logo

noticias na Guía Electrónica de Programación

martes 09 setembro 2008 | 26 Comentarios

volve setembro, rematan as vacacións, pero nós seguimos igual ca sempre, traballando duramente en novos servizos que de seguro vos interesan. Desta vez, vouvos dar detalles dalgo no que estamos a traballar: a incorporación de noticias na EPG da televisión dixital de R.

de seguro que máis dunha vez estabades diante do televisor pero ao tempo tiñades curiosidade por coller o ordenador e coñecer as últimas noticias publicadas na internet en relación a algún tema, como as pasadas Olimpiadas. Pois ben, os da 'cociña' de R pensaron que igual era bo que non vos tivérades que levantar do sofá e que puidérades consultar as noticias na pantalla da vosa televisión dixital.



a nosa idea é que dende o menú principal da Guía accedades á sección 'Noticias'. Esta sección terá unha serie de categorías ou temas: Última hora, Deportes, Música... Dependendo do tipo de noticias que queirades ler, accederedes a unha pequena descrición das noticias, co título, a fonte e unha pequena descrición da nova. Que vos gusta unha noticia: no problem darling! Premedes nela, e accederedes ao detalle da noticia, como se se tratase da sinopse dun filme.



ademais, poderedes configurar o menú das novas ao voso gusto. Haberá unha serie de fontes das que cheguen as noticias, igualiño que os RSS aos que estades subscritos na internet. Así que se vos gusta máis un medio, só o tendes que predeterminar para recibir de aí as noticias.

Por poñer un exemplo, se vos gusta o Faro de Vigo, igual tendes no voso ordenador os RSS coas noticias deste xornal; os que prefiran El Correo Gallego terán as notificacións deste medio, e outros verán as noticias de El Progreso, La Región, Diario de Arousa... Pois aquí será algo igual: nós teremos unha serie de fontes das que recibir as noticias, pero vós tamén poderedes incorporar as que máis vos gusten: blogs, xornais internacionais, etc.



outra cousiña. Se vos parece un rollo iso de ter que entrar no menú para ver as noticias, de novo no problem men! Poderedes establecer un aviso que vos aparecerá na pantalla, pero sen estorbar demasiado e sen tapar a imaxe do televisor (iso nunca!). Vamos, que cada 30 minutos vos sairán os titulares das noticias que establezades.



Ademais, coas frechas do mando poderedes avanzar nos titulares e zas!, cando cheguedes á noticia que vos chame a atención, vela ao completo. Por exemplo, que vos interesa unha sobre Fernando Alonso (xa sei que me repito moito con Alonso, e máis que me repetirei, jeje), pois premedes o botón OK e veredes que novas desgrazas lle acontecen ao piloto asturiano.



despois deste rollo (é que cando me poño diante da folla de texto non hai quen me pare) xa nos diredes se vos parece útil ou non a idea dos 'cociñeiros' de R. E tamén se o ides consultar, porque imos tomar lista de quen o fai e de quen non ;). Deixando as bromas a un lado, esperamos as vosas ideas e comentarios para seguir mellorando.

un saúdo.




Comentarios

Tiene muy buena pinta. ¿Para cuándo estará disponible?

enviado por Miguel o 09 setembro 2008 ás 11:07 AM CEST #

Moito bombo lle estades a dar á nova guía de programación.
Imaxino que entederedes que calquera tipo de mellora será de bo grao en aceptación para o propio cliente.
Aínda así, sería bo que se concretará para que datas estará dispoñible este servizo e se terá algún tipo de custo adicional para o usuario.

enviado por Tomás Castro o 09 setembro 2008 ás 01:18 PM CEST #

Como decía mi tocayo, ¿cuándo?
Las fuentes de las noticias, ¿quién las selecciona?
y ya que hablamos de la tv, ¿por qué no un desco con funciones de PVR?, ¿qué hay de la HD?

enviado por Miguel López o 09 setembro 2008 ás 04:02 PM CEST
Sitio web:: http://madcrazydeveloper.info #

Obviamente cualquier contenido a mayores se agradece en la guía, pero convendría no olvidar que lo más importante es que ofrezca información de la programación, emisiones y demás; lo de las noticias sería un extra interesante, pero eso un extra. Otra cosa es lo de los plazos, ya estamos en septiembre y nada y la actual guía, la verdad es que no hace mas que fallar (hoy por la mañana en el espacio donde pone el nombre de la serie de calle 13 que estaban emitiendo, ponía "Dial 28 desde el dia 10", lo cual obviamente no era el nombre de la serie jeje) así que no estaría de más que os dierais algo de prisa y modernizárais un servicio que desde que nació ya se veía algo desfasado.

enviado por 10.0.137.41 o 09 setembro 2008 ás 05:08 PM CEST #

Boa idea. De seguro que os que máis a apreciarán serán os clientes de combo 2, que non teñen acceso a internet de banda larga e así poderán estar ó tanto das últimas novas. Con respecto ao que pregunta outro usuario, semella que o conselleiro delegado da compañía dixo que habería PVR para finais deste ano. Supoño que pronto teremos novidades por aquí tamén... ou non? ;-)

enviado por sibilio o 09 setembro 2008 ás 06:08 PM CEST #

Paréceme unha idea excelente. Os avisos xa depende dos gustos, pero poder mira-las novas nos anuncios fará que esqueza o zapping.

Se ademais é configurable con calquera tipo de RSS, xa me parece redondo. Ata é útil para ler as novas se non che apetece acender o PC.

Esperemos que non se retrase moito máis.

PD: Eu tamén me pregunto o mesmo que o compañeiro de arriba, ¿HD?

enviado por Gonzalo o 09 setembro 2008 ás 08:55 PM CEST #

Saúdos.

Suponse que neste blog fálase das novidades, por iso non entendo que as novas velocidades tras a duplicación apareceran antes publicadas na web de pura fibra que aquí.

Tirón de orellas para o blogueiro. ;-)

enviado por Luis o 10 setembro 2008 ás 01:19 PM CEST #

Ola Luis.

Comentarche que aínda que xa hai tempo que coñecía as novas velocidades, non as publiquei aquí porque considerei que non entraba na filosofía deste blog. Aquí vouvos contando cousas propias da "cociña" de R: proxectos, ideas, desenvolvementos, curiosidades...

Aproveito este espazo para informarvos de cousas que non teñen cabida noutros sitios. E tamén para responder ás vosas preguntas en canto teño un oco libre. En canto ao tema da duplicación de velocidades, realmente xa ten o seu oco en www.purafibra.com e tamén veredes un artigo na revista de R do mes que vén. Do mesmo xeito, tamén informaremos puntualmente aos nosos clientes a través doutra serie de canles.

Sei de sobra que estabades arrabeando de ganas dende hai tempo por coñecer as novas velocidades, pero como xa iamos realizar unha comunicación masiva sobre a duplicación nos próximos meses, consideramos que era mellor non comentarvos nada.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 10 setembro 2008 ás 07:37 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Para cando vai ser o da TV en HD? e tamén cando se vai poñer en funcionamento a Nova Guía da TV? Quero facer unha proposta, a Localia Telelugo e outras TV locais tíñanse que emitir en R en aberto dunha vez. Eu quero ver a Localia TeleLugo que é de Lugo o antes posible.

enviado por ROSENDO o 15 setembro 2008 ás 11:09 PM CEST
Sitio web:: http://WWW.LOMASBARATODELMUNDO.ES.TL #

Ola Rosendo. Xa estou aquí para responder ás túas dúbidas. A televisión en HD require un novo decodificador dixital. As cabeceiras de R xa están preparadas para soportala pero os decos actuais non. Calculamos que pode estar listo cara finais de 2009.

En canto á Nova Miniguía, quero informarte de que estará funcionando a partires do 10 de decembro deste ano, aproximadamente.

A túa proposta é interesante. R xa ofreceu a tódolas canles locais con emisión dixital a difusión do seu sinal. Aínda que, polo momento, só El Correo Gallego esá en condicións de emitir en dixital a través de R. O proxecto que comentas, con Localia Lugo/TeleLugo, xa está en marcha pero leva máis retraso.

enviado por quecheparece o 18 setembro 2008 ás 12:13 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Unha cousa, por que R vai máis adiantado co dixital? Por exemplo, eu vexo un anuncio e, cando acaba, síntoo na tele da casa do meu veciño. O único que cambia é que eu teño R e eles teñen o dixital. Tamén quería preguntar por que a Sexta se ve máis retrasada. Cando hai partido na Galega e na Sexta, na Galega chega antes unha cousa, cambias pa Sexta e ainda están un pouco atrás. Por exemplo, cando marcan un gol na Galega, cambias pa Sexta e ainda non o meteron, e o cabo de 10 segundos ou pouco menos é cando chega o gol. E a última cousa é se cando haxa a TV en HD se vai cobrar como un servizo aparte ou se van a cambiar todos os descos gratis pa que todos os usuarios teñan HD na súa casa, dado que no Dixital+ xa está en HD e nós que somos casi o mesmo ainda non o temos, e eles non teñen que pagar nada pa ter o HD. Moitas grazas.

enviado por ROSENDO o 22 setembro 2008 ás 09:51 PM CEST
Sitio web:: http://WWW.LOMASBARATODELMUNDO.ES.TL #

buenas. ¿se sabe algo del nuevo canal de Mediapro llamado "GOL TV"?

+ info: http://www.sport.es/default.asp?idpublicacio_PK=44&idioma=CAS&idtipusrecurs_PK=7&idnoticia_PK=545033

enviado por marcos piñeiro o 28 setembro 2008 ás 06:29 PM CEST #

Ola de novo a todos.

Sinto tervos tan abandonados estes días, pero anda de vacacións ;), pero xa volvín para darlle vidilla a isto. Así que comezo respondéndolle a Rosendo. Os retardos en dixital son debidos a múltiples factores. En primeiro lugar está o tema da distribución: algunhas canles chegan a R vía satélite, outros chegan vía fibra óptica desde as instalacións do provedor e outros cóllense do aire con receptores profesionais de TDT; despois hai que introducilos no cable e que cheguen a cada casa. En xeral os atrasos, sobre todo en TDT, son debidos a que a TDT chega a través dunha rede de transmisión terrestre que introduce retardos en cada salto.

Teño que dicirche que en R monitorizamos os atrasos e informamos ás canles, pero na maior parte dos casos non se pode facer nada xa que non hai unha solución xeral, hai que analizar caso por caso.

Para unha casa calquera, o peor caso é recibir o sinal da TDT; iso debería chegar máis tarde que a mesma canle da TDT vista en R dixital (non así seguro en R analóxico, xa que hai un paso intermedio de paso de dixital a analóxico).

En canto ao HD, cando lanzemos este servizo será obrigatorio o cambio de desco; a política de prezos non está decidida, pero o normal sería que o servizo custase o mesmo e que o único cambio sería a cota de aluguer do desco, que subirá un pouco xa que adoitan custar o dobre que os descos dixitais normais.

Falando disto, non é certo que a HD en Digital+ sexa gratis nin moito menos. 400 euriños de nada. Bueno, 395. Pero para iso tes que permanecer 3 meses no servizo e unha vez que pasan, pódeste dar de baixa, pero ¡a que prezo! Agora hai unha financiación na que pagas 37 €/mes durante 12 meses (IVE incluido). Isto é, 444 € polo equipo.

Pero (sempre hai un pero), para desfrutar do servizo tes que pagar tamén:
- 3€/mes se tes Digital+ Total, Digital+ Cine ou Digital+ Deporte
- 6€/mes se tes calquera outro paquete de Digital+ (ou sexa, a maior parte dos clientes de Digital+).

A explicación de Digital+ é que pagas por ter a información de programación das canles e da TDT... en fin, o mesmo que R neste momento. Iso si, xusto é recoñecelo: nós non temos PVR nin HD. Iso si, esperamos telo á maior brevidade posible.

Por último creo que me queda marcos piñeiro, aínda que creo que a esta pregunta xa respondín noutro lado (porque aquí ao final en cada post pregúntase por todo). O caso é que temos coñecemento da canle e, coma o resto, se vemos que os contidos poden darlle un maior atractivo á nosa grella e as condicións son boas tanto para nós como para os nosos clientes, pois estaremos encantados de incorporala.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 01 outubro 2008 ás 05:23 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Bueno al menos ya concretásteis algo en los plazos y la verdad es que son algo decepcionantes. En cuanto a la miniguía, el 10 de diciembre, esperemos que las novedades merezcan la pena porque de esto ya lleváis hablando aquí desde antes del verano, así que es casi medio año para lanzarla, por lo que esperemos que a parte de eliminar el color fucsia y cambiar algo las formas de la información en pantalla, los cambios sean verdaderamente importantes y se apueste por los servicios interactivos de verdad y sea realmente práctica. En cuanto a la HD, pues que quieres que te diga, una decepción, si habláis de finales de 2009. En realidad será verano del 2010 o por ahí porque antes querréis amortizar los decodificadores que estáis poiendo ahora. Lo más extraño es que cambiando ahora todos los decodificadores, no apostárais por decodificadores mucho más modernos, que soporten HD. En su lugar apostásteis por unos decodificadores normalitos en cuanto a la tecnología digital, decodificadores que hace 5 ó 6 años estarían bien, pero hoy en día son muy rudimetarios. Ojalá algún dia la televisión deje de ser un producto residual para R y os volquéis con ella. Haciendo paquetes de canales mucho más ordenados y atractivos. Por cierto que en cuanto a Gol tv, pues nada otro más que como Sci-fi, no lo debéis considerar de calidad como para que lo podamos ver... Eso sí, People and Arts, Destino galicia y similares si que deben tener mucha mas calidad.... en fin...

enviado por lucia o 02 outubro 2008 ás 05:23 PM CEST #

A parte do que Lucía engadiu, no que estou de acordo ó 100% dos seu comentarios.
A min realmente non me quedou moi claro o tema de non poder ver en aberto as canles xeneralistas e TDT que emitides en dixital (DVB-C), é dicir sen codificar. Como facedes con TVE1, TVE2 e as canles de audio.
Outro punto importante é saber se nalgún momento tedes pensado ofrecer un servicio básico mini de tv dixital, como é o caso doutros operadores como Euskaltel. Non incrementa a cuota e só hai que pagar o descodificador.

enviado por Tomás Castro o 07 outubro 2008 ás 01:09 AM CEST #

Ola de novo Tomás. Se tes unha tele con tuner DVB-C e aparecen máis casos coma o teu, non teriamos problema en facelo. O que sucede é que non cremos que haxa nin dez casos así en toda Galicia, por iso no o facemos, porque é algo complicado de facer e realmente non hai demanda.

En relación ao outro que preguntas, en R estamos agora a ofrecer a posibilidade de contratar un combo básico con tv mini. Inclúe Odisea, Canal de Historia, Sol Música, Canal Cocina, TDT, PPV de fútbol e cine de estrea, e o descodificador por 5€/mes.

enviado por quecheparece o 10 outubro 2008 ás 09:42 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Perdón, que me esquecía de Lucía. Cando seleccionamos este deco de TV foi no 2005. Fixémolo coa idea de ter un descodificador básico que servise para moitos anos. Cando teñamos o ano que vén o novo deco con disco duro en alta definicion, moitos fogares optarán por pasar este actual á segunda tele, así que a vida útil será moi longa. Un saúdo.

enviado por quecheparece o 10 outubro 2008 ás 09:51 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Se creedes que non hai nin 10 casos en Galicia con clientes de R que teñan televisións con DVB-C é moi supoñer. ¿Fixeron nalgún momento algunha enquisa para saber datos reais?
¿Por que é algo complicado de facer? Estou algo cofuso, ¿non están xa a emitir ditas canles encriptadas en formato DVB-C? ¿Quen dixo que non hai demanda?

enviado por Tomás Castro o 11 outubro 2008 ás 04:55 AM CEST #

Vai desaparecer kidsco da programación de R a partir do 1 de Novembro?

enviado por Tomás Castro o 25 outubro 2008 ás 02:36 AM CEST #

Ola Tomás.

Quero informarche de que KidsCo non vai desaparecer da grella de R a partir do 1 de novembro. Agás no caso de que o provedor da canle deixe de emitilo, o que non consta neste momento, poderemos seguir gozando da canle infantil.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 30 outubro 2008 ás 06:19 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ola de novo Tomás.

Xusto nos acaba de chegar unha nota de prensa de KidsCo, que paso a copiar porque creo que pode ser interesante para todos. Como poderedes apreciar, non hai nada sobre a súa desaparición, moi polo contrario, semella que se consolida:

Teuve, la mayor productora de canales de televisión temáticos de España, se muestra satisfecha con los resultados obtenidos por KidsCo, el canal destinado a los públicos más jóvenes que acaba de alcanzar sus seis primeros meses de emisión.

El índice de fidelidad en el público de entre 4 y 12 años ha alcanzado el 62% y la audiencia del canal se sitúa por encima de la media de canales infantiles en España, dato muy favorecedor teniendo en cuenta que KidsCo es el único canal temático infantil que sólo tiene distribución por cable.

El pasado 1 de mayo Teuve incorporó a su oferta el canal KidsCo, en una apuesta por proporcionar unos contenidos responsables y entretenidos para los niños ofreciendo las mejores series de animación y las últimas novedades en películas infantiles. Desde su nacimiento, KidsCo se nutre mayoritariamente de contenidos de procedencia europea, hecho que lo diferencia de la mayoría de canales infantiles del mercado que, dada su procedencia, se dotan primordialmente de producciones norteamericanas.

En palabras de David Gómez, Responsable Comercial y de Marketing de Teuve, "el canal está superando las expectativas iniciales con unos resultados excelentes, atrayendo no sólo a los niños sino convirtiéndose en un canal para toda la familia. Los planes de futuro de KidsCo pasan por seguir apostando por una programación de calidad contando siempre con los mejores proveedores a nivel internacional".

KidsCo, un canal de multi-plataforma con una emisión de 24 horas al día los 7 días de la semana, nació como resultado de una joint venture entre tres grandes productoras: Nelvana Enterprises, DIC Entertainment y Sparrowhawk Media, adquirida hace unos meses por Universal-NBC. El objetivo de kidsCo es competir con los canales internacionales y conseguir la emisión en 40 países antes de finalizar 2009.

KidsCo, introducido en España de la mano de Teuve, cuenta con una programación dividida en distintas franjas: "Zona preescolar" (pensada para los más pequeños), "Zona Niños" (especialmente creada para los niños de 6 a 10 años) y "Zona familiar" (para toda la familia).

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 03 novembro 2008 ás 01:20 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Estase acabando o ano é R xa está a mellor o seu servicio de internet duplicando velocidade antes de que acabe o ano en todas as poboacións onde da servicio.
En relación coa televisión dixital a única noticia que se menciona é a nova guía de programación.
Seica R no próximo ano vai incluir novas canles dixitais con novos contidos, pero a min o que me gustaría saber que canles poderemos ver. De esta forma saber se me merce a pena seguir esperando por máis contidos ou elixir outro operador.

enviado por Tomás Castro o 23 novembro 2008 ás 10:41 PM CET #

Ola blojeiro de R.

PARA CANDO GOLTV??

Com cheje a Imajenio, kedadesvos sen clientes.

enviado por Manu o 26 novembro 2008 ás 01:01 PM CET #

Gustaríame preguntar si xa se sabe cando van entrar as novas canles de televisión como CNN + ou 40 Latino, se pode ser a ver se tamén me poden decir cales serán as outras canles. Por último, preguntarvos se os clientes de Combo R mini imos poder desfrutar desas novas canles. Grazas.

enviado por Gilberto o 24 decembro 2008 ás 09:46 AM CET #

Ola boas: só unha preguntiña...
Iso de TPA (Televisión del Principado de Asturias), Aragón SAT, CNN+ ou 40 Latino a qué Combos se engaden? Supoño que a CNN+ e 40 Latino será para todos, non?
Grazas

enviado por 10.0.137.41 o 24 decembro 2008 ás 09:48 AM CET #

Con respecto á pregunta das novas canles, como sabes, xa están incluídas na grella e non están incluídas en todos os combos, senón naqueles que teñen contratada a televisión dixital.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 02 xaneiro 2009 ás 07:22 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado