Nova tenda R en Vigo
Ola de novo. Hoxe queriamos dicirvos que abrimos a nosa segunda tenda R en Vigo, na rúa Ecuador, 66. É un lugar moi céntrico, preto do Corte Inglés e, polo que nos dixeron, a carón dunha panadería bastante xeitosiña ;)



Deixámosvos fotos, coma sempre.
Un saúdo.

¡Pegada a miña casa! E eu sen enterarme :S
Vou botarlle un ollo xD
enviado por CartDestr o 03 decembro 2009 ás 07:48 PM CET #
Ala, xa está.
Xa pedín o Samsung novo na tenda nova que cheira a novo e non teñen maquetas (novas). Se é que son tan bo cliente que non me merecedes xDDDD
enviado por CartDestr o 03 decembro 2009 ás 08:40 PM CET #
Por qué vos da polos Mac ?
enviado por obreiro o 04 decembro 2009 ás 09:26 AM CET #
CartDestr, terás queixa en ser o cliente que nos inaugura a tenda ;)
Ademais, ao ladiño da túa casa. Mira que pensamos en ti, ou non?
obreiro, pois porque o seu sistema operativo permite un maior rendemento nas novas conexións e porque a nivel de deseño e de estética queda moi ben na nosa tenda.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 04 decembro 2009 ás 09:43 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
pois teredes que ofertar máis cosiñas e máis atractivas porque vese a tenda un pouquiño valeira. Hoxe había unha rapariga de R frente o carrefour do C.C.Gran Via cunha mesa e se non recordo mal 6 terminais móviles, entre eles o samsung star. A verdade que cando a vin pasoume pola mente o mesmo pensamento que agora o ver as fotos da tenda, sobretodo porque instantes antes pasara fronte a tenda de vodafone e estaba cheiña de xente. Logo din que hay crise :P
enviado por depaseo o 06 decembro 2009 ás 03:21 AM CET #
Moita tenda ¡¡ Moita carallada e pouco servizo, levo duas semanas con cortes continuos de sinal con combo 3 , viñeron os tecnicos de R e cambiaron cable modem , conectores, conectores do tap. Ordenador formateado , por tanto sen posibilidade de virus e eu sego a ter un monton de cortes de sinal e baixadas repentinas de velocidade cada dous por tres .
Chamas o 1449 e veña a monitorizar , e punto, e asi levo xa duas semanas , CON TODOS OS EQUIPOS CAMBIADOS E ORDENADOR LIMPO, sigo tendo cortes¡¡.
DEMENCIAL
Despois habera quen di que R oferta calidade, pois como siga unha semana mais asi, abur R , esto esta claro.
VERGONZOSO¡¡.
enviado por Emi o 08 decembro 2009 ás 08:41 PM CET #
Emi, o noso servizo ten problemas coma o do resto dos operadores, pero ti ben ves que nos preocupamos, que che enviamos varios técnicos á casa e que andan monitorizando a túa conexión. É certo que ás veces a solución é máis complicada de atopar do que semella e que nos pode levar o seu tempo, pero sempre estamos aí enriba.
De verdade que sinto que esteas pasando por estes problemas, porque o que queremos é precisamente que todo vaia ás mil marabillas, pero lamentablemente ás veces é complicado. Espero que che saibamos arranxar o problema o antes posible.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 09 decembro 2009 ás 09:39 AM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #
Por curiosidade, Emi, levas 2 semanas con problemas ¿Canto tempo levas con R?
¿Díxoche R que formatearas os equipos (¿¡TODOS!?)? ¿Cómo detectas a carencia de velocidade, contra que servidor ou servidores?
enviado por CartDestr o 09 decembro 2009 ás 09:44 AM CET #
Por aclarar...
Levo con R dende fai mais de 7 anos , e o principio non tiña todos estos problemas, pero se voto conto de ano e medio para aqui, R non e o que era.
Antes era impesable un corte de sinal e agora son continuos .
Tamen aclaro que gracias a deus , formatear seino facer, porque polos meus estudios non me quedou mais remedio que controlar un pouquiño de informatica ( audiovisuais), por eso critico as veces tanto a oferta televisiva de R , jejeje.
Formatear foi unha solucion que intentei darlle o problema, por si habia calquer cousa no meu pc que provocase estes cortes.
A carencia de velocidade notoa sobre todo porque as paxinas empezan a non cargar ben, ou completamente, e de repente... zas corte.
E ainda que reinicie a conexion segue mal , hasta que chamo a R que enton se tira como tres ou catro dias ben e quinto volta a empezar , e eso E o que mais me mosqueaa.
Para min que utilizo o pc para enviar traballos de postproduccion etc causame un verdadeiro trastorno estes cortes , e dende logo como continue asi, darei de baixa a conexion, outra pregunta despois de todos estos cortes e problemas , podo reclamar a R un desconto na factura por ofertar mal o servizo?
A realidade e que antes isto non pasaba e agora e cada dia mais frecuente asi que menos tonterias , menos tendas , menos mirar para o voso ombligo decindo " somos a ostia" que me consta que o facedes a miudo e mais espabilar... e dar un servizo tan bo como antes.
enviado por Emi o 09 decembro 2009 ás 05:32 PM CET #
Emi, unha cousa non quita a outra. Se sacamos tendas é porque moita xente nolo demandaba porque prefire un trato persoal e físico e non facer as xestións a través dun teléfono. Creo que non é algo malo.
Entendo a túa queixa polos cortes e é lóxico que nos demandas un bo servizo. Para iso nos pagas. Temos un compromiso de calidade polo cal, se a culpa é nosa e o corte no servizo supera 1€ se che vai automaticamente a devolución dos cartos pola incidencia no servizo.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 09 decembro 2009 ás 05:40 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Por suposto que unha cousa non quita a outra , por tanto abride todas as tendas que queirades pero esa cousa que NON QUITE CALIDADE aos vosos servizos , sinceramente penso que ultimamente moito querer abarcar de todo e estades descoidando a calidade do servizo e a mellora continua da oferta en todolos ambitos, duas das señas identificativas de sempre de R. Dende logo se seguides pensando que ben o facemos e dandovos palmadiñas na espalda, mal camiño leva a a cousa.
E a miña opinion e cando me funcione correctamente a conexion, pois quizais logredes empezar a convencerme do contrario. Non me molestan para nada as tendas , as melloras e todo iso pero sempre e cando non descuides os aspectos fundamentais porque honestamente estades empezando a parecer coma " todos" porque para min o que demostrades con tanta tenda etc e que priorizades a CAPTACION frente a FIDELIZACION do cliente e iso e un grande erro, empresas moi grandes coma vodafone etc xa se deron conta , e a vos chegaravos o dia tamen , que vos botaredes a man a cabeza , senon o tempo.
enviado por Emi o 09 decembro 2009 ás 09:03 PM CET #
Hola, xa que vendedes "pura fibra" tedes algun plan de futuro con respecto á FTTH?
un saudo
enviado por 10.0.137.40 o 10 decembro 2009 ás 04:20 PM CET #
Ola usuario anónimo.
O certo é que si. A nosa xente de enxeñaría xa anda a traballar en varios pilotos sobre o tema. Están a mirar sobre todo a tecnoloxía necesaria para a súa implantación, que dependerá precisamente de que se poña a tiro. Non sei se vos interesa esta cuestión como para que fala coa xente de enxeñaría e faga un post ao respecto??
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 10 decembro 2009 ás 04:41 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Quecheparece: Sí. Interesa. ¿Antonio? nos dijo que ya lo ofreceis para empresas, pero si puedes dar más información sobre pilotos, sobre si teneis planeado algo a medio plazo en el mercado residencial y todo eso, siempre es bienvenido.
Saludos.
enviado por CartDestr o 10 decembro 2009 ás 10:55 PM CET #
Hola, son o anónimo que escribiu o outro post (e o Lazarillo de Tormes, ;)
Eu penso que si seria interesante, no sei o que opinarán os demáis...
Gracias e un saúdo.
enviado por 10.0.137.41 o 11 decembro 2009 ás 02:01 AM CET #
A mi sí me interesa este tema. Sería un gran paso ofrecer la fibra hasta el hogar. Ya me parecía mucho tardar por parte de R no tocar este tema, y más teniendo en cuenta que Telefónica empieza ha mudar las centrales dentro de nada, y con los anexos M y paso a VDSL las diferencias entre HFC y ADSL se estaban empezando a recortar.
enviado por Bas o 11 decembro 2009 ás 07:37 AM CET #
Por certo, xa teño o Samsung Star que pedín o día 3 na tenda nova ao carón da miña casa.
De momento, mellor do que eu pensaba :P ¡Serve para chamar e todo!
enviado por CartDestr o 11 decembro 2009 ás 09:18 AM CET #
Interesa :) aunque si ahora estáis actualizando a DOCSIS 3.0, supongo que aún quedará mucho para que deis el paso.
Sobre os nodos, ¿tendes algún motivo polo que non facilitar información sobre iles como a cal pertencemos?
enviado por fervigo o 11 decembro 2009 ás 10:10 AM CET #
fervigo, ti imaxina que agora todos os clientes chaman querendo saber a que nodo pertencen. Obviamente trátase dunha información que ten a xente de rede e de enxeñaría. Xa bastante choio hai no centro de atención ao cliente con facturas, produtos, prezos e incidencias como para que anden a mirar se están neste ou naquel nodo. Vamos, que é por operatividade.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 decembro 2009 ás 10:14 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Sempre tendes a web.
enviado por fervigo o 11 decembro 2009 ás 10:20 AM CET #
Eu sigo ao meu:
Acabo de darme conta de que o móvil veu sen a tarxeta de 2XB. Non sei se cortar as veas, deixalas longas, ir á tenda, chamar ao 1449 ou por un comentario en quecheparece :S
Creo que irei á tenda pola tarde E deixarei o comentario en qcp. Si, é a mellor opción :p
enviado por CartDestr o 11 decembro 2009 ás 10:27 AM CET #
CartDestr, home, se che veu sen tarxeta vaina reclamar porque se ofrecemos o móbil con ela non é lóxico que te quedes sen a microSD.
fervigo, claro que temos a web pero detrás hai un traballo de programación e de implementación que leva o seu tempo. Despois tamén o está o tema da codificación interna de cada nodo e de facer intelixible esa información e de que non se pode dar a dirección exacta por motivos de seguridade.
Ademais, non sei ata que punto pode ser útil ou interesante para os usuarios saber que están nun ou noutro nodo. Realmente o importante para a maior parte dos usuarios é saber:
1) se teñen cobertura ou non
2) saber cando se lles vai aumentar a velocidade
3) saber se teñen acceso aos 30 e os 100 megas
Esa información está cuberta a través da web e de purafibra.com. O outro, a min particularmente, paréceme un pouco estraño.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 decembro 2009 ás 10:41 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Solucionado. Mandaranme por correo a microSD en breves.
enviado por CartDestr o 11 decembro 2009 ás 03:28 PM CET #
Onte Venres fun ata a nova tenda co fin de obter información e contratar un par de servicios.
Cando cheguei levei a desilusión de que só atenden a particulares, e os que temos R como empresa seguimos a ter que chamar por teléfono.
O caso é que en Vigo hai dúas tendas e as dúas de igual maneira atenden só a particulares. A verdade é que non o vexo lóxico.
Eu dende logo prefiro a atención persoal que a telefónica. Levo varias chamadas ó 1446 para solicitar dous servicios e non hai forma de que me entendan.
enviado por cmacias o 12 decembro 2009 ás 04:33 PM CET
Sitio web:: http://www.cmacias.com #
Ya lo he recibido este viernes pasado, funcionando por ahora con una tarjeta de Pepephone hasta que me hagan la portabilidad sin problemas. Una curiosidad, la red de Pepephone me la pilla como Euskaltel, curioso :D .
El movil ya lo he flasheado y todo al ultimo firmware como se recomienda por ahi (si casca el flasheo te jodes asi que ojito) y sin problemas.
enviado por Miguel S. (quetzal) o 14 decembro 2009 ás 08:59 PM CET #