novas funcionalidades de blogs R
como andades? Pois eu de novo a informarvos sobre as melloras realizadas nalgunhas das funcionalidades que vos ofrecemos. Se na última entrada falaba sobre seguridade R, nesta ocasión vouvos explicar novas utilidades nos nosos blogs.
o caso é que moitos de vós xa tendes creado o voso blog R. En concreto, nestes momentos temos máis de 1.000 creados, aínda que xa sabemos que non todos están tan actualizados como deberan ;) Pero bueno, xa é unha boa cifra, porque a cousa non para de medrar e nós tampouco de mellorar as funcionalidades que vos ofrecemos.
o primeiro, dicirvos que podedes personalizar máis o deseño do voso blog. Ata o de agora tiñades unha serie de modelos predefinidos, pero dende xa podedes cambiar a cabeceira, combinar cores... Con irdes a opcións > deseño e premer no botón de “personalizar” xa podedes sacar o xenio creativo que levades dentro.
que vos gustaría a disposición do voso blog en dúas ou en tres columnas: podedes facelo. Que queredes o menú á dereita ou á esquerda: tamén está pensado. Do mesmo xeito, o tipo de letra do voso blog pode ser pequeno ou extra grande e, opcións que antes che aparecían por defecto (fotos, calendario, enlaces e feeds rss), poderás decidir se che interesan ou non que aparezan na túa bitácora.
lembrade tamén que podedes asociar ao voso blog un dominio que teñades contratado con R. Se ides á lapela de “opcións” e despois a “dominios”, simplemente tendes que asociar aí o dominio que tendes contratado (quecheparece.com xa está pillado) e, nunhas horas, o cambio xa estará operativo.
máis cousiñas interesantes: podedes ter acceso detallado ás estatítiscas do voso blog a través de Google Analytics. Antes de nada tendes que crear unha conta na páxina de Analytics. Cando a teñades, daranvos un código de seguemento que tendes que poñer no voso blog, en opcións > analytics. Unha vez que o teñades e comece a funcionar a cousa, a través da vosa conta en Analytics poderedes ver o número de visitas que recibides cada día, de onde proceden esas visitas (directas, a través dun buscador, vía outro blog...), cales son as palabras clave polas que os visitantes acceden, de onde proveñen as visitas (por países e cidades), o tempo que botan, os posts máis lidos... Útil, verdade?
a outra novidade, que tamén ten que ver con Google, é a posibilidade de que gañedes cartos co voso weblog colocando publicidade e cobrando cando un visitante clique nos anuncios. O primeiro de todo será crear unha conta en Google Adsense para que vos dean un código. Cando o teñades, entrades no voso blog R e copiádelo en opcións > adsense. Pasado un tempo apareceranvos modelos predefinidos de anuncios e, se hai sorte, e a xente entra neles, para vós haberá $ money money $ (para o dominio, para uns pinchos ou para o que vos apeteza).
bueno, coma sempre espero as vosas opinións e suxestións para seguir mellorando. Iso si, agora estamos a recoller ideas para mellorar máis o servizo, polo que é o momento de contribuír co que se vos ocorra planificar os desenvolvementos futuros. Total, que como se di nas vodas, falade agora... (ou se queredes outro día, porque aquí estamos abertos as 24 horas).
un saúdo.
