novo seguridade R
ola xente. Hoxe quero falarvos da nova versión de seguridade R, xa sabedes, ese produto para protexer o voso PC con antivirus, antispyware, devasa, antispam e control paterno.
o primeiro de todo, e algo que nos pedían moitos clientes: seguridade R poderase usar en máis dun equipo. Acabamos de sacar a opción de seguridade R multilicenza, que vos permitirá telo instalado en tres ordenadores conectados a internet. Como sabemos que nunha casa sempre hai moita xente navegando (na sala de estar, no cuarto dos nenos...) dámosvos tres licenzas.
e canto vai valer seguridade R multilicenza, tres veces máis? Pois non, custará exactamente o mesmo para os clientes de comboR e combo3, é dicir, 3€/mes. Para o resto de clientes coa opción de alta velocidade (combo1 e combo2), o prezo será de 6€/mes. E se só precisades ter instalado seguridade R nun equipo, pois non hai problema, xa que seguimos tendo a opción de ter unha soa licenza por 3€/mes.
por outra banda, aplicamos tamén un novo software máis rápido e que precisa de menos recursos. Nin se nota que está aí. A instalación agora pode facerse en dous minutos e a busca de virus tamén é máis áxil. Vamos, que como dicía Baltasar Gracián, “lo bueno, si breve, dos veces bueno”.
que máis? Pois para aqueles que teñades rapaces, o control parental pódese establecer por horas. Que non queremos que os cativos navegan pola Rede a partir das 8 da tarde, no problem! Podemos establecer que só funcione a conexión de luns a venres das 17.00 ata as 20.00 horas. Se despois nós queremos navegar (unha cousa son os nenos e outra nós), con poñer un contrasinal xa está.
doutra banda, tamén podemos establecer unhas listas negras e brancas. É dicir, podemos indicar as páxinas webs e direccións ás que non queremos que os nenos accedan (páxinas negras) ou podemos poñer só aquelas polas que queremos que naveguen sen que teñan acceso a máis (páxinas brancas).
vamos, trátase de cambios que nos víñades demandando e que nós tratamos de ilos incorporando á aplicación. Xa me diredes se vos parecen ben ou non.
por certo, se xa tendes seguridade R e o queredes instalar en máis equipos, lembrádevos de chamar ao 1449 para que vos expliquen como facelo.
un saúdo.

Si ya se tiene contratado Seguridade R con anterioridad, con licencia para sólo 1 equipo, hay que hacer algún tramite para que te apliquen la multilicencia, o esta opción está enfocada para nuevas contrataciones del producto?
enviado por Bas o 14 maio 2009 ás 08:19 PM CEST #
Buenos días Bas.
No es un producto enfocado para nuevas contrataciones, sino para todos los clientes, tengan o no contratado ya seguridade R.
Eso sí, tienes que llamar como explico en el post, al 1449. Tienes que indicar que quieres que te pasen el seguridade R de una licencia al multilicencia y que después te expliquen el procedimiento para instalarlo en los diferentes equipos que quieras.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 15 maio 2009 ás 09:06 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Esta licenza só se aplica a clientes domésticos? As empresas están excluidas?
A versión de seguridade R é a mesma?
enviado por makeijan o 15 maio 2009 ás 10:12 AM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org/ #
Ola makeijan.
Non, tamén se aplica a clientes de empresas. A versión sería a mesma, pero o prezo varía.
Se en residencial o prezo é de 6€/mes cun desconto do 50% para sempre no caso dos clientes de comboR e combo3, no caso de empresas acontece algo semellante. O prezo da versión multilicenza (para tres equipos) tamén é de 6€/mes, pero pasaría a ser de 4,5€/mes se tes contratado algún dos packs aforro:
http://empresas.mundo-r.com/servlet/Satellite?cid=1229421643601&pagename=WEBCorporativa%2FWCR_Mostrar&Idioma=gl&c=WCR_Seccion
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 maio 2009 ás 10:28 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Y para los que tenemos 2 ordenadores, no hay oferta.
enviado por fran o 31 maio 2009 ás 01:25 PM CEST #
Hola Fran.
Realmente, seguridade R multilicenza está pensado para los que tienen dos ordenadores, porque es la opción más normal. De todas formas, lo que hicimos, fue ampliar la opción hasta tres ordenadores. Es decir, que los que tengan dos o tres ordenadores, pagarían esos 3€/mes+IVA en caso de tener un comob3 o oun comboR.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 31 maio 2009 ás 05:48 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #