es para que todo el mundo lo respete, incluída la propia R.
Mi caso es que me estoy planteando hacerme con una capturadora de TV para mi PC y pillar la señal de TV por R... hasta aquí bien, pero a la hora de mirar capturadoras me encuentro con el problema de que las capturadoras analógicas están desapareciendo y claro si me hago con un aparato así mi idea es que me dure al menos unos 5 añitos, tiempo en el que estoy muy seguro R dejara de emitir en analógico o vete a saber tu me da por darme de baja en R (llevo unos 8 años con vosotros).
enviado por Miguel Sáez o 18 febreiro 2009 ás 03:34 AM CET #
El titulo de esta entrada "o apagón analóxico non lle afecta aos nosos clientes" se aleja muchisimo de la realidad, nos afecta a todos, clientes de R o no, y cada uno hemos de comprobar que medidas debemos tomar y cuales son las que mas nos combienen.
Como bien sabeis en R, una gran parte de las instalaciones que habeis realizado a vuestros clientes incluyen una unica toma de antena, cada toma a mayores cobrais alrededor de 35 euros y me atrevo a decir que la gran mayoria de vuestro clientes de combo 1 y combo 3 disponen de una, o como maximo 2 tomas, en sus casas y mas de 1 o 2 televisores. Todos estos clientes Si han de tomar medidas ante el proximo apagon digital y adapatar sus instalaciones a la TDT o se encontraran que solo van a poder ver una de las teles que tienen en casa.
La afirmacion que realizas en negrita "nada de adaptar a antena da vosa comunidade" pasa de desafortunada .... La antena del edificio ha de ser adaptada igual a la TDT por todos los vecinos del edificio, independientemente de si la van a usar o no, porque puede haber vecinos que no son clientes de R.
Tambien olvidas decir que R no emite toda la parrilla de la TDT, por lo que aquellos que no se adapten a la TDT no podran ver los canales que vosotros no emitis.
Y todo esto sin entrar en los beneficios que tiene, y mas que tendra en el futuro, la television digital sobre la analogica, que muchos se perderan si siguen tus consejos y no toman las medidas oportunas.
Esta entrada de tu blog yo la calificaria, como poco, de muy desafortunada .....
Saludos
enviado por Xan o 18 febreiro 2009 ás 04:54 PM CET #
Hola Xan.
El título del post claro está que no puede resumir todo el contenido. Pero la idea que quería transmitir, es que la gente que quiera seguir viendo la televisión como hasta ahora, lo podrá seguir haciendo: no tendrá que comprar un televisor adaptado ni un descodificador.
Claro está que cada uno es libre de elegir y de decidir qué es lo mejor en su caso. Simplemente quería transmitir que nuestros clientes no se tendrán que preocupar por el apagón ni comprar ningún aparato si quieren seguir como hasta ahora.
No lo considero una entrada desafortunada porque hay muchos clientes, sobre todo gente mayor, que nos estaban llamando para preguntar si se tenían que comprar un desco para ver la TV con R. Y la respuesta es no.
En cuanto a las comunidades de vecinos, es cierto, pero también lo es que hay zonas donde la cobertura de TV es mala y todos los vecinos tienen R. En este sentido, no tendrían que preocuparse.
En el post también comentaba que allí donde la gente tenga su televisor conectada a nuestra red de cable, la cosa seguirá como hasta ahora. En muchos casos la gente no quiere complicaciones. En otros pues prefiere tener un televisor con un desco TDT y otro conectado a R para no comprarse nada, y en otros preferirá ver sólo la TV con señal directa de la TDT... Como te digo cada uno puede elegir pero, teniendo en cuenta que mucha gente nos pregunta, hemos creido oportuno indicarlo.
En cuanto a los canales, ya he comentado el problema que tenemos con algunos y, en otros, hemos intentado primar la calidad.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 18 febreiro 2009 ás 05:16 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ola,
Eu teño contratado o Combo1 e non vexo a televisión por R, merquei un aparello pequeniño que se conecta ao euroconector.
Como ves non teño un gran aparello máis na casa, con ese aparello vexo a G2, Neox8 e Nova9, CNN+ e 40Latino, canles que non ofrece R.
Non sei que aparello teñen os teus pais, pero o meu por pouco máis duns 30 Eur. teño, o Tetris, o Buscaminas, EPG, Teletexto, V.O., e subtitulos, así que non digas que non ofrecte máis ca R.
Saúdos
enviado por Anxo o 18 febreiro 2009 ás 05:32 PM CET #
Ola Anxo.
Si, o aparello de meus pais tamén debeu costar por aí (foi mercado no Carrefour). Xa comentei que tiña EPG e xogos (aínda que estes non teñen nada que ver coa TDT, senón co aparello en si).
Só podo falar da miña experiencia coa TV de meus pais, e eles non teñen nin VO nin subtítulos nin teletexto (que por outro lado, tanto o teletexto como os subtítulos xa era algo que había nos televisores en analóxico). De feito, para ver o teletexto hai que apagar o descodificador e poñelo en analóxico. Entendo que isto é algo que xa terían pensado, claro está.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 18 febreiro 2009 ás 05:47 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Totalmente de acordo con Xan, parece que quixerades perpetuar unha tecnoloxía con data de caducidade, cando o que teriades que facer e manter a sinal analóxica, polo que contades, ata que se estabilice o parque de TVs, pero non deixar sen as vantaxes da TDT a outros clientes… xa que podédelo facer en DVB-C. O único que se me ocorre e que vos interese alugar descodificadores…, pero nin iso, xa que a Audiencia Provincial de Madrid obriga nunha sentencia a Sogecable a liberalizar o mercado dos descodificadores de TV tras dunha denuncia da Unión de Consumidores de Pontevedra…. Supoño isto será para todas as plataformas que venden TV sexa no formato que sexa.
Saúdos
enviado por Xosé Ml. o 18 febreiro 2009 ás 07:48 PM CET #
Ola,
Ben xa sei que os xogos non son parte da TDT senon do descodificador, pero non fun eu que falou deles, senón tí lémbroche.
Para ver o Teletexto non teño que apagar o descodificador, o vexo sobre a pantalla da cadena na que está como o facía no analóxico.
A V.O. a vexo por que emiten duas canles de son, unha dobrada e outra orixinal que podo cambiar segundo me peta.
E os subtítulos, a parte dos que emiten no TXT, tamén hai a opción de poñelos sen ser a traves do TXT.
Non sei que aperello mercaches ti pero o meu xa te dixen custou pouco máis de 30 Eur., e merqueino en PC City, e fai menos de 15 días merquei outro identico pero con distinta marca (xa que o fabrican para distintas marcas) para os meus pais para poñer na aldea, onde non teñen R, e tamén custoume sobre 30.-Eur no Hiper Eroski.
Así que sigo insistindo como dín outros comentarios por unha inversión de 30.-Eur. teño máis canles tanto de TV como de Radio (ainda que na miña TV xa podía escoitar a Radio), teño TXT, V.O. i EPG.
E eso hoxe por hoxe non mo ofrece R, polo tanto ainda que teño o Combo1, como xa dixen prefiro ver a TV pola TDT.
Por certo na miña comunidade nos adaptamos a TDT, porque ainda que todos temos TV de pago, viron que saía máis ventaxoso poñela, custounos adaptar o edificio soamente 40.-Eur., sin 40.-Eur non me trabuquei. E para a vosa información a comunidade de Veciños está obrigada a adaptarse con que so o solicite un veciño.
Saudos.
enviado por Anxo o 19 febreiro 2009 ás 10:39 AM CET #
Home, o desco de meus pais creo que se mercou hai un par de anos, coincidindo co Mundial de Baloncesto, porque non eran capaces de coller laSexta na casa (tamén viven nunha aldea).
Esta fin de semana hei de mirar con calma o mando polo da VO. Xa che digo que os botóns do teletexto non funcionan no mando do desco TDT e que o tiña que mirar a través do analóxico. Si é certo que se poden poñer por riba da imaxe en TDT, pero a lexibilidade non é moi boa, polo que teño que apagar o desco e poñer só o teletexto con fondo neutro.
Un saúdo Anxo.
enviado por quecheparece o 19 febreiro 2009 ás 10:53 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ola,
Douche a razón no do TXT a lexibilidade non é moi boa, pero funciona.
Por certo dixen o prezo da instalación da TDT, porque sei que hai moitos enganos, normalmente se o edificio é novo custará pouco como nos pasou a nós pero no mesmo bloque noutro portal lles deron dous prezos un de 200.-Eur e otro de preto de 500.-Eur., así que andade con ollo.
A nos dixeron que así se recibía a TDT ben, e é certo, pero que hai outros que colocan módulos que non fan falla, porque a TDT non está desenrolada de todo e polo tanto non teñen utilidade e que cando empecen a funcionar algúns deses servicios dentro duns anos, eses módulos estarán obsoletos e haberá que cambialos de novo.
Polo tanto aviso a navegantes coidado coa TDT, mirade ben o que vos instalan.
Un saudo.
enviado por Anxo o 19 febreiro 2009 ás 01:22 PM CET #
Fervigo, desculpa pola tardanza en contestarche. A día de hoxe estamos emitindo algunhas canles en dixital e en analóxico. Ata aí ben. En dixital cada canle emítese só unha vez; esa emisión pode ser en aberto ou en codificado.
Agora mesmo temos algunhas canles en aberto, pero de momento non pensamos ter máis porque, polo que me din, para acceder ás aplicacións interactivas, sería necesario un set top box
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 19 febreiro 2009 ás 07:04 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Bueno, por "tardares" neste caso este nada, non teño nada que dicirche ;), era máis ben un noutrora non me contestaches a isto, igual por pasarseche, igual por outra cousa inconfensable, e esta vez xa parecía ir polo mesmo derroteiro, coas suas consecuentes suspicacias ;)
Alédame que ao final si reciba resposta.
Entón, para aclararme sobre o comentado das canles transmitidas en dixital:
- Ó transmitir unha canle en aberto, ¿os que teñen o desco de R vense privados dalgunha desas aplicaciones interactivas o de cualquera outra cousa sobre esa canle?
- Co de que fai falla un "set top box" para tal, ¿queres dicir simplemente iso, puidendo mercar un aparato calquera deses compatible co sinal e servizo de R, se é que tal é posible, ou que ademáis é necesario estar subscrito á TV de R? Ou se é só cousa da singularidade concreta do desco de R ó poder estar adaptado pra R, que fai que non se atope ditas caracteristicas necesarias noutros. E non se me ocorren máis opcións :P
- E concretando para os que só teñan unha simple sintonizadora DVB-C, nesas canles en aberto, ¿qué servizos ofrecidos por R percibirían e cales non poderían percibir? Pero considerando só limitacións intrinsecas ó aparello en si ou de compatibilidade cos servizos de R, non por limitacións "políticas". Se a resposata fixerase quilometrica, sen podela resumir a grandes rasgos, conformariame cunha comparación coa actual TDT, que en principio sería o espello a mirarse.
Un saúdo :)
enviado por fervigo o 19 febreiro 2009 ás 08:52 PM CET #
O apagón analóxico non lle afecta ós clientes de R?
Actualmente estades a emtirnos en analóxico as canles a maioría das canles que se porden ver pola TDT.
As canles de TDT como Hogar10, 40latino, CNN+ e G2 que están dipoñibles na televisión dixital de R, ¿vanse poder ver en analóxico para os Combos 1 e R?
enviado por Tomás Castro o 19 febreiro 2009 ás 11:00 PM CET #
Quiero dar a conocer otra solución a la tdt que está ofreciendo R actualmente y que en este momento está ofreciendo Euskaltel. El uso de un decodificador, que ofrecen en alquiler (4,35 con IVA) o en venta (69€ con IVA).
TV Digital Sin Cuotas
38 canales digitales sin cuotas mensuales y acceso al mejor cine y fútbol con Mirador.
Una nueva experiencia televisiva en la que, con sólo apretar un botón, tendrás a tu disposición multitud de canales y servicios.
Con el acceso a la Fibra Óptica tendrás la posibilidad de ver los canales analógicos de siempre, canales locales de tu zona, y canales especiales como Natura o el Canal Invitado donde conocerás los mejores contenidos de la TV Digital de pago de Euskaltel.
Y además, si tienes o adquieres un decodificador, podrás disfrutar de los mejores canales TDT, de otras autonomías e internacionales hasta completar 38 canales digitales emitidos en abierto y sin restricciones de ancho de banda, con la máxima calidad digital que te aporta la Fibra Óptica.
Además de los 20 canales analógicos de siempre y los 38 digitales que te trae tu conexión a la Fibra Óptica, disfruta del servicio Mirador PPV y vive los últimos estrenos de cine cada semana y las mejores películas X y XY sin tener que ir al videoclub. Vibra con los partidos de fútbol sin moverte de casa. Todo ello, sin ningún tipo de cuota ni compromiso de consumo mensual.
Espero que pueda servir de idea y que en R estudieis esta fórmula de Euskaltel. Como tienes una conexión muy rápida, te aconsejaría que visitaras la página de Euskaltel. Hasta te puedes bajar el librito de instrucciones del decodificador en pdf.
Fíjate que por casualidad, emiten Neox y Nova y algún canal más que no emitís, como bien te han apuntado otros anteriormente.
Atentamente, Indiana.
enviado por Indiana o 20 febreiro 2009 ás 11:34 AM CET #
Ola de novo fervigo.
Desculpa de novo se non che respondín antes a outra cuestión. De verdade que intento contestar a todas as vosas preguntas, e ben o vedes. De todos os xeitos, ás veces seguro que me queda algunha no tinteiro, me esquezo ou ben non hai unha resposta polo de agora.
Con respecto á primeira pregunta, dicirche que se teñen o desco R non se ven privados de nada; pero como o poden teoricamente ver sen ter o desco (só no caso de que a súa tele teña tuner DVB-C) a eses clientes si que non llas poderiamos ofrecer.
Con respecto á segunda pregunta, as aplicacións interactivas que R vai emitir só funcionarán para clientes co noso desco e a nosa tarxeta; o noso desco ten un cablemódem dentro que habilita a canle de retorno.
Por último, o que teñan a sintonizadora DVB-C, o único que poderían ver é a miniguía de programación; a guía xa non a poderían ver porque usa descritores DVB privados.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 20 febreiro 2009 ás 12:29 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ola Tomás. En canto haxa algunha novidade ao respecto farémola saber. De todos os xeitos, creo que noutro comentario xa adiantei que a G2 si estará en analóxico para combo1 e combo3.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 20 febreiro 2009 ás 12:36 PM CET #
Sei que sempre tentas responder, de aí a miña estrañeza. Pero bueno, tema zanxado e olvidado :)
Entón, entendo que non hai impedimento en ofrecer ditas canles xeralistas/TDT en dixital e aberto para o desfrute dos clientes do Combo 1 e 3 que só teñan unha sintonizador DVB-C, impedimento máis aló da vontade de querer ofrecer dito servizo.
Non se tería todalas funcionalidades, como comentas, só a miniguía, pero polo feito de poder acceder ó contido en dixital, xa é máis do que temos actualmente. Nada é nada e algo é algo ;) Ademáis que se ó final vades acabar ofrecendo isto (cando a venta de TVs e iso), por qué non ofrecelo xa.
Saúdos.
enviado por fervigo o 20 febreiro 2009 ás 02:34 PM CET #
Imos ver se aclaramos algo, teño un TV con sintonizador DVB-C, na actualidade (sempre claro esta grazas a cortesía de R, que ten sen codificar) vense: TVE1, la2, G1, G2 e Correo TV; as Radios: Radio1, Radio Clasica, Radio3, Radio Galega, Son Galicia Radio, Radio Galega Música, Onda Cero, Onda Melodia, Europa FM e Radio Obradoiro. As codificadas como comprenderedes non as podo ver, teño acceso a subtítulos, dous idiomas, TXT (incluso das canles codificadas) e Guía de programación tal como se ve na TDT (incluso a dos canles codificados), a calidade? eu diría ca mesma que a TDT dende logo moito mellor ca analóxica, como vedes moito mais que en analóxico ¿Non?.
Que non podo acceder as aplicacións interactivas, ben non o sei, dende logo o TV ten unha ranura para unha tarxeta CAM (Modulo de acceso condicional) para servizos Pay Per View…
As canles non están duplicados, xa que os codificados tamén saen (inda que non se ven) e non sae ningún repetido.
Saúdos
enviado por Xosé Ml. o 20 febreiro 2009 ás 04:59 PM CET #
Boas outras vez fervigo (fasme ter horas extras, jeje).
Efectivamente, non hai ningún impedimento técnico, como ti ben dis. Xa che digo que, despois de falarmos cos fabricantes, nos dixeron que menos do 3% dos televisores en España teñen DVB-C, así que de momento non era algo que nos formulásemos, porque nos parecía máis ben algo residual. De todos os xeitos, tal vez sexa bo comezar a pensar no tema.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 20 febreiro 2009 ás 09:53 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #