Nova versión de seguridade R
Ola R-adictos. Hoxe o post vai para aqueles clientes de internet que teñan contratado o paquete de protección seguridade R ou para aqueles que estades pensando en collervos un e non tedes moi claro que ofrecemos ou que precisades.
O caso é que ano tras anos vimos actualizando seguridade R e sacando nova versión con múltiples melloras para que naveguedes con tranquilidade evitando, na medida do posible, os virus, o spyware, controlando o que miran os pequerrechos da casa...
E que novidades vos podedes atopar agora en seguridade R? Pois o primeiro de todo é que ten un novo deseño. Habitualmente os cambios sempre entran polos ollos, así que a aplicación cambiou de aspecto. Pero a cousa non era darlle unha imaxe máis moderna, senón facilitar o seu uso (iso que se chama usabilidade).
Como sabemos que hoxe en día tamén están moi implantados os netbooks ou mini portátiles, o novo deseño tamén permite o emprego da aplicación nas resolucións destes equipos. Neste sentido, e pensando tamén neste equipamento, a nova versión de seguridade R é moito máis lixeira. É dicir, hai un mellor rendemento da aplicación, polo que vai consumir moitos menos recursos do ordenador.
E pensando sobre todo nos que teñen fillos e queren controlar as páxinas que visitan, seguridade R agora permite que clasifiquedes as webs cando navegades. É dicir, podedes indicar que páxinas resultado dunha busca son de fiar e cales non. Quen establece o criterio sodes vós.
Por certo, non esquezades (que a cabeza en ocasións a temos en mil sitios á vez, e nós os primeiros) que seguridade R se pode usar en varios equipos a un tempo: sabemos que nas casas hai ordenadores de sobremesa, portátiles, PC no cuarto dos fillos, netbooks... Así que en moitos casos non ten sentido iso de só ter unha licenza cando temos un feixe de equipos; e por iso mesmo sacamos seguridade R multilicenza, para empregar o paquete de protección ata en tres ordenadores.
Xa nos diredes que vos parecen estas melloras.
Un saúdo e seguimos por aquí, polo facebook e polo twitter.

E está por fin en galego? ou aínda segue só en castelán???
Non vin aínda a nova versión por iso pregunto...
enviado por David o 06 maio 2010 ás 11:10 PM CEST #
Dos cositas.
¿Esta nueva versión es compatible con windows7?
Y no sé si es cosa mía, pero los pdf de los manuales, de los cuatro que hay, los tres primeros dan error al abrirlos, archivo dañado, el cuarto se abre sin problemas
Un saludo
enviado por Bas o 07 maio 2010 ás 06:59 AM CEST #
Bas, sí, es totalmente compatible con Windows 7.
¿En qué parte están los manuales que comentas?
David, vou preguntar, pero creo que non hai versión en galego.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 07 maio 2010 ás 09:24 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
David, seguridade R está baseado na aplicación de F-secure Internet Security, cunha adaptación de imaxe, unha mellora no prezo e modelo de licenza (diario) e co soporte técnico de R.
Polo tanto, estamos limitados aos idiomas nos que o software está dispoñible (inglés, alemán, italiano ou castelán). Por iso non está entre as opcións o galego e afrontar a tradución sería inviable polo custoso do proceso.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 07 maio 2010 ás 01:10 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Los manuales a los que hacía antes referencia están en el propio enlace en la web de descarga de Seguridade R, justo debajo de la descargar del instalador
http://descargas.mundo-r.com/ficha/1144406611541_gl.html
Un saludo.
enviado por Bas o 07 maio 2010 ás 03:51 PM CEST #
quecheparece, non hai forma de que nós ou a comunidade internauta galega faga a traducción?
enviado por Vermu o 11 maio 2010 ás 11:19 AM CEST #
Bas, algo debeu pasar no servidor con eses documentos. Imos buscalos para subilos de novo. E graciñas polo aviso.
Vermu, realmente non sería sinxelo facer algo así, en canto que estamos nós e está outra empresa como F-secure, polo que coordinar algo así, ver como se faría o traballo, etc, non sería sinxelo.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 maio 2010 ás 04:44 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Para la navegacion segura: Sandboxie.
enviado por Luis o 11 maio 2010 ás 05:31 PM CEST #
Eu non vexo o novo seguridade r por ningun lugar teñoo contratado fai moito actualizase cos antivirus pero de novo deseño na de na. Estou por darme de baixa xa que F-secure 2010 si ten novas caracteristicas.
enviado por hyde o 14 xullo 2010 ás 09:18 PM CEST #
hyde, envíoche un correo. Levamos xa tempo actualizando a versión, pero imos revisar a túa licenza para garantir que se actualiza.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 xullo 2010 ás 08:39 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #