Novas tarifas en móbilR: módulo ocio e tarifa comercial
Ola a todos. Hoxe queremos contarvos que vimos de lanzar o módulo ocio e a tarifa comercial en móbilR.
O módulo ocio está pensado para que os que falan moito polo móbil durante a fin de semana poidan aforrar nestas chamadas. Está dispoñible tanto para clientes particulares como de empresas, ten un custo de 5€+IVE e inclúe, como máximo, 200 minutos en chamadas durante a fin de semana, dende as 00:00 horas do sábado ata as 23:59 do domingo.
Iso si, no caso dos clientes particulares, para desfrutar deste módulo ocio teñen que ter contratada a tarifa flexible ou a tarde. E se superan os 200 minutos as chamadas pasarán a facturarse segundo a tarifa contratada.
No caso dos clientes de empresas o módulo ocio está dispoñible para os que teñan tarifa flexible, tarde, comercial ou comercial+internet. E ao igual que os anteriores, unha vez superados os 200 minutos, as chamadas factúranse segundo a tarifa de que se dispoña.
Por outra banda, lanzamos tamén para os clientes de empresas a nova tarifa comercial. Con ela, todos os profesionais poderán sacarlle a máxima rendibilidade ás súas chamadas en horario laboral. Porque se pode chamar por unha cota de 6€+IVE durante 1.000 minutos en horario de oficina (entre as 8:00 e 20:00 horas de luns a venres) a 0 cent/min aos teléfonos da conta do cliente, a 3 cent/min+IVE a calquera teléfono de R (grazas ao módulo R con R) e ao resto de operadores a 9 cent/min+IVE. Se vos pasades dos minutos ou chamades fóra do horario comercial, falar con calquera operador custaravos 19 cent/min+IVE.
E tamén temos a tarifa comercial+internet, con todas as vantaxes da comercial pero con 250 MB de internet móbil para que naveguedes, miredes o correo… E por unha cota mensual de só 9€+IVE. Iso si, como se trata dunha cota, os consumos de voz ou SMS que se realicen cobraranse a maiores.
Xa vedes que en móbilR non paramos e periodicamente propoñémosvos algunha nova tarifa ou módulo de aforro para intentar responder ao que nos ides pedindo.
Seguimos por aquí, polo noso twitter e pola nosa páxina do facebook.
Un saúdo.

Con respecto al "modulo ocio", he de decir que Vodafone tiene una tarifa similar sin pagar esos 5 € que ponéis como cota mensual
http://vodafone.es/particulares/tarifas/movil-contrato/hablar/descripcion/
Una vez mas, sigo sin ver qué beneficios tiene ser de mobilr con respecto a otras compañiías
enviado por Isaac o 18 febreiro 2011 ás 05:13 PM CET
Sitio web:: http://isaak_ec@hotmail.es #
Isaac, para nosotros esta tarifa es un complemento de otra que puedas tener.
Imagina que tú tienes una tarifa mini con R. Tienes los 200 minutos para hablar los fines de semama, y si te pasas pagarías las llamadas a 6cent/min+IVA
En el caso de Vodafone serían 19,9 cent+IVA
Por otro lado, como he comentado en otras ocasiones, en R tienes la posibilidad de cambiar tu terminal automáticamente al finalizar el compromiso de permanencia, sin necesidad de amagar con irte. Y puedes cambiar los puntos por películas en PPV y por aumentos de velocidad durante 6 facturas.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 22 febreiro 2011 ás 02:10 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #