logo

móbilR supera as 100.000 liñas

mércores 29 xuño 2011 | 6 Comentarios

Boas. Algúns de vós igual xa o vístedes na revista R ou ben o sabedes polo comunidado que enviamos aos medios, pero o caso é que en móbilR superamos as 100.000 liñas (case nada tendo en conta que operamos aquí en Galicia).

Certamente é unha cifra moi significativa, polo que queremos aproveitar para darvos as grazas pola vosa confianza e pegámosvos aquí a reportaxe que vai na revista R deste mes falando do tema:

"Aló por decembro de 2007 R lanzou o servizo de telefonía móbil para completar a súa oferta de teléfono, internet e televisión multicanle. E en pouco máis de tres anos contamos xa con máis de 100.000 liñas contratadas.

O primeiro que cómpre facer é darvos as grazas a todos os que vos atrevestes a probar un móbilR nun mercado ata aquel momento descoñecido para nós e tan diversificado e cheo de ofertas que resultaba –e resulta– difícil escoller. Agradecémosvos, de verdade, todas as suxestións, críticas construtivas e apoio que nos destes; e esperamos que nolas sigades achegando.

En segundo lugar vos pedimos perdón polos erros que puidemos cometer neste tempo. Aínda que nos encantaría facelo todo perfecto, loxicamente non sempre o logramos. Tivestes paciencia connosco e se decidistes cambiar de operador disculpámonos agora por non ter sabido facer as cousas ben e agradecémosvos que polo menos durante un tempo fósedes parte de móbilR. E temos a obriga de mencionar tamén a toda a xente que traballa para que poidamos ofrecer os servizos de R. Ter chegado a un número tan bonito e redondo como as 100.000 liñas é grazas ao esforzo de moitas persoas que lle veñen dedicando tempo e esforzo a este proxecto: os que traballan para que a cobertura sexa a mellor posible, os que desenvolven os servizos para atender as peticións que nos facedes, os que se encargan de mercar os teléfonos para que os poidades gozar, os que atenden as vosas chamadas e tratan de axudarvos a solucionar problemas, a xente de fala-con-R, a de ‘quecheparece’, a que fai os contratos, a que está nas tendas, os comerciais, os que fan a publicidade, o equipo desta revista, onde sempre publicamos algunha noticia de móbil…, etc.

unha pequena gran historia_No noso primeiro catálogo de terminais móbiles non había, claro, ningún teléfono táctil, e os teléfonos 3G eran a novidade. No último cartafol do que dispoñemos, a metade dos terminais son táctiles, a gran maioría 3G, e teñen acceso a unha morea de aplicacións que nos axudan na nosa vida cotiá; non podemos deixar de sorprendernos de como evolucionou a tecnoloxía e o mundo móbil en tan só uns anos.

Certo que en R aínda non somos ‘maiores de idade’ nisto do móbil, pero polo menos xa non estamos en cueiros e agarimosamente falamos da nosa pequena gran historia de móbilR. Á vosa man tedes, por exemplo, tarifas moi competitivas, como a mini+internet, a tarifa única ou as tarifas planas, e unha serie de servizos adicionais como control de saldo ou control parental (para os que queredes controlar o que gastades), o envío de SMS dende a web (para simplificarvos o uso das mensaxes curtas) ou a multiSIM de voz e de datos (para os que necesitedes varias tarxetas e queirades compartir, por exemplo, o voso plan de datos entre varias tarxetas).

Co noso sistema de renovación de terminal, os que xa estades connosco tedes a mesma oferta que os novos clientes e podedes, así mesmo, dispoñer de puntos para reducir aínda máis o prezo do terminal ou cambialos por outros servizos de R como películas gratis, aumentos de velocidade de internet, etc

cara onde vai o mundo móbil…?_Que nos van deparar os anos vindeiros? Como evolucionarán os móbiles? Que novas aplicacións coñeceremos? Rematará sendo o móbil o único dispositivo que utilicemos? Como non somos adiviños, en R imos intentar con todas as nosas forzas chegar ás 200.000 liñas canto antes e asistir en primeira persoa ao cambio do universo móbil.

Hai quen di que o teléfono móbil será un chip incorporado ao noso corpo, ou que todos os teléfonos do futuro serán táctiles e nos comunicaremos vía facebook, twitter e demais redes sociais… E outros mesmo auguran que deixaremos de usar o teléfono móbil. En R preferimos traballar día a día, tratar de mellorar e estar preparados para adaptarnos ao que veña. E malo será que non sexamos capaces de superalo cunha boa dose de ilusión.

En calquera caso, bo verán a todos e outra vez moitas grazas, coma sempre, polo voso apoio".

Un saúdo e seguimos por aquí, na nosa conta de twitter e tamén na nosa páxina do facebook para o que necesitedes!




Comentarios

Eu fun case dos primeiriños en ter móbilR, e averdade é que esto contento, seguirei con vós! Parabéns pola cifra, e que siga medrando!

enviado por Antón o 05 xullo 2011 ás 10:07 AM CEST #

Lo que le pasa a R es que siendo el mejor operador de internet con diferencia, que siendo de Galicia, con atención al cliente con españoles, y que lleva ya unos años pues aporta una gran confianza a la gente que no se lo piensa dos veces al tener también su móvil con R. Porque la subvención de móviles es perfectamente comprensible que no podais competir con las grandes, pero los precios...son más caros que incluso las tres tradicionales.

enviado por 10.0.137.41 o 07 xullo 2011 ás 08:04 PM CEST #

Y..... para cuando servicio blackberry?

En su dia respondisteis que no os hacian caso por ser un operador pequeño pero..... euskatel lo tiene y telecable (son como vosotros), yoigo, orange, vodafone, movistar....

Para cuando en R?

enviado por Nebur692 o 12 xullo 2011 ás 07:26 PM CEST
Sitio web:: http://www.eyelivex.com #

Grazas Nebur692 por facer referenza ás miñas peticións sobre BlackBerry. Agora vinme obrigado a cambiar de terminal, utilizo un Android, non está mal, pero teño que recoñecer que prefiro BlackBerry dado que xestiona mellor os correos. Algo que estiven reclamando de xeito continuado, coa desculpa de que BB non contestaba ás peticións de R.Hoxe, despois de térsenos vendido que o novo accionariado era importante e que lle ía dar unha nova dimensión á empresa, penso que debera ser unha vantaxe para que RIM acedera a que R contratase os seus terminais. Comezo a pensar que a razón de que R non traballe con RIM non é a que se nos está a dar aos clientes, sobre todo polo que explicas, existen outros operadores pequenos que traballan con terminais BB. Estou moi contento dende fai anos con R e o seu servizo postventa, pero penso que estes detalles son unha sombra. Teño amigos que non se pasan a R por non haber BB (e de habelas que sexan en condicións asequíbeis, porque senon é mellor non telas).

enviado por Xan o 18 xullo 2011 ás 11:56 AM CEST #

Nebur692, antes de nada disculpas por no contestarte antes. Acabo de ver el comentario de Xan, y he visto que estaba pendiente, así que aprovecho para comentaros a los dos :(

RIM adoita traballar en cada país cos dous ou tres operadores máis destacados. Yoigo neste caso non é un operador menor, posto que ten uns 2,5 millóns de clientes. E Euskaltel tamén ten boa parte do mercado no País Vasco, posto que leva ofrecendo telefonía móbil dende hai moito (a través dun acordo con outro operador, pero iso é outra historia).

O caso, como sabedes, é que no caso das BlackBerry eles empregados os seus propios servidores para conectarse á Rede, polo que o tráfico de datos pasa sempre polos seu servidores. Ese á a razón pola cal non serve unha tarifa de datos normal.

Agora, como comenta Xan, nós podemos querer unha cousa e falar con eles pero as condicións non seren as mellores. Nós seguimos aí, enriba do tema, e insistimos. Pero o que non imos facer é dicir que si sen máis a unhas determinadas condicións.

Somos un operador pequeno e igual as condicións que non dan ou ofrecen non son as mellores. E se non son as mellores os nosos clientes loxicamente non teñen que ter algo peor. É dicir, que aí aplicamos sempre a filosofía de R: intentar ofrecer un servizo cunhas condicións que sexan boas para os clientes e tamén para R. Poñer algo por poñer e que sexa moi caro non tería ningún sentido.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 18 xullo 2011 ás 12:54 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Con respecto ao segundo comentario, no que se indica que somos máis caros que os tres operadores tradicionais a min as contas dinme todo o contrario. Temos a tarifa mini+internet, na que por unha cota mensual de 9€+IVE podes chamar a 4cent+IVE o minuto a calquera operador nacional e ademais tes 250MB para navegar por internet. E ademais o terminal está subvencionado.

Realmente teñen algo así de barato os demais? Non.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 18 xullo 2011 ás 12:56 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado