logo

temos grupo no facebook

mércores 20 maio 2009 | 4 Comentarios

como andades? Pois eu agora polo blog e tamén polo Facebook. Como toda a xuventú e os que xa peinan canas andan por aí metidos, pois decidimos abrir unha nova canle de comunicación cos meus amigos-clientes a través desta rede social.

O caso é que sabemos que hoxe en día se chega a usar máis o Facebook que o correo electrónico  en canto que permite ter de man os contactos, ver a que andan, que contan, fedellar nas súas fotos, compartir vídeos e mesmo chatear. A nosa intención tampouco é poñernos a chatear con todos vós, pero si a de abrir unha nova fiestra na que poidades saber cando actualizamos o blog, que novidades temos ou que facemos da nosa vida. E o que é máis importante, saber nós tamén de vós e aprender da vosa experiencia como clientes.

Como vos digo, creamos un grupo chamado Que che parece?ao que vos convido a unirvos, a lanzar todos os comentarios que creades oportunos ou teñades de man a ligazón dos últimos posts.


Trátase dun grupo aberto, así que calquera se pode unir e convidar a outros a que o fagan. Debaixo da imaxe do grupo veredes que pon “Unirse a este grupo”. Se clicades aí xa seredes un membro máis para que deixedes as vosas mensaxes, ideas e suxestións para seguir mellorando R.

Vamos, que se trata de establecer outra canle de feedback con vós ademais do blog, que vexades que nos interesa cada vez máis o que nos dicides e que non só Mahoma vai á montaña, senón que nós tamén nos movemos para coñecer de primeira man o que queredes e pensades.

O dito, que xa tardades en facervos amigos do grupo ;)




Comentarios

no veo la "necesidá"

Que non pase como la voz de (caixa) galicia que abre páxina en facebook e da: PENA

enviado por Nemigo o 20 maio 2009 ás 11:41 PM CEST #

Hola Nemigo.

Nuestra idea es tenerlo actualizado y ya estáis vosotros ahí para darnos caña si no lo hacemos ;)

De momento creo que en el blog estamos cumpliendo y la idea es tener más ventanas de contacto con vosotros.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 21 maio 2009 ás 09:46 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

a min o contacto sempre me parece ben...

Por certo, pensas que sería posible falar galego? Se non sempre podemos pasarnos ao inglés

enviado por Nemigo o 22 maio 2009 ás 10:53 PM CEST #

Ola Nemigo.

Desculpa, que sempre intento contestar na lingua na que me escriben/preguntan. Como o teu comentario empezaba en castelán (entendo que cun tono irónico) pois ao final eu tamén puxen o comentario neste idioma.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 22 maio 2009 ás 11:59 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado