logo

Lanzamos a factura electrónica

luns 06 setembro 2010 | 33 Comentarios

Boas a todo o mundo. Hoxe queremos falarvos de algo que nos pedían moitos dos nosos clientes. Xa vos anunciamos hai un tempo que estabamos traballando no tema, pero agora xa é unha realidade: en R podedes solicitar recibir a vosa factura en formato electrónico a través de factura.mundo-r.com

E que é iso da factura electrónica? Un papel con chips integrados ou cables con luceciñas? Non, a factura electrónica ou e-factura évos o recibo de sempre, pero sen estar en papel, e cumprindo todos os requisitos que esixe a lei nas facturas tradicionais, para que estea garantida a súa orixe e contido. Vamos, que o que cambia é o formato, que agora é dixital.

Total, que dende agora tedes unha alternativa: recibir a factura en papel, coma sempre, ou ben en formato electrónico. Así que ante este disxuntiva, moitos dirán: "se vén a ser o mesmo, por que cambiar?". Amigo, pois porque é en formato electrónico, non en papel, como dixemos. "Eh?". Pois porque moitos estamos concienciados do abuso que facemos do papel e, deste xeito, evitamos o seu uso e o da tinta. Ademais, non hai perigo de perder a factura, xa que sempre a ides poder descargar dende a rede por se a precisades. Doutra banda é moi segura, porque só vós teredes acceso á factura. E, por último, é cómoda, porque non andaredes pendentes da caixa de correo postal: enviámosvos un correo electrónico avisándovos de que xa a tedes e podedes vela cando queirades.

Para resumir, a factura electrónica é máis rápida, posto que cando estea lista xa a recibides a través do voso correo electrónico e non estades pendente do carteiro. Podedes organizar mellor as vosas cousas, posto que todas as facturas as podedes atopar na web e miralas sempre que queirades. Trátase dunha comunicación totalmente confidencial, porque só a ides recibir vós. E é máis ecolóxico.

E se todo iso non vos convence, pois nada, sempre tedes a opción de volver á opción de papel. Así que se estades interesados, podedes facer o cambio a través da web de factura.mundo-r.com. Non se cobra nada (faltaría plus) e o cambio xa sería inmediato. Vamos, que para o mes seguinte xa recibiríades un correo cos datos da factura e unha ligazón para descargala.

Iso si, moi importante, ollo ao piollo, coidado co can que morde: como o ciclo de facturación vai do 20 dun mes ao día 19 do mes seguinte, depende de que día faga un o cambio, que igual aínda podedes recibir un mes a factura en papel. É dicir, imaxinade que facedes o cambio o día 19 dun mes, pois como xusto o facedes nun momento no que se están recompilando os datos de consumo do cliente e preparando as facturas para envialas, pois igual nese mes aínda vos chega en papel, así que un pouco de paciencia, que para o seguinte xa estará todo arranxado e máis que arranxado.

E se non sodes capaces de abrila? Pois iso debe ser que non tedes o PDF instalado, que é un programiña do máis habitual, así que xa estades tardando en poñer o Adobe Reader, que é de balde. Ademais, para empresas estamos traballando para que se poidan descargar en un XML en lugar do PDF. Isto é moi útil, porque mesmo hai programas de xestión contable que xa abren directamente este formato, así que xa teriades todo rexistrado para o que precisedes no voso negocio.

Pois xa nos contaredes se vos cambiades, se vos parece ben esta mellora e como vedes a cousa. E se tedes algunha outra dúbida, na nosa web de preguntas e respostas tedes moita máis información sobre o tema ;)

Un saúdo.




Comentarios

Está ben que teñamos a opción, aínda que eu prefiro o correo tradicional. Se non, "non me entero" E así a guardo no cartafol de sempre, co recibo do banco grapado e xa non teño problemas.

enviado por Vermu o 06 setembro 2010 ás 01:34 PM CEST #

Esto a min non me convence, paréceme o timo das bolsas do carrefour, cargar os gastos ao cliente para aforrarme custes.

Se teño que consultar a factura se a teño en papel a miro e xa está a teño no meu cartafol co correspondente recibo grampado, como di Vermu. Do outro xeito tería que acender o ordenador, se non a gardei entrar na internet, polo que fago e consumir enerxia que además que eu saiba, nin é barata, nin é ecoloxica (por moito que nos a vendan como enerxía verde), polo tanto a ecoloxía non a vexo por ningures, porque ademáis seguro que imprimiría co que o gasto do papel o faría igual, así que o único que se fai ao meu entender e repercutir os gastos da factura de papel ao cliente.

Eu por o tanto paso así como de mercar no carrefour ou onde teña que pagar as bolsas ou botar gasolina nunha estación de autoservicio, se a empresa aforra custes que o repercuta nas súas tarifas ou servizos, pero non que manteña ou cobre os seus gastos, para aforrar cartos ela.

enviado por Anxo o 06 setembro 2010 ás 01:59 PM CEST
Sitio web:: http://latri.ca/anxo_Gz #

Fai un tempo botaralle un ollo pero lin no FAQ que había que configurar o lector de PDFs pra poder validar e ler a factura electrónica. Cousa que sigue pondo.

Creo que deberías avisar disto, sobre todo tendo en conta que ó pasarte á factura electrónica xa non vas recibir a de papel.

Penso por un lado que deberíades por unha ferramenta para que antes de activar a factura electrónica poidamos comprobar que o noso software soporta (non todos usamos o Acrobat Reader como indica o FAQ) e está configurado pra usar dita factura. A min non poder comprobar que todo está ben unido a xa non recibir a factura de papel votame totalmente pra atrás.

Por outra banda estaría ben una entrada explicando como se fai dita configuración do software.

E pra rematar, está moi ben todo isto de pasarse a factura electrónica pensando nas arbores é demáis, pero isto a vos tamén vos produce un aforro. ¿Por qué non llo trasladades ó cliente por facer dito cambio de servizo? Por activar outros ben cobrades extras.

enviado por fervigo o 06 setembro 2010 ás 02:15 PM CEST #

Boa iniciativa. Eu cámbiome, que non preciso tela en papel para nada e se quero consultala teño tempo abondo aceso o pc para facelo sen ter que engadir consumo.
Pero tamén concordo coas opinións anterioes no de que quen aforra cartos é a empresa, que ben podía trasladar parte do aforro ó cliente que opte polo formato electrónico.
Xa vou estando canso de que me vendan como "verde" a cutrez nos tempos de crise.
Por se a preocupación verde é real, a ver se o próximo desco ten un consumo menos alto cando está apagado, porque o de agora gasta case igual que cando está funcionando.

enviado por Xis o 06 setembro 2010 ás 03:27 PM CEST #

Anxo, nós simplemente damos a opción, se che interesa podes tela, e senón coma sempre. Creo que no Carrefour non che dan opción ;)

fervigo, vou preguntar polo tema. De todos os xeitos, un cliente sempre ten a opción de volver á factura en papel por se non lle vai ben o tema.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 06 setembro 2010 ás 04:32 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

<<<
(...) como o ciclo de facturación vai do 19 dun mes ao día 20 do mes seguinte (...)
>>>
Do 20 ó 19 ;)

enviado por 10.0.137.41 o 06 setembro 2010 ás 04:35 PM CEST #

Pois si anónimo, toda a razón :p

Agora mesmo o corrixo. Graciñas mil!

enviado por quecheparece o 06 setembro 2010 ás 04:43 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

QCP, xa sei que dades a opción e que non obrigades, é todo un detalle por a vosa parte :D, o comparo co do Carrefour, polo que dí Xis, estou farto que me vendan como verde o que para empresa é sinxelamente un recorte de gasto ou como repercutir os gastos no cliente (caso das mencionadas bolsas).

Eu por exemplo non boto gasoil nunha gasolineira de autoservizo, xa que aforran o custe do persoal polo menos que baixen o prezo, senón dame a sensación de que estou a traballar de balde para eles e que queres que che diga eu non traballo de balde para ningunha empresa.

Así que si aforrades gastos polo menos repercutideo no cliente, pero xa verás como a longo prazo ao final ainda faredes como no Carrefour ou coma xa fan na maioria dos Bancos e Caixas, a imprimes tí, o se che a mandamos cobrámosche.

Saúdos.

enviado por Anxo o 06 setembro 2010 ás 06:32 PM CEST
Sitio web:: http://latri.ca/anxo_gz #

fervigo, igual poñemos un novo post neste blog explicando paso por paso o tema.

Doutra banda, isto dámovolo como opción, pode collerse ou non. Hai moitos clientes que valoran sobre todo o feito da privacidade, non ter na caixa do correo os seus datos persoais, que produtos teñen contratados, cales son os seus números de teléfono e que alguén poida acceder a eles.

Loxicamente a factura electrónica non a facemos pensando naqueles que lles gusta ter todo en papel ou que despois a imprimirína. Para iso xa facemos nós o traballo e xa lla enviamos impresa.

Doutra banda, o paso a factura electrónica pode entenderse como un aforro, que non é tanto papel, sobre e envío por correo. Detrás hai outra serie de gastos que seguen a exisitr: a impresión cóbrase igual aínda que sexa un pdf o que sae, hai que facer unha serie de revisións previas á emisión, están os custes dos servidores, a licenza de certificación por cada factura emitida, etc.

Pero o gran custe que nos supón a factura electrónica é na comunicación con vós. O 98% do noso contacto cos clientes é a través da revista e da factura. Que vai pasar, pois que a efectividade da comunicación nos clientes que se pasen á factura electrónica vai ser mínima, xa que só un 10% abrirán o pdf.

Vamos, que nós entendemos isto como un servizo para aquel que lle interese, que vos informamos da súa existencia e tampouco se vai promover a súa extensión con detalles comerciais. É unha alternativa e non unha obriga.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 06 setembro 2010 ás 06:37 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

A cousa esta ben para quen lle interese.

Por outra banda no carrefour a xente leva as cousas sen bolsas, metendoas no carriño.
Tes a opción de levar ti as bolsas que che fagan falta no bolsillo.

Ademais, raro e o supermercado onde non as cobren.

e mais, eu xa vin nun super, que fan un desconto por cada bolsa que aforres de non usala. Exemplo: o carton grande de deterxente levalo na man pola asa.

Este offtopic e para darse conta que todo ten un custe, e vos buscaredes a maneira que ese custe vos repercute o minimo posible.

Hai que maximizar o beneficio, e minimizar os custes, si non fora favorable, non se sacaba dita opción. Un saudo

enviado por Pepe o 06 setembro 2010 ás 10:43 PM CEST #

Pois cambio xa mesmo. Aínda onte rompendo o plástico dos sobres para separa-lo lixo do colector de papel pensei en mirar de cambiarme á factura electrónica nos suministros que poidera. A mín non me desgraba a factura de R e co mirada que son ben seguro que xestionarei as facturas igual ou mellor que con papel. Menos montañas de papeis pola casa e aforro en comprar carpetas para os recibos, que as do pc son de balde. De feito xa levo tempo escaneando recortes e cousiñas e desfacéndome do físico.
A mín pareceme peor que haxa empresas que non ofrezan esta posibilidade que cutre que si as ofrezan. Cabréome cando un caixeiro non me da opción de non imprimir o recibo e teño que marchar con el para acabar tirándoo.
Tamén me fastidia ter un millón de bolsas da compra nos caixóns da cociña. É certo que aproveitaron o tirón da crisis para espertar a súa conciencia ecolóxica, pero benvida sexa. Por outra banda o carrefour ofreceu bolsas desas reutilizables e a meirande parte das veces se se che esquece leva-la túa da casa non che cobran as ecolóxicas de fécula que son máis caras que as de plástico.
En fin ben pola achega eco-lóxica e económica de R e demáis. E apúntome o comentario sobor do aforro de enerxia do desco. Eu o teño enchufado nunha regleta con interruptor, apagóo e listo.
Por certo eu tampoco reposto nas gasoliñeiras auto-servicio, eso si me parece "jeta"

enviado por ártabra o 07 setembro 2010 ás 12:01 AM CEST #

Pepe non te enganes, hai supermercados que non cobran bolsas, exemplo Mercadona, outras descontan as que non levas, sí Eroski, pero normalmente se levas catro cobrache duas e che desconta outras duas, vamos que che as esta dando de balde, non te está aforrando nada ainda que así o pareza, e que eu saiba ninguén leva o deterxente en bolsa, xa que non cabe nelas.

Ártabra, sí Carrefour se non levas bolsas dache as de fécula, por qué?, porque recuaron, as súas vendas caeron en picado e non dan recuperado, incluso nos hipermercados que máis baixaron as vendas onde teñen competencia agoran as "agasallan" segundo eles, porque a xente se concienciou e leva menos, (salvo claro está onde non teñen competencia que alí a xente parece que non se concienciu tanto e as seguen a cobrar), as de rafia por se non o sabes son máis contaminates que as normais, non se fabrican en España e só se reciclan na India, a parte de ser máis contaminantes hai que engadir o transporte xa que veñen de fora, e que non se reciclan xa que non se levan de novo para a India (se foran tan ecolóxicos non estaría bo que Carrefour as recollese e as levase a reciclar? Ah! e que eso tería un custe e non están pola laboura de gastar en ecoloxía), en cambio as outras ti as terás no caixón eu as reutilizo como bolsas do lixo.

O papel das facturas tamén é reciclable e eu reciclo todo o papel polo tanto non é ningún custe ecolóxico, ademáis R utiliza creo papel reciclado nas facturas.

Eu non digo que non sexa máis cómodo, máis moderno (xa que é a o que se tende, a eliminación do papel), pero o que non aturo é que me vendan de ecolóxico o que non é tal, senón que sinxelamente representa un aforro no gasto das empresas.

enviado por Anxo o 07 setembro 2010 ás 09:29 AM CEST
Sitio web:: http://latri.ca/anxo_Gz #

Anxo, creo que no post falamos de varias razóns. E a ecolóxica é a última que empregamos e tampouco a desenvolvemos moito :D

enviado por quecheparece o 07 setembro 2010 ás 09:43 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

QCP, si dades tres razóns, rápidez: só faltaba que non foses máis rápidos de colgalas na web que o carteiro en repartilas (pobre carteiro vai quedar sen traballo a este paso, outro máis na lista do paro), confidencialidade: seguro que sí tes menos opción a que che a abran, e ecolóxica: que non é tal (pero a vendedes como tal, ainda que sexa a derradeira opción, porque queda moi ven ser empresa ecolóxica), se queredes ser ecolóxicos usade papel reciclado, tintas biodegradabeis é non usedes tintas de cores (que son máis contaminantes) a min dame igual ter a factura en branco e negro, non a necesito a cor.

Saúdos, e non te poñas tan a defensiva, que só é unha crítica pequena das moitas que vos poido facer. :P

enviado por Anxo o 07 setembro 2010 ás 10:08 AM CEST
Sitio web:: http://latri.ca/anxo_gz #

Moi ben o da factura electrónica, pero ¿Para cando os novos canais da tdt?

enviado por 10.0.137.40 o 07 setembro 2010 ás 11:56 AM CEST #

Paréceme ben tamén a iniciativa, pero como di o compañeiro de mais enriba, o aforro é para a empresa. Obviamente nistes tempos é básico dispor da factura electronicamente, pero para os usuarios dirialles o seguinte:
Seguide recibindo a factura en papel, porque normalmente facemos mais caso do que nos chega en papel que electrónicamente.


PD: Oscar, aproveito para agradecervos a visita do venres, que foi moi entretida e instructiva.

enviado por obreiro o 07 setembro 2010 ás 12:21 PM CEST #

O tema das canles da TDT é off topic e na portada hai varios posts relacionados co tema da televisión ou da TDT. Indirecta para o anónimo ;)

enviado por quecheparece o 07 setembro 2010 ás 12:33 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

por moi off topic que sexa seguimos sen as canles da tdt,e o anonimo so pregunta,algo que por outra parte preguntamonos todos dende fai tempo.Asi que menos protestar porque a xente pregunte e mais resolver dubidas dun modo concreto.

enviado por Emi o 13 setembro 2010 ás 03:56 PM CEST #

Emi,

Está previsto incorporar novas canles pero como xa vos contamos o proceso de incorporación é moi laborioso e custoso.E aínda non coñecemos as datas.

Intentamos resolver as dúbidas do xeito máis concreto posible, pero cando non temos máis información preferimos agardar antes de adiantarnos.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 14 setembro 2010 ás 09:56 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

No me convence lo de la factura electrónica, prefiero la tradicional. Me parece que únicamente quereis ahorrar sellos.

Por cierto, cada vez que accedo a la página "R - entra en R" me pedís mi número de teléfono móvil + mi email. Yo no quiero facilitaros ninguno de ellos, por lo que os agradecería que incluyerais en esta página una opción para que no te pida los datos cada vez que entres, ya que actualmente la única opción es pulsar en "mais tarde", como si esperarais a que os terminara dando los datos por puro aburrimiento, cosa que evidentemente no va a suceder.

Gracias.

enviado por xan o 15 setembro 2010 ás 12:07 PM CEST #

Xan, Como ya sabes con la factura, además de sellos,se ahorrará papel y tinta, influyendo de forma muy positiva en el medio ambiente. Además los clientes pueden disponer de ella más rápidamente, sin esperar al correo ordinario, pueden consultarla de forma más confidencial y desde cualquier ordenador con conexión a internet.

Para acceder a la web de clientes es necesario inlcuir el correo electrónico y el móvil la primera vez que entras. Por cuestiones de seguridad y técnicas es necesario incluir estos datos y también para poder identificar al cliente y que pueda realizar diversas acciones, como por ejmplo, renovar un móvil, participar en un concurso, etc. No podemos incluir otra opción que no incluya estos datos, pero como ya te comentamos te los pide la primera vez que accedes. Un saludo.

enviado por quecheparece o 15 setembro 2010 ás 01:34 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Xan, creo que también tienes la opción de "non teño" justo debajo de cada recuadro donde poner los datos, móvil y mail. Marcando esa opción no debería vovler a pedírtelos

enviado por Bas o 15 setembro 2010 ás 04:42 PM CEST #

Bas, Xan,

Tiene razón Bas la opción "non teño" aparece, pero la primera vez que entras en la web de clientes. Pero si no incluyes estos datos la primera vez luego te los va a seguir pidiendo, que es lo que dice Xan. Puedes acceder a la web sin incluir el móvil y el correo electrónico al darle a la opción "más tarde". Pero en futuras ocasiones te los va a seguir pidiendo, además para participar en sorteos, renovar el móvil, y otras acciones es necesario que incluyas estos dos datos. Como decía antes, no podemos incluiri otra opción de acceso porque son necesarios para identificar al cliente.

enviado por quecheparece o 15 setembro 2010 ás 06:00 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Discúlpame que discrepe pero para acceder a "R - entra en R" no es necesario ni mi número de teléfono móvil, ni mi email. En caso de que contrate móviles de R o quiera participar en algún concurso ya os los facilitaré si lo considero oportuno.

En relación a la confidencialidad de la factura electrónica de R, en vuestra página "R - entra en R" se puede acceder a las últimas fácturas y dicha página dispone del sistema de encriptación :

TLS v1.0 256 bit AES (1024 bit DHE_RSA/SHA)

pero en mi opinión los Emails que contengan la facturas mensuales, no dispondrán de ningún tipo de encriptación, , ¿ de que manera vais a asegurarnos entonces la confidencialidad ?. Gracias.

enviado por xan o 15 setembro 2010 ás 06:54 PM CEST #

Xan,

Como te comenté 'Puedes acceder a la web sin incluir el móvil y el correo electrónico al darle a la opción "más tarde". Pero en futuras ocasiones te los va a seguir pidiendo...'Y puedes facilitarlo cuando quieras y consideres oportuno.

En cuanto al sistema de encriptación de la factura electrónica en los correos electrónicos estoy pendiente de que me digan algo sobre lo que nos comentas. Tan pronto me comenten algo ya te digo.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 16 setembro 2010 ás 12:43 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Pero en los mails que se reciben de la factura, lo que llega es el aviso de que ya está disponible y el enlace a la web de clientes, pero tienes que logarte con el NIF y clave. Es que hay la opción de que te llegue la factura directamente en un mail...¿?

Un saludo.

enviado por Bas o 16 setembro 2010 ás 12:54 PM CEST #

Xan,

En cuanto a la factura electrónica, no va adjunta en el correo electrónico por cuestiones de seguridad. En el mail aparece un link que te lleva a la factura pero para poder acceder y tienes que identificarte en la web.

Un saludo.

enviado por quecheparece o 16 setembro 2010 ás 05:37 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Bas,

Efectivamente, tienes toda la razón del mundo. Ya se lo comenté a Xan. Y no, no hay forma de que te llegue la factura electrónica directamente al correo electrónico, tienes que entrar en el enlace que te aparece. Como le decía a Xan, es por cuestiones de seguridad.

Un saludo

enviado por quecheparece o 16 setembro 2010 ás 05:50 PM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Polo que vexo o pdf da factura telos que ir descargar á web de R.
Non sei os problemas de seguridade, pero a min tanto me da ter a factura en papel ou no correo, incluso prefiro no correo-e. Pero dende logo o que si prefiro é que me manden a factura e non ter que ir buscala.
Pero o que se ofrece aquí é ter que ir todolos meses á web de R para descargar a factura.
Mentres non se mande xunto co email a min non me parece práctico. E para min non me serve.

enviado por carlos o 16 novembro 2010 ás 09:25 AM CET #

Escribo outra vez porque a verdade é que non entendo isto de non poder mandar o pdf da factura.
Facendo o simil coa factura en papel, o que estades a facer é querendo mandar a factura por correo certificado. É como se me chega o aviso ó meu buzón de casa e teño que ir co meu dni, todolos meses, a correos a recoller a factura.
Ademais, non sodes a única empresa que ten factura electrónica, e o que propoñedes é que tódolos meses un teña que ir recoller as súas facturas.
Na miña compañía de movil (que non é R todavía) tamén teñen a factura electrónica, pero tiven que dar marcha atrás e agora a teño en papel outra vez.
Cando quería "recoller" a factura xa non me lembraba da clave da web e tiña que reiniciala (as facturas non, pero as claves si se poden mandar por email); dábame máis traballo do que me aforraba.
Creo que é moi bo e é necesario que vos preocupedes pola seguridade, pero ata certo punto. Estades intentando que o email teña tamén seguridade total como a web pero non a ten. Agora ben, o correo en papel tampouco ten a seguridade total e é máis facil roubar unha factura en papel que un pdf nun correo, se nos poñemos, pero ainda así non enviades as facturas en papel certificadas. Ademáis, a seguridade que eu teña no correo xa é cousa miña.
Resumindo, non é de recibo pasar de recoller a factura no buzón a ter que estar pendentes de ir recollela á web da empresa. Non é práctico, e se é un problema de seguridade, pódese buscar moitas solucións.

enviado por carlos o 16 novembro 2010 ás 10:01 AM CET #

Carlos, paso os teus comentarios ao responsable da factura electrónica para que valore o que comentas.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 16 novembro 2010 ás 11:49 AM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

Carlos, dinme que imos revisar como está pensado o tema a día de hoxe.

Un saúdo.

enviado por quecheparece o 16 novembro 2010 ás 12:29 PM CET
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #

ok, moitas gracias. Con esa "sencillez de uso" pasariame á factura on-line de inmediato, preferíndoa á factura "en papel".

Carlos.

enviado por carlos o 16 novembro 2010 ás 08:30 PM CET #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado