logo

Navegas cos DNS de R? Pois é importante que o fagas

venres 05 agosto 2011 | 24 Comentarios

Ola a todos. Chegados a este mes de agosto, xa vedes que continuamos máis que activos por aquí por R. E hoxe queremos falarvos de algo importante, dos DNS que usades para conectarvos a internet, xa que é importante que empreguedes os nosos, os de R, porque do contrario igual non poderedes navegar.

Moitos xa sabedes que é iso dos DNS, pero para os que vos soe a chinés vou facer uso do meu inglés: son os Domain Name System, en galego Sistemas de Nome de Dominio. Seguro que moitos (a pesar do chinés, do inglés e do galego) quedastes como estabades e non nos estraña

O caso é que cando vos conectades a unha web pasades antes por un servidor DNS que relacionada un enderezo IP (unha serie de números que identifica esa web) cun dominio (unha forma máis doada de lembrarnos da mesma). É dicir, que vos permite chegar a unha web do tipo mundo-R.com ou youtube.com sen ter que lembrar un feixe de números (as direccións IP).

Vós conectádesvos á internet, escribides no voso navegador un dominio calquera (quecheparece.com, por exemplo, e sen querer facer publicidade) e o servidor DNS o que fai, por así dicilo, é contestarvos, lévavos ao enderezo IP concreto (porque ese é o seu traballo).

Pois ben, despois de soltarvos todo este rollo, vamos ao allo: cada provedor de internet ten o seu propio sistema de tradución DNS, pero non sempre os clientes teñen os DNS do seu operador.

O normal ata o de agora era que navegásedes sen problemas aínda que tivésedes os DNS da competencia, pero iso xa non vai ser así. Por exemplo, a partir do 8 de agosto Telefónica vai pechar os seus DNS para a xente que non se conecte dende a súa rede. E temos claro que temos clientes que usan os seus DNS. Así que ollo ao piollo: é importante que miredes este tema e poñades os nosos DNS porque do contrario non poderedes navegar (ao non haber quen traduza os dominios das webs a un enderezo IP, non seredes quen de conectar cunha páxina, porque o equipo non sabe onde está).

E como é que hai clientes en R con DNS doutros operadoers cando o router ou cablemódem debería de coller automaticamente os DNS de R? Pois moi sinxelo: nalgúns casos hai clientes que cambiaron eles, manualmente, os DNS e puxeron outros diferentes aos nosos (que pouco nos queredes, snif). Noutros casos o que acontece é que hai clientes que portaron a súa liña de internet doutro provedor e na configuración séguense a manter os DNS vellos. Neses casos é importante que miredes a cousa e poñades os de R. Tomade boa nota entón:

O servidor DNS principal é: 213.60.205.175

Pero temos outros alternativos:

  • Servidor DNS alternativo para A Coruña e Lugo: 213.60.205.173
  • Servidor DNS alternativo para Pontevedra e Ourense: 213.60.205.174
Ademais, para os que somos un pouco máis torpes nisto das novas tecnoloxías e nos perdemos con dos DNS, de como configuralos e demais, creamos un pequeno manual para os usuarios de Windows (no resto de sistemas operativos os fundamentos son os mesmos e seguro que sodes usuarios máis avanzados, ou non?). Podedes decargalo aquí.

Un saúdo e se tedes algunha dúbida, non teñades vergoña en preguntar ;)




Comentarios

Supoño que os que nos fiamos do DHCP e dos DNS que dades vos automáticamente podemos pasar moito desto ¿non?

A verdad, que os usuarios medio avanzados xa deberían de saber onde teñen os DNS e os menos avanzados con non tocar nada e deixalo funcionar ó seu aire pois...

enviado por Kapisketo o 05 agosto 2011 ás 01:18 PM CEST
Sitio web:: http://www.kapisketo.com #

Kapisketo, si, podes fiarte :)

Se colles os que nos damos por DHCP xa son os nosos propios.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 05 agosto 2011 ás 01:36 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Aproveito para lembrar que é unha crenza relativamente estendida a de que certos DNS de esta ou outra compañia, ou desta ou aquela outra organización, son mais guays ou mais non sei que, e por eso vas navegar máis rápido.

O tempo de resolución depende de varios factores:
1.- Tempo de consulta na base de datos do DNS (normalmente 10 a 50 ms se son dominios amplamente empregados).
2.- A latencia ata o DNS (moi importante xa que se nos conectamos a un DNS que está en USA ou na China imos ter tempos de ata 100 ou 200 ms, mais se nos conectamos aos do noso ISP por exemplo poderan ser tempos de 10 ms)

4.- Que os dominios que resolvamos sexan máis ou menos comúns. Pode chegar a ser enorme a diferencia de tempo, xa que se consultamos un dominio comun na zona (por exemplo Galiza) nun DNS de R con toda seguridade estará na caché do DNS, co que o tempo será moi pequeno <10 ms
Pola contra se buscamos un que sexa raro (un .jp )seguramente non estea na cache, e enton terá que ir escalando na xerarquía de DNS ata a autoridade DNS dese dominio (é dicir, as raices DNS xaponesas) o cal está a tomar por saco (falando en tempo de consulta).
Por eso é importante empregar un DNS local (o máis local posibel).

Conclusion? -> Emprega as DNS do teu ISP SEMPRE

enviado por obreiro o 05 agosto 2011 ás 03:31 PM CEST #

1.- Non só existen DNS "da competencia". Tamén os hai públicos e funcionan perfectamente.

2.- Tendo en conta que algunha vez os vosos DNS non permitían acceder a certas webs que non vos interesaba que puideramos visitar (non mo vaias negar, QCP, porque fixen a proba en dous PC's: un cos vosos DNS e outro con DNS públicos e cos vosos non resolvía a dirección), como que paso empregar os vosos.

3.- Que usando DNS estranxeiros vou navegar máis lento?? Pode ser, pero sinceramente, por 200ms máis que tarde en cargar a páxina, pouco me importa, se así podo visitala... Os que eu emprego teñen uns 50ms de latencia e por agora nunca tiven problemas para cargar as páxinas web, como tiña cos vosos.

enviado por Julio o 08 agosto 2011 ás 11:45 AM CEST #

Julio, se nos informamos deste tema non é porque non queiramos que usedes outros, senón porque se empregas os DNS por exemplo de Telefónica podes quedar sen navegar. E nun futuro pode pasar o mesmo con outros operadores.

Por outra banda, claro que che teño que negar que non nos interesa que visitedes certas páxinas. Que lóxica ten iso? Pois algún hai algún problema no enrutamente ou co carrier que empregamos. Agora, que limitemos o acceso a certas webs e contidos? Non é certo, nunca o fixemos. E se detectas algún problema do estilo comunícanolo para que o miremos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 08 agosto 2011 ás 12:00 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Julio, a túa proba non é valida. "Fixen a proba en dous pcs"... Iso xa son moitas variables que cambian. O correcto nese caso sería utilizar o mesmo PC e cambia-las dns.

Por certo, non sei que DNS empregas; pero lémbroche que OpenDNS facía hijack sobre Google; e R nunca fixo tal.

De todos modos, eu por outros motivos de vez en cando cambio os meus dns polos de unblock-us.com; pero iso é por outra cousa ;)

enviado por CartDestr o 08 agosto 2011 ás 12:31 PM CEST #

Eu sei ben do que falo.

CartDestr non vaias de listo porque o problema do que falo non me sucedeu só a min e é unha proba perfectamente válida. A páxina en cuestión era un foro e a NINGÚN usuario que tiña R lle deixaba acceder cos seus DNS, mentres que cos públicos ou os da competencia, ningún problema. Casualidade? Paréceche suficientemente válida?
Dicir que tamén houbo outras operadoras de cable que tamén bloquearon o acceso a ese foro. Outra casualidade máis? E non foi que a páxina estivese caída, porque, como comento, con outras DNS accedía perfectamente.

E por certo, hai máis mundo aparte de OpenDNS...

enviado por Julio o 08 agosto 2011 ás 02:46 PM CEST #

Julio, volvo incidir en que en R non limitamos o acceso a ningures e o mellor sempre, nestes casos, é avisar para que miremos onde está o problema. Sempre se tende a pensar mal e acusar de que censuramos cousas, cando non é así.

Non sei que clase de foro sería, se un foro no que hai críticas ás operadoras (xa ves que aquí no blog se nos pode criticar abertamente) ou de piratería ou algo polo estilo (que xa me dirás tamén se non hai información por aí adiante). Facer iso é bastante tontería, a verdade.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 08 agosto 2011 ás 04:20 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Perdona Julio, pero tí estabas falando de "Fixen a mesma proba en dous pcs con diferentes DNS", agora de pronto comezas a falar de que era a 'ningún usuario con R' e 'outras cableras tamen o capaban'. ¿Tí como sabes que eu por exemplo non podía acceder a dito foro? ¿Para decir 'ningún', cal é o tamaño da mostra? É máis, ¿De que foro estás a falar? Para vertir certa clase de acusación, que menos que dar datos concretos.

enviado por CartDestr o 08 agosto 2011 ás 06:02 PM CEST #

Julio, o que dis non ten pes ni cabeza. De R pódeste queixar por centos de cousas, pero que impidan o acceso a webs de maneira premeditada é un absurdo, xa ves o doado que sería saltarse ese "bloqueo" coa conseguinte mala imaxe que suporía.

Hai centos de razóns polas que dende uns servdores DNS alcánzase unha web e dende outros non, por exemplo se esa web fixo un cambio dos seus DNS autoritativos, está en proceso de traslado de rexistrador... o mesmo que ocorre nunha portabilidade telefónica por poñer un exemplo, ás veces unha liña non recibe chamadas dende algún operador porque ocorreu un erro na actualización dos datos da liña, e non por iso é cousa de que o operador "X" non quere que fales con clientes da competencia.

Agora, que se ti queres ver pantasmas onde non as hai, pois xa é outra cousa.

enviado por Bas o 09 agosto 2011 ás 06:52 AM CEST #

Acabo de ver que no noso servidor estaban configurados dns3.mundo-r.com e dns4.mundo-r.com. Supoño que serían uns antigos e como non houbo problemas aí seguían. Agora engadín os dous recomendados para probalos.

Os DNS recomendados son os mesmos para particulares e empresas?

enviado por makeijan o 09 agosto 2011 ás 10:49 AM CEST
Sitio web:: http://acitc.blogaliza.org/ #

makeijan, si, recomendamos os mesmos tanto para particulares como para empresas.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 09 agosto 2011 ás 10:52 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

yo no uso vuestras DNS por que youtube me iba como el culo a ciertas horas y al cambiarlas fue algo mejor.

enviado por patatin patatan o 09 agosto 2011 ás 10:58 PM CEST #

patatin patatan, con youtube había un problema, como comentamos en su día, pero hace muchas semanas que se ha arreglado y youtube va estupendamente.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 09 agosto 2011 ás 11:24 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

CartDestr, ahí julio tiene razon, R y el resto de operadores de cable de españa bloquean el acceso a ciertas paginas donde podias encontrar entre otras cosas info de como usar otro deco de TV, cambias dns y sorpresa..

enviado por banzaii o 10 agosto 2011 ás 01:29 AM CEST #

banzaii, e non pode pasar o que comenta Bas?

Reitero de novo que nós non limitamos o acceso a ningunha web porque non tería sentido.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 10 agosto 2011 ás 07:56 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

QCP, hai tantas cousas que non teñen sentido na vosa empresa...

enviado por Julio o 10 agosto 2011 ás 12:37 PM CEST #

para lo de youtube probad http://www.youtube.com/my_speed
ahora va de cañón en R con un 50% más de rendimiento que el resto de los mortales...

enviado por alfredo o 10 agosto 2011 ás 01:59 PM CEST
Sitio web:: http://mundo-r.com #

Ayer tuve problemas con una empresa a la que le doy soporte, cuando llegué había muchas personas esperando por que la red no iba. Al final comprobé que era problemas de los DNS. Llamé a R y me sugirieron que los pusiera en manual. ¿¡¡¡ COMOOOORLLLLL !!!?. Veamos, si mi proveedor es R, si mis equipos están en automático debe ser el proveedor quien me facilite los medios para acceder. La operadora CULPO A TELEFONICA. (No me lo podía "de creer"). O sea se... que llevamos funcionando unos cuantos años sin problemas con DNS en auto y ahora, por arte de birlibirloque, hay que trabajar en manual. Sólo se me ocurre un motivo y tiene que ver con una reciente encuesta que asegura que + del 15% de los españolitos usamos internet "by the face". Si te conectas a una red (p.e. WEP juas, juas) y no sabes lo mínimo para establecer unas DNS´S válidas, me parece que vas a tener difícil entrar en tu "feisbuk".
Y si, no las DNS´s en manual funciona.
¡¡¡ TA MU FEO CARGAR EL MOCHUELO A LA COMPETENCIA (por cierto, ya no es Telefónica sino Movistar)!!!

enviado por Julian Camarillo o 18 agosto 2011 ás 10:08 AM CEST #

Julián, realmente no sé el caso concreto, pero está claro que debería coger por defecto los DNS de R. Ahora, nos consta que en algunos equipos la cosa no es tan fácil. La mayoría lo cogen, pero no todos.

Entiendo que por eso te dijeron que los pusieras en manual, para asegurarte del tema.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 18 agosto 2011 ás 11:34 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Hola.

Yo ya hace tiempo que uso estas DNS:

Primaria: 212.51.33.106
Secund. : 212.51.33.73

¿Están bien o debería cambiarlas?

Saludos.

enviado por Luis o 24 agosto 2011 ás 10:56 AM CEST #

Esos creo que son antiguos, aunque funcionan. Casi mejor poner los que indicamos en el post.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 24 agosto 2011 ás 11:07 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Y sino, siempre os quedan las DNS de google:

DNS1: 8.8.8.8
DNS2: 8.8.4.4

:)

enviado por Kaos2K o 25 agosto 2011 ás 11:33 AM CEST
Sitio web:: http://www.kaos2k.com #

Julio, un poco de cabeza... que sentido tiene bloquear si hay por ejemplo como piratear... es mas productivo dejar entrar y vigilar a quien entro para pillarlo pirateando... impedirlo no es productivo... puede sacar informacion en un ciber desde el completo anonimato, que seria lo que haria alguien con cabeza.

No solo eso... impedirlo mediante dns seria muy estupido... nada te impediria acceder usando directamente la ip del sitio

enviado por 10.0.137.41 o 21 setembro 2011 ás 02:42 PM CEST #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado