a nova guía eletrónica de programación da nosa TV
na "cociña" de R andamos a darlle voltas á mellor maneira de sacarlle o máximo proveito á Guía Electrónica de Programación (EPG) da nosa televisión dixital. Eu preséntovos os ingredientes e as ideas que temos para elaborar o menú, e vós axudádesnos para que o resultado sexa de cinco tenedores. Parécevos?
para os que non teñades moi claro que é iso da EPG, trátase desa especie de menú que vedes na vosa TV e no que podedes atopar organizadas, entre outras cousas, toda as canles e a información sobre o que se emite (hora, sinopse...).
unha das novidades da EPG é que non vai ocultar en ningún momento a imaxe da televisión. Ben de fondo ou ben a través dun recadro (como sucede por exemplo cando Telecinco emite a Fórmula 1), sempre terás visible a canle que teñas sintonizada. Máis que nada porque sempre podedes configurar máis tarde o menú da vosa TV, pero igual perdedes en directo a saída de pista do coche de Hamilton 

coa nova guía tamén podemos inserir máis información para cada evento de tal modo que cando accedes á información extendida se pode paxinar a información. Porque ás veces é complicado resumir en tres liñas películas como El Señor de los Anillos, ou non? De todos os xeitos, que é o que botades en falta na información que emitimos actualmente?
a nova EPG permitiravos filtrar por horarios e por tipos de canles (deportes, cinema, documental, series...) e tamén polas listas de favoritos que teñades configuradas. Doutra banda, se vos gusta moito unha canle, poñamos por exemplo a FOX (que é das que máis vexo eu) e accededes á miniguía, esta ofreceravos no centro da pantalla, en grande, a información do programa que se está a emitir; na esquerda teredes información do programa anterior e na dereita do próximo.
pero se isto che parece un rollo porque hai moitas canles e programas, estamos valorando a posibilidade de poñer unha serie de destacados ou de recomendacións. Isto é como cando a min me apatece ir ao cine e non teño claro que ver: podo pedir consello a un amigo, fiarme das críticas do xornal ou simplemente ver cales son as pelis máis taquilleiras. Pois nós aquí poderíamos facer algo semellante. Os destacados poden ser os programas máis vistos, os máis novos, os máis votados na web... Como vedes o tema?
tamén sería bo que nos dixérades onde vos gustaría que aparecesen na guía e como se poderían mostrar. Podería ser un resumo de todos os destacados, de tal modo que poidades navegar por eles, ler a sinopse do programa, poder sintonizalos se se están a emitir ou establecer unha alarma sobre eles e que non vos esquezades de velos (porque ás veces a cabeza xa non dá para máis). Podería ser. Ou non. That's the question!
ah, que me esquecía! Ademais dos destacados, poríamos tamén un motor de recomendacións. Vamos, que agora ides poder votar os vosos programas favoritos igual que facedes cos cantantes de OT, pero sen gastar un can nos SMS. Por aquí estamos pensando en facer unha ferramenta que vos permita votar se un programa vos parece interesante ou se vos gusta un xénero (deportes, música, cine, series). Grazas a isto, o sistema podería avisarvos cando se emita un evento semellante ao que vos gustou no pasado. Cantos máis votos, máis fiable podería ser a recomendación. E se vedes que a cousas falla máis que unha escopeta de feira e non queredes recibir as recomendacións, poderedes activalas ou desactivalas cando queirades. 
agora ben, as dúbidas que teñen os "cociñeiros" son... onde quereríades recibir estas recomendacións? A modo de icono con estrelas?, como unha mensaxe na pantalla en plan "comeza este programa na canle que pode gustarche"? E que outras cousas che poderían resultar interesantes para esta ferramenta? Votar por exemplo se a recomendación foi boa ou útil?
Coa guía tamén pretendemos simplificar o proceso de compra de partidos ou pelis de PPV. Hoxe en día, para compralos, tedes que entrar na guía ou na miniguía e poñervos sobre o evento concreto que queirades. A nosa idea é que poñéndovos no previo de media hora que se emite antes tamén se poida mercar o evento que se emite a continuación. Vedes a cousa sinxela ou enRevesada? Preferides outro sistema máis directo para comprar os eventos?
Falando de compras, agora mesmo, para mercar un evento tedes que utilizar o pin de compra (que é o mesmo que se utiliza para bloquear unha canle ou certos contidos por idade). Na nova EPG temos a posibilidade de dispoñer de dous PINs, un para o contro parental e outro diferente para a compra de eventos. Ademais, o de compra pódese activar ou desactivar, de tal xeito que non se teña que marcar se adoitas mercar eventos. Parécevos útil isto ou deberíamos de seguir mantendo un único PIN para control parental e compras?
Máis cousiñas. Toca agora falar das aplicacións interactivas. Como xa vos comentei, a nova guía de programación baséase en menús despregables. Unha das opcións do primeiro menú será o acceso ás aplicacións interactivas na televisión. Estamos pensando en poñervos varias, como xogos, R na tele (consulta do consumo, mirar produtos...), comunicacións (chats...), etc. Pero bueno, diso case mellor falar noutro momento. O que si queremos é coñecer as vosas ideas para as aplicacións interactivas. Que queredes que poñamos?
Para rematar, que xa vos soltei un rollo considerable
, queríavos preguntar se adoitades usar a guía de canles de audio na tv dixital de R ou se sabíades que existe. Hai algunha clase de canles de radio que che gustaría escoitar e que non teñamos? Xa vos deixo en paz por hoxe, coa esperanza de que critiquedes/valoredes/poñades podre as nosas ideas. O caso é que nos digades algo


Estaría ben que se puideran consultar as multidifusións.
Útil cando atopas un capítulo que xa comezou, e queres saber cando o voltarán a emitir.
enviado por makeijan o 24 xuño 2008 ás 09:34 AM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org #
Claro que a EPG e moi útil, sempre e cando estea ben sincronizada. As melloras que comentas teñen boa pinta, agora fáltanos saber cando poderá ser todo iso posible. En canto as radios, faltan moitas radios importantes do país, xa que agora só tedes as primeiras radios que se emitían pola TDT e que agora xa son máis. Tampouco estaría mal ter canles con fío musical, como teñen outras plataformas. Xa por último, para cando o sistema videoclub? Sau2
enviado por ivan44 o 24 xuño 2008 ás 02:05 PM CEST #
Variacións na EPG: As ideas propostas son, en xeral, bastante coincidentes co que un desexaría ter atopado desde un primeiro momento. Sobre a informacion ampliada: Abonda coa sinopse e o do reparto, director, ano de rodaxe e demáis; anque sería de agradecer que xogárades algo co tipo de letra, porque ao estar todo igual, na mesma cor, no mesmo tamaño e todo xunto no mesmo parágrafo... fai un pouco difícil a súa lectura. Coincido con comentarios anteriores na necesidade de ter a información ben sincronizada co que es está a emitir: A miúdo nas canles musicais da opción extra sucede este problema, coido que por diferencia horaria entre o país onde se producen estas canles e o noso país.
Destacados e recomendacións: Neste eido, calquer innovación que fagades será benvida, pero o que sí vos pregaría é que non usedes "popups" nin elementos que invadan a pantalla, como fan en outros operadores. Dádenos a opción de ser nós os que consultemos esta información á nosa vontade.
Proceso de compra PPV: Actualmente só se poden comprar eventos que acontezan nas vindeiras 24 horas. ¿Non se podería incluir unha páxina cos eventos a emitir en períodos máis longos para poder planificar as compras con máis antelación? ¿Qué tal incorporar unha páxina con información completa sobre o evento ou película?
Aplicacións interactivas: Calquera, menos xogos. Considero que xa hai plataformas máis axeitadas para xogar que o descodificador (sen ofender).
Canles de audio: Entendo que os da TDT poñan radio, porque é outro xeito de dar contidos de "recheo". ¿Por qué vos caedes no mesmo erro? Seméllame máis axeitado poñer as canles de audio que actualmente xa ofertades para empresas, con música 24 horas, que as emisoras de radio, que xa hai un lote de xeitos de recibilas. E si finalmente as conservades, suxírovos un xeito de darlles un uso adicional: Incorporádeas como opción de audio para os eventos deportivos. Creo que somos varios os que preferimos os comentarios da radio antes que os da propia televisión.
Gracias por contar coa nosa opinión!
enviado por sibilio o 25 xuño 2008 ás 02:17 AM CEST #
Por supuesto que la E.P.G. es de gran utilidad a pesar de que la que ofrecéis actualmente no es que destaque por la información que ofrece, por lo que cualquier mejora la verdad es que se agradece. Desde hace un tiempo ya incorporan las películas el año de producción, director, actores y ése es el camino a seguir, aunque sí que deberían ir en distintas líneas para facilitar la consulta. Otra cosa es que sólo se ofrezca la programación de las próximas 24 horas y esto me parece un error, debería ofrecer la programación de la semana siguiente. Si bien no a lo mejor en la E.P.G., sí en el apartado de guía tv, ya que éste está muy desaprovechado actualmente. Estaría bien que incorporara las multidifusiones de los eventos que se emiten y, por supuesto, que cualquier recomendación o información salte sólo si la consultemos y no automáticamente como un pop up.
Esperamos ansiosos las mejoras en la E.P.G.,porque a pesar de llevar un año, la verdad es que ya se ve un pelín desfasada.
enviado por lucia o 25 xuño 2008 ás 05:12 PM CEST #
Antes de nada, agradecervos as vosas ideas e que participedes no blog, porque para iso está. Dicirlle a Makeijan que tomamos nota da posibilidade de consultar as multidifusións porque é algo que nos parece moi interesante para os clientes.
Sobre o que nos di ivan44 do fío musical, tamén é algo que temos moi en conta, en canto que xa o temos na nosa carteira. En relación ao do videoclub, despois da publicidade, .... Jeje. Realmente como é un tema importante, pois verémolo noutro post, así que estade atento ao blog. Aí, creando expectativas. Iso si, dareivos unha data: 2009. Y hasta ahí puedo leer. Por agora...
Agradecerlle tamén a Sibilio a súa suxestión sobre xogar co tipo de letra e coas cores para facer máis lexible as sinopses. En canto ao que nos dis do PPV, tes toda a razón. De feito, antes de fin de ano queremos emitir a programación dos próximos cinco días, cunha pantalla da EPG destina especialmente aos futuros eventos de PPV.
Un saúdo e graciñas de novo.
enviado por Quecheparece o 04 xullo 2008 ás 11:49 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Graciñas a ti por facer que esto sexa interactivo entre clientes e a empresa.Agradecese de que nos teñades en conta.
Xa sei que quizais seamos moi impacientes,porque queremos xa a nova EPG(que ten tan boa pinta),e as cousas e moi facil dicilas,pero logo ainas que plasmar no pc ou programa oportuno para que funcionen.
Pero esperemos que entre todos fagamos que R sexa MAIS R.Sau2.
enviado por ivan44 o 06 xullo 2008 ás 01:58 AM CEST #
Ola
A túa proposta pareceme moi axeitada, pero eu vexo de gran utilidade subtítulos en castelán tanto para os xordos coma para aquelas persoas que lles guste velos programas en V.O.S. (que cada vez somos máis).
Polo que eu sei, polo momento só se poden ver os subtítulos na TVE1 e TVE2. Hai outras compañías de televisión que xa ofrecen dende hai tempo esta vantaxe nalgunhas das canles que ofrecen como tcm, disney channel, axn e moitas máis. Ademais, sen ir máis lonxe, a tdt tamén facilita esta posibilidade. Considero que sería de grande axuda para o desenRolo de R.
Dito isto, gustaríame saber se o ides ter en conta na nova guía elecrónica ou se o incorporaredes xa na actual guía (a cal me parece un pouco pobre).
Paréceme moi correcta esta opción de poder contactar convosco e de gran beneficio para os clientes de R.
Moitas grazas pola vosa atención.
Saúdos.
enviado por pelinator o 31 xullo 2008 ás 06:14 PM CEST #
Acabo de atopar este blog de R. Estou abraiado que por fin haxa unha canle de comunicación entre a empresa e os seus clientes.
Nin que dicir ten que subscribo todo o dito anteriormente:
- É necesario actualizar a guía con información máis completa dos programas, consultar as multidifusións, ter a programación dos vindeiros días, facer máis lexible os textos variando as fontes, e porsuposto nada de "popups"
-Subtítulos / audio V.O. para moitos de nós poder escoitar ou ollar os subtítulos orixinais é mais que habitual (en outros medios)
-En canto ás radios, nin que dicir ten que para escoitar a Galega poño a radio, mais se teño un "fío musical" utilizarei o desco.
Sen máis, moitas grazas por abrir este espazo.
enviado por jomer o 05 agosto 2008 ás 06:16 PM CEST #
¿Se sabe algo más acerca de la nueva guía de información? ¿Será para septiembre? Otra cosa importante sería que fuese congruente, es decir, que debajo del nombre del canal aparezca siempre la misma información y no como pasa ahora que a veces aparece el nombre de la serie solamente. Otras veces el nombre de la serie y el del episodio, otras todo lo anterior y además el número del episodio y así multiples combinaciones, por no hablar de la mezcla de mayúsculas y minúsculas. Y todo esto ocurre dentro del mismo canal así que la información de distintos canales hay veces que es un lío y uno ya no sabe cuando hablan de una serie o de un episodio.
enviado por lucia o 19 agosto 2008 ás 06:49 PM CEST #
Eu quería comentarvos unha cousiña, aínda que non sei se é aquí o lugar correcto, pero vou facelo de tódalas maneiras. Cando estou a usar o mando da TV e entro nun canle que non teño contratado, aparece a mensaxe de "non o tes contratado e tal". Para saírmos de aquí non queda máis remedio que usar as teclas de +/- canle e se coincide que son varios canles seguidos os que non tes, pois é un pouco rollo. O tema está en que esta pantalla de aviso tapa a que está debaixo e por iso non obedece ás teclas Ok ou Cancel. Digo eu que parece doado de arranxar, unha vez que se sabe. Pois iso, que se podedes corrixilo, pois xenial e senon, pois tampouco e preocupante.
enviado por Mónica o 02 xaneiro 2009 ás 11:38 PM CET #
Ola Mónica.
Graciñas polo teu comentario. Voullo pasar directamente á xente que está a traballar na EPG para ver se se pode facer algo de cara ás novas melloras que incorporemos ao longo do 2009.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 05 xaneiro 2009 ás 09:43 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ola de novo Mónica. Confírmanme que este problema se vai mirar para tratar de arranxalo. Iso si, prazos non me deron, pero supoño que igual nas vindeiras melloras da EPG se subsana esta deficiencia. Un saúdo.
enviado por quecheparece o 07 xaneiro 2009 ás 11:14 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Graciñas a vós polo voso tempo adicado ós nosos comentarios. Un saúdo.
enviado por Mónica o 07 xaneiro 2009 ás 10:30 PM CET #