logo

Mellorando a información da nosa EPG

mércores 21 abril 2010 | 35 Comentarios

Boas. Hoxe toca falar un pouco da nosa televisión dixital multicanle e en concreto da información que podedes consultar na guía electrónica de programación (EPG) dos programas e eventos que se emiten na nosa grella.

O caso é que temos unha base de datos con información de series, de filmes e de programas ben xeitosa. Vamos, que dous anos recibindo información diaria das canles dá para ter un volume considerable de sinopses e de títulos. Pero máis importante que a cantidade é a calidade. E por iso mesmo estamos agora repasando a nosa base de datos, mirando serie por serie e filme por filme para revisar a información, unificala, seleccionala e enriquecela. Canto máis xeitosiño quede todo, mellor que mellor.

Por poñer un exemplo, na información dunha series intentaremos que en cada capítulo vaia a sinopse propia e concreta dese episodio e non unha xenérica tipo “o veterano Gil Grisson dirixe o Departamento da Policía científica das Vegas, onde se resolven complicados casos de asasinato...”.

Imos unificar tamén a forma de identificar a tempada e o capítulo de cada serie e mesmo enriquecer as fichas técnicas, xa que na maioría dos casos só engadimos o director e algún que outro actor.

Outra mellora na que estamos a traballar é que nun futuro a información das películas máis coñecidas e das que ofrecemos a través de mirador cine vaia completada coa carátula. É dicir, que non só haxa texto, senón tamén imaxe na información que vos ofrecemos.

Ademais, unha novidade que non tardaredes moito en ter na vosa televisión dixital multicanle será a do servizo de destacados. Imos seleccionar unha serie de programas destacados por canle, por xénero e por horario. Así, se non sabedes moi ben que ver, cando menos podedes botarlle un ollo ás nosas propostas, que estarán destacadas por criterios como que se trate dunha estrea, da audiencia que tivo un filme, os premios recibidos, que sexa un evento deportivo...

Vamos, que pouquiño a pouco queremos ir mellorando a calidade da información da nosa guía electrónica de programación, para que teñades unha ferramenta de calidade na vosa televisión R.

Un saúdo.




Comentarios

Recuerdo que al principio la revista codificaba cuando un capítulo de una serie o una pelicúla eran de estreno (<) y cuando era la última vez que se ponía (>>), o algo así.

Estaría bien que eso también pudieramos saberlo en pantalla por la guia de programación.

enviado por Maria José o 21 abril 2010 ás 05:52 PM CEST #

yo sigo pensando que en un futuro deberíais dar la opción a los usuarios de calificar por lo menos las películas, para que de ese modo se haga una "criba natural" separando lo bueno de la morralla . hay que aprovechar esa supuesta conexión que podemos tener a internet a traves del desco.

enviado por iván Louzán. Opinguino o 21 abril 2010 ás 06:01 PM CEST
Sitio web:: http://opinguino.es #

Pois a ver se á cuarta ou quinta vai a vencida.
Eu sigo vendo sinopses cortadas polo medio abruptamente, nomes de actores repetidos ou "tripitidos", sinopses que non se corresponden coa película ou serie, desfases horarios....

enviado por Xis o 21 abril 2010 ás 10:37 PM CEST #

O maior problema que vexo é cando o programa en emisión non coincide con que indica a guía, cousa que tamén pode ser culpa da canle por non informar correctamente dos horarios.

O qué sí que sería interesante sería a posibilidade de que as descripción fosen escritas polos propios espectadores e validada por alguén da compañía (facer un sistema máis interactivo. Ou como di outro usuario mais arriba un sistema que permita ós usuarios puntuar os programas.

enviado por Rarok o 22 abril 2010 ás 06:46 PM CEST
Sitio web:: http:// #

Tedes que poñer o Teletexto, que non furrula.

Tamén estaría ben a posibilidade de conectarse a internet desde o descodificador.

enviado por ROSENDO o 22 abril 2010 ás 06:55 PM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.blogspot.com/ #

Rarok, o que acontece é que darlle a todos os usuarios a posibilidade de facer sinopses para todos os filmes ou series creo que sería pouco operativo.

Porque ao final habería que ler un feixe de sinopses, escoller unha, traducila e eliminar a que xa temos. Despois viría o problema de que outros usuarios se queixasen de que non aparece a súa ou de cal foi o criterio seguido para que escollesemos unha si e outra non.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 27 abril 2010 ás 01:24 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Director: Brian de Palma, Brian de Palma, Brian de Palma, Brian de Palma.
Certo é que funciona bastante mellor a guía de R que a da tdt, por certo o único que está a funcionar mellor. Nas teles xeralistas eu apago o desco (que me sirve de reloxo) e a vexo coa tdt, que ten bastante máis calidade. Non vos está a parecer bárbaro pagar por un servicio peor que o que xa se ten?? eu continúo polas chamadas a móviles e porque teño a esperanza en que mellore a corto plazo, aínda que vendo o que se tarda con outras cousas.....

enviado por ártabra o 27 abril 2010 ás 01:55 PM CEST #

Por que se engade VTelevisión, ainda en probas, e non engadides Telelugo que xa levan emitindo dende fai tempo?

enviado por ROSENDO o 27 abril 2010 ás 07:28 PM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.blogspot.com/ #

Rosendo, VTelevisión aínda non se incorporou á nosa grella e tampouco dixemos o día no que o faremos. A idea, precisamente, é que se incorpore cando xa estea emitiendo.

Doutra banda, Telelugo xa está engadida en R dentro da DVB-T, pero como dixemos noutro comentario do blog, as canles locais non se van engadir en analóxico.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 28 abril 2010 ás 09:06 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

ártabra, o problema do director duplicado/triplicado adoita presentarse con bastante frecuencia nas películas da canle Cosmo, que entran así do ficheiro. Intentamos solucionalo na medida do posible pero sempre se coa algún (ben de produtos antigos ou ben de días nos que hai máis choio do habitual e non dá ben tmepo a revisar a canle en profundidade).

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 28 abril 2010 ás 09:18 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

¿Y alguna vez la información que ofrezcais será homogénea? Porque hoy en día al pulsar el boton de info nunca sabes lo que va a salir,si información detallada,información genérica del programa,algo intermedio...vamos que es una lotería, y esto incluso cuando emiten varios episodios de la misma serie,en uno viene todo detallado,en otro solo el nombre del episodio y así constantemente.
Y por cierto emitir Vtelevisión ¿una vez esté emitiendo? Esto sí que no tiene sentido,lo lógico es que lo emitais desde unos días antes digo yo (igual que hicisteis con la sexta),hay mucha gente que nos gustan esas cosas de primeras emisiones,grabarlas y demás

enviado por luis o 28 abril 2010 ás 09:31 AM CEST #

Si, estaría ben incorporala a primeiros de mes, así cando comecen as emisións, podremos empezar a ver Vtelevisión, en non teremos que estar esperando a que a poñades.
A mi Telelugo gustaríame vela por DVB-C, por que para vela teño que apagar o desco, e encender o TDT, por que non incluila dentro de DVB-C e así mellorar a opción da tele en R?

enviado por ROSENDO o 28 abril 2010 ás 10:33 AM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.blogspot.com/ #

Luis, precisamente el trabajo que estamos realizando ahora mismo es para homogeneizar la información y ponerla toda bajo el mismo criterio.

Por otro lado, aún no tenemos claro cuándo emitiremos Vtelevisión, ya que tampoco hay una fecha concreta para el inicio.

Rosendo, a nosa idea é pasar a DVB-C as canles locais coas que cheguemos a un acordo.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 28 abril 2010 ás 10:51 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

pois podes consultalo na revista porque o publicastes este mes a emisión de vtelevisión...... se non sabedes nin o que publicades imos ben...

enviado por PEPE o 28 abril 2010 ás 11:08 AM CEST #

Pepe, claro que sei que imos emitir Vtelvisión. O que quero dicir é que de momento aínda non está claro o día concreto. Iso é o que quería dicir.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 28 abril 2010 ás 11:14 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pois o mellor sería adiantarse, e así ter o traballo feito, para que cando empece a emitir non teñades que andar as présas.
Falei con Telelugo, e teñen pensado emitir por R, polo que solo falta que R poña da sua parte para incorporar este canal a grella o antes posible.

enviado por ROSENDO o 28 abril 2010 ás 11:17 AM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.blogspot.com/ #

Rosendo, Telelugo xa se pode ver por R a través de DVB-T.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 28 abril 2010 ás 11:22 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Xa, pero non por DVB-C

enviado por ROSENDO o 28 abril 2010 ás 11:35 AM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.blogspot.com/ #

Unha suxerencia, a ver que vos parece. Para un serieadicto coma min, o feito de perderme un episodio dunha das series que vexo habitualmente, deixame co mono durante varios días ata que a consigo ver. E por isto que cando chego tarde, boto de menos que a guía non me dea información de cando se poderá volver a ver. Se fixesedes iso, desde o meu punto de vista, a mellora sería mellor valorada que a sinopse do capítulo (non vaia ser que a sinopse conteña algún spoiler).

Polo demáis, e como vexo que somos moitos a pedir, aproveito tamén para felicitarte/vos polo blog. Levo uns meses seguindoo, e a verdade é que gusta ver que detrás da empresa, hai persoas que queren ofrecer un servizo cada vez mellor.

enviado por Goose o 29 abril 2010 ás 12:08 AM CEST #

Ola Goose.

Iso que comentas xa o facemos nalgunhas canles. Se a sinopse ten información extendida, verás que abaixo de todo se informa dos seguintes pases.

Facémolo tanto coas series como coas pelis. Non con todas, xa che digo, só nalgunhas canles, pero si que adoita aparecer.

Bótalle un ollo á información da EPG a ver se o ves, abaixo de todo da información extendida.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 29 abril 2010 ás 09:50 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pois non me decato moito de que sexa un problema exclusivo de Cosmo, que a penas o vexo, paréceme bastante maalo, mira, unha canle candidata a ser sustituida. Agora mesmo tcm clásico: director: Frank Capra, Frank Capra. Da igual, segue a ser o mesmo.
Para mín dato imprescindible que non sempre aparece: a data.
Pareceume moi boa idea engadir a data do próximo pase. O de "destacado" tamén é simpático, a veces hai que xogar para saber cal é o criterio. En fin, felicitacións polo traballo notorio e constante neste eido, seguide así.

enviado por ártabra o 29 abril 2010 ás 04:13 PM CEST #

Hoy por ejemplo en canal Hollywood en una película que emitían por la mañana pasaba lo de los nombres repetidos,vamos que no es solo cosa de Cosmo. Además siguen apareciendo títulos cortados,nombres sin las últimas letras y cosas semejantes. Además la información no es siempre correcta,por ejemplo en la info del episodio de esta noche de Perdidos se dice que se emite el episodio 6x01 (eso sí con todo lujo de detalles),pero obviamente no es así,el viernes pasado se anunciaba Mentes Criminales en AXN a las 21.30 y nos encontramos con una repetición de CSI Miami. Los horarios de los próximos pases, además está mal (al menos en Fox,Axn,Cosmo...) ya que hay un desfase de dos horas,indica que el próximo pase es por ejemplo a las 03.20 de la madrugada,cuando la programación indica que es a las 01.20 (imagino que será que uno de los horarios estará en horario GMT o así).
Como ves los fallos siguen, a ver cuando hay alguna actualización para solucionar algunos de ellos e incluir nuevos servicios,

enviado por luís o 18 maio 2010 ás 04:37 PM CEST #

Hola Luis.

Antes de nada gracias por el comentario.

Si miras ahora la EPG verás que la información de Perdidos está correcta. Durante la mañana se detectó ese error y se corrigió.

Indicar también que el tema de los nombres repetidos es un error conocido, pero que estamos intentando solucionar. En cuanto a la información cortada, en la televisión no cabe todo el cuadro técnico, de ahí el problema. Pero también se está trabajando para resolverlo.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 18 maio 2010 ás 05:38 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ola, simplemente preguntar como se poden configurar as interfaces para que as fichas dos programas (INFO) saian sempre en galego. Tamén por que non sae a posibilidade de ver Shin Chan con audio en galego, xa que a TVG cedeu a CARTOON NETWORK as dobraxes.

enviado por Av o 12 xuño 2010 ás 11:55 AM CEST #

Una cosa, ¿teneis pensado adaptar la guia al formato 16:9? Por que la actual está pensada para televisores 4:3 y en los tv de formato 16:9 la epg se ve estirada horizontalmente, achatada y alargada.

enviado por luis o 21 xuño 2010 ás 11:23 AM CEST #

Buena pregunta Luis.

Ahora lo consulto, a ver que me dicen.

Av, acábome de dar conta de que non che contestara. Podes cambiar o idioma da guía nas preferencias. Vaste ao menú > A miña TV > Idiomas. E aí xa pos galego. En canto ao idioma de Cartoon, nin idea. Noutras canles aparecen varios audios, como o inglés, así que nese caso tamén se debería de poder escoitar en galego se o envían en galego no sinal.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 21 xuño 2010 ás 11:35 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

¿Sabeis algo con respecto a lo que pregunté la semana pasada?

enviado por Luís o 28 xuño 2010 ás 10:54 AM CEST #

Perdona Luis. Voy a preguntar porque no tengo muy claro si había solicitado la información :(

enviado por quecheparece o 28 xuño 2010 ás 11:09 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Luis, cuando saquemos el nuevo desco habrá nuevas resoluciones y se podrá adaptar la EPG tanto a formato 16:9 como a 4:3, sin merma de calidad.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 28 xuño 2010 ás 11:44 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Nuevo desco?

enviado por ROSENDO o 28 xuño 2010 ás 02:13 PM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.es/ #

Digo yo que alguna vez sacaremos uno nuevo para dar HD, ¿no?

;)

PD: no hay fechas, así que no me preguntéis por ahí.

enviado por quecheparece o 28 xuño 2010 ás 02:17 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Habrá que pagar más?

enviado por ROSENDO o 28 xuño 2010 ás 02:33 PM CEST
Sitio web:: http://movilinvasion.es/ #

Rosendo, no tengo ni idea. Aún falta, así que cuando haya novedades os la haremos saber.

enviado por quecheparece o 28 xuño 2010 ás 04:18 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Saudiños. Fai tempo que disfruto da televisión de R e teño unha crítica que reseñar. Non entendo o criterio da "sinopse" das películas. As veces, a información e moi escueta e outras é unha opinión persoal, do tipo: "É unha das mellores peliculas da historia do cine". Anímovos a que traballedes mellor este punto e que sean consecuentes. Se a información engade opinión que TÓDALAS películas traian opinión. Pola contra, se só se trata de dar información da trama, que sexa elaborada e concreta. É moi complexo entender de que van algunhas películas, que no texto so comentan os primeiros dous minutos, mentres que outros comentarios case desvelan o final.
Sen máis despídome, agradecendovos a oportunidade de poder opinar sobre os temas que nos chaman a atención.

enviado por David Sande o 23 setembro 2010 ás 02:13 PM CEST #

David,

En R o que facemos é adaptar a información sobre a trama das películas que nos envían as difrentes canles. Nalgúns casos, sobre todo nas películas clásicas, as canles non envían información sobre a trama. O que fan é enviar comentarios subxectivos sobre a película, isto o fan canles como por exemplo TCM Clásico. O que facemos en R é incluír estos comentarios como información de película.

De todos os xeitos, estamos a traballar cada día para mellorar os nosos produtos.

Un saúdo

enviado por quecheparece o 24 setembro 2010 ás 09:33 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado