logo

MóbilR xa ten multiSIM

mércores 26 maio 2010 | 36 Comentarios

Ola a todos. Estamos en maio, o mes das flores, da primavera, das cores... e das novidades en R. Así que aí vai outra: xa temos multiSIM para aqueles que precisades unha no voso móbilR.

Os expertos nisto das novas tecnoloxías de seguro que xa saben en que consiste unha multiSIM, pero para os que non o teñades claro, consiste en ter varias tarxetas SIM (a que se mete no terminal e que vos permite falar a través dun operador) co mesmo número. Vamos, que multi=moitas e SIM=iso mesmo.

Moitos igual non vedes clara a utilidade. Para que me serve ter varios cartóns SIM? É por se os ando perdendo por aí, para ter sempre un de reposto? Non, a idea é ter dispoñible sempre a túa tarxeta SIM por se a precisas en diferentes terminais ou lugares. Un exemplo: a moitos de seguro que lles resulta útil ter sempre unha SIM no seu coche, para non ter que conectar o móbilR a un sistema bluetooth cada vez que entran e saen. Pois aí é moi útil a multiSIM.

Outro exemplo: se traballades na casa, na oficina, vos desprazades constantemente polo traballo e tedes medo de esquecervos o móbil, que é fundamental. Con ter en cada localización un terminal cunha tarxeta multiSIM, pois xa non teríades problema. A multiSIM dávos a posibilidade de ter o móbilR en calquera sitio, de chamar e de responder dende calquera lugar. Another suposto: aqueles que consumades moita batería (xa sabemos como son os smartphones), podedes ter un móbil cargando na mesa e irvos con outro que teña a multiSIM, para que así nunca teñades o problema de quedarvos sen batería.

Con este novo servizo tedes a posibilidade de ter ata cinco tarxetas co mesmo número (incluíndo a primeira que vos demos). O teléfono soaría en cada un dos terminais nos que teñades a multiSIM e tamén poderedes falar a través de cada unha delas, sen maior problema. Iso si, o contestador avanzado está activado a partir da tarxeta SIM principal, así que é preciso tela sempre acendida se queredes consultalo. Outra limitación que hai, de momento, é que non se pode usar a multiSIM no estranxeiro nin tampouco serve para enviar SMS nin para navegar por internet, só serve para falar e recibir chamadas.

O dito, que se trata dun novo servizo, recén sacado do forno, do que podedes ter máis información na nosa web de preguntas e respostas . Ou ben preguntando directamente no blog, no twitter  ou no facebook, que para iso estamos :D

Un saúdo.




Comentarios

Supoño que existiría a posibilidade de ter a SIM-1 nun teléfono e a SIM-2 nun modem 3G USB e usar simultáneamente ambas...

Canto é o custo?

enviado por Fran o 26 maio 2010 ás 12:59 PM CEST #

O día que a multisim permita navegar por internet, o mesmo me interesa para consumir os datos dende ela cun pincho USB ou algo similar... Mentres, seguirei facent thetering dese :P

Saúdos.

enviado por CartDestr o 26 maio 2010 ás 02:05 PM CEST #

Fran, a multiSIM non permite navegar por internet, así que non é para o que comentas. Non se poderían usar ambas as dúas.

De todos os xeitos, hai tempo que temos algo semellante ao que ti comentas. Podes ter unha SIM para o móbil e outra SIM para un módem USB só de datos, que non sirva para falar, só para navegar. Contrarías a tarifa de datos correspondente e xa

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 26 maio 2010 ás 02:15 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

A maior utilidade sería o que di Fran, porque poderiamos ter contratada unha tarifa de datos asociada ó teléfono de forma que puideramos utilizar o mesmo plan para o móbil e para o ordenador. Eu traballaría nesa dirección, paréceme o uso da multisim máis obvio, polo menos na miña opinión.

enviado por Paco o 26 maio 2010 ás 02:38 PM CEST #

Cuando dices que no se pueden enviar ni recibir sms/mms en las multisim, te refiers en las, digamos, supletorias, o desde la sim principal tampoco¿? Yo tenía entendido que desde la tarjeta principal sí se pueden enviar sms y hasta creo que también funcionaba la tarifa de datonque de esto último no estoy tan seguro.

Saludos

enviado por Bas o 26 maio 2010 ás 07:41 PM CEST #

Bas,

Se pueden enviar y recibir mensajes desde la tarjeta SIM principal, pero desde las supletorias no. Y también desde la SIM principal puedes tener una tarifa de datos contratada.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 27 maio 2010 ás 09:25 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

"Outra limitación que hai, de momento, é que non se pode usar a multiSIM no estranxeiro nin tampouco serve para enviar SMS nin para navegar por internet, só serve para falar e recibir chamadas. "

Isto é unha limitacion aberrante. O dos datos pasa, mais esto, amigo non é de recibo.
En caso de estar en desenvolvemento, deberiades presentar o servizo como BETA.
(non estaría mal que houbera usuarios voluntarios para as vosas BETAS, usuarios avanzados que permitan que R probe os produtos con eles.)

enviado por 10.0.137.40 o 27 maio 2010 ás 09:28 AM CEST #


Somos o primeiro OMV en sacar ao mercado a MultiSIM. E se ben é certo que de momento ten as súas limitacións, non é menos certo que pouco a pouco iremos mellorando o servizo para ofrecer unha multiSIM máis completa.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 27 maio 2010 ás 10:12 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Ben, pero algo caro.
2,32 €/mes por unha tarxeta que o único que aporta é ter un supletorio paréceme moito cobrar.
Non vexo cal é a xustificación do prezo, porque no meu caso non se van usar simultáneamente e sempre que se use unha ou outra vou pagar polo consumo.
Vería máis lóxico pagar unha cota de alta que unha mensual.

enviado por Xis o 27 maio 2010 ás 12:41 PM CEST #

Xis, pois o principal operador móvil do país cobra 12 euros por emitir cada SIM e outros 3€/mes por cada unha.

Para nós cada tarxeta multiSIM sería como unha liña nova. Na práctica non é así, porque todo se fai a través do mesmo número, pero tecnicamente é como ter varios números de teléfono, que teñen un custo, unha serie de gastos en licenzas...

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 27 maio 2010 ás 01:03 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Xa sei que en España é moi doado atopar servizos africanos a prezos suecos (ou tecnoloxía do século XIX a prezos do XXI, por se alguén se ofende pola metáfora).
Pero a min resúltame moi caro pagar case a metade do que me costaría unha nova liña (con servizos completos e 6 € de consumo incluido) so por non ter que andar quita e pon a tarxeta do móbil para o mans libres do coche.
Eu non son capaz de estar en dous sitios ó tempo, polo que se uso una sim non uso a outra, así que non sei cal é o aumento de gastos de uso de rede que pode ter.
Por certo, sería moito máis cómodo seguir cunha soa sim se non recibise 3 mensaxes de texto cada vez que a cambio de aparello.

enviado por Xis o 27 maio 2010 ás 09:54 PM CEST #

Ola, aproveito para facer unha consulta de mobil ainda que non da multisim... agora que rematou oficialmente a exclusividade do iphone e o novo o sacaran vodafone e orange, R terá o novo modelo?

graciñas

enviado por faloconR o 27 maio 2010 ás 11:02 PM CEST #

faloconR, aínda é un pouco cedo para dicir se o imos ter ou non. Pero bueno, o 3GS xa o temos dende hai tempo http://bit.ly/a1qzUk

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 28 maio 2010 ás 10:10 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Se que no tiene mucho que ver con lo que va el tema pero, ¿tienen pensado sacar nuevos modelos de móviles de la marca HTC? tipo Desire, HD2, etc. y a precios razonables por supuesto.

enviado por jumavi o 28 maio 2010 ás 01:32 PM CEST #

jumavi, si tenemos alguna novedad te la haremos llegar. Sin embargo, ya te adelanto que a corto plazo creo que no.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 28 maio 2010 ás 01:44 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Tengo varias preuntas en el tinetero, y a lo mejor tienes respuesta:

1º ¿Para cuando moviles con android?
2º ¿Estara el iPhone "4G" en mobilR?

Y por ultimo me gustaria que abrieses un post explicando las ideas de R acerca del refarming o reparto de frecuencias, ¿va a pelear R por esas licencias?

Gracias por tu dedicacion a este blog

P.D: Los distribuidores tambien os leemos ;)

enviado por Oscar o 28 maio 2010 ás 07:38 PM CEST #

Óscar,

aínda é algo cedo para falar dos terminais que imos incorporar a medio prazo. Parécenos moi interesantes os dous terminais dos que falas, pero de momento non temos ningún deles e tampouco está previsto que os inclúamos a medio prazo.

Con respecto ao refarming, sería complicado facer un post sobre este tema posto que aínda non están claras as condicións do refarming. R está interesada en ter frecuencias propias de móbil e en traballar por conseguilas
pero aínda non se sabe como vai ser o reparto, se vai haber subasta
ou non, o tipo de condicións que se impoñan, etc. Estamos pendentes de que se aclare un pouco máis este tema.

Un saúdo


enviado por quecheparece o 31 maio 2010 ás 10:05 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

No tiene nada que ver , pero R deberia anunciar algo que subieses el animo de la gente .Yo pago muchisimo al mes , por encima de 96 euros este mes y creo que deberiamos tener HD o tener alguna mejora para poder seguir con esa ilusion .

El otro hasta una persona de dentro de la empresa ( y no me invento nada ) me decia lo mucho que R habia descuidado la Tv .Internet sigue teniendo que mejorar en ofertas , sobre todo en los 100 megas que son carisimos

enviado por Hombre33 o 09 xuño 2010 ás 03:50 AM CEST #

Hombre33, los 100 megas efectivamente son caros, pero porque la inversión y la tecnología que tienen detrás son de varios millones de euros. Lógicamente por debajo de coste no vamos a vender un producto.

Por otro lado, yo creo que precisamente en los últimos años nos estamos volcando mucho con la televisión: ofrecemos a los clientes que lo tienen contratado llamadas gratis a móviles, intentamos darle facilidades a todo el mundo, emitiendo señal en abierto en analógico, en DVB-T y en DVB-C, hemos ido aumentando los canales y en los próximos meses alguna alegría más también os daremos ;)

Un saludo.

enviado por quecheparece o 09 xuño 2010 ás 12:27 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

"Quechepàrece" entiendo perfecto lo del coste , pero creeme que me soprende tu respuesta .R desde los casi 5 años que llevo abonado ha sabido vender los productos muy bien ( y me refiero a la empresa que tu formas parte ).Ejemplo las promociones de bienvenida de Gol Tv y demas son muy buenas , por lo que solo comparar el coste no fundamenta los casi 36 euros que valen de diferencia con los 30 megas solo teniendo 2 megas de diferencia de subida.Por lo que los 100 megas al menos tenian que tener 2 facturas a mitad de precio o algo para motivar al cliente ( es solo una opinion )

Gracias por tu respuesta .Por cierto si es cierto que la señal en DVB-T/C es todo un acierto

Saludos

enviado por Hombre33 o 09 xuño 2010 ás 02:32 PM CEST #

Hombre33, por lo que sé, sí que se ha promocionado el precio de la opción 30 megas para los clientes durante una serie de facturas. Si no recuerdo mal la promoción era para los clientes de 12 megas (actual conexión de 15/1,5 megas), ya que seguramente eran los que necesitaban una mayor velocidad.

De todas formas, indicar que la diferencia de precio entre los 15/1,5 y los 30/3 megas es de 10 euros, por lo que creo que se trata de un precio muy interesante.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 09 xuño 2010 ás 04:56 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

que che parece, podes confirmarme exactamente como é esa promocion dos 30 megas? poderia interesarme...

enviado por paréceme o 09 xuño 2010 ás 06:12 PM CEST #

paréceme, pois a promoción é para os clientes de comboR e combo3 que están na zona de cobertura dos 30 megas, claro está.

Trátase de ofrecerlle os 30 megas a metade do prezo durante 3 facturas. Iso si, habería un compromiso por parte do cliente de ter contratada esta opción durante 6 meses.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 09 xuño 2010 ás 07:36 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Y esa promo tiene alguna fecha de caducidad! es que podría interesarme, pero para el proximo mes...

enviado por Net R o 14 xuño 2010 ás 09:20 AM CEST #

Net R, que yo sepa no, porque de hecho ya llevamos un tiempo ofreciéndola. Es cuestión de llamar al 1449 y preguntar por esta promoción el mes que viene si sigues interesado.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 14 xuño 2010 ás 09:22 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Una cosa quecheparece (no se donde colocar este mensaje, pero como tiene que ver con moviles supongo que aqui vale).
La facturacion de este mes aun no se cerro?, porque cuando veo mi consumo del movil desde la ultima factura, me esta sumando las llamadas echas a partir del 20 de junio..)
Saludos

enviado por banzaii o 24 xuño 2010 ás 12:01 PM CEST #

Hola Banzai. Perdona por la tardanza en contestar, pero que sepas que no me había olvidado de ti, sino que estaba preguntando por la cuestión que me planteas.

Evidentemente en tu caso el facturador debía de ponerse a cero a partir del 20 de junio, al cambiar el ciclo, que ya está cerrado. En casos muy puntuales el facturador actúa así, pero no es lo normal, como comentas. En este caso no le hagas casos al consumo del facturador, porque lo que va a estar bien es lo que aparezca en la factura en papel.

Lamento las molestias.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 28 xuño 2010 ás 09:29 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

A raíz da noticia de Bandaancha cos tramos de tarificación do tráfico de Internet móbil, ¿como contabilizades e facturades o tráfico? Falando tanto das tarifas "semiplanas" como da sen plan de datos.

- ¿En que unidade vades medindo o consumo de tráfico?
- ¿Redondeades este tráfico a unha cantidade por cada sesión ou vades acumulando o tráfico real consumido (tendo en conta a unidade de medida empleada) nas distintas sesións e logo é este cumulo mensual o único que redondeades?

O mensual pon na web co redondeades ó mega superior, pero non sei se facedes o propio por sesión ou non.

enviado por fervigo o 15 xullo 2010 ás 11:34 AM CEST #

fervigo, en R constamos o consumo de KB en KB, é dicir, que o noso bloque é 1KB.

Doutra banda, en móbilR só redondeamos unha vez ao finalizar o mes, nunca antes. Cóntase o tráfico real, acumúlase e só se redondea ao mega superior ao final do ciclo de facturación.

Deste xeito, non se redondea por sesión. Como puxen arriba, unicamente se redondea unha única vez, ao rematar o ciclo de facturación.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 16 xullo 2010 ás 08:16 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Yo he tenido el servicio multisim y ya me he dado de baja.

Es lamentable...

La 2ª sim, además de no enviar SMS no funciona en el extranjero... ¿entonces para que la quieres? ¿Para llamar solo? Los que tenemos multisim para el coche NOS HACE FALTA QUE ENVIE SMS Y QUE FUNCIONE FUERA DEL PAIS!! Y más aún en coches con sistema NAVIDRIVE donde la asistencia se hace vía SMS! (La comercial que me lo vendió dijo que tenía todas las funciones!!)

Además de esto, tuve varios problemas. Pedí que se me activase el roaming. A los 2 días, al llegar a Francia resulta que NO funcionaban los móviles. Luego la sim 2 que teóricamente si funcionaba en el extranjero, no funciona!. Lo peor, con un ?lo siento? solucionan todo y aquí no paso nada. Para colmo R no dispone de teléfono de atención al cliente desde el extranjero gratuito, asique llama pagando, eso sí, si preguntas si te devuelven el importe de las llamadas dirán que sí.

Para colmo, luego mis teléfonos dan tono aun cuando están apagados y resulta que "es normal".... Eso sí, al principio no lo era y tuve que tener casi 2 días el móvil apagado mientras los ?super técnicos? hacían pruebas. Es decir, mi número principal apagado, y recibiendo llamadas de los técnicos por otro prestado de un compañero. DE VERGÜENZA! La familia preocupada pensando que me pasara algo? en fin? unos chapuzas!

El día 5 reclamé a R el importe de las llamadas internacionales, y se han reído de mí. Dicen que "son problemas ajenos a la empresa, y que no se hacen cargo". Lógico. ¿De quién va a ser culpa sino? Yo pido que me activen el roaming, no lo activan, tengo que llamar desde Francia y es culpa mía. No me funcionan las SIM, tengo que llamar, y es culpa mía. Luego no cogen cobertura, llamo, y es culpa mía. Y para última, aun estando apagadas dan tono, y también es culpa mía?. Vaya sinvergüenzas?

En fin, desde el día 23 soy de otra empresa. He devuelto los recibos a R y estoy a la espera de que me llegue su resolución por correo para denunciarles por fraude, además de reclamar daños y perjuicios originados de los 2 días sin teléfono, averías e indisponibilidad de mi número principal entre otras cosas.

Mi recomendación: Simyo o Pepephone dan cosas mejores que R y cuando fallan, pagan, y es por experiencia.

Una y no más. De casa también lo quitaré en los próximos días. En razón no entrarán, pero conmigo se van 9 líneas de móvil y 6 fijas de casa con el super ?COMBO R?. Así irán aprendiendo.

Saludos desde Pontevedra.

enviado por Rubén o 14 agosto 2010 ás 01:01 AM CEST #

Rubén, sé que no sirve de nada, pero te pedimos disculpas porque hemos metido la pata contigo hasta el fondo.

Como puedes leer en este post, dejamos bien claro que la multiSIM no vale ni para enviar SMS ni para hablar fuera de España, por lo que la información que te ofreció la comercial no era la correcta.

Se trata de una limitación que tiene la multiSIM y no tenemos claro si algún día se resolverá.

Si con lo de dar tono cuando está apagado te refieres a la multiSIM, realmente es así. Si es con las líneas normales, la cosa es diferente.

De verdad que lo siento, porque veo que ha sido una tras otra y te hemos fastidiado el viaje. Entiendo que estés enfadado y molesto, porque yo también lo estaría en tu lugar.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 16 agosto 2010 ás 09:21 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Non sei donde cho lera, pero referente ó móbil comentaras que ían haber novas tarifas. ¿Podes comentar como vai sela cousa?

enviado por fervigo o 14 setembro 2010 ás 12:19 PM CEST #

Fervigo,

Perdoa polo retraso en contestar e aprobar o comentario. Mil desculpas.
´
Si que vai haber novas tarifas para móbil. Agora mesmo están traballando niso, cando saibamos algo ímolo comunicar.

Un saúdo e desculpa de novo

enviado por quecheparece o 15 setembro 2010 ás 02:02 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Indiana,

Acabamos de aprobar tu otro comentario anterior. De verdad disculpa las molestias.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 15 setembro 2010 ás 02:04 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Nada :)

E que estou por comprometerme con vos 18 meses co da "tarifa mini + internet + o Samsung" e non me gustaría atoparme con que as novas tarifas que saquedes viñeranme mellor :/

enviado por fervigo o 15 setembro 2010 ás 02:08 PM CEST #

Fervigo,

Unha vez que teñas contratado móbilR podes cambiar, as veces que queiras, de tarifa de xeito gratuíto.

Un saúdo

enviado por quecheparece o 15 setembro 2010 ás 05:20 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado