máis concellos con R
hoxe queríavos falar da nosa cobertura. Como sabedes, R só dá servizo en Galicia aos clientes particulares alí onde ten rede propia. Apostamos por unha rede nova de fibra óptica porque queremos ofrecer o mellor e diferenciarnos da competencia. E por iso mesmo ás veces non estamos en tantos sitios como nos gustaría.
bueno, o certo é que nos gustaría estar en todos e cada un dos recunchos de Galicia. Pero son moitos de Dios e os cartos non dan para todo. Aínda que pouco a pouco, e grazas tamén a que apostades por nós, podemos ir levando a tecnoloxía cada vez a máis galegos. En concreto xa hai 70 concellos que poden recibir os servizos de R.
o que quería hoxe era contarvos un pouco todo o traballo que estivemos facendo durante o 2008. Porque en R investimos en rede e en servizo. En concreto, o ano pasado investimos 81 millóns de euros (máis que, por exemplo, Yoigo en toda España) para chegar a moitas pequenas localidades da nosa xeografía. O que queremos é que cada vez haxa máis galegos que teñan a posibilidade de escoller, de ter unha alternativa, de poder comparar. Porque hai competencia (ou cando menos é o que cremos dende aquí) na medida en que tamén hai nova tecnoloxía e uns servizos de calidade nos que confiar.
non sei se algún de vós está nunha destas novas localidades nas que comezamos a dar servizo. Queríavos preguntar que se vos parece bo que haxa unha nova rede en Galicia e tamén servizos alternativos. E tamén, no caso de que vos cambiárades a R, que como foi o cambio, como o valorades: en positivo, en negativo, non notades diferenza...
para que vos fagades unha idea, no 2008 chegamos a Arzúa, Melide, Negreira, Brión, Neda, Noia, Rianxo, Padrón, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Mugardos, Estrada, Pontecesures, Caldas de Reis, Bueu, Moaña, Cangas, Xinzo de Limia, Allariz, Vilalba e Mondoñedo.
e xusto xusto a final de ano, case dándonos as badaladas de medianoite en Noitevella, puidemos comezar a darlle servizo tamén a algunhas vivendas e negocios de Foz, A Guarda e Cambados
entre estes 24 concellos, chegaremos a máis de 75.000 vivendas e locais empresariais. Pasiño a pasiño, que diría o outro, non?
de todos os xeitos, sabemos que aínda nos queda moito por traballar, pero tamén que non todo o podemos facer nun día. Como vos dixen, a nosa idea é chegar cada vez un pouco máis lonxe, seguir investindo en Galicia e demostrar que nas pequenas vilas tamén se demandan os novos servizos de comunicación.
falamos!

tambien empezasteis en O Grove, pero yo aun no tengo R ¬¬, a ver si os poneis las pilas aquí!
enviado por Daniel o 28 febreiro 2009 ás 06:23 PM CET
Sitio web:: http://the-newbie.co.cc #
Hola Daniel.
El despliegue de una red nunca es fácil: hay que pedir muchos permisos (Diputación, Consellería, Ministerio), tener las licencias y coordinarte con el ayuntamiento para no causar problemas con el tráfico.
De todas formas, desde red me comentan que en O Grove ya hay casi 1.400 hogares y empresas cableados, aunque nuestro objetivo son 4.660. Así que este año estaremos trabajando duramente por ahí.
Un saludo.
enviado por quecheparece o 02 marzo 2009 ás 06:09 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
¿A qué concelllos ides chegar no 2009?
¿Cando chegaredes a Pobra do Caramiñal?
Un saúdo.
enviado por marisa o 06 marzo 2009 ás 12:41 PM CET #
Ola Marisa.
Aínda non temos totalmente definido o plan de traballo para este ano, pero si que che podo adiantar que na Proba do Caramiñal hai meses que estamos traballando (levamos investidos uns 500.000 euros) e niso seguimos.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 06 marzo 2009 ás 12:54 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Ola Marisa.
Xa estuveron cableando por aquí por Burela. Cando comezará o servizo?. E algo que non me queda claro, pódese contratar internet sen teléfono?
Moitas grazas
enviado por Lucrecia o 12 marzo 2009 ás 10:18 PM CET #
Ola Lucrecia.
As nosas previsións son comezar a dar servizo nalgúns fogares e empresas de Burela a partir de abril, pero xa che digo que son previsións, porque despois estamos pendentes de moitas cousas: permisos, activación da rede, conexión da rede aos edificios...
Por outra banda, o servizo de internet sempre vai aparellado á liña telefónica, a ter algún dos nosos combos máis o produto de internet que che interese: 3 megas, 6 megas, 12 megas...
Déixoche aquí unha táboa cos prezos de cada combo arriba e unha explicación do que teñen (algúns xa veñen con 12 megas incluídos) e de canto custan outras opcións de internet:
http://particulares.mundo-r.com/servlet/Satellite?cid=1150885424933&pagename=WEBCorporativa%2FWCR_Mostrar&Idioma=gl&c=WCR_Seccion
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 13 marzo 2009 ás 09:14 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
¿A Muros cando chega? ¿Que concellos tedes previsto para o 2009?
enviado por Francisco o 25 marzo 2009 ás 02:02 PM CET #
Ola Francisco.
O certo é que a Muros non está previsto chegar polo menos a medio prazo. Polo de agora estamos a traballar naqueles concellos nos que xa temos permisos para despregar rede e tamén estamos a ampliar a nosa cobertura naqueles outros nos que xa activamos o servizo.
De momento non che podo dicir nada dos concellos que temos previsto para o 2009 xa que aínda estamos pendentes das autorizacións pertinentes e que dende os concellos nos confirmen a posibilidade de despregar rede.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 25 marzo 2009 ás 04:39 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
Xa fai un ano que comenzachedes a instalar a vosa rede en Pontecesures pero coido que a dia de hoxe ainda non dades servicio a particulares.¿cando empezaredes e se xa o dades, como se pode un dar de alta ou informar?.
enviado por FERNANDO ENRIQUE BUCETA o 15 abril 2009 ás 05:20 PM CEST #
Ola Fernando.
Acabo de comprobar que xa hai 485 vivendas e locais empresariais (das 1.100 previstas) coa posibilidade de recibir xa os nosos servizos. De feito xa temos clientes en Pontecesures e todo.
Tes varias opcións para informarte. A máis rápida adoita ser o 1445, o noso teléfono de información gratuíto, onde miran se xa hai cobertura na túa rúa ou non. Habitualmente, primeiro desprégase a rede polas rúas, despois conéctase a rede cos edificios e despois xa se activa o servizo.
Tamén podes consultar a cobertura na nosa web. Entra aquí http://buscador.mundo-r.com/buscador/PreSearch.do?id=4&q=cobertura e despois vai ao enlace que pon "consulta a dispoñibilidade".
Tamén podes mirar na parte de contratación dos nosos combos: http://particulares.mundo-r.com/servlet/Satellite?cid=1130140401429&pagename=WEBCorporativa%2FWCR_Mostrar&Idioma=gl&c=WCR_Seccion
Escolles calquera combo e xa che pide os teus datos (código postal, rúa e número) para saber se temos cobertura na túa vivenda.
Por último, tamén podes escribirnos un correo a fala-con-R@mundo-r.net indicándonos o teu enderezo e preguntando os prazos previstos para a túa rúa.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 15 abril 2009 ás 05:48 PM CEST
Sitio web:: http://www.quechepare.com #