Jetix convértese en Disney XD
O titular semella aquela famosa frase de Bertín Osborne no programa “Lluvia de estrellas”, antes de que os concursantes se maqueasen no cantante ao que ían interpretar. Pero desta vez o cambio non vai ser temporal, senón definitivo.
Como vos digo, Jetix cambia de nome e de contidos e a partir do 18 de setembro será Disney XD. Os clientes de comboR e combo2 poderano ver no mesmo dial no que estaba ata agora Jetix, no 32.
Dicirvos que vai ser unha canle que combinará programas e series con xente de carne e óso con outros de animación. O seu público serán os rapaces de 6 a 14 anos, polo que os contidos serán do máis variado. Que se vai poder ver? Pois de boas a primeiras comentarvos que se vai estrear a serie Aaron Stone, na que un rapaz loita contra o crime nun videoxogo transformándose no seu avatar. Aí é nada.
Outras series de seguros que xa vos soan máis, como Phineas y Ferb (teño un amigo que está enganchadísimo) ou Las aventuras de Zack y Cody. Tamén se manterán os programas clásicos de Jetix, como Pokímon, Yin Yan Yo, Totally Spies ou Pucca.
Para os que esteades a ler esta noticia (sobre todo se sodes clientes de combo3 e combo1) e digades: “Buah, xa me dirás que novidade”. Bueno, pois que saibades que como se trata dunha nova canle vai estar en aberto do 1 de outubro ata o 2 de xaneiro. É dicir, que vai substituír a Viajar en breve. Diremos así adeus en aberto a unha canle que tan bos momentos nos regalou, sobre todo coa serie "Spain... on the road again" que durante estes meses nos amosou España a súa gastronomía da man de Gwyneth Paltrow. Agora Viajar pasará a ser de novo dos clientes de comboR e combo2.
Que non se diga que os pequenos da casa agora non teñen contidos para eles. Os que tendes a televisión en aberto poderedes contar agora, ademais de con Disney Channel e Clan TVE, con Disney XD durante tres mesiños.
Seguimos en contacto neste blog, no Facebook e no Twitter.
Un saúdo.

Cada vez que veo lo del "XD" me imagino a los que han fusionado el canal partiéndose de risa.
Por supuesto esto es un comentario de cara a los dueños del canal, ya sé que R no tiene nada que ver en el tema ;)
enviado por Rarok o 02 setembro 2009 ás 12:46 PM CEST #
Bos que sodes R pensade coa cabeciña ohhh, a tdt , ven pisando os talons, vouvos facer unha proposta , esta ben que ofrezades unha das vosas canles durante 3 meses aos vosos clientes de combo 1 E combo 3.
Pero Boa gana tedes de cortalo o dia 2 ¡¡ Deixade o Xd aos cativos ata que acaben as vacacions de nadal homeee¡¡
En fin e unha opinion, recordade, cuestión de imaxe , TODO ISO É IMPORTANTE.
Eu penso que deberiades tela ate o dia 10 de xaneiro que e cando volven ao cole , Pero en fin , SODES R , que se vos pode pedir xa? Visto lo visto , apaga e vamonos¡¡
enviado por Emi o 03 setembro 2009 ás 01:14 PM CEST #
Emi, pois curiosamente non é a primeira vez que emitimos algunha canle de Disney en aberto. De feito lémbrome que todos os clientes de R puideron ver na semana de Nadal en aberto a estrea de Chicken Little e tamén que abrimos no seu día para os de combo2 e comboR tanto Disney Channel, como Disney+1, como Toon Disney e Playhouse.
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 03 setembro 2009 ás 01:32 PM CEST
Sitio web:: http://http//:www.quecheparece.com #
Eu non sei se e que non lees os comentarios ? ou fumas cousa mala , que ten que ver o touciño coa velocidade?
Sei que xa puxechedes disneys para os nenos no nadal , e recordo que tamen o fixerades ademais durante TODO, o nadal , e pareceme perfecto, pero o único que fago e suxerir que deixedes xd ate o 10 de xaneiro, dia no que os nenos rematan as vacacions, porque e a pega que lle vexo a vosa Boa Promocion.
Se o queredes facer ben podedes senon , pois nada.So digo que seguramente moita xente coincidira conmigo en que dado o público o que vai destinado a canle pois estaria Ben que estivese activa para todos ate o remate do nadal, nada mais .
A verdade e que non entendo como as super cabezas pensantes de R non se dan conta destas cousas , que como repito son imaxe.
O que fixerades antes feito esta,...
Pero de rentas non se vive querido que che parece, e tamen na miña opinión antes R era unha boa compañia e hoxe por hoxe pois xa non tanto...
Ainda asi aplaudo que ofrezades a canle pra todos como benvida da mesma na vosa grella.
So era unha suxerencia , e reitero que non necesitamos que nos contedes o que R fixo antes, porque creeme que estou bastante ao tanto do que ERA R , e de en que se esta a converter...
enviado por Emi o 03 setembro 2009 ás 01:54 PM CEST #
carallo macho ya que pides hasta el 10 de enero ya puestos que la dejen en abierto xD. No querras decir 10 de Septiembre?
enviado por banzai o 03 setembro 2009 ás 07:35 PM CEST #
¿¿para cando abrides de novo en aberto para os de combo3 e combo1 FOX??
enviado por leroy o 03 setembro 2009 ás 10:38 PM CEST #
Ola Emi.
Como indicaches "Pero en fin, SODES R, que se vos pode pedir xa? Visto lo visto, apaga e vámonos¡¡", só quixen puntualizar que si que adoitamos pensar nos pequenos nas vacacións de Nadal.
Neste caso eu non teño datos sobre o acordo que hai con Disney XD, pero non te preocupes que tentaremos convencer aos de márketing e aos de Disney, que son boa xente e que "se deixan" ;)
Un saúdo.
enviado por quecheparece o 04 setembro 2009 ás 08:21 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #
leroy, a FOX xa se emitiu en aberto para combo3 e combo1 no seu día. Hai moitas canles na nosa grella, así que intentamos variar o tipo de canles para que os nosos clientes poidan desfrutar de diferentes contidos e coñezan mellor o que se emite en cada canle. Se non lembro mal, as últimas que demos foron TCM, Paramount Comedy, MTV, Canal Cocina, Canal de Historia, AXN... Un saúdo.
enviado por quecheparece o 04 setembro 2009 ás 08:53 AM CEST
Sitio web:: http://www.quecheparece.com #