Máis servizos dispoñibles no plan de puntos R
Ola a todos. Como sabedes, dende hai tempo temos un plan de puntos en R ao que, en principio, tiñan acceso os clientes de móbilR e, dende este verán, tamén están a desfrutar os clientes da televisión dixital multicanle.
Estudando algunha das vosas suxestións, vimos de mellorar as opcións deste plan de puntos. Como sabedes, o plan de puntos permítevos renovar o voso terminal de móbilR dende 0€ cando vos queden 3 meses para rematar a permanencia, aumentar a vosa velocidad de internet no fixo durante 6 facturas e tamén ver películas nos canles de Pago Por Visión de xeito gratuíto.
Moitos de vós fixéschedesnos saber que vos gustaría cambiar os vosos puntos R por opcións de televisión. Así que dito e feito. Dende agora, se sodes clientes da televisión multicanle, poderedes coller tamén a opción de cine, a infantil, a extra ou mesmo a opción total (segundo os puntos dos que dispoñades). Unha boa noticia, non si?
Corriximos tamén un erro da nosa web clientes.mundo-r.com, xa que os clientes de TV non tíñades activada ata o de agora, a opción de usar puntos para cambialos por servizos R. Se entrades agora xa teredes esta opción dispoñible. Desculpade.
Lembrade tamén que co plan de puntos de R mesmo podedes probar os 100 megas durante 6 facturas de balde se tedes a opción inferior, a de 30 megas. Que non se diga que non dispoñedes das conexións máis rápidas de Galicia ;)
No caso de que teñades outras velocidades, como 6 megas, tamén vos podedes pasar a 10 ou a 30 megas. Iso si, ao ser a opción de 6 megas un produto xa descatalogado, temos que avisarvos que despois non poderiades volver a ela. É importante que o teñades en conta. Pero si poderíades volver a outra que ofrezamos e que se axuste mellor ás vosas necesidades, como a de 3 megas.
E se sodes máis de ver bo cine e cambiades os puntos por unha película de pagamento por visión, sabede que hai que esperar unhas 72 horas antes de mercala co mando a distancia. Así xa non se vos cobrará nada. Unha vez que fagades o cambio dispoñedes dun mes para ver o filme que máis vos guste (na canle R da vosa tele (no dial 0) e na revista R sempre tedes a listaxe do que imos botar en Mirador).
Trocando os vosos puntos por servizos como unha opción de televisión ou un aumento de velocidade, tede en conta que a duración está limitada a un tempo e a partir de aí dispoñedes de varias opcións: se tedes puntos suficientes podedes cambialos outra vez por máis facturas gratis con ese servizo, tamén podedes chamarnos para volver ao que tiñas contratado antes se é un producto en vigor, como os comentamos antes (non esquezas facelo se non che interesa seguir con esa opción), ou se descubristes que non podes vivir sen o novo servizo, seguir con el, pero ao prezo normal.
Importante: o canxe de puntos non obriga a nada en R. É dicir, que non implica un compromiso de permanencia connosco a maiores do que poidades ter. É algo que vos ofrecemos por serdes clientes, un detalle para que desfrutedes máis dos nosos servizos, pero que non esixe pola vosa parte.
Para os que non teñades claro como vai o plan de puntos, podedes informarvos na nosa web, pero basicamente trátase de que por serdes clientes de móbilR ou de TV dixital multicanle ides sumando puntos (un punto por cada euro da vosa factura en R sen o IVE) e con eses puntos podedes, a través da web de clientes, optar a máis servizos R dun xeito gratuíto.
Quédanos algunha cousiña aínda por ir pulindo, así que vos damos as grazas por todos os vosos comentarios e achegas.
Un saúdo e ata a próxima!

Mirando na web de clientes, varios apuntes:
Poñedes por 1000 puntos, cambiar pola opción extra cando debera ser opción total.
Por outra banda, ides permitir cambiar os puntos por GolTV?
Por último, para cando o VOD en R? Estou ata os mismísimos de non poder seguir as miñas series favoritas por TV, e que parece que só queda internet para poder velas como Dios manda.
Polo HD xa non pregunto por non porme de malas a golpe de venres.
enviado por pitrk o 04 novembro 2011 ás 08:11 PM CET #
E digo eu, se non poderían entrar no programa de puntos o gol t e o abono fútbol. E co vod que vén disque o mes de Nadal. Os que teñan o desco de antena R para disfrutar do vod , poder pasar á tv mini e desta á básica etc...
Por último, só co antena R que custará 3 euros para ter o desco na casa, poderase contratar gol t sen máis engadidos de canles a pagar. Un saúdo.
enviado por francescoli o 05 novembro 2011 ás 10:58 AM CET #
Para renovar o aumento de velocidade con puntos, pódese facer de novo dende a web, o mesmo día que remata a oferta? Avisádesnos dalgunha maneira cando se achega esa data?
enviado por Henrique o 07 novembro 2011 ás 11:27 AM CET #
pitrk, graciñas polo aviso porque, como ben dis, está mal e os 1.000 puntos debera ser para a opción total. Imos corrixilo, así que de novo graciñas pola información.
Por outra banda imos mirar o tema doutras canles, como GolTv e Abono fútbol, pero non prometemos nada. Todo é cuestión de facer números. Pero ímolo mirar e se é factible ofrecerémolo.
En canto ao Vídeo Baixo Demanda preferimos ser prudentes máis que nada porque estamos escarmentados de prazos que se debían cumprir e ao final non foron os previstos. E este é un bo exemplo. Se todo vai ben, pero non prometemos nada e a data debe ser só unha referencia, debería estar polo Nadal. Cando estea a punto de caramelo avisaremos, pero aínda hai cousas que pulir e temos medo de que algo a última hora falle e tire por terra as vosas expectativas e as nosas. Así que de momento, como se non fose no Nadal.
francescoli, comento xusto arriba o de GolTV e Abono fútbol. En canto ao de antena R o mellor sempre é chamar ao 1449 para que che informen das condicións e das opcións dese produto ou doutros superiores.
Henrique, de momento pódese renovar antes de que remate a promoción, pero tamén estará dispoñible para facelo unha vez rematada.
Case o mellor é que calcules. As facturas van do 20 dun mes ao 19 do mes seguinte. É dicir, se fas o cambio hoxe a primeira factura sería ata o 19 de novembro. Terías outras 5 máis a partir de aí, así que ata o 19 de abril de 2012.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 07 novembro 2011 ás 05:49 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
E que eu me refería a pasar de antena R con puntos á mini ou desta á básica tamén con puntos aínda que se necesitaran moitos puntos pero sería un programa de puntos moi completo para a xente que máis consume en R. É unha idea que quería comentar. Sobre o último apartado, xa me esperaba que me mandarías o 1449 pero penso que a túa web tamén está para poder informar destes detalles. Tampouco hai problema en chamar o 1449 que a chamada xa sei que é gratuita. Un saúdo.
enviado por francescoli o 07 novembro 2011 ás 07:43 PM CET #
francescoli, ah vale, non entendera. Pásollo ao responsable para que o mire porque, como dis, pode ser interesante.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 07 novembro 2011 ás 07:52 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pois a min non me aparece a opción de renovar, só a de pasarme a 30 megas (teño a oferta pasando a 10).
Outra pregunta: se collo a opción de 30, seguiría a pagar o prezo de 3 megas?
enviado por Henrique o 08 novembro 2011 ás 11:16 AM CET #
Henrique, pois é moi raro. Podes pasarnos os teus datos de cliente a quecheparece@mundo-r.net para miralo?
Se te pasas a 30 megas sería co prezo de 10 megas, así que mellor non o escollas :)
Un saúdo e graciñas pola info, porque iso nos permite ir detectando erros.
enviado por quecheparece o 08 novembro 2011 ás 11:53 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
¿Qué pasa con los puntos para aquellos que tenemos R de empresa con TV digital multicanal?
¿No tenemos acceso a ellos?
Un saludo, Luis.
enviado por Luis o 09 novembro 2011 ás 01:46 PM CET #
Luis, para empresas, según la facturación, tenemos otro plan que se llama convida R y que también está accesible vía web de clientes o aquí (si has llegado a los puntos o convidas mínimos necesarios): convida.mundo-r.com
Un saludo.
enviado por quecheparece o 09 novembro 2011 ás 03:54 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Hola
He intentado darme de alta en la opción total con los puntos y en la web de clientes no me aparece y en el 1449 me dicen que este servicio aun no esta activo ¿podrías decirme algo?
Gracias
enviado por Ramón o 09 novembro 2011 ás 05:17 PM CET #
Ramón, ¿qué combo tienes y de cuántos puntos dispones?
Un saludo.
enviado por quecheparece o 09 novembro 2011 ás 05:30 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Tengo el combo 2 y dispongo de 1800 puntos
Un saludo
enviado por Ramón o 09 novembro 2011 ás 06:25 PM CET #
Ramón, envíame entonces los datos de cliente (nombre y DNI) a quecheparece@mundo-r.net para ver tu caso.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 09 novembro 2011 ás 06:36 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Eu teño 6 megas e combo2 e polo que vexo se canxeo puntos por máis velocidade logo non podo volver a esa velocidade porque dis que está descatalogada, pois que mal, xa que 3 megas non os quero e 10 custan máis do que pago e polo de agora non podo permitirme pagar máis do que pago, que xa é moito.
En velocidades maiores é no único que me interesaría canxear os puntos xa que todo o demáis non me interesa. E parece que tampouco vou poder facelo xa que non podo volver a velocidade que teño.
Entón que fago cos puntos? Xa que non os vou poder utilizar no que quero e caducan. Ou sexa, para min sería como non telos.
Tendo combo2 e 6 megas poderiase canxear puntos por unha conexión de 30 megas? Se e que si, para esa velocidade non había que cambiar o módem xa que o vello non nos servía?
enviado por anion o 10 novembro 2011 ás 10:09 PM CET #
Por certo, non ten moito sentido descatalogar a opción 6 megas e que a de 3 sigades ofrecendoa.
De descatalogar algo, o lóxico sería descatalogar sempre as velocidades máis lentas, coma neste caso, a opción 3 megas, xa que van quedando obsoletas e non a de 6 e a de 15 megas, que xa non está.
Vexo que facedes moitas cousas sen sentido.
enviado por anion o 10 novembro 2011 ás 11:39 PM CET #
anion, vou preguntar polo que me formulas e dígoche algo.
Por outra banda, temos opcións incluso inferiores a de 3 megas, como é a de 1 mega. Intentamos ofrecer tamén conexións para clientes que usan moi pouco internet e que teñen un prezo máis economómico (29,9€+IVE o combo1 con 1 mega).
O que fixemos foi poñer diferentes opcións segundo diferentes necesidades e agora na nosa oferta o que temos dispoñible son 1, 3, 10, 30 e 100.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 novembro 2011 ás 09:52 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
anion, confírmanme que si, que se tes puntos podes cambiar de 6 a 30 megas e xa che cambiamos nós o router sen custe adicional. O que tes non serviría para sincronizar a esa velocidade así que hai que cambiar o equipo.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 11 novembro 2011 ás 09:59 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Hola tengo la opción 6 megas sin wifi (COMBO UNO)si utilizo los puntos para cambiar a 10 megas ¿me cambiaríais el
moden por uno con wifi? ¿ cobraríais por el cambio de moden y tendria este cuota mensual ? gracias
enviado por roberto o 11 novembro 2011 ás 05:27 PM CET #
¡¡Está la cosa como para publicitarla vamos!!:
"Ya es el colmo, después de haberme quitado puntos por el morro, indicando que habián caducado en mi última facturación, voy y solicito un canje por 1000 puntos (no vaya a ser que también vuelen) por una Opción de TV,(puntos que por supuesto han descontado de mi Cta. "faltaría más"). De esto hace ya 7 días, pero para mi sorpresa, a día 11/11/11 continúo sin puntos y sin Opción TV total. Envío reclamaciones y todo lo que encuentro en su WEB, sin que nadie se ponga en contacto conmigo hasta las 21:01 del susodicho día 11/11/11. La respuesta que me dan (¡¡agarrate!!):
"Es que el departamento que tramita su reclamación se ha marchado a las 21:00". ¡Que pena por 1 minuto no me han podido solucionar mi problema!
Pues nada, ¡¡gracias por su atención!! y muy amables. Se ve que en una semana no da tiempo a pinchar en una pestaña y activar el servicio. Habrá que preguntar en Jazztel u otro Operador haber si ellos lo activan en menos tiempo.
¡¡Gracias!! -es broma,.... lo de gracias."
enviado por Javier Castelo o 11 novembro 2011 ás 10:08 PM CET #
roberto, como comentamos en el post, si haces el cambio con el plan de puntos recuerda que después no puedes volver a tener los 6 megas porque ya no se ofrecen. Entiendo que en el cambio simplemente se aumentaría la velocidad y no se cambiaría el equipo, pero lo confirmo el lunes.
Javier, los puntos se acumulan durante 24 facturas. A partir de ahí caducan e informamos en la factura cuando los puntos están próximos a caducar. Los que caducarían serían los de las facturas 25, 26... Digamos que sólo cuentan los puntos de los últimos dos años.
Ciertamente, como te indiqué en el twitter, a mí me parece mucho tiempo y el lunes te lo miro sin falta (ahora no estoy en la oficiona). De todas formas, aunque sé que no te va a gustar, lo que te comentaron es cierto. El departamento de red que realiza aumentos de velocidad y cambios en las opciones de televisión o activa canales premium como GolTV trabaja hasta las 9 de la noche. A partir de ahí queda gente de Red que se ocupa de incidencias masivas o de gestionar el estado de red.
De todas formas, como te he comentado, son muchos días para que lo activemos y te pido disculpas. Lo normal son sobre 72 horas en días laborables. En la web de clientes ya me has dicho que se han descontado los puntos, así que no sé que ha ha podido pasar. Entiendo que algo mal hemos hecho y te pido perdón y te prometo que el lunes es lo primero que haré nada más llegue a la oficina, hablar con el responsable del programa de puntos para que mire tu caso y le dé prioridad.
Un saludo y disculpa de nuevo.
enviado por quechepareceq o 12 novembro 2011 ás 08:32 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
roberto, no es como yo pensaba. Al cambiar los puntos te pondríamos un router wifi sin pagar más a mayores de que lo que estás pagando ahora (mientras tengas la promoción con el cambio de puntos simplemente pagarías lo que pagas por su opción de internet).
Concertaríamos también una cita contigo para ir instalarte el router wifi.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 14 novembro 2011 ás 10:30 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ou sexa, que se me cambia sen ningún custo adicional? Non hai un costo por alquiler?
Entón, se decido cambiar o modem que teño polo novo, aínda que non contrate de momento os 30 megas, tamén o podo facer? Así queda xa feito para un futuro que queira cambair de opción.
Eu sempre falo de modem e vos de router, a miña pregunta e: é a mesma cousa?
O router ese que dades novo e wi-fi, non tedes un normal? E que a min iso do wifi non che me vai. Como que é máis fácil que che rouben internet.
enviado por anion o 15 novembro 2011 ás 08:51 AM CET #
anion, poríase o equipo wifi que instalamos coa opción de 10 megas, non o do wifimedia Hitron (30 megas), que ese si que ten un custo para as opcións inferiores a 30 e 100 megas.
Un cablemodem é cando o equipo o único que fai é de interface entre o cable (estándar docsis) e a ethernet que conecta ó PC: Isto é: a IP pública cóllea directamente o PC e só sirve para conectar un PC
Cablerouter é un router que ten unha interface de cable. Un router é un equipo que permite conectar detrás máis dun PC (normalmente xa traen catro portos ethernet ou ben a través do wifi). A IP pública tena o router e mediante NAT (protocolo de traslación de direccións) todos os PC´s , que teñen ip´s privadas, saen a internet con unha ip pública (a que se lle dá ao router).
Anion, no router tamén se pode desactivar o wifi e conectarte unicamente por cable. Se non che interesa o wifi desconectas esa opción e listo.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 novembro 2011 ás 09:09 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
O 18 de maio cambiei 500 puntos para ter 6 meses a opción 10 megas por 10 €/mes.
Onte chamo para renovala e me din que teño que agardar ó 19 porque non poden renovala ate que venza.
Como me pareceu raro, mandei un correo a fala-con-R para asegurarme (e para preguntar como facelo poruque na web clientes so me aparece a opción 30 megas por 6 meses).
A resposta impresionante: din que non podo renovar nada porque din que a promo venceu o mes pasado e que xa me están facturando a opción 10 megas con wifi (cando eu sigo co Thomson 425 que tiven sempre) e que tiña que ter chamado polo menos con 3 días de adianto á data de vencemeno.
Ás veces, R non é tan diferente.
enviado por Xis o 15 novembro 2011 ás 11:44 AM CET #
Xis, escríbeme un correo con tus datos de clientes a quecheparece@mundo-r.net
De verdad que siento las molestias.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 15 novembro 2011 ás 11:47 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Pero se o que dades para opción 10 megas non vale para a velocidade de 30 megas, para que ides estar cambiandoo cada 2 por 3?
Ex. Teño 6 megas e canxeo puntos para 30 megas. Aquí o que teriades que instalar sería o wifimedia Hitron (30 megas) xa que o outro non serve para conexións de 30 e 100 megas, como xa dixeches.
Logo remata a promoción do canxeo de puntos e como 6 megas xa está descatalogado, pasaría a ter 10 megas e pagaría o prezo normal desos 10 megas, non?
De ser así, que facedes? Volta a cambiar o router polo que ofrecedes cos 10 megas?
E cada vez que queira canxear puntos, ter que volver a cambiar polo de 30?
enviado por anion o 15 novembro 2011 ás 01:07 PM CET #
anion, como che digo, o Hitron ten un custe extra para os clientes con opcións como a de 10 megas. Só se ten para as opcións de 30 e 100 megas.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 novembro 2011 ás 01:29 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #