logo

Novas canles en aberto na provincia de Lugo

mércores 15 xullo 2009 | 12 Comentarios

Como o prometido é débeda, aquí estou de novo para informarvos de que xa hai máis concellos que teñen dispoñibles novas canles en aberto. Hai unhas semanas comuniqueivos que aínda que realmente en Galicia non se producía apagón analóxico, en R iamos emitir novas canles nalgunhas zonas, e agora tócalle a outras.

Así que desta volta aqueles que vivan nos concellos de Lugo, Foz, Guitiriz, Mondoñedo, Ribadeo, Vilalba e Viveiro van recibir dende xa e en aberto as canles CNN+, 40 Latino, Hogar10 e TVG2. É dicir, que se trata dunha mellora da que se van beneficiar os clientes de combo3 e combo1.

Así que para velas lembrade resintonizar o voso televisor (dato importante, porque non van aparecer soas porque si) e xa as teredes.

Seguiremos ampliando esta mellora a todos os concellos nos que damos servizo. Trátase dunha medida progresiva porque temos que facer cambios nas nosas cabeceiras de televisión e tamén nos nodos, polo que non podemos facer todo dunha vez. Así que seguide atentos ;)

Por último, lembrar o de sempre, que se tendes un televisor con sintonizador DVB-C integrado, podedes recibir con calidade dixital todas as canles que emitimos en aberto, as autonómicas e tamén case todas as internacionais.

Un saúdo.




Comentarios

Grazas! Facía tempo que o esperabamos, sobre todo por cnn+ e tvg2!

enviado por inquedanzas o 15 xullo 2009 ás 11:32 AM CEST #

En Santiago non fun quen de sintonizar CNN+ nin 40 Latino (esta última écheme bastante indiferente), en que canle están?

enviado por ictioscopio o 15 xullo 2009 ás 11:39 AM CEST
Sitio web:: http://commonsbaby.blogspot.com #

Ola ictioscopio. En Santiago, a frecuencia para sintonizar CNN+ sería a 161,25 e no caso de 40Latino sería a 168,25.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 15 xullo 2009 ás 12:44 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Enhoraboa por incluirnos 40latino, Hogar10, CNN+ e G2 a través da televisión en analóxico.
- ¿Para cando estarán dispoñibles estás canales noutras localidades da provincia de Lugo como Sarria, Monforte e Chantada?
- ¿Cando se poderá ver a demarcación correcta das desconexións locais da TVG de Lugo nestas localidades e non da provincia de Ourense que non corresponde?

enviado por Tomás Castro o 16 xullo 2009 ás 01:07 AM CEST #

Ola Tomás.

O proceso é gradual. Hai un mes preguntábasme o mesmo e criticabas que só o fixéramos nalgunhas zonas. Xa ves que estamos a traballar no tema e facendo o cambio bastante rápido, pero preferimos non dar prazos porque se despois hai problemas cos traballos da rede xa vos teño enriba dándome caña ;)

Tranquilidade para todos que xa vedes que estas novas canles as imos dar para todo os nosos clientes.

En canto á segunda pregunta non che sei responder porque entendo que ten que ver con cambios nas cabeceiras de televisión.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 16 xullo 2009 ás 08:18 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hola de novo.
Vai haber máis novedades na tv en aberto o dixital, en septembre?

un saudo dende Lugo.

enviado por Luis josé o 26 agosto 2009 ás 05:47 PM CEST #

Luis José, a que te refires na televisión en aberto en dixital, no DVB-C?

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 26 agosto 2009 ás 06:47 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Luis, algo temos preparado para incorporar ao paquete básico de TV dixital como xa anunciamos na revista hai uns meses.

Pero esperamos a telo todo pechado para comentárvolo, porque así non hai problemas de prazos nin a sensación de que tardamos moito.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 27 agosto 2009 ás 09:31 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pois semella ca revista de setembro xa está a cantar.

http://bandaancha.eu/tema/1654238/nuevos-canales-r-partir-15-septiembre

<<<
Record TV (Brasil) - Dial 204
Cubavisión (Cuba) - Dial 205
Telesur (Venezuela) - Dial 206
Pro Int TV (Rumanía) - Dial 207
>>>

Para o 15 de setembro.

Non sei se referiaste a istas canles.

enviado por fervigo o 27 agosto 2009 ás 09:17 PM CEST #

Touché!

enviado por quecheparece o 27 agosto 2009 ás 09:46 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hlola:
para cando r en viveiro,sábese algo

enviado por fabian o 01 setembro 2009 ás 02:20 AM CEST #

Ola Fabián.

Polo que sei, en Viveiro andabamos á espera de licenza. En canto teñamos os permisos poderemos empezar a despregar rede. A partir de aí, calcula uns 3/4 meses para que activemos os servizos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 02 setembro 2009 ás 10:35 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado