logo

Internet para todos

martes 17 xaneiro 2012 | 1 comentario

Ola. Ao mellor algún de vós xa está enterado das axudas que poden solicitar as familias con menos recursos que queiran acceder a internet por primeira vez, non si?

Por se acaso, volo contamos polo miúdo: en R colaboramos desta volta coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia nun programa destinado aos fogares con menos posibilidades de acceder ás novas tecnoloxías.

Para esas familias menos favorecidas que queiran contratar por vez primeira o acceso á rede están xa dispoñibles as subvencións da Xunta. Poden solicitalas ata o 31 de decembro de 2013, e os requisitos que hai que cumprir son os seguintes:

    - residir en Galicia e estar empadroado no domicilio para o que se pide a subvención

    - ter unha renda per cápita familiar inferior a 9.000€ (é dicir, a renda familiar dividida entre o número de membros da familia debe ser menor desa cantidade)

    - solicitar un novo acceso a internet e que no domicilio non haxa contratada unha conexión á internet nin se dera de baixa nos tres meses anteriores á solicitude

Como é a contía destas axudas? Pois moi sinxelo: a primeira cota mensual íntegra do combo con internet será asumida por R, así como a alta da liña (0€). A partir de aí ofrecerase unha subvención de 180€ a cada solicitante (16,36€ durante 11 facturas). Ademais, esta axuda é acumulable á promoción de benvida que ofrecemos aos nosos clientes.

Se estades interesados en acollervos a estas subvencións podedes chamarnos directamente ao noso teléfono gratuíto 1445 e xa vos informamos de todo e vos botamos unha man co trámite destas axudas e coa solicitude.

Tedes máis información no Diario Oficial de Galicia.

Un saúdo.




Comentarios

Ya podían ser ayudas para llegar con el cablea donde no hay nada. En un futuro, donde voy a vivir, no hay ni ADSL. Sólo Iberbanda... Vale que ya es algo y para navegar sobra pero no para bajar cantidades grandes.

De todas formas es interesante igualmente.

enviado por Ahriman o 18 xaneiro 2012 ás 05:41 AM CET
Sitio web:: http://www.blogssl.com #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado