Mirador cine a metade de prezo
Ola, xente. Non hai moito, neste mesmo blog anunciámosvos a idea de lanzar as películas de mirador cine a 1,5€+IVE. Pois ben, debido ao éxito e á boa acollida, decidimos repetir.
Vamos, que vos ofrecemos o mellor cine de estrea ao mellor prezo para grandes, pequenos, medianos e de todos os tamaños. Porque 1,5€+IVE por título está moi ben de prezo. Vamos, que coñezo máis dun sitio onde cobran por unha auga bastante máis :D
A idea é a mesma que da outra vez, que aforredes en pelis e non en flocos de millo. Ademais, sabemos que grazas a isto moita xente se achega ao noso mirador cine e descubre o sinxelo que é comprar unha película en PPV con R.
Como sempre temos algún día deses nos que apetece quedar na casa desfrutando do sillón-ball ou do sofing (sen que falte a manta), tedes tempo para aproveitar esta promoción. Iso si, cada mes cambian os filmes que emitimos a través de máis dunha ducia de canles, así que estade atentos aos títulos. E non vos esquezades de que as películas de mirador se emiten ao longo de todo o día, así que as podedes ver despois de levantarvos a fin de semana, á hora de comer, mentres tomades unhas pizzas de noite, de madrugada se non podedes conciliar o sono...
Ah, xa se nos esquecía unha cousa importante, comentar que a promoción de Mirador cine a 1,5€+IVE por película comeza o día 1 de maio (nin un día antes nin un despois, o Día do Traballador, que non se diga, jeje) e estará vixente ata o mes de setembro.
E que podedes atopar en mirador cine xa en maio? Pois todo do melloriño: bo, bonito e barato (1,5€+IVE claro está). Un exemplo? Pois Avatar, o filme de James Cameron que bateu todas as marcas nos cines grazas ao universo imaxinario de Pandora e que xusto acaba de saír agora en DVD. Así que o tedes recén saído das salas de cinema, para os que non o puidestes ver ou para os que queredes vela de novo.
Para os máis románticos (momento abrazo no sofá), tedes o filme Crepúsculo: Luna nueva, o segundo título da saga vampírica con máis seguidores. Aínda que desta vez haberá lobisomes :P (eu non a vin, a min contáronma, jeje).
Outra que non falla é Lluvia de albóndigas, unha comedia de animación realizada pola factoría Sony Pictures que ten un guión máis que interesante e que fará rir a grandes e pequenos.
E para os que gusten dos filmes de catástrofes, en 2012 hai os mellores ingredientes posibles: tifóns, terremotos, erupcións volcánicas, inundacións... Efectos especiais ao grande!
Vai unha de ciencia ficción, outra romántico-vampírica, outra de animación infantil e outra sobre catástrofes medioambientais, así que nos queda falar dunha de terror. Pois tedes este mes Jennifer’s Body, coa guapa Megan Fox (segundo din por aí), á que xa coñecedes de Transformers, e desta vez fai de animadora caníbal.
Pero hai máis: Donde viven los monstruos, Vicky el vikingo, Julie & Julia, Infectados, This is it, Pandorum, La noche de su vida, El grito 3, Asesino Ninja, Expediente 39, Ong Bak 3, Dance Movie... e para o mes máis.
E se tedes calquera dúbida, con ir a palomitas.mundo-R.com atoparedes a información, os títulos e os pases por canle e día.
Seguimos coma sempre informándovos de todas as novidades no blog e tamén na nosa conta de twitter e na páxina do facebook.
Un saúdo.

pues a ver sí tiene éxito la iniciativa y luego decidís ampliarla indefinidamente, que sonaba mucho mejor.
nunca compre una peli en R así que a lo mejor pruebo con alguna que no sea ni ñoñas ni romantica en una noche de esas que no echan nada interesante
enviado por iván Louzán. Opinguino o 29 abril 2010 ás 12:53 PM CEST
Sitio web:: http://opinguino.es #
Moi boa iniciativa. Ogallá fose permanente, mais teño que recoñecer que 5 meses son moitos días de promo.
Un detalle, na web de palomitas.mundo-R.com actualixáchedes o prezo das películas individuais... pero os bonos agora son máis caros que mercar as películas de forma separada. ¿Un pouco raro, non?
enviado por Gonzalo o 29 abril 2010 ás 12:57 PM CEST
Sitio web:: http://es.beruby.com/promocode/un7jqG #
ja ja ja.. es verdad, el bono sale más caro que comprar las pelis sueltas
enviado por iván Louzán. Opinguino o 29 abril 2010 ás 01:07 PM CEST
Sitio web:: http://opinguino.es #
:D :D
Certo, certo. Realmente o bono está pensado para o prezo vello. O que si, visto o visto, non ten moito sentido telo na información da web. En tal caso, poñelo a partir de setembro.
Vouno comentar internamente para ver se retiramos o cadro.
Graciñas polo aviso Gonzalo ;)
enviado por quecheparece o 29 abril 2010 ás 01:16 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Me podéis decir si se pueden ver, opcionalmente, las películas de Mirador, en versión original con subtítulos. Fuera de Mirador, YA SÉ que no se puede pero, igual pagando por película... ¿¿¿TAMPOCO???
enviado por Pepito Piscinas o 29 abril 2010 ás 07:20 PM CEST #
Pepito, no, pasa el mismo problema con el envío de los subtítulos, que no llega el formato necesario.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 29 abril 2010 ás 07:35 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Aiis ,que cutrada que no se pueda ver las pelis en arameo si apetece, o en version original con subtitulos. Pepito, paciencia...
Queria felicitar a R en otro orden de cosas , por la inclusion a partir de mayo de VOZ TELEVISION segun he leido,en vuestra revista de mayo, espero y deseo que sea para TODOS y no solo para dvb-c o dvb -t o analogico sino para todos los clientes.
No todo va a ser decir lo que esta mal , asi que gracias, por incluirla , y espero que sigais en linea ascendente y las cosas se hagan cada vez mas rapido y mejor.
Aunque lo del cine no me afecta directamente si me parece una buena idea que cuesta 1.5 incluso menos en algunos dias. podiais crear el dia del espectador R con las pelis por menos de un euro 0.80 o asi, seria genial, seguro que mucha gente aplaudiria iniciativas asi.
enviado por Emi o 29 abril 2010 ás 09:24 PM CEST #
El precio me parece razonable, pero os voy a explicar por qué nunca compraré una película: Por masoquismo, acepto pagar el combo R por la oferta de canales, pero siendo consciente que la calidad de la imagen es pésima. Pixeliza de forma exagerada y en demasiadas ocasiones los fondos no son mucho más que un borrón del color correspondiente. Ahora mismo, "aquí no hay quien viva" las caras de las tres de radio patio parecen manchones color carne.
La calidad de internet es estupenda, pero la televisión es el punto flojo, flojo, flojo de la oferta.
un saludo
enviado por jose o 02 maio 2010 ás 09:52 PM CEST #
atencion al menos en mi casa por analogico se ven fatal a galega 2 , 40 latino, y cnn + a alguien mas le pasa?
La television , la gran asignatura pendiente de R.
enviado por Emi o 03 maio 2010 ás 09:23 PM CEST #
A min sempre se me ven as cores como máis saturadas... nada do outro mundo, pero onte foderonme ben o capitulo de estrea de House na FOX. Cores apagadas, case negro de todo e liñas cruzando a imaxe de abaixo a arriba. Cando non lle deu por saltar a imaxe e só oirse. Vamos, problemas de imaxe que tiña esquecidos das TV analóxicas.
Moita tarxetiña nova pero parece que vamos a peor nun servizo que necesita moitas melloras.
Xa me estou a plantexar baixar de combo R a 3, porque se nin podo ver ben House e a TV en xeral, non sei que fago pagando case 90€ o mes.
enviado por Gonzalo o 05 maio 2010 ás 05:53 PM CEST #
Gonzalo, chamaches ao servizo técnico? Dixéronche algo?
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 05 maio 2010 ás 06:04 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Non, non chamei porque estou farto de que me teñan media hora o teléfono agardando a que me collan porque hay milleiros de persoas chamando pola chapuza do webmail. Así que me deu pereza porque total, non ian a facer nada nos 40 minutos que dura a serie.
Se hoxe segue igual, sí que chamarei.
enviado por Gonzalo o 05 maio 2010 ás 06:26 PM CEST
Sitio web:: http://es.beruby.com/promocode/un7jqG #
Ahh, e isto que digo ocorría en todas as canles, non só na FOX.
enviado por Gonzalo o 05 maio 2010 ás 06:27 PM CEST
Sitio web:: http://es.beruby.com/promocode/un7jqG #
Gonzalo, se tal envía un correo a fala-con-R@mundo-R.net comentándonos o tema para que te chamenos nós.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 05 maio 2010 ás 06:33 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Gracias por comentarme esa posibilidade, máis xa se amañou soiña a tele. Segue a ter as cores máis saturadas ca TDT, pero iso non me importa.
enviado por Gonzalo o 06 maio 2010 ás 03:29 PM CEST
Sitio web:: http://es.beruby.com/promocode/un7jqG #