logo

non hai apagón, pero si novas canles en aberto

luns 15 xuño 2009 | 23 Comentarios

ola a todos. Como vos comentei hai cousa de dous meses e medio, en R estábamos preparando o apagón analóxico. Así que naquelas localidades onde se ía producir, íades recibir novas canles en aberto nalgunhas zonas.

o caso é que cumprimos o prometido. Como moitos de vós sabedes, en Galicia tiña que comezar a producir o apagamento analóxico a finais deste mes en moitas localidades. Pero a realidade é que ao final dende o Goberno tiveron que dar marcha atráse non se sabe moi ben cando se vai realizar. Vamos, que se pospuxo indefinidamente.

en R non pospuxemos nada, e como vos dixeramos no seu día, dende agora xa podedes recibir en aberto canles como 40 Latino, Hogar 10, CNN+ e TVG2. Vamos, que os clientes de combo3 e combo1, con só resintonizar o voso televisor xa os teríades. Na resintonización igual notades que Intereconomía cambiou de dial, pero non vos preocupes que segue a estar aí como ata o de agora ;)

por outra banda, como vos dixera, esta vai ser unha medida progresiva para todos os nosos clientes. Así, vanse ver beneficiados nesta ocasión as zonas onde se ía producir o apagamento. É dicir, Santiago de Compostela e a súa área metropolitana, ademais dos concellos pontevedreses de Silleda, Lalín e A Estrada. Tamén entrarían os concellos do Barbanza, os da Costa da Morte, toda a área metropolitana da Coruña e Ferrolterra. Vamos, que son unha boa tropa.

así que agora a bailar música latina, a aprender supertruquis de bricolaxe, a estar informados as 24 horas e a desfrutar das series de debuxos da infancia (Songoku e Arale forever).

ah, e lembrade que se todos os que tendes un televisor con sintonizador DVB-C integrado, dende hai varias semanas xa podedes recibir en calidade dixital todas as canles que emitimos en aberto, xunto coas autonómicas e tamén case todas as internacionais. Serían (se non me esquezo de ningunha) TVE1, la2, Antena3, cuatro, Telecinco, laSexta, VEO TV, TVG, TVG-2, Correo TV, 40latino, Teledeporte, Telecinco 2, Disney Channel, Clan TV, Paramount Comedy, SET en VEO, FDF Telecinco, hogar10, Canal 24h, CNN+, Intereconomía, CNBC Europe, France 24h, BBC World, Deustche-Welle, Arte, Telemadrid SAT, Aragón SAT, laCanaria, Andalucía TV, TPA, ETB Sat, TVCi, TVVi, RTPi e TV5 Monde .

un saúdo.




Comentarios

desde ya? pues yo en vigo sintonizo las mismas de siempre, ni puedo bailar ni montar el armario con el curso de bricolage

enviado por dani o 15 xuño 2009 ás 06:16 PM CEST #

dani, como comento en el blog, esto se acaba de hacer en determinadas zonas de nuestra red. Gradualmente trasladaremos esta mejora al resto de localidades.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 15 xuño 2009 ás 06:23 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Moi boa nova para os que temos comobo3, especialmente por cnn+ e tvg2.
Algunha estimación de cándo será en Lugo? Ou polo menos, cómo saberemos que xa está? porque se temos que estar resintonizando todas as semanas para decatarnos...

enviado por uVe o 15 xuño 2009 ás 06:52 PM CEST #

Ola uVe.

De momento non temos estimacións de cando estará en Lugo, pero non te preocupes que vos avisaremos a través dos medios habituais. É dicir, que no blog o publicaremos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 15 xuño 2009 ás 07:03 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pareceme moi ben que pola vosa parte mantivesedes o compromiso inda cando finalmente inda nos se producirá dito apagón nesas zonas.

Pero preguntome se no resto de zonas faredes dita inclusión de canles pola data teórica do apagón nelas (dentro de 9 meses para moitos ...) ou faredelo moito antes.

enviado por fervigo o 15 xuño 2009 ás 08:35 PM CEST #

Ola.

Mellor non falar porque despois sempre estades aí ollo ao piollo para ver se cumprimos ou non. A idea é ir incorporando ao resto de localidades segundo fagamos outra serie melloras na rede (matamos dous paxaros dun tiro). De feito, desta vez van máis localidades das anunciadas nun primeiro momento.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 15 xuño 2009 ás 08:39 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Novas canles para só nalgunhas localidades, os que temos R e non vivimos nesas zonas de Galicia non nos afecta en nada. Paréceme mal que non se apliquen esas novas canales da TDT a tódolos clientes de R, independetemente vaian sufrir apagón ou non.
Por outra banda hai un tempo atrás dicías que a TDT (DVB-T) íase ver pola rede de R, que nos podes dicir sobre este tema.
Á espera de que poida ver en analóxico 40 Latino, Hogar 10, CNN+ e TVG2; UN saúdo

enviado por Tomás Castro o 15 xuño 2009 ás 11:17 PM CEST #

Ainda que eu teño Combo2 con decodificador, estou interesado en saber cando vai ser realmente o apagón analóxico, xa que as nosas familias residen na zona de Verín, e nesa zona o apagón ia ser agora a finales de xuño, e como naide di nada, secade vos si sabedes algo mais.

enviado por José Diz Lamas o 16 xuño 2009 ás 07:12 AM CEST #

Eu teño como R dixital. Na toma de TV principal teño o desco. Nas dúas tomas secundarias teño unha tele convencional e unha con DVB. Na que ten DVB tentei hai uns días sintonizar canles en dixital e non pillou ningún. Por qué pode ser? Vivo en Bertamirans (Ames)
Un saúdo.

enviado por gonzalo o 16 xuño 2009 ás 10:44 AM CEST #

Ola.

Gonzalo, o televisor ten DVB-T ou tamén acepta o DVB-C? É dicir, case todos os novos televisores aceptar o estándar da televisión dixital terrestes, o DVB-T, pero só algúns tamén permiten o estándar da televisión dixital por cable, o DVB-C. Igual aí pode estar o problema, que non colle o DVB-C. Mírao no manual de instrucións porque en principio non debería de haber ningún problema en que os recibises.

Tomás, de momento estamos en fase de estudo para dar a televisión en DVB-T. Así que de momento non temos prazo para o tema. Cando haxa algo concreto xa volo comunicaremos.

José, con respecto ao que nos comentas, en R optamos por varias alternativas antes o apagón analóxico: 1) seguir emitiendo en analóxico porque temos rede propia e o podemos facer, 2) abrir en dixital as canles a través de DVB-D, 3) estudar dar en aberto e en dixital as canles en DVB-T (que as recibades a través dun descodificador TDT, para que nos entendamos) e 4) recibir a TV a través do noso descodificador dixital.

En canto aos que non son clientes de R noutras zonas, o apagón dixital producirase, aínda que está aplazo sen día fixo.

Un saúdo a todos.

enviado por quecheparece o 16 xuño 2009 ás 10:59 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Felicítovos pola posta en marcha das canles de TDT 40latino, CNN+, Hogar10 e G2 a través do sinal en analóxico de R.
O que non estou para nada de acordo é coa decisión de poñer en marcha este feito para só algúns clientes de R de determinadas localidades.
Dis que: “hai cousa de dous meses e medio, en R estábamos preparando o apagón analóxico. Así que naquelas localidades onde se ía producir, íades recibir novas canles en aberto nalgunhas zonas”. É certo que así o transmitías neste mesmo blog non hai moito tempo atrás.
Como ti ven dis en relación ó apagón analóxico: “…ao final dende o Goberno tiveron que dar marcha atrás e non se sabe moi ben cando se vai realizar. Vamos, que se pospuxo indefinidamente.”
Recordar que o próximo apagón analóxico tería que levarse a cabo, nun principio, o próximo 30 de Xuño pertencente ó Grupo A. Tambén lembrar que as localidades galegas onde afectaría este feito e onde R dispón de cobertura dispoñible son: Ames, Arzúa, Brión, Melide, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Santiago de Compostela e Teo.
Aínda que tomáchedes a decisión de incluir estas novas canles en analóxico en localidades onde non estaban inluidas no Grupo A do posposto apagón analóxico en Galicia: Silleda, Lalín, A Estrada, Barbanza, Costa da Morte, A Coruña e Ferrol.
Coa xustificación do apagón analóxico para incluir esas novas canles en R, hai concellos que si houberan estado implicados no apagón analóxico do 30 de Xuño e que R non inclúe, polo de agora, estas novas canales. Ademais hai localidades que non lles ía afectar o apagón analóxico e que R si incluiu as novas canales no seu servicio.
Sexamos serios, inlcuir unha nova como esta no blog sen unha base xustificativa real nin tampouco darnos a tódolos clientes os mesmos beneficios como cliente é realmente noxento e despreciable pola miña parte.
Cando duplicáchedes a velocidade de internet déchedes datas precisas destas melloras, ¿Para cando poderemos ver esas novas canales en tódalas localidades onde R ten servicio?

enviado por Tomás Castro o 20 xuño 2009 ás 02:32 AM CEST #

Unha pregunta: e para cando vai funcionar ben a EPG, porque agora mesmo (05:30h 22/06/2009) na canle FOX, segundo a EPG, pon que se está a emitir a serie "Saved", pero realmente estase a emitir "Katrina Ville" e non é casualidade, xa que ten pasado outras moitas veces... éste é só un exemplo que podo confirmar "en directo".

Seguindo o título do blog: "Que me parece??" Pois paréceme que é unha falta moi grave que non saibades amañar algo tan sinxelo como a EPG. Antes valíavos a excusa (que é o único que sabedes facer, dar excusas...) de que como a revista era mensual, podía variar a programación por parte da propia canle, pero como agora nos enviades esa "cutre-revista", témonos que guiar pola EPG, pero visto o visto, a ver por onde nos guiamos, porque eu non estou disposto a ter que mirar na web de cada canle para saber o que van poñer... era o que me faltaba!!!

Dito isto, a ver se tomades cartas no asunto e podemos saber, dunha vez, o que realmente podemos mirar nas canles que nos ofrecedes, que para algo vos estamos pagando.

Un saúdo.

enviado por Julio o 22 xuño 2009 ás 05:38 AM CEST #

Perdoa polo dobre post, pero é que me acordei dalgo que vos queria comentar, xusto despois de darlle a enviar o comentario anterior...

Para cando ides mellorar a calidade dalgunha das canles de pago?? Porque hai algunhas que se pixelan máis ca unha pelicula en DivX mal comprimida... Nótase sobre todo nas canles deportivas (Eurosport, Sportmania e os miradores).

Un saúdo.

enviado por Julio o 22 xuño 2009 ás 05:45 AM CEST #

Ola Tomás.

Como podes ler no Plan Nacional de Transición á TDT (páxina 187: http://www.televisiondigital.es/NR/rdonlyres/D84EE7D8-24B6-499C-994E-A54616C48C9E/0/1PlanNacionaldeTransici%C3%B3nalaTDT.pdf) hai localidades como Lalín ou Silleda e da Costa da Morte que nas que si se ía producir o 30 de xuño o apagón analóxico, polo que estes concellos están completamente xustificados. Por outra parte, os do Barbanza incluíronse porque localidades limítrofes como Noia ou Porto do Son (próximas a Ribeira e a Boiro), tamén ían sufrir o apagón.

Como digo no blog, estas localidades reciben xa a estas canles porque ían sufir o apagón analóxico. Por outra banda, o que fixemos foi aproveitar unhas obras na nosa rede para incorporar xa estas canles noutros concellos que en principio non estaban anunciados. Pareceunos unha boa idea porque así máis clientes se poderían beneficiar da medida.

Por outra banda, como xa indico, esta implantación é progresiva. É dicir, que se beneficiarán dela TODOS os nosos clientes de combo3 e combo1, polo que todos sairán beneficados desta medida. Non obstante, como xa explico, é unha medida progresiva que iremos incorporando a todos os concellos pero que nesta ocasión se fixo nestes porque xa deixamos lista a medida ante o apagón analóxico que ían realizar e por unhas melloras na nosa rede. No resto farémolo pouco a pouco, aínda que de momento preferimos non dar datas.

Julio, dou aviso do que me comentas sobre a EPG. Coméntoche que nós subimos a programación que nos envían as canles, así que non sei que puido pasar. De feito, na web da FOX indican que a esa hora se emitía "Bones": http://www.canalfox.com/la/programacion/20090621/, o que me deixa máis estrañado aínda.

En canto á pixelación das canles, igual podes estar tendo un problema coa recepción do sinal, porque non hai incidencias con esas canles. Creo que o mellor é que chames ao 1449 e que dende o servizo técnico analicen o sinal que chega ao teu televisor, por se a tiña ten algún problema.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 22 xuño 2009 ás 11:45 AM CEST
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #

Gustaríame falar acerca da revista R para os que teñen contratado o servicio de TV. A información acerca do que emiten as canles é moi escasa. Por exemplo, só dedicades duas páxinas ás peliculas destacadas do mes cando hai 8 canles que emiten películas 24h máis 4 que emiten unha media de 2-3 pelis ó día. E que dicir dos documentais, dos que case non se menciona nada e so nos recomendades un por día (e novamente dicir que hai 8 canles de documentais se non recordo mal). Están moi ben as entrevistas e todo iso que poñedes a maiores, pero o prioritario debería ser o relacionado coa tv. Tomade exemplo da revista de Digital+ (por exemplo), quitando que sexan máis páxinas, todo o seu contido é referente á tv, e se hai entrevistas ou reportaxes é por que teñen que ver co que se emitirá ese mes na operadora. Eu polo menos, cando leo a revista R quédome coas ganas de saber o que van dar. Ademáis, tampouco poñedes as películas que dan en tnt, nin se quera na guía de cine que hai nas últimas follas da revista (que para min é a parte que vale máis a pena da revista).

Por outro lado , dicir que fai un ano se dixo que a nova epg ía ter un montón de novidades, e o único que cambiou foi o seu físico (para mellor). Tamén lín por ahí que se poden ver subtítulos co desco R e eu non podo (si que podo a través do teletexto das diferentes canles).

Fai uns meses falabades de hd en R e do VOD. Segue iso en pé?

Por certo, é de agradecer que puxérades novas canles como a bbc news e a cnbc.

É a primeira vez que escribo pero non a primeira vez que entro por aquí, paréceme unha boa iniciativa, e noraboa polo primeiro aniño.

Saúdos.

enviado por pedro o 22 xuño 2009 ás 01:52 PM CEST #

Ola Pedro.

Antes de nada graciñas por comentar no blog. Dicirche que os subtítulos podes acceder a eles a través da tecla PREF do teu mando a distancia (déixoche aquí o manual: http://descargas.mundo-r.com/ficha/1197990190010_es.html).

Por outra banda, a idea do HD e do VOD segue en pé.

En canto á revista, un dos problemas cos que nos atopamos é con que de cando en vez cambia a programación das canles e non sempre é como debería de ser. Tamén ás veces nos trabucamos na EPG, aínda que cremos que menos. Creamos a web http://guiatv.mundo-r.com onde se pode buscar o que imos emitir nos próximos días na nosa TV e buscar por xéneros e por canles e ter acceso ás sinopses. Cremos que é unha ferramenta moito máis viva e áxil que a revista, e por iso estamos centrando moitos esforzos en mellorar esta web.

En canto aos cambios na EPG que comentas, é certo que non está todo o que nos gustaría. Tivemos moito traballo de fondo (limpar código) porque moitos clientes sufrían problemas de excesiva lentitude á hora de consultar a información. Agora o funcionamento xa é moito mellor. Tamén fomos facendo outra serie de cambios que igual non se aprecian moito, como incorporar nos filmes o ano, o director e os actores.

O que sempre recomendamos é apagar o desco de TV para que o aparello se actualice e incorpore sempre a última versión da EPG.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 22 xuño 2009 ás 06:10 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Boas.

O problema nesas canles non é por un mal sinal. Tal vez me expresei mal, cando dixen que se pixela, non me refería ós típicos erros por un mal sinal, senón a que se notan moito os macrobloques da compresión MPEG2 que empregades. Tal vez deberiades pensar en mellora-lo bitrate dalgunhas canles, porque como digo, moitas veces vese mal.

Un saúdo.

enviado por Julio o 22 xuño 2009 ás 11:05 PM CEST #

si pueden enviarlo en DVB-T por qué no lo hacen y la vemos con decodificador como todo el mundo?? sólo los televisores muy modernos recibirán la señal DVB-C y además igualmente necesitaremos un decodificador para poder utilizar las ventajas de la TDT como son los subtítulos o las versiones originales… vamos, R, que muchas gracias, pero nos hemos quedado como estábamos.

enviado por macas o 29 xuño 2009 ás 05:45 PM CEST
Sitio web:: http://# #

macas, precisamente en eso estamos trabajando. Como se trata de dos estándares diferentes DVB-T (señal terrestre) y DVB-C (cable) no es un cambio que se pueda implantar de un día para el otro. Nuestro objetivo es hacerlo y en ello estamos.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 29 xuño 2009 ás 05:56 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

"no es un cambio que se pueda implantar de un día para el otro."
Y por qué non o implantáchedes dende un principio como xa fai tempo que fixeron os vosos veciños asturianos e vascos (Telecable e Euskaltel, respectivamente)??? Porque non quixéchedes, nin máis nin menos. Xa bastante triste é que ata fai un par de meses só emitirades dúas canles en aberto, así que non veñas a tomarnos o pelo...

E por certo, non só os televisores máis modernos veñen equipados para recibir DVB-C, xa que hai moitos decodificadores que serven para ese estandar (e bastante mellores que o que vos tedes, que é ben maliño...)

Un saúdo.

enviado por Julio o 08 xullo 2009 ás 09:47 PM CEST #

En los televisores de casa, veiamos la señal de R, en nuestros televisores, fatal, sobre todo los canales de TDT, en su momento vuestros compañeros nos dijeron que era por que la emision era en digital, pero vosotros lo enviais analogico, y que no habia solución, asi que nos compramos tres TDT. Ahora me informan que ya podemos recibir en digital, pero el problema es que tengo un nuevo televisor marca LG, serie 32LG2DB, y no doy sintonizado ningun canal de R. Tengo mantenimiento avanzado, si llamo pueden ver que pasa en mi casa, vuestros servicios tecnicos?
Gracias

enviado por tom o 31 outubro 2009 ás 06:14 PM CET #

otra cosa, segun leo en lineas más arriba cuento hasta 36 canales que se pueden ver en R, pero en los tv que tengo señal solo veo 21.

enviado por tom o 31 outubro 2009 ás 06:36 PM CET #

tom, creo que hay una confusión. Cualquier televisor preparado para ver la TDT no puede recibir nuestros canales en digitales. Lo que pueden recibir la televisión tienen un descodificador DVB-T ("T" de terrestre). Para recibir nuestros canales en digital se necesita un desco DVB-C ("C" de cable).

Por eso precisamente no estás recibiendo nuestros canales en digital, porque el televisor debe tener un desco DVB-T, no uno DVB-C.

De todas formas, si tienes el mantenimiento avanzado tienes derecho a que un técnico vaya a tu domicilio para sintonizar la televisión. Otra cosa es que sea capaz de sintonizarlas, que por lo que me comentas me da la sensación de que no.

Si sólo ves 21 canales es que estás recibiendo la emisión en analógico, no la de digital.

De todas formas, nuestra idea es que nuestros clientes también puedan recibir la señal de televisión a través de un descodificador DVB-T. Eso sí, no emitiríamos todos los canales que se emiten en DVB-C.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 02 novembro 2009 ás 09:23 AM CET
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado